"Pula" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 101.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido constituído en Madrid o 29 de abril de 1931 como fronte política de Acción Católica. O partido non se declarou republicano, e englobou a maioría das forzas monárquicas, as cales se separaron no 1933 e formaron Renovación Española.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización católica, fundada o 2 de febreiro de 1932 no concello de Pontedeume. Naceu baixo a denominación oficial de Asociación Femenina de Acción Nacional de Pontedeume, pero a partir do 20 de xuño de 1932 realizou as súas actividades baixo o nome de Acción Popular Femenina. A nova organización funcionou entre 1932 e 1934, artellada en delegacións parroquiais; esta división parroquial respondía á estratexia expansiva da Unión Regional de Derechas (1931), á que a Acción de Pontedeume estaba adscrita dende a data mesma da súa fundación. Esta organización feminina naceu como resposta ás iniciativas da sociedade local, coa intención de estruturar a propaganda do catolicismo político naquelas parroquias onde aínda non era moi forte. Boa mostra do seu carácter social e interclasista foi a intención de agrupar tanto as mulleres obreiras como as que non o eran, aínda que os cargos directivos estaban dominados, porcentualmente, polas mulleres pertencentes a familias dunha posición socio-económica...
-
-
Dar forma de cúspide ao pan, no seu centro, cando está no forno.
-
Amontoar cousas formando un curuto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política española fundada en outubro de 1976 como resultado da federación de sete grupos dereitistas preexistentes, encabezados por M. Fraga Iribarne, L. López Rodó, C. Martínez Esteruelas, G. Fernández de la Mora, L. de la Fuente, F. Silva Muñoz e E. Thomas de Carranza. Foi a segunda forza política do estado dende 1982, ano en que xunto coa Unión Liberal (UL) logo Partido Liberal e o Partido Demócrata Popular (PDP), formou Coalición Popular (AP-PDP-UL) coa que concorreu ás eleccións xerais de outubro de 1982 e xuño de 1986 presentando a Manuel Fraga como candidato á Presidencia do Goberno. Os resultados electorais reflectiron un estancamento ao obter en ambos os comicios 105 escanos no Congreso dos Deputados, o denominado teito electoral. Diante do fracaso, os democristiáns do PDP abandonaron a coalición (xullo de 1986), Manuel Fraga demitiu da presidencia do partido e anunciou a súa retirada da política española (decembro de 1986), e os liberais...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político peruano fundado por Víctor Raúl Haya de la Torre no 1924. Foi concibido nun principio como unha fronte ampla de tipo populista que proxectaba a unidade latinoamericana, pero desde 1927 Haya de la Torre transformou o movemento nun partido de organización monolítica baixo o seu control. Estableceu seccións en Cuba, Perú, México, Costa Rica e Arxentina, pero desde 1931 foi exclusivamente peruano. Visto con hostilidade pola oligarquía e o exército, o APRA venceu nas eleccións dese ano en Perú, pero os resultados foron manipulados por Sánchez Cerro. En 1945 conseguiu tres ministerios no goberno de J. L. Bustamante. Foi perseguido durante o goberno do Xeneral Odría (1948-1956). Alán García, que dirixiu o APRA desde 1982, reconduciu o partido e deulle unha orientación socialdemócrata. En gañando as eleccións de 1985, García asumiu a presidencia do estado, pero nas eleccións de 1990 o APRA foi derrotado pola coalición Cambio 90, liderada por Alberto Fujimori.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Semellante a unha ampola.
-
-
Contrario ao pobo, aos seus intereses ou ás organizacións representativas dos intereses do pobo.
