"Orense" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 29.

  • Organización política de carácter conservador e católico, constituída oficialmente en Ourense o 8 de novembro do 1931, nunha xuntanza celebrada no Círculo Católico da cidade por iniciativa de destacados membros da burguesía local (comerciantes, propietarios, militares retirados, etc). Tiña como obxectivo o agrupamento do movemento conservador provincial baixo unhas únicas siglas, introducíndose no recén estreado xogo democrático da Segunda República como partido eminentemente católico, social e agrario, unificador de todas as clases sociais, sen restricións económicas ou laborais. Foi o primeiro grupo de significación dereitista aparecido en Ourense, e non tivo intención de estenderse polas demais circunscricións galegas. No seu programa político defendeu a liberdade de ensino e a pervivencia do sistema bicameral, empregando o Senado como a Cámara gobernativa representativa da vella organización política, protagonista política antes da proclamación da República. Sen dúbida, o obxectivo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecnocomplexo arqueolóxico do litoral portugués caracterizado por unha industria lítica sistematizada a comezos do s XX, a partir do depósito arqueolóxico de Vila Nova de Áncora. Debido á procedencia deste complexo técnico, ao aire libre e fóra de todo contexto estratigráfico, existe unha forte polémica arredor do seu significado. As propostas máis acreditadas na actualidade sosteñen que se trata dun conxunto lítico vencellado ao Asturense, que ten un valor semellante ao Camposanquense. É un complexo propio do Paleolítico Medio semellante ao Languedocense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade fundada no ano 1971 e presidida por Manuel Cabaleiro Goás. Entre as súas actividades destacou a organización de conferencias coa participación de González Seara, Aranguren, Camilo José Cela, Tierno Galván, Blanco Amor, Alonso Montero e Ramón Valenzuela. En 1974 organizouse unha homenaxe á figura de Castelao coa edición dun exemplar antolóxico da súa obra e unha exposición de pintura e escultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que apareceu no 1956 na cidade de Ourense e que cesou seis anos despois. Non constaba responsable nin director. Cada número tiña abundantes fotografías de Villar. Ademais de información sobre a vida do concello e sobre acontecementos sociais e políticos, incluía noticias culturais e a sección “Orense de ayer y anteayer” asinada por M. Leirós, responsable do Arquivo Municipal, espazo rico en datos da historia do Concello. Contou coa colaboración habitual de Vicente Risco, Xoán Manuel Amor e do xornalista Carlos Almendares, pseudónimo de Isidoro Guede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación trimestral que apareceu en Ourense en agosto de 1956. O seu director foi Salvador Navarrete de la Riva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, fundada por Marcelo Macías, coa colaboración de Benito Fernández Alonso, Arturo Vázquez Núñez e Manuel Pereira Rey. O seu primeiro número apareceu o 1 de marzo de 1898 e non cesou ata 1960, compoñendo a colección total un conxunto de 20 tomos encadernados, con índice en cada tomo. Desde 1941 dirixiuna Xoaquín Lorenzo Fernández e o último tomo dedicouse en homenaxe ao prehistoriador Florentino López Cuevillas. De periodicidade bimestral, aínda que irregular, editábase na imprenta La Popular e tiraba arredor de 200 exemplares, cada un deles de 16 a 20 páxinas, incluíndo tamén fotografías en branco e negro. Este boletín tratou moi diversos temas culturais, con seccións de Arqueoloxía, Arquitectura, Escultura, Historia, Literatura, Epigrafía, Numismática, Diplomática, biografías, reseñas bibliográficas e informacións das actividades da Comisión de Monumentos de Ourense. Ao longo da súa dilatada historia contou cun cento de colaboradores,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín mensual saído da imprenta de don Antonio Otero por primeira vez en xullo de 1903, e que seguiu a editarse ata finais de 1904. O seu fundador e director, Xosé Casas González, foi substituído polo avogado Enrique Cantón Alvarado en decembro de 1903. Son moitos os clérigos e intelectuais da época que estiveron vinculados a esta publicación. Así, destacan Basilio Álvarez, Lamas Carvajal, Manuel Martínez Sueiro, Antonio Rey Soto, Alfonso Carballo Rey e Marcelo Macías, entre outros. Tiña como obxectivo a defensa dos humildes seguindo as pautas da democracia cristiá, ao tempo que tentaba interromper o progreso das ideoloxías socialistas. Publicou diversos artigos de opinión, aínda que destacou sobre todo por ofrecer información relixiosa, encíclicas do Papa León XIII, ordenanzas dos gremios do Círculo, do mesmo xeito que todo tipo de datos sobre a vida do Círculo Católico de Orense e dos círculos doutras cidades galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín anual que apareceu en Ourense en 1943 e que cesou en 1953. A iniciativa da súa creación correspondeulle ao grupo de colaboradores do Museo Marcelo Macías, entre os que estaban Xesús Ferro Couselo, Basilio Osaba e Ruiz de Erenchun que eran, ao mesmo tempo, directores do grupo e do boletín. A Xoán Fernández Pérez concedéuselle o título de director honorario. Tamén os colaboradores pertencían na súa maioría ao grupo do museo, persoas como Arribas Arranz, Florentino L. Cuevillas, Xosé Fernández Gallego, Olga Gallego Domínguez, Xosé Puga Brau, Vicente Risco, Carlos Vázquez Rodríguez ou Xesús Taboada Chivite. Só publicaba artigos en castelán e contaba con dúas seccións que se denominaban “Crónica del museo” e “Revistas de intercambio”. Aínda que se centrou na divulgación de traballos de investigación histórica ou arqueolóxica, tamén serviu como noticiario das actividades internas e de difusión do museo. Cómpre destacar que todos os artigos estaban ilustrados con láminas, fotografías,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que saíu á luz en Ourense no ano 1850, aínda que a partir de 1857 foi substituída polo Boletín Oficial de la diócesis de Orense. A Secretaría da cámara do bispado foi a encargada de fundar e dirixir esta publicación que alternaba o castelán co latín. Non houbo firmas dos colaboradores, emporiso algúns poemas levaban as iniciais: F. P. de A., M. Pardo, etc. O boletín posuía un enfoque relixioso patente nas poesías, nos actos oficiais do prelado, nas pastorais ou nos artigos tirados da prensa católica. Contaba con dúas seccións “Secretaría de Cámara del gobierno eclesiástico de Orense” e “Habilitación del culto y clero de la provincia de Orense”. Nas súas follas tamén se ofrecía publicidade, principalmente de prensa e de libros católicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter corporativo e profesional que se editou en Ourense a partir de 1964.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida no ano 1897 en Ourense. Continuou co labor do Boletín eclesiástico del obispado de Orense. Entre os colaboradores desta publicación contábanse cregos, consiliarios diocesanos e outras personalidades relacionadas coa Igrexa. A temática era ante todo relixiosa, con circulares ou documentos do papado e do prelado de Ourense, aínda que tamén ofrecía información da administración e da diocese. Posuía tres seccións “Crónica diocesana”, “Bibliografía” e “De la secretaría de la cámara”. Introducía fotografías de cando en vez e facía publicidade de prensa e de libros católicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación da que o número 1 saíu o 1 de xuño de 1834. Era unha publicación diaria que ofrecía información sobre a administración e o goberno da provincia. Foi editada polo impresor Juan María Pazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O primeiro número saíu en Ourense en 1918, deixou de publicarse ao redor de 1939. Redactábase no Colexio de Médicos provincial, órgano que tamén se facía cargo da edición. Foi impresa en La Industrial. Con respecto a colaboracións, contaba con Manuel Peña Rey, Santiago Pérez Vázquez e Ubaldo Alvarez Ruíz. Esta revista profesional, en castelán, era mensual e totalmente gratuíta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saíu publicado en Ourense entre os anos 1820 e 1823. Representou o primeiro periódico desta cidade. Existen noticias dun Boletín Oficial de Orense que se publicou por iniciativa de Pedro Boado Sánchez, xefe dos liberais da provincia, coa finalidade de contrarrestar os insurrectos de Ourense, aínda que sen confirmar. Estes boletíns provinciais apareceron para dar cumprimento a unha orde real con data de abril de 1833. Posteriormente, pasaron a depender das Deputacións Provinciais, que son as institucións que se encargaron da súa edición. Dedicábanse, principalmente, á información oficial. O número 1 declaraba que nel se incluirían ordes reais, cédulas, decretos, circulares do goberno, novas importantes, artigos de comercio, agricultura e artes ou editos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro libro impreso en Galicia con gravados en madeira, conservado no arquivo da catedral de Ourense. Carece da portada e dos folios XXI e XXII, e contén unha serie de grandes letras historiadas acompañadas de cinco gravados. As constitucións van precedidas dunha carta pastoral do bispo Francisco Manrique de Lara ao seu cabido, xunto cun proemio do mesmo dirixido a todos os representantes eclesiásticos. Inclúe unha epístola do impresor Vasco Diaz Tanco del Frexenal, que rematou a edición o 12 de maio de 1544.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario de tendencia conservadora-bugallista que apareceu en 1914 en Ourense. Cesou a súa edición en 1928. Subtitulado “Periódico de intereses generales y locales”, contiña novas locais e provinciais de carácter xeral, artigos variados e anuncios. Dirixírono Hermenegildo Calvelo e Ramón Villarino de Sáa e colaboraron Luís Madriñán, Ricardo Goyanes Melgarejo, Uxío López Aydillo, Aurelio Ribalta, Francisco de Cossío, Felipe Pedreira, Juan Barcia Caballero e Francisco Álvarez de Nóvoa. Incluíu poemas en galego, unha sección satírica denominada “Picotazos”, o apartado “Galicia histórica”, asinado por Couceiro Freijomil, e “Biografías Gallegas”, escrito por Manuel Molina Mera. Enfrontouse en númerosas ocasións ao diario liberal La Voz Pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación dos Padres Salesianos editada en Ourense a partir de 1957.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido en Ourense a partir de 1880 que cesou a súa edición en 1909. Subtitulouse “Periódico político”, “Periódico liberal”, “Diario político” e “Diario de la mañana”. Fundado polo deputado liberal Vicente Pérez, exerceron como directores Rodríguez Quiroga (1880-1883), Valentín Lamas Carvajal (1883-1906) e Antonio Fuentes e Modesto Lamas (1906-1909). En 1892 pasou de ser bisemanal a editarse diariamente. Algúns dos seus redactores foron Xoán Neira, Arturo Vázquez, Álvarez de Nóvoa, Basilio Álvarez, Xosé Adrio, Afonso Carballo e Xoán X. Reza. No campo literario cómpre salientar a colaboración de Alberto García Ferreiro, Saco e Arce, M. Martínez Sueiro e Antonio Rey Soto. Ademais de información xeral ofrecía artigos de crítica ás autoridades locais. Na sección “Mostacillas”, publicáronse versos satíricos sobre temas políticos. O director Lamas Carvajal, e o resto do xornal, romperon a súa relación co fundador, Vicente Pérez, despois de que este crease El Miño en 1898. Neses...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Ourense entre os anos 1907 e 1916. Dirixido por Arturo Biempica e Hixinio Vázquez Ameixeira, contou coa colaboración de Xosé Fernández Gallego e Marcial Gil Soto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao foro ou á administración de xustiza.

    2. Aplícase ao médico adscrito a un xulgado, especialmente para a realización de autopsias.

    VER O DETALLE DO TERMO