"Ebro" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 36.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto dioico de ata 14 m de altura, perennifolio, de follas coriáceas, lustrosas e de beiras onduladas e espiñentas, aparecendo follas lisas e de marxe enteira nas partes superiores. Flores abrancuxadas, tetrámeras, de 8 mm, en acios apretados nas axilas das follas que no inverno seguinte dan lugar a un froito en drupa vermello e velenoso para o home. Distribuído no sur e oeste de Europa e en montañas do norte de África, na Península Ibérica ocupa principalmente a metade norte. Aparece amplamente distribuído en Galicia, tendo as mellores representacións de acivreiras nas serras de San Mamede e dos Ancares. Moi empregado en xardinería pola tolerancia das podas e as múltiples variedades foliares A madeira, clara, dura e pesada, estímase en ebanistería e as pólas novas para aguilladas e mangos. Coa casca faise o visgo empregado para a captura de pequenos paxaros.
-
ESPA¥A
Concello da Comunidad Autónoma de La Rioja, drenado polo Ebro (2.523 h [1996]). Ten cultivos de cereal e viño. Arquitectonicamente, unha igrexa do s XVl.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Petroglifo situado no concello de Oia. Compoñen esta estación dous grupos diferentes que representan unha variante local -quizais obra dun mestre-, dos cérvidos máis coñecidos nos petroglifos galegos: trátase dun cérvido de pequeno tamaño moi esquemático. Xunto a esta variante pódense atopar tamén outros tipos de cérvidos e, sobre todo, unha das serpes mellor coñecidas -xunto coa da Pedra da Boullosa-, do corpo de petroglifos galaicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Šělomó ibn Gabirol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción española realizada por Pilar Miró en 1991, baseada na novela homónima de Antonio Muñoz Molina. Foi protagonizada por Terence Stamp, Patsy Kensit, José Luis Gómez, Geraldine James e Simón Andreu, entre outros. A acción, que transcorre nun amplo flash-back, conta a historia do capitán Darman que recibe o encargo de matar a un traidor da organización comunista en España, Roldán Andrade. Alí, en Madrid, coñecerá á bela Rebeca Osorio, á que lle pedirá que lle busque o seu obxectivo e coa que escapará despois de matar a Roldán Andrade e o comisario de policía Ugarte, outro traidor do Partido Comunista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario anarquista, editado na Coruña entre o 1 de maio de 1935 e o 18 de xullo de 1936. Foi o único voceiro, propiamente anarquista na Galicia republicana, das Juventudes Libertarias e dos grupos da Federación Anarquista Ibérica da cidade. Os seus 2.000-3.000 exemplares de tiraxe distribuíronse en Galicia, e tamén en América, entre aqueles emigrantes galegos que simpatizaban coas ideas libertarias. Careceu de director, e foi alentado por un grupo editor que rexeitou calquera tipo de dirixismo e de profesionalización. Nese grupo figuraron o xornalista Idelfonso González, que empregaba o pseudónimo de Gregorio Quintana, Xosé González, Arturo Meirás, Antonio Furnerakis, Xosé Grande, A. Fernández (Furna) e Xoán Expósito, entre outros. Tivo como obxectivo principal a formación dos anarquistas máis novos nun amplo abano de temas: economía, sexualidade, antimilitarismo, ética anarquista, etc. O seu contido trascendeu a temática sindical para centrarse na difusión ideolóxica,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Équido extinto de tamaño dun asno e pelame riscado que habitaba a Península Ibérica. Ademáis das múltiples referencias na toponimia, presentes en toda a Península, caso do Cebreiro, as primeiras referencias escritas débense a Américo Castro, Menéndez Pelayo e, principalmente, ao Padre Sarmiento que recompilou todos os datos que tiña sobre este animal. Posiblemente o cebro se corresponde coa especie Equus hydruntinus, que os arqueozoólogos crían extinguida no Plistoceno, pero da que se coñeceron rexistros fósiles da Idade do Bronce. En Galicia o cebro estivo presente ata os ss XII e XIII e no Levante ibérico persistiu ata o XVII.
-
-
Que resulta áspero ao gusto.
-
Que se caracteriza pola súa falta de amabilidade ou crueldade.
-
Sabor da carne dos animais salvaxes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado rupestre localizado en Fentáns, na parroquia de San Xurxo de Sacos (Cotobade). No petroglifo, gravado sobre unha rocha de granito fino lixeiramente inclinada, están representadas varias figuras de cérvidos asociadas intencionadamente a combinacións circulares. O centro xeométrico da rocha aparece decorado con deseños circulares e, ao seu redor, están dispostas o resto das figuras. Na parte superior, distínguense dous cervos machos cunha ampla cornamenta, separados entre si por unha serie de combinacións circulares sobre as que, segundo os expertos, estaría insculpido outro zoomorfo. Na parte inferior, destacan os dous cervos de ampla cornamenta, os dous pequenos zoomorfos situados baixo o segundo cervo e o conxunto de combinacións circulares unidas ao cervo da parte superior.
-
-
Parte do encéfalo que acada a máxima complexidade e o máximo volume nos mamíferos, e o volume máximo relativo nos primates, moi especialmente no ser humano. Ocupa case toda a caixa craniana, e descansa sobre as fosas anterior e media da base do cranio. Ten unha forma ovoide e está partido en dúas metades simétricas: os hemisferios. A superficie externa de cada un deles divídese en catro lóbulos por unha serie de fendas interlobulares (frontal, parietal, temporal e occipital) que, á súa vez, están divididos por fendas secundarias nunha serie de circunvolucións. Esta superficie tan accidentada permite aumentar extraordinariamente a área externa do cerebro e, en consecuencia, as súas posibilidades funcionais. Nunha sección do cerebro, vese, de fóra cara a dentro, a substancia gris (codia ou córtex) e a substancia branca. A primeira está constituída por unha serie de estratos celulares en número de seis, dos que destaca a terceira capa de células piramidais que dan orixe á maior parte das fibras...
-
O cerebro de cada ser humano debe comezar a educarse desde o nacemento para acadar o seu crecemento neuronal, unhas conexións intracerebrais e unha almacenaxe adecuada da información. A partir dunhas bases anatómicas e funcionais similares en todos, sen embargo, a ensinanza e a motivación persoal interveñen decisivamente na reestruturación do cerebro, aínda que non se deben realizar tarefas inadecuadas de aprendizaxe, mentres non se estruturen as zonas neuronais adecuadas. A partir dos once anos a estrutura e as funcións cerebrais maduran rapidamente, por mor da mielinización das vías nerviosas, e aparece o pensamento abstracto, a capacidade de comprender e de resolver problemas científicos. Os factores xenéticos modifícanse e equilíbranse, tal e como ten resaltado Rodríguez Delgado, con outros moitos elementos de recepcións sensoriais e coa complexidade das relacións recíprocas. As recepcións sensoriais son esenciais para a estruturación do cerebro, e tamén para a formación do sistema...
-
Ganglios nerviosos cefálicos dos invertebrados, especialmente cando centralizan a actividade nerviosa.
-
-
Órgano cerebral considerado como sede do pensamento, da intelixencia, da cordura ou do xuízo.
-
Persoa moi intelixente.
-
Persoa que deseña os plans para levar a cabo un asunto.
-
-
Concreción calcaria impura formada, sobre todo en solos antigos de lugares secos, por nódulos dispersos nos limos.
-
Aparato electrónico que realiza cálculos e operacións moi rapidamente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
cerebr(i/o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cerebro e á medula espiñal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Galactolípido que contén unha molécula de esfingosina unida en posición 1 cun azucre, a galactosa, e tamén unida cun enlace amídico a un ácido graxo de peso molecular elevado. Os cerebrósidos non conteñen fósforo. Están no cerebro e noutras partes do sistema nervioso en cantidades considerables, especialmente na mielina. Suponse que a súa función está relacionada coa transmisión dos impulsos nerviosos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orde de cabalería danesa. Segundo a tradición, foi fundada por Valdemaro II no 1219. No 1671 foi regulada por Cristián V e no 1695 foron proclamados os seus estatutos, que foron reformados no 1808 por Federico VI. Os seus membros eran coñecidos como Cabaleiros Brancos. O seu distintivo é unha cruz coa inscrición Gud og Kongen (‘Deus e rei’).
-
-
irar ou inclinar algunha cousa para que quede boca abaixo ou verta o seu contido.
-
Ir cara a abaixo nun camiño.
-
Precipitarse ou caer un líquido por algún sitio.