-
Aplicado a unha iniciativa gobernamental, indica que esta non goza do favor do público ou que existe na sociedade unha opinión maioritaria en contra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estipulación establecida por Caio Aquilio Galo segundo a cal as partes contratantes realizaban un anovamento (anovatio) que substituía, por medio dunha obrigación verbal, tanto as relacións obrigatorias existentes entre as partes como calquera outra relación que estas se propuxeran alterar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización segregada da Asemblea Nacional-Popular Galega logo da expulsión en abril de 1976 dalgúns militantes da Unión do Pobo Galego (UPG). Creada en outubro de 1976, a organización abranguía no Nadal dese ano once bisbarras: Vigo, A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense, Arousa, O Barbanza, Monforte, O Morrazo, O Salnés e Pontevedra. Celebrou o seu primeiro congreso en Vigo o 19 de decembro de 1978 cun cento de asistentes. Os seus principios organizativos eran autoorganización, democracia interna e aceptación de militancia para as plataformas que se integrasen na asemblea. Dedicouse á organización dunha central sindical galega e a apoiar os movementos agrario e mariñeiro. En marzo de 1977 afirmaba os seus obxectivos electorais, propoñendo o apoio a aquela candidatura que se concretase nun programa federalista e de esquerdas. No plano cultural a Asamblea Popular Galega tentou levar adiante un Congreso da Cultura Galega. No verán de 1977 impulsou a creación das Iniciativas de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización suprapartidaria de coordinación de diversas frontes. O seu acto fundacional tivo lugar en Viana do Castelo (Portugal) en abril de 1975. En xaneiro de 1976 presentouse en Galicia nunha rolda de prensa. Autodefiníase como “plataforma apartidaria de forzas nacionais e populares”. En abril de 1976 difundiu o Chamamento e Declaración política no que expuña os seus principios: autodeterminación, autogoberno, anticolonialismo, democracia e protagonismo das forzas políticas propias. Integrou as Comisións Labregas, Comités de Axuda á Loita Labrega, Estudiantes Revolucionarios Galegos, Sindicato Obreiro Galego, Sindicato Galego dos Traballadores do Mar, Unión Galega de Artistas, Unión de Traballadores da Banca de Galicia, Unión de Traballadores do Ensino de Galicia, Unión de Traballadores da Sanidade Galega e outros colectivos e persoas de moi diversa adscrición ideolóxica, dentro dunha común militancia galeguista. A Asemblea Nacional-Popular Galega adoptou como símbolo a bandeira...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída en Madrid no 1926 coa denominación de Banco Popular de los Previsores del Porvenir, cun carácter cooperativo. No 1947 trocou o nome polo actual. O seu crecemento iniciouse na década de 1940, mediante unha política de espallamento xeográfico en colaboración co Banco Central. Posteriormente, por medio dunhas sociedades de carteira (Popularinsa), realizou unha política de expansión a partir do control de bancos de carácter rexional; no caso galego, o Banco de Galicia, entidade absorbida no ano 1971.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten dúas estípulas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coalición formada en abril de 1977 pola Unión do Pobo Galego (UPG) e a Asemblea Nacional Popular Galega (AN-PG). Nun comunicado conxunto, os dous colectivos pediron a abstención no referendo do Estatuto de Autonomía, o que consideraban lexitimador dunha política antidemocrática e antigalega. A maioría dos 38 candidatos do Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG) ao Congreso e Senado pertencían á UPG. O programa do BN-PG incluía no seu limiar unha serie de medidas políticas, económicas, sociais e culturais que consideraban necesarias para poder falar de democracia en Galicia e que o país deixase de ser unha colonia dentro do estado español. Contiña as bases constitucionais para a participación da nación galega nun pacto federal e o proxecto de medidas económicas para un programa do goberno provisional galego. Entre as medidas de política económica social destacan o recoñecemento das liberdades de xuntanza, manifestación, asociación e folga; a implantación dun sistema fiscal galego progresivo;...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en 1888 na cidade da Coruña. Cesou tralo número 800 que correspondía a agosto-setembro de 1969. Debaixo do título da portada aparecía o texto “Centro de primera Enseñanza. Fundado en 1888”. Dende decembro de 1966 figuraba como director Eduardo R. Losada. A revista, de tendencia católico-conservadora, era de periodicidade mensual e, ás veces, bimestral. Dende 1958 esta revista estivo dedicada sobre todo á beneficencia e o tema principal das publicacións era a recollida de doazóns. Case todos os exemplares levaban un artigo amodo de editorial no que en moitas ocasións se introducían apuntamentos de carácter político, como as críticas contra os apóstatas e contra os países de réxime comunista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Emisora radiofónica im-plantada no ámbito estatal que iniciou as súas emisións en 1958 cando a Dirección General del Secretariado Nacional de la Comisión Episcopal de Cine, Radio y Televisión e os representantes das distintas dioceses españolas e das diferentes emisoras parroquiais, acordaron transformar a súa estrutura local e crear unha cadea de radiodifusión nacional. As emisoras pioneiras foron Radio Vida, chamada posteriormente Radio Popular de Sevilla, e Radio Popular de València. Un ano máis tarde nacían Radio Popular de Burgos, de Lleida, de Pamplona, de León e de Zaragoza, ata completar a cifra de 43 emisoras de Onda Media, 67 de Frecuencia Modulada e 49 de Cadena 100. En 1981, por imperativos legais, adoptou o nome de Radio Popular SA-Cadena de Ondas Populares. En febreiro de 1983, baixo a dirección xeral de José Andrés Hernández, ex-director de Radio Popular de Vigo, iniciou unha programación baseada na emisión de magazines, boletíns informativos, debates, coloquios...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra publicada entre os anos 1984 e 1995, da autoría de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, que conforma un dos cancioneiros populares máis completos da tradición musical galega. Contén ao redor de 4.400 textos de cantigas e 900 melodías, coas súas variantes, recollidas directamente de informantes do territorio galego e concellos lindeiros con Galicia entre os anos 1979 e 1982. Estruturalmente, divídese en sete volumes titulados: Oficios e labores; Festas anuais; Romances tradicionais; Romances novos, cantos narrativos, sucesos e coplas locais; Cantos dialogados; Coplas diversas, cantos enumerativos e estróficos e Táboas sinópticas, índices. Os comentarios que acompañan os textos aparecen en galego, castelán e alemán, e a obra vai acompañada dunha recompilación musical en casete.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coalición electoral de ámbito estatal establecida para as eleccións lexislativas de 1982, entre Alianza Popular, de Manuel Fraga; Partido Demócrata Popular, de Óscar Alzaga; Unión Liberal (que en 1983 se transformou en Partido Liberal), de José Antonio Segurado; Unión del Pueblo Navarro; Unión Valenciana e Partido Aragonés Regionalista. Obtivo nestas eleccións 106 deputados, cos que se converteu na segunda forza política do estado. En 1986, sen Unión Valenciana e o Partido Aragonés Regionalista, conseguiu 105 escanos. Disolveuse en 1987.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de contos populares editada polo Centro de Estudios Fingoy en 1963. A primeira edición constaba de 300 relatos recollidos por mestres de primaria dos nenos das súas escolas, aos que animaban para que preguntasen aos seus parentes máis vellos. O material resultante destes traballos transcribiuno e organizouno un equipo dirixido por Ricardo Carballo Calero, no que colaborou Bernardino Graña, daquela bolseiro do Colexio Fingoy. Os textos publicáronse xunto cunha táboa de informantes, na que figuraba o nome do mestre que comunicaba o conto, o da escola que rexentaba, o do neno que proporcionaba o conto e a data do curso no que se recollera. De varios contos incluíronse dúas ou máis variantes, que nalgúns casos chegaron a nove. En 1972 apareceu unha segunda edición con 228 relatos, despois de que se decidira rexistrar só a variante de cada conto que presentase maior interese literario. Así mesmo, resolveuse suprimir os datos relativos aos informantes e axeitar a ortografía dos textos...
-
-
Contacto entre dous animais, relacionado coa sexualidade, no que interveñen os órganos ou estruturas sexuais. A maioría dos insectos realizan cópulas nas que o macho suxeita a femia desde unha posición superior, aínda que nalgúns insectos de tipos antigos, como os tisanuros, o macho simplemente abandona o espermatóforo no substrato e tece un fío para dirixir a femia ata el. Nalgúns casos, como nos coleópteros acuáticos, os machos poden presentar ventosas nas patas para adherirse ao esvaradizo corpo da femia. Entre os crustáceos existe unha ampla gama de modelos, dende a penetración a distancia dos percebes, á cópula frontal dos cangrexos. As arañas presentan os palpos dos machos transformados en órganos copuladores, que cargan co esperma que sae do poro xenital situado na cara ventral do abdome. Para isto, o macho tece unha arañeira seminal onde descarga un pouco de esperma que logo recolle coa estrutura copuladora; a cópula ten lugar ao introducir o macho os palpos no poro xenital da femia....
-
Elemento que ten como función conectar dous termos ou claúsulas sintacticamente análogas. As cópulas están constituídas polos verbos copulativos e por conxuncións.
-
Pasaxe vocalizada amodo de organum que estaba presente no final de diferentes formas musicais dos ss XII e XIII. Consistía nunha serie de notas breves que unha das voces desenvolvía sobre a última nota do cantus firmus da composición polifónica.
-
-
-
Acto no que ten lugar a cópula.
-
Reacción de substitución aromática por un sal de diazonio como axente electrofílico na que se obtén un composto azo. Emprégase na síntese de colorantes de tipo azo.
-