"Ourense" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 43.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Galardón destinado a escritores noveis de entre 14 e 30 anos que outorga a Casa da Xuventude e a Agrupación de Libreiros de Ourense co patrocinio da Consellería de Cultura e a Delegación Provincial de Familia, Muller e Xuventude. O primeiro galardoado foi Xosé Carlos Caneiro, con O caso de Horacio Silveira, que quería ser neno e non lle deixaron (1984).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na Praza Maior de Ourense. Realizada en estilo modernista no s XIX, reconstruíuse en 1891 despois dun afundimento que acontecera dez anos antes. Ten baixo e dous andares cun soportal de tres arcos apoiado en pilastras con columnas. Os balcóns son de ferro fundido coas armas do concello e no alto atópase unha lucerna cun reloxo. No seu interior destaca a escaleira principal con varanda de madeira e un escudo con armas imperiais de Carlos I nun dos descansos.
-
ENTRADA LARGA
Catedral situada en Ourense, baixo a advocación de san Martiño. Baixo o reinado suevo, ergueuse un templo que foi arrasado polos musulmáns e polos normandos. A finais do s XI construíuse un novo edificio baixo a advocación de santa María Nai, pero as súas reducidas dimensións motivaron a construción en 1160 do terceiro e definitivo templo en estilo románico de transición, baixo o bispado de Pedro Seguín e coas doazóns de particulares e de Fernando II. O seu proxecto inicial, con planta de cruz latina de tres naves lonxitudinais, tres ábsidas semicirculares e cruceiro de nave única, continuou ata a data de consagración do altar en 1188, durante o bispado de Afonso, aínda que a fábrica non se concluíu ata o ano seguinte, introducindo novos logros técnicos propios do gótico. Rematouse durante o bispado de Lourenzo (1218-1248), baixo o que se realizou o pórtico do Paraíso e o claustro. O Renacemento chegou posteriormente coa construción do ciborio, que coroaba o cruceiro.
VER O DETALLE DO TERMO
Da cabeceira... -
VER O DETALLE DO TERMO
Club Deportivo Ourense, SAD.
-
GALICIA
Comarca situada no S da Comunidade Autónoma de Galicia e no N da provincia do mesmo nome. Limita ao N coas comarcas de Chantada (concello de Carballedo) e Terra de Lemos (concellos de Pantón e Sober), ao L coas de Terra de Caldelas (concello de Parada de Sil) e Allariz-Maceda (concellos de Xunqueira de Espadanedo, Maceda e Paderne de Allariz), ao S coas comarcas de Allariz-Maceda (concellos de Allariz), Terra de Celanova (concellos da Merca e Cartelle) e O Ribeiro (concello de Castrelo de Miño), e ao O coas comarcas do Ribeiro (concello de Cenlle) e O Carballiño (concellos de Punxín, Maside e San Cristovo de Cea). Abrangue unha superficie de 623,1 km2en que acolle unha poboación de 141.513 h (2001), distribuída entre os concellos de Amoeiro (39,7 km2; 2.298 h), Barbadás (30,2 km2; 6.768 h), Coles (38,1 km2; 3.171 h), Esgos (37,8 km2; 1.294 h), Nogueira de Ramuín (98,3 km2; 2.531 h), Ourense (84,5 km2; 107.510 h),...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conca que está formada por unha depresión topográfica por cuxo fondo discorre o río Miño tras a súa confluencia co Sil, cunha altitude comprendida entre os 100 e os 350 m. Esta depresión esténdese cara ao S e segue o val do río Barbaña, afluente do Miño, e abrangue os concellos de Toén, Barbadás, San Cibrao das Viñas, Taboadela e O Pereiro de Aguiar. O sector N perfílase como unha extensa plataforma que cara ao S descende en inclinadas ladeiras cara ao curso do Miño. No sector central, coincidindo co curso do río Miño, está o concello de Ourense. No sector oriental as aliñacións montañosas pechan a conca polo NL, cara aos montes da Peroxa, por onde entra o Miño por un tramo aínda encaixado. Cara á veciña comarca do Ribeiro, o val ábrese máis suavizado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
División territorial administrativa da Igrexa Católica. Aínda que a súa orixe é incerta dátase no s VI, momento en que puido separarse da sé de Astorga. Debido ás invasións de pobos foráneos, a sé tivo que ser restaurada por Afonso III na segunda metade do s IX, tras a ocupación musulmá e por Sancho II en 1071, un século despois de que a cidade fora destruída, posiblemente polos normandos. Durante o Antigo Réxime pasou a ocupar a maior parte da provincia, a excepción da zona oriental, que lle correspondía á diocese de Astorga, e de pequenos fragmentos do territorio provincial, que correspondían ás dioceses de Tui e Santiago. Ata o s XX foi unha diocese eminentemente rural xa que contaba cun único núcleo urbano destacado, a cidade de Ourense, que estaba marcado pola súa dimensión de capital administrativa, civil e eclesiástica. En 1851 dividiuse en 20 arciprestados, cun total de 524 parroquias e 99 anexos, pero desde entón sufriu continuas modificacións. Cos decretos de 1954 e de 1959 pasou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festival anual de cine independente que se celebra desde 1996, por iniciativa do Concello de Ourense. Presentou tres seccións competitivas, constituídas por longametraxes, curtametraxes e documentais de todas as nacionalidades, así como varias non competitivas, dedicadas á presentación e ao estudo de directores, xéneros ou escolas. Ata 1998 coñeceuse como Festival de Cine Independente de Ourense/Ourense Film Festival (OFF) e outorgaba os Premios OFF. Desde ese ano, xestionouno o consorcio formado polo Concello e a Deputación de Ourense e outorgou, entre outros, os Premios Calpurnia e varios premios especiais como o Premio Internacional Eixo Atlántico á mellor curtametraxe en galego ou portugués. Integrouse na Coordinadora Europea de Festivais de Cine.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capela situada en Ourense que construíu en 1522 Francisco Méndez. En 1584 engadíuselle unha portada de medio punto e presenta algúns vans góticos. Aos lados da porta ten dúas fiestras na parte inferior e outras dúas na superior, e enriba está situada nunha furna a virxe dos Remedios. Ten espadana, rematada cunha cruz, dun só arco con campá. O 8 de setembro celébrase unha romaría na honra da virxe. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1961.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Ourense. Situado nun dos lados da Praza Maior, foi pretorio romano, palacio dos reis suevos e desde 1071 ata 1952, palacio episcopal. Desde entón converteuse en sé do Museo Arqueolóxico Provincial. Do antigo palacio románico queda a planta en forma de L e parte do claustro interior. Sufriu diversas modificacións nos s XIV (torre de Santa María) e XVI (cuartos e soportais). Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1931 e en 1962, xa como sede do museo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Allariz, Amoeiro, Baños de Molgas, Barbadás, Coles, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense que se inaugurou en 2001. Foi construída segundo un deseño futurista de Álvaro Varela, no que destaca a pasarela que o circunda, con máis dun 60% de pendente. Está aberta ao tránsito de vehículos e persoas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense. Está formada por sete arcos carpaneis e de medio punto, seis deles realizados en cantaría, mentres que o central é metálico con directriz parabólica. Os tallamares son arredondados. A súa construción rematouse en 1918.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou ponte vella ou ponte maior Construción situada sobre o río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense. Construída en tempos de Traxano ou Augusto, sitúase na vía XVIII ou Nova, que unía Bracara Augusta con Lucus Augusti. Da primitiva fábrica romana consérvase parte das bases dos piares e o primeiro arco da marxe esquerda. Está formada por grandes perpiaños de granito, arcos de medio punto e apuntados e tallamares arredondados, agás un, que é triangular. Foi reformada e reconstruída en varias ocasións desde a época medieval ata o s XVIII e conserva sete dos máis de dez arcos que probablemente tiña en orixe. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1961.
-
GALICIA
Circunscrición administrativa de España, unha das catro en que se divide a Comunidade Autónoma de Galicia, situada no seu cuadrante SL. Integrada por 92 concellos (2001), están agrupados en 12 comarcas (O Carballiño, Ourense, Terra de Caldelas, Terra de Trives, Valdeorras, O Ribeiro, Terra de Celanova, Allariz-Maceda, Baixa Limia, A Limia, Verín e Viana), e abrangue unha superficie de 7.172,5 km2, en que acolle unha poboación de 338.446 h (2001). A súa capital é Ourense. Eclesiasticamente, o seu territorio repártese entre as dioceses de Astorga e Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Orixe e delimitación da demarcación
A cidade de Ourense foi unha das tradicionais capitais de provincia do Reino de Galicia durante o Antigo Réxime. O primeiro precedente que se pode considerar é a prefectura que proxecta o goberno de Xosé I Bonaparte, que coincidía en gran medida coa actual demarcación. Pero non foi ata o 27 de xaneiro de 1822, coa promulgación dun Real Decreto, cando se constituíu a... -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado en Ourense. Realizado en estilo gótico, foi fundado no s XIII polos franciscanos, aínda que a igrexa e o claustro se contruíron entre 1313 e 1322. A igrexa trasladouse do seu emprazamento orixinal ata o parque de San Lázaro. O templo ten planta de cruz latina cunha nave no brazo maior e outra no cruceiro, e as ábsidas, con ventanais con vidreiras, cóbrense de bóvedas nervadas en forma de abano, que se apoian sobre columnas laterais. A portada é de estilo oxival cun arco trilobulado, arquivoltas apuntadas e rosetón. Destaca o claustro medieval, de planta case cadrada con portas baixomedievais e unha colección de capiteis que está formado por 63 arcos apuntados sobre piares cruciformes. Os monxes foron exclaustrados en 1835 e o mosteiro foi cuartel en 1843. O claustro e a igrexa foron declarados Ben de Interese Cultural en 1923.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santa Eufemia do Centro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santa Eufemia do Norte.
-
IGREXAS
Igrexa situada en Ourense. O templo, orixinalmente suevo, data do s VIII. Destruído polos musulmáns (716), no seu lugar levantouse un templo románico por orde do bispo Ederonio no s XI, que se demoleu en 1722 e que foi substituído polo de estilo barroco, que realizou o bispo Siuri. Ten planta de cruz latina con bóveda nervada. A fachada ten tres corpos e está flanqueada por dúas torres-campanario. O retablo do altar maior, que está realizado en madeira non policromada, consta de dous corpos articulados por estípites e na rúa central sitúase unha imaxe barroca da Virxe que está enmarcada por un arco dourado. Dúas inscricións no muro exterior que fan referencia aos bispos Ederonio e Siuri, e as columnas con capiteis en mármore na fachada conforman os únicos restos visibles dos antigos templos.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ourense. Puido ser construída cara ao s XIII pola proximidade dun hospital para peregrinos do que deu conta o bispo Afonso en 1178. O templo reconstruíuse no s XVI e aproveitáronse elementos da antiga igrexa medieval. Ten planta basilical, que foi reedificada en 1571 por Xácome de Moure. No interior, a capela maior, que se rematou de construír en 1858, está cuberta con bóvedas de cruzaría e a ábsida (s XVI) ten forma poligonal. O retablo maior e os laterais son de estilo barroco. O acceso ao adro realízase por unha porta que pertenceu ao antigo Hospital de San Roque, de arco de medio punto enmarcado por dous medallóns que representan a Hipócrates e Galeno, e sobre a que destaca un frontón con fornela que alberga a figura de san Roque. O templo conserva dúas portadas medievais e nos ángulos laterais do edificio atópanse dúas torres cilíndricas unidas por unha galería, que lle dan un aspecto de fortaleza ao conxunto.
VER O DETALLE DO TERMO