-
-
RIOS
Río do NL da Península Ibérica, enmarcado pola cordilleira dos Pireneos, o Sistema Ibérico e as Cadeas Costeiras Catalanas. Nace en Reinosa, na Comunidad Autónoma de Cantabria, na serra de Peña Labra e desemboca despois dun percorrido de 910 km, cerca de Tortosa, onde comeza un delta que se interna 30 km no Mediterráneo. En Reinosa o seu caudal é de 11 m3/s e despois de recibir as achegas dos diferentes afluentes acada os 600 m3/s. Recolle auga da vertente S da Cordilleira Cantábrica e da maior parte dos Pireneos; sen embargo, son os relevos setentrionais os que lle dan ao Ebro a maior parte do seu caudal. Entre os principais afluentes destacan pola esquerda o Nela, o Ega, o Arga, o Gállego (ríos da Cordilleira Cantábrica) e o complexo Segre-Cinca (ríos dos Pireneos); pola dereita recibe o Tirón-Oja, o Najerilla, o Iregua, o Leza, o Cidacos, o Alhama e, finalmente, o longo Jalón. O Ebro presenta unha dirección case recta e só desvía o seu curso en La Lora e na travesía...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar da Guerra Civil que tivo lugar entre xullo e novembro de 1938. Foi planeada co obxectivo de dificultar as comunicacións do exército franquista na fronte mediterránea e restablecer a conexión entre Catalunya e o resto da España republicana. O Estado Mayor Central republicano confioulle a operación ao denominado Exército do Ebro que iniciou a ofensiva o 25 de xullo e estaba ás ordes de Juan Modesto e composto por tres corpos mandados por Enrique Líster, Manuel Tagüeña e Etelvino Vega. O exército pasou o río en barcas por diversos puntos entre Mequinenza e Amposta. Á marxe dereita do río estaba o exército marroquí, dirixido polo xeneral Yagüe, que se viu sorprendido inicialmente pola rapidez da ofensiva. Pola zona norte, entre as localidades de Mequinenza e Fayón, a 42 División estableceu unha cabeza de ponte que se mantivo ata o día 7 de agosto. Na fronte sur, o avance republicano viuse freado rapidamente polos exércitos franquistas. No sector central, entre Riba-roja d’Ebre...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Depósito sedimentario da costa Mediterránea orixinado polo río Ebro coas súas contribucións aluviais sobre unha plataforma submarina suficientemente extensa. O 75% da superficie está ocupada por cultivos, malia os graves problemas de salinidade que presenta. A súa superficie de 320 km2 representa só o 1% da superficie de Catalunya, non obstante produce máis do 20% dos produtos de horta. O principal cultivo é o arroz, que ocupa a metade da superficie do delta, cunha produción anual de 100.000 toneladas. Tamén é importante a pesca, cun total de 9.000 toneladas de peixe anuais (lagostinos, robalos e douradas). En 1983, a Generalitat de Catalunya decretou a creación do Parc Natural del Delta de l’Ebre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gran depresión que se estende ao NL da Península Ibérica, de forma lixeiramente triangular, limitada polos Pireneos, o Sistema Ibérico e polas Cadeas Costeiras Catalanas. Comprende unha boa parte de Aragón, Euskadi e a Comunidad Autónoma de La Rioja; sen embargo, a delimitación exacta depende do criterio que se utilice (litolóxico, tectónico e climatolóxico). Durante o Primario e o Mesozoico, a rexión morfolóxica actual estaba ocupada por un gran macizo, que se fundiu coa oroxenia alpina e se converteu nunha cubeta de subsidencia onde se acumularon os sedimentos terciarios. A área de subsidencia ocupada nun principio polas augas mariñas, transformouse pouco a pouco nunha área lacustre absolutamente pechada. Os sedimentos depositados permaneceron horizontais e están constituídos, en xeral, por margas, arxilas, calcários e conglomerados. O relevo actual resulta da acción erosiva do Ebro, dos seus afluentes e da rede mediterránea no sector levantino. A depresión do Ebro ten, en xeral, pouca...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado establecido entre Roma e Cartago no 226 a C, polo que se repartiron os territorios da Península Ibérica en zonas de influencia e se estableceu a fronteira entre ambos na desembocadura do Ebro. Rompeuse no 219 a C co ataque e conquista da cidade de Sagunto por Aníbal.