"Diego" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 108.
-
PERSOEIRO
Administrador e segundo almirante das Indias de Castela, fillo primoxénito de Cristovo Colón e de Filipa Moniz de Perestrello. Continuou os Preitos Colombinos familiares contra a Coroa. Casou con María de Toledo, sobriña do duque de Alba e curmá de Fernando o Católico, e conseguiu ser nomeado gobernador das Indias, aínda que sen o título de vicerrei (1508). Formuláronse numerosas acusacións contra el, polo que no ano 1515 foi chamado a Castela. A súa estancia na metrópole prolongouse durante cinco anos, ata que polo decreto da Coruña do 17 de maio de 1520 se lle recoñeceron provisionalmente parte das súas pretensións. Despois do seu regreso a Santo Domingo foi novamente acusado de outorgar rendas ilegais e conceder perdóns e privilexios a cambio de cartos. En 1523 foi chamado outra vez a Castela para responder dos cargos formulados contra el. O seu fillo, Luis, cedería os seus dereitos a cambio do título de duque de Veragua.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Doutor en Teoloxía e Dereito Canónico (1658), foi reitor do Colegio de los Infantes de Toledo. Posteriormente, desempeñou as cátedras de Teoloxía Metafísica e Sagrada Escritura na Universidad de Valladolid. Bispo de Cuba (1685), reformou os estatutos dos descalzos establecidos en Madrid e, en 1687, trasladouse a La Habana onde fundou numerosas obras de beneficencia e relixiosas; entre elas, destaca a creación de igrexas, do seminario e do colegio de San Francisco de Sales para nenas (1688), do hospital de Belén e os mosteiros de recolectos de santa Catarina e de carmelitas de santa Clara. Tamén foi bispo de Florida.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e eclesiástico. Foi profesor da Universidad de Salamanca, bispo de Ciudad Rodrigo (1560) e de Segovia (1565), e presidente do Consello de Castela desde 1572. Participou na redacción dos decretos do Concilio de Trento. Pertenceu á escola de Salamanca e a súa obra recolleuse baixo o título de Opera omnia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor de orixe flamenga. Exerceu a súa actividade artística fundamentalmente en Burgos. Colaborou con Gil de Siloé na Cartuja de Miraflores (1496) e na catedral burgalesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo. Ingresou na orde dominicana e foi profesor de teoloxía na Universidad de Salamanca (1477-1486). Foi bispo de Zamora (1494), Jaén (1497) e Palencia (1500). Sucedeu a Torquemada no cargo de inquisidor xeral, primeiro de Castela (1497) e logo de Aragón (1498-1507). En 1504 foi nomeado arcebispo de Sevilla e morreu antes de tomar posesión da mitra de Toledo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Editor. Promoveu a creación da editorial Citania en Bos Aires xunto con Luís Seoane, empresa que realizou o seu labor entre 1957 e 1959. Colaborou tamén na edición de libros en lingua galega con Antonio Baltar, Perfecto López e Manuel Martínez Lamela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Mestre da catedral de Sevilla (1714), optou pola ornamentación lineal fronte á exhuberancia barroca. Entre as súas obras destacan as igrexas da Santísima Trinidad de Carmona (1721) e de Umbrete (1725-1733).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo derivado da forma latina Didacus; pode ter raíces ibéricas ou pode tratarse da masculinización do nome feminino Didaca, procedente, á súa vez, do grego διδαχ ή ‘doutrina, instrución, ensinanza’. Nome moi común na Galicia medieval, entre o s VIII e o s XIII ocupaba o décimo lugar por orde de frecuencia entre as formas masculinas, e xa no s XV pasou a ocupar o oitavo lugar. Unha etimoloxía tradicional popular identificou as diversas variantes medievais deste nome (Diaco, Dïaco, Dïago, Dïego, etc) con (T)iago e outros precedentes de Iacobus, de aí que no santoral español se inclúan os Diego baixo a advocación de Santiago. A forma Diogo foi a que acabou impoñéndose en Portugal, irradiada desde Lisboa, sobre outras variantes, como Diego ou Diago. Entre os personaxes históricos galegos que levan este nome cómpre salientar a Diego Páez (s XI), bispo de Santiago...
-
PERSOEIRO
Poeta, crítico e musicólogo. Estudiou Filosofía e Letras na Universidade de Deusto, Salamanca e Madrid, onde se doutorou en 1920. Catedrático de Lingua e Literatura, exerceu a docencia nos institutos de Soria, Gijón, Santander e Madrid. Foi un dos representantes da Xeración do 27 e experimentou coa poesía ultraísta e creacionista. En Madrid incorporouse ao movemento ultraísta e escribiu nas revistas Grecia e Ultra e fundou e dirixiu Carmen. Posteriormente adheriuse ao creacionismo, estilo no que amosa o dominio das metáforas e imaxes. Defensor da liberdade creadora, innovador e vangardista, nas súas composicións acada un gran dominio da metáfora e dos recursos técnicos da versificación, cultivou así mesmo unha poesía tradicional, reflectiu a súa vocación musical (Preludio, aria y coda a Gabriel Fauré, 1967) e a súa paixón polos touros (La suerte o la muerte, 1963; El cordobés dilucidado, 1966). Da súa produción destacan El romancero de la...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Leigo franciscano. Misioneiro nas Canarias, foi canonizado en 1558 polo Papa Sisto V, a instancias de Filipe II. Na iconografía leva o hábito franciscano dos leigos formado por unha túnica, un escapulario e un cordón e, como atributos persoais, unha cruz na man e unhas rosas recollidas no seu escapulario a xeito de mandil. A súa festividade celébrase o 13 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do Océano Índico baixo soberanía británica, incluída no Territorio Británico do Océano Índico (27 km2). A illa, a maior do arquipélago de Chagos, é un atol de coral vivo, cun gran lago no seu interior. Descuberta polo navegante luso Diego Garcia a principios do s XVI, os portugueses non estableceron ningunha factoría e a illa quedou á marxe das rutas comerciais. A principios do s XVIII os franceses tomaron posesión dela. Tralas guerras napoleónicas (1814) pasou a soberanía británica. En 1965 foi adscrita á xurisdición do gobernador británico das Seychelles, baixo a que permaneceu ata a independencia destas en 1976. En 1966 os gobernos británico e estadounidense acordaron a militarización da illa, que se converteu en base aeronaval conxunta das súas respectivas forzas armadas. Por mor da apertura da base en 1971, a poboación nativa da illa foi deportada. A base de Diego García empregouse como lanzadeira dos bombardeiros aliados na Guerra do Golfo de 1991 e na ofensiva antiterrorista...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Ourense (942-958). Confirmou as dotacións do convento de San Salvador de Celanova. Dende 958 viviu retirado no mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Frade mercedario e bispo de Tui (1472-1487) e Ciudad Rodrigo (1487-1492). Estudiou teoloxía na Universidade de Salamanca. Cara ao 1421 ingresou na orde mercedaria na que desempeñou, entre outros, os cargos de comendador en Huete (1456) e en Guadalajara (1464) e, co apoio da familia dos Mendoza o de provincial de Castela no 1466. Capelán de Enrique IV (1465) e bispo de Tui (1472), coa chegada ao poder dos Reis Católicos adquiriu novos cargos, entre outros o de oidor real da chancelería de Valladolid (1475). Participou na vida política galega e enfrontouse co arcebispo Fonseca e con Pedro Álvarez de Soutomaior. Enviado como embaixador a Roma (1479), defendeu a posición dos monarcas respecto ás provisións dos bispados. Volveu á súa diocese en 1482, na que organizou a administración e lle deu unhas ordenanzas á cidade de Tui (1484). No 1487 foi elixido bispo de Ciudad Rodrigo, onde permaneceu ata a súa morte. Entre os seus escritos destacan Constituciones sinodiales del obispado de Tuy...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Canarias (1496-1506). Formouse en Salamanca co apoio do seu tío Diego I de Muros e xunto co seu curmán Diego III de Muros. Licenciouse en Dereito Civil e Canónico e serviu como secretario do cardeal P. González de Mendoza, feito que facilitou o seu ascenso. Acumulou diversos beneficios, entre os que destacan as coenxías en Santiago de Compostela e Sevilla, e os cargos de arcediago de Carmona e de Castela, chantre de Santiago e párroco de Muros. Nomeado bispo de Canarias en xullo de 1496, dedicouse á organización eclesiástica e adminitrativa da súa diocese, enfrontándose cos conquistadores e cos oficiais reais. Xunto co seu curmán, foi un dos patróns do novo Estudio Xeral (17.7.1501), orixe da Universidade de Santiago de Compostela. Doou a casa da súa familia en Santiago de Compostela, na que se estableceu o estudio, e diversos casares dentro do arcebispado. No 1504 acadou co seu curmán a confirmación do estudo por unha bula do Papa Xulio II. Entre os seus escritos destaca Constituciones...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Deán de Santiago de Compostela e bispo de Mondoñedo (1505-1512) e Oviedo (1512-1525). O seu tío Diego I de Muros outorgoulle unha coenxía en Santiago (1474). En 1476 trasladouse a Salamanca, onde estudiou artes, teoloxía e dereito, e entrou en contacto co cardeal P. González de Mendoza. Converteuse no seu secretario e colaborou na creación do colexio de Santa Cruz. Foi cóengo de Sigüenza (1490) e, logo da morte do cardeal (1495), volveu a Santiago onde foi deán do cabido. Os Reis Católicos encargáronlle a fundación do Hospital Real e converteuse no seu administrador. Xunto co seu curmán Diego II de Muros, foi un dos patróns do novo Estudio Xeral (17.7.1501), orixe da Universidade de Santiago de Compostela, ao que lle achega as rendas de diversas propiedades na vila e no alfoz de Muros. No 1504 acadou co seu curmán a confirmación do estudo por unha bula do Papa Xulio II. Foi nomeado bispo de Mondoñedo en 1505, pero conservou o dominio dos asuntos en Compostela. No 1512 foi promovido ao bispado...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador. A colocación das súas cantigas no comezo do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B), a seguir das de Airas Moniz d’Asme, levou a algúns investigadores a afirmar que ambos os dous trobadores poderían ser da mesma familia, quizais irmáns, e que serían autores do primeiro período da lírica galego-portuguesa. Polo que respecta á súa orixe, Carolina Michäelis considera que era portugués. Non obstante , a referencia a dúas persoas co mesmo nome en documentos de finais do s XII e inicios do XIII localizados nos mosteiros de Lourenzá e de Oseira en Galicia, así como no mosteiro de San Martiño de Castañeda, preto de Zamora, levaron ao investigador Resende de Oliveira a soster a súa posible orixe galega. Só se conservan dúas cantigas de amor da súa produción poética, unha completa e a outra fragmentaria. Non obstante , unha análise comparativa entre B e a Tavola Colocciana permite afirmar que, probablemente na lagoa existente tralas composicións conservadas habería máis...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Santiago de Compostela (1070-1094). Nomeado por Sancho II para suceder o bispo Gudesteo, conservou o cargo cando Afonso VI engadiu Galicia aos seus dominios logo de facer prisioneiro o Rei Don García. Reorganizou os dominios territoriais de Santiago enfrontándose cos nobres que usurparan as terras da sé; ao mesmo tempo reinstaurou a figura dos arcediagos e elixiu entre os cóengos os novos xuíces, co que mellorou a xustiza e a administración. En 1075 iniciou as obras da catedral románica de Santiago, dirixidas polos mestres Bernaldo o Vello e Roberto, coa construción do deambulatorio e das cinco capelas orixinais. Logo da conquista de Toledo por Afonso VI (1085), enfrontouse co monarca polas pretensións do rei de converter esta cidade en capital política e eclesiástica do reino. A revolta do conde Oveco Bermúdez e do seu fillo Rodrigo Ovéquiz (1085-1088), interromperon as obras na catedral de Santiago de Compostela e provocaron a represión de Afonso VI e a posterior división...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr. Os datos conservados sobre este autor non permiten testemuñar a súa orixe. A indicación da súa condición de xograr, reflectida na rúbrica atributiva que precede á súa única cantiga conservada, fai pensar nun xograr galego. Non obstante , os datos extraídos da cantiga permiten situar a súa actividade na corte portuguesa nos últimos anos do reinado de Sancho II. Tal vez fose un xograr galego que chegou a Portugal con algún dos magnates que acompañaron a Afonso de Castela na súa incursión en apoio a Sancho II. A cantiga Meu senhor arcebispo, and’eu escomungado é un escarnio político que foi copiado tanto no Cancioneiro da Biblioteca Nacional como no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Pertence ao chamado “ciclo dos alcaides traidores a Sancho II” durante a Guerra Civil de 1245-1247, na que os alcaides, ameazados coa excomuñón dos arcebispos, entregaban os seus castelos ao conde de Boulogne. A composición é unha cantiga de refrán estruturada en catro cobras singulares...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Castela (873-890), fillo de Rodrigo, primeiro conde castelán. Consolidou a liña de castelos que protexían a conca do Ebro e continuou o labor repoboador, estendendo o condado ata o val do Arlanza. Creou o núcleo inicial de Burgos (884). Baixo o seu patrocinio construíronse o mosteiro de San Pedro de Cardeña e os castelos de Palenzuela e Castrillo de la Pena.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Diego Xelmírez.