"Consell" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 53.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo pertencente ao Consello de Europa que xestiona os programas organizados por este en materia de educación e cultura. Para este fin conta con catro comités especiais, dedicados respectivamente á educación, ensino superior, cultura e patrimonio cultural. Entre os seus programas e iniciativas educativas cómpre destacar o proxecto sobre ensino secundario en Europa, a conferencia permanente sobre problemas universitarios, as accións sobre a aprendizaxe de linguas europeas, as accións sobre a educación de adultos, o programa de bolsas para docentes, etc. Converteuse entre os anos 1960 e 1990, en particular, no grande espazo prospectivo para a formulación de políticas culturais públicas nos países europeos democráticos e, neste sentido, as políticas culturais impulsadas desde a UE teñen como referencia a filosofía do Consello de Europa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada en Abū Ẓ aby en 1981 coa finalidade de promover a coordinación económica, política, cultural, militar e social dos estados do Golfo Pérsico. Está constituída por Arabia Saudí, Bahrain, Kuwait, Omán, Qatar e os Emiratos Árabes Unidos. A súa sede está en Al-Riyād. Entre as políticas aplicadas figuran a abolición de taxas aduaneiras dos artigos producidos por cada país, a libre circulación de persoas e vehículos, e a coordinación de programas de comercio e desenvolvemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado a mediados de outubro de 1936 polos anarcosindicalistas da zona republicana de Aragón, mentres se desenvolvía a Guerra Civil española, que exerceu as funcións de goberno. Presidido por Joaquín Ascaso e con sede en Fraga, asumiu as funcións públicas semellantes ás dun goberno, con departamentos de Xustiza, Orde Pública, Agricultura, Información e Propaganda, Transportes e Comercio, Instrución Pública, Economía e Abastos, e Traballo. O goberno republicano de Largo Caballero recoñeceu oficialmente este Consello o 23 de decembro de 1936, ao que lle engadiu novos conselleiros que representaban a UGT e os comunistas, entre outros grupos, e a súa sede trasladouse a Caspe. O Consello adoptou un conxunto de medidas que se poden interpretar como reflexo da revolución anarcosindicalista, entre as que destaca a colectivización nas vilas deste territorio. Pero a política de afirmación do poder central que emprendeu o goberno de Negrín, orixinou a súa supresión o 10 de agosto de 1937.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional creada en 1992 coa finalidade de acadar a cooperación entre os seus membros. A súa sede estableceuse en Estocolmo. Está formada por Alemaña, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Islandia, Letonia, Lituania, Noruega, Polonia, Rusia, Suecia e a Comisión Europea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional creado en 1949, con sede en Estrasburgo, para fomentar o progreso social e económico e a realización dos ideais e principios dunha Europa unida. Tamén se ocupa da defensa e do desenvolvemento dos dereitos do home e das liberdades fundamentais. Foron membros fundadores Bélxica, Dinamarca, Francia, Reino Unido, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Holanda, Noruega e Suecia. Posteriormente, integráronse Grecia e Turquía (1949), Islandia (1950), a República Federal Alemana (1951; en 1990 incluíuse tamén a antiga República Democrática Alemana), Austria (1956), Chipre (1961), Suíza (1963), Malta (1965), Portugal (1976), España (1977), Liechtenstein (1978), San Marino (1988) e Finlandia (1989). Trala caída do pano de aceiro e o derrubamento da URSS, ingresaron Hungría (1990), Polonia (1991), Bulgaria (1992), Estonia, Lituania, Eslovenia, Eslovaquia, a República Checa e Romanía (1993), Letonia, Albania, Moldavia, Macedonia e Ucraína (1995), Rusia e Croacia (1996) e Xeorxia (1999)....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado o 5 de xaneiro de 1976 como plataforma para a participación política dos partidos nacionalistas galegos na reforma política de España trala morte de Franco. Afirmaba o dereito de autodeterminación de Galicia e de ruptura democrática co franquismo. Estaba formado pola Unión do Pobo Galego (UPG), o Partido Socialista Galego (PSG) e o Partido Galego Social-Demócrata (PGSD), e asistiu como observador un representante do Partido Popular Galego (PPG), partido que non chegou a integrarse. Incorporáronse tamén a Asamblea Nacional-Popular Galega (ANPG), como plataforma asemblearia de participación política, o Partido Carlista de Galicia (PCdG), seguidor da fracción esquerdista do carlismo, e o Movemento Comunista de Galicia (MCG). Desde a súa creación, elaborou propostas programáticas para a consecución dos seus obxectivos e publicou as Medidas económicas para un Goberno provisorio galego e as Bases constitucionais para a participación galega nun pauto federal. No primeiro dos textos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo constituído o 15 de novembro de 1944, segundo unha iniciativa de Afonso Daniel Rodríguez Castelao e da Irmandade Galega, que pretendía reunir a todos os elementos republicanos galegos, aínda que só contou coa presenza de catro deputados: Castelao, R. Suárez Picallo e Alonso Ríos, do PG, e Elpidio Valladares, de Izquierda Republicana. No seu nacemento influíu o lehendakari vasco no exilio, Aguirre, quen buscaba un interlocutor para a reconstrución de Galeuzca, e a futura reinstauración dos estatutos de autonomía aprobados durante a Segunda República. A lexitimación deste organismo partía da elección dos deputados que o compuñan no plebiscito do 28 de xuño de 1936. Castelao foi nomeado o seu presidente e durante os anos seguintes mantivo unha notable actividade política: asistiu ás Cortes celebradas en México e integrouse no goberno republicano no exilio en marzo de 1946. No 1947 ingresou o deputado Alfredo Somoza. Á morte de Castelao (1950), o Consello perdeu boa parte da súa influencia...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación en galego subtitulada “Boletín oficial informativo” que apareceu en Bos Aires a partir de 1963, editada polo Consello de Galiza. Da súa redacción encargáronse Moisés da Presa, Luís Guede, Manuel Pedreira, Ricardo Flores e Manoel Pazos. Difundía as ideas da institución, obxectivos e actividades, ilustradas con fotografías.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano político español creado pola Lei de Sucesión de 1947, coa misión de asumir o poder en caso de falecemento ou incapacidade declarada do xefe de Estado. Estaba composto polo presidente das Cortes, o prelado de maior antigüidade da xerarquía eclesiástica e o capitán xeneral das forzas armadas. Suprimiuse coa aprobación da Constitución de 1978 e as súas funcións asumíronas as Cortes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo da ONU creado en 1946 coa misión de garantir a paz e a seguridade internacionais. En casos de agresión ou violación da paz, o capítulo VII da Carta das Nacións Unidas recoñécelle o dereito de aplicar accións coactivas, que se poden concretar en sancións de carácter económico ou medidas militares. Formado por quince membros, as súas decisións sobre cuestións importantes poden ser vetadas polo voto negativo dalgún dos cinco membros permanentes: China, EE UU, Francia, Reino Unido e Rusia. Os outros dez membros elíxeos a Asemblea Xeral para períodos de dous anos e repártense segundo criterios xeográficos: correspóndenlle cinco a Asia, África e Oriente Próximo, dous aos países occidentais, dous a Latinoamérica e un a Europa oriental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Consello de Administración Fiduciaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo político español creado pola Lei de Sucesión de 1947 que tiña como misión principal asesorar o xefe de Estado en asuntos transcendentais. Estaba formado por un presidente, que era o das Cortes, seis conselleiros natos e seis electivos. Entre outras atribucións, encargábase de presentar a lista de candidatos para presidente do goberno e de propoñer ás Cortes, de acordo co goberno, o sucesor do xefe de Estado en caso de incapacidade deste ou de morrer sen sucesión. Desapareceu cando se aprobou a Constitución de 1978.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución lexislativa establecida trala Revolución Francesa, pola Constitución do ano III, durante a Convención Termidoriana (1795). Ocupábase de sancionar as leis elaboradas polo Consello dos Cincocentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano administrativo da República de Venecia instituído en 1310, tralo fracaso da conspiración tramada polas familias aristocráticas dos Querini e dos Tiepolo. Encargouse de executar as sentencias contra os participantes na conxura. Estaba presidido polo dux, acompañado por dez membros ordinarios, elixidos polo Gran Consello da Aristocracia por un período dun ano, e por outros seis membros adxuntos. Converteuse nun órgano permanente desde 1355, encargado de localizar e eliminar as diversas formas de oposición; posteriormente, asumiu os poderes executivo, lexislativo e xudicial. Suprimiuse trala ocupación da República polos franceses en 1797.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo da ONU que se ocupa dos aspectos económicos e sociais da cooperación internacional. Ten por obxectivo elevar o nivel de vida e buscar o respecto universal dos dereitos do home e das súas liberdades fundamentais. Composto por 54 membros dende o ano 1971, actúa como órgano de coordinación entre a ONU e as axencias especializadas, relaciónase con outros órganos da ONU, participa na elección dos seus membros e colabora en diversos proxectos. Formado por varios órganos subsidiarios, inclúe entre os seus mecanismos de traballo os comités permanentes, as comisións rexionais e as comisións técnicas ou funcionais. Os comités permanentes son: Programa e Coordinación, Asentamentos Humanos, Organizacións Non Gobernamentais e Normas Internacionais de Contabilidade e Presentación de Informes. As comisións económicas e rexionais dedícanse ao fortalecemento das relacións económicas e ao estudo dos problemas económicos e tecnolóxicos de cada rexión. A Comisión Económica e Social para Asia e o...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo da Comunidade Autónoma de Galicia creado pola Lei 6/1995 co obxectivo de facilitar a participación dos axentes sociais e económicos na vida política, económica, social e cultural do país e, principalmente, para ter en conta as súas opinións e propostas nos procesos de adopción de decisións do goberno autonómico. Nel están representados un gran número de organizacións profesionais, entidades e asociacións; intégrano 35 membros, incluídos o seu presidente e o secretario xeral, designados polo presidente da Xunta a proposta dos conselleiros de Economía e Facenda, e Interior e Relacións Laborais. O secretario debe ser un funcionario do grupo A. Os outros 33 membros repártense en tres grupos: os primeiros 11 desígnanos as organizacións de traballadores, segundo os resultados xerais das eleccións sindicais; outros 11 membros representan o empresariado, elixidos pola Confederación de Empresarios de Galicia; por último, outros 11 conselleiros representan a entidades e asociacións: 4 membros...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de igrexas cristiás recoñecida en Utrecht (1938) e definitivamente constituída na asemblea de Amsterdam (1948), onde se reuniron 351 delegados de 147 igrexas. Xurdiu como expresión do movemento ecuménico contemporáneo, do que chegou a ser unha peza fundamental. A Asemblea Xeral é o seu órgano supremo: toma as decisións, dá as directrices xerais e elixe un comité central e outro executivo. Posteriormente, celebráronse as seguintes asembleas: Evanston (Illinois, EE UU, 1954), con 502 delegados de 160 igrexas; Nova Delhi (India, 1961), con 577 delegados de 181 igrexas, na que entraron a formar parte todos os ortodoxos; Uppsala (Suecia, 1968), con 702 delegados de 202 igrexas; Nairobi (Kenya, 1975), con 747 delegados de 271 igrexas; e Vancouver (Canadá, 1983), con 784 delegados de 301 igrexas. En 1979 celebrouse a Conferencia Mundial sobre “Fe, Ciencia e o futuro” en Cambridge (Massachusetts, EE UU). No ano 1980, na asemblea celebrada en Melbourne, ampliou o seu traballo evanxelizador....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano superior de consulta e participación dos sectores afectados na programación xeral do ensino e de asesoramento, sobre os proxectos de lei ou dos regulamentos que propón ou dita a Xunta no ámbito da Comunidade Autónoma. Está integrado por un total de 51 persoas en representación do profesorado -proposto polos sindicatos-, dos pais dos alumnos, dos alumnos, dos titulares dos centros educativos privados, da administración, das universidades, das centrais sindicais e das organizacións empresariais, ademais dalgunhas personalidades. Segundo a Lei 3/1996, do 18 de decembro, e decretos posteriores que ordenan o seu funcionamento, establécese un pleno (cun promedio de dúas reunións anuais desde 1990) e tres comisións, baixo a presidencia do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, aínda que é o vicepresidente o que vén exercendo a súa dirección, tal e como acontece noutros consellos escolares (do Estado e doutras comunidades autónomas), creados sobre a base da Lei Orgánica do...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización Europea para a Investigación Nuclear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano consultivo de participación institucional e de asesoramento do Consello da Xunta de Galicia en materia de Formación Profesional Regulada e Ocupacional, adscrito á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Decreto 348/1990, do 22 de xuño, e modificado polo Decreto 223/1994, do 7 de xullo). Entre as súas competencias, cómpre destacar as seguintes: propoñer accións para mellorar a orientación profesional; realizar a elaboración, seguimento e actuacións do programa galego de ensinanzas técnico-profesionais; emitir informes sobre os proxectos e plans de estudios e propoñer novas titulacións e certificacións de profesionalidade en materia de formación profesional ocupacional; avaliar as iniciativas e propostas dos axentes sociais implicados na actividade laboral; propoñer os criterios de homologación dos centros colaboradores na formación profesional ocupacional; e emitir informes e avaliar os concertos e convenios que asinen as diferentes consellerías en materia de formación...