"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • Grupo fundado en marzo de 1980 por intelectuais e persoeiros galeguistas, despois de que no proxecto presentado ao presidente da Xunta Preautonómica aparecesen diversas disposicións que limitaban as competencias autonómicas respecto ao estado central. Defenderon que Galicia obtivese un Estatuto de Autonomía en igualdade de condicións coas outras nacionalidades históricas. O grupo contaba entre os seus membros con Domingo García-Sabell, G. Fernández Albor e Ramón Piñeiro López.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico ruso. Descubriu o efecto que fai referencia ás propiedades mecánicas dunha substancia inmersa nun líquido tensioactivo. Tamén foi o creador da química coloidal na URSS e desenvolveu a teoría da tixotropía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento repentino que experimenta a temperatura de determinados metais durante o seu arrefriamento ao pasar pola temperatura crítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Barítono. Debutou no Teatro Real (1919) con La Traviata de G. Verdi e, posteriormente, viaxou a Italia, onde interpretou La Forza del Destino (1920). Establecido en Barcelona, deixou a ópera para dedicarse por completo á zarzuela. Foi galardoado coa Gran Cruz de Isabel a Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Membro do PSdeG-PSOE desde 1978, foi concelleiro (1983-1987) e primeiro tenente de alcalde (1987-1993) de Cervo e concelleiro de Burela. Deputado no Parlamento Galego desde 1990, é voceiro do grupo socialista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Antisoviético, aplicou fórmulas simbolistas á novela realista para xustapoñer a fantasía ao sentido máis concreto da realidade. É autor de fábulas e lendas que evocan o pasado e manifestan un espírito antisoviético. Destacan as súas obras O estanque (1905) e Rusia no remuíño (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Durante a Guerra da Independencia participou na defensa de Zaragoza e posteriormente comandou unha guerrilla contra os franceses. Involucrado nunha conspiración antiabsolutista, marchou a La Habana, onde foi aprisionado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • República Democrática Alemana [Alemá].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • República Federal da Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Vigo a partir de xuño de 1985. Subtitulada “Asociación de funcionarios para a normalización lingüística de Galicia”, foi coordinada por Xosé González. Supuxo a primeira iniciativa en Galicia de crear unha canle de comunicación que dera a coñecer os avances obtidos en materia de lexislación e normalización lingüística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Madrid a partir de 1944. Editada polo CSIC, incluíu investigacións dialectolóxