"Santiago" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 262.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O arcebispado compostelán, constituído por Xelmírez (1100-1140) o 31 de outubro de 1104, ten as súas orixes na diócese de Iria, sufragánea de Braga. Os fitos máis salientables desta fase anterior ao arcebispado son: a descuberta da tumba do Apóstolo Santiago, feito que motivou o traslado a título persoal dos bispos de Iria a Santiago de Compostela; o traslado da sé de Iria a Santiago de Compostela sendo bispo Adaulfo II; e a emancipación de Braga, lograda polo bispo cluniacense Dalmacio e outorgada por Urbano II. Ademais da sé arcebispal, Xelmírez acadou o título de sé metropolitana o 27 de febreiro de 1120 -confirmado o 23 de xuño de 1124-, cando Calisto II trasladou a Santiago de Compostela a metrópole de Mérida. Nestes primeiros tempos, a nova sé metropolitana foi constituída coas dióceses sufragáneas de Beja, Lisboa, Faro, Idanha, Coimbra, Viseu, Lamego, Ciudad Rodrigo, Salamanca, Ávila, Coria, Plasencia, Badajoz e Zamora. No ano 1199, logo de numerosos preitos entre Toledo, Braga e...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo de carácter histórico e institucional ligado á Universidade de Santiago. As súas instalacións están dotadas de salas de depósito, laboratorio de restauración, microfilme e salas de conferencias e de consulta. O fondo máis importante é o que constitúe a documentación relativa á Universidade, desde a súa fundación en 1495 (documentos dos antigos colexios de Fonseca e San Xerome, expedientes académicos, de limpeza de sangue, etc). Desde 1946 incorporou fondos, relativos á cidade e ao seu contorno: fondos de carácter relixioso con documentos procedentes de mosteiros e conventos, cabido catedralicio, confrarías e outras institucións eclesiásticas, documentación do Hospital Real, protocolos notariais de Santiago e arquivos familiares e persoais, como o fondo Castroviejo Blanco-Cicerón que reúne documentación relativa ao goberno político de Galicia no século XIX. Desde 1994 tamén alberga o Arquivo Municipal de Santiago, con fondos desde o século XVI ata 1940.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[URD] Asemblea conservadora celebrada o 5 e 6 de febreiro de 1933 na cidade de Santiago de Compostela. Participaron representantes de todas as agrupacións locais da URD en Galicia co obxectivo principal de unir a dereita galega, en previsión de non volver á situación de división previa ás eleccións a Cortes de xuño de 1931, e que supuxo un fracaso estrepitoso da dereita a nivel estatal. A URG saíu reforzada da asemblea, cohesionada e organizada para competir en igualdade de condicións fronte á Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), de Casares Quiroga. A asemblea de Santiago de Compostela constituíuse no acto preparatorio do Congreso de Derechas Autónomas que ía ter lugar en Madrid entre o 28 de febreiro e o 5 de marzo de 1933, e do que sairía constituída a Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA), o partido conservador de maior relevancia da Segunda República.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea das distintas seccións do Partido Federal en Galicia, celebrada o 22 de xuño de 1873. O partido quedou organizado en xuntas locais e no cantón de Galicia creouse un comité executivo. A Asemblea Federal Galega xuntaríase dúas veces ao ano en Santiago (elixida capital do vindeiro cantón galego). Dentro do réxime federal de España, pedíase a autonomía de Galicia que estaría rexida por un regulamento ou constitución cantonal no que se fixarían os poderes que podería exercer, e cáles tiña que transferir ao poder central pola imposibilidade de exercelos directamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización dos mestres de Santiago de Compostela oficialmente constituída en xaneiro de 1893 en Santiago de Compostela, aínda que a prensa xa anunciaba a súa fundación o 6 de febreiro de 1887. Pertencía ao grupo de asociacións de carácter mutualista e de socorros mutuos, é decir, de axuda benéfica e de coñecementos. Entre os seus obxectivos máis inmediatos estaban conseguir a fraternidade entre todos os ensinantes e o socorro mutuo científico e material entre os seus afiliados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada o 23 de marzo de 1898 en Santiago de Compostela, foi a primeira organización patronal desta cidade e unha das primeiras de Galicia. O seu obxectivo básico era a defensa mutua e protección recíproca dos seus asociados, cando a súa autoridade ou os seus intereses de clase estivesen ameazados polo obreiro, especialmente na folga ou no paro. Non se admitía ningún aprendiz (menor de 16 anos) que estivese afiliado a calquera das sociedades de resistencia da cidade e, sobre todo, aqueles que xa pertenceran ás organizacións obreiras, procurando os seus xefes que abandonasen esta afiliación. Por outra banda, os afiliados a esta patronal, comprometíanse a non dar traballo a aquel obreiro que non viñese provisto dun documento, expedido polo seu anterior patrón, no que se informaba de que abandonaba o traballo voluntariamente sen ter secundado protestas obreiras ou ter cometido faltas graves na empresa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de carácter benéfico constituída en 1891 en Santiago de Compostela por iniciativa da Condesa viúva de Taboada. Foi a sucesora dunha experiencia similar en 1855. Os seus obxectivos principais foron a vixilancia da roupa, alimentos e sanidade dos establecementos benéficos da cidade, fundamentalmente do Hospicio. As donas da alta sociedade compostelá controlaban a súa xestión.
-
IGREXAS
Igrexa románica do s XII situada na parroquia de Baamonde (Begonte). De planta rectangular, ten nave única, con cuberta de madeira a dúas augas, e ábsida cuberta con bóveda de crucería. A nave e a ábsida teñen a mesma largura. O arco de triunfo é apuntado. A portada principal é de arco semicircular cunha arquivolta de pequenos arcos apuntados. Conserva sepulcros a ambos lados do presbiterio así como unha pía bautismal con relevos do mesmo período.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa románica do s XII situada na parroquia de Baamonde (Begonte). De planta rectangular, ten nave única, con cuberta de madeira a dúas augas, e ábsida cuberta con bóveda de crucería. A nave e a ábsida teñen a mesma largura. O arco de triunfo é apuntado. A portada principal é de arco semicircular cunha arquivolta de pequenos arcos apuntados. Conserva sepulcros a ambos lados do presbiterio así como unha pía bautismal con relevos do mesmo período.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical fundada no ano 1849 que contou con importantes directores ao longo da súa historia, como foron Francisco Martínez e Juan Mª López, entre outros, que a dirixiron ata 1930. A partir desta data fixéronse cargo Ignacio Rodríguez, Ricardo Fernández, Bernardo del Río Parada, José Gotérriz Rambla e Moisés Davia Soriano. No seu centenario, foi nomeado director de honra o catedrático de Composición Julio Gómez e ata 1967 foi dirixida polo musicólogo Echevarría Bravo, ano en que se fixo cargo da banda Amador José Santos Bartolomé. Dende 1993 a banda conta cunha xerencia, da man de Guillermo Pérez Barredo, que supuxo un grande avance para a dignificación deste colectivo, figurando na programación do Teatro Principal e dotándoa dun instrumental de primeira categoría. A agrupación conta con 39 compoñentes, entre os que se inclúe o profesor titular, Santos Bartolomé, autor de diversas obras para banda. A súa actividade estivo pendente ao longo da súa historia da vida socio-cultural...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal santiagués que apareceu en 1887 baixo a dirección de Andrés Rey Varela, quen figuraba tamén como fundador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xuntanza político-literaria que tivo lugar en Santiago de Compostela a comezos do 1881. O seu protagonista foi Eduardo Pondal coa lectura dunha composición que pouco despois publicou La Ilustración Gallega y Asturiana. Nesta xuntanza non se reiteraba a demanda política e social do brinde do 1856 no Banquete de Conxo, senón que só destacaba o contido ético.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro, hoxe igrexa parroquial, situado en Sarria. No ano 976 o confeso Sunilano dooulle ao seu fillo Vermudo os lugares de San Martiño e Santiago de Barbadelo, para fundar alí un mosteiro de carácter familiar e dúplice. Incorporado ao mosteiro de Samos no ano 1009, foi priorado do mesmo ata 1835. O Códice Calixtino noméao como hospital de peregrinos. A igrexa, de fábrica románica, conserva a nave orixinaria pero perdeu a cabeceira primitiva e o arco que dá acceso á nave. No extremo noroeste da nave, érguese unha torre de planta cadrada dividida en tres seccións. Salientan os motivos ornamentais das portadas, dos capiteis e da pía bautismal. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1980 e o seu contorno en 1997.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no concello de Vigo. É de estilo románico de finais do s XII ou principios do XIII, xa que no templo hai dúas inscricións, unha de 1185, na que se nomea o posible mestre, Rodericus, e outra de 1223. Aparece mencionada en diferentes documentos: en 915 foi doada á igrexa de Santiago por Ordoño II e dona Elvira, doazón renovada por Afonso V en 1024; en 1196 houbo unha nova doazón de Afonso I de Portugal á diocese de Tui, e en 1179 Fernando I de León fixo doazón a Tui do couto de Bene vivere. Ten unha única nave con ábsida, poligonal ao exterior e semicircular no interior. A nave está dividida en treitos. O acceso ao presbiterio realízase por medio dun arco triunfal de directriz apuntada; no treito recto, a cuberta é unha bóveda de canón apuntada e no semicírculo absidial de esfera. A porta sur está tapiada, mentres que a portada principal está formada por unha dobre arquivolta apuntada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade de beneficencia fundada en Santiago de Compostela no 1879 co obxecto de dar acubillo e comida aos pobres da cidade. Mantiña un claro sentido filantrópico e relixioso. Aínda que o dinamismo das mutuas obreiras aparecidas no último terzo do s XIX foi grande, La Benéfica mantivo as súas actividades ata 1900.
-
PERSOEIRO
Deportista e dirixente deportivo. En 1912 accedeu ao primeiro equipo de fútbol do Real Madrid, no que xogou ata 1926. Logo integrouse no cadro técnico do club e, dende 1928, na súa directiva. Politicamente monárquico, durante a Guerra Civil española permaneceu en Madrid na embaixada francesa, ata que fuxiu e se incorporou ao exército sublevado. Mantivo unha estreita amizade co Xefe do Estado, Francisco Franco. Presidente do Real Madrid desde o 15 de setembro de 1943 ata a súa morte, durante o seu mandato o equipo de fútbol acadou o triunfo en 16 Campionatos Nacionais de Liga, 6 Copas de España, 6 Copas de Europa (as 5 primeiras edicións de xeito consecutivo) e unha Copa Intercontinental. Pola súa parte, a sección de baloncesto conquistou baixo a súa presidencia outros tantos títulos: 6 Copas de Europa, 2 copas Intercontinentais FIBA, 19 Campionatos de Liga e 18 Copas de España. Entre outras distincións, recibiu a Lexión de Honor francesa, a Gran Cruz do Mérito Civil e a Medalla de Ouro...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Betanzos. Foi patrocinada por Fernán Pérez de Andrade o Mozo no s XV, seguindo as trazas de gótico tardío. Presenta unha planta basilical de tres naves separadas por piares, con cuberta de madeira cun artesoado do s XIX, e tres ábsidas poligonais cubertas con bóvedas de crucería. No muro S engadíronse catro capelas entre as que destaca a do arcediago, a de san Pedro e a de san Pablo, fundada por Pedro de Ben, que conta cun retablo atribuído a Cornielles de Holanda. No interior hai diversas esculturas funerarias. A portada principal está organizada con arquivoltas vexetais e animais, cun dosel coa figura de Cristo e co tímpano adicado ao Apóstolo Santiago. A torre foi derrubada en 1900. A porta S ou Porta Santa conserva un tímpano encastrado. Por esta porta entraban os peregrinos que se dirixían ao santuario dos Remedios ou do Camiño en Tiobre e os que desembarcaban nalgún dos portos da provincia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca organizada a partir de 1832 polos monxes franciscanos. No ano 1881 contiña máis de 14.000 volumes e en 1912 chegaba aos 20.000, grazas ás doazóns de Pedro Bartolomé Casal, da Universidade de Santiago, e do xornal El Eco Franciscano. En 1912 doaron libros Atanasio López e Lino Gómez Cabedo. Conta nos seus fondos con 74 incunables, con numerosos volumes dos ss XVI e XVII, obras relixiosas -fundamentalmente revistas de temas franciscanos- e abundantes libros relacionados con Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca universitaria que tivo a súa orixe na primitiva librería da Universidade creada na metade do século XVI e situada no Colexio fundado polo arcebispo de Santiago, Alonso de Fonseca III. A súa colección histórica foi resultado da adquisición de fondos e de sucesivas doazóns. No ano 1571 mercóuselle ao cabido da catedral da cidade a biblioteca do bispo Carmona e, con posterioridade, chegaron sucesivas doazóns de destacados benefactores como Filipe de Castro ou Manuel Ventura Figueroa, xunto ás compras das bibliotecas particulares de Fernando de Paula Cousiño, que contiña cartas e papeis eruditos do Padre Sarmiento, ou Xacobe de Parga e Puga. Tamén son valiosas as contribucións bibliográficas recibidas por mor da expulsión dos xesuítas no s XVIII e da desamortización do s XIX, que significou a incorporación das librerías dos mosteiros de Galicia, das que sen dúbida a máis importante é a do Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela, de onde procede o Libro das Horas...
-
PERSOEIRO
Pintor coruñés. É autor do cadro Santiago a cabalo, realizado para a parroquia de Santiago da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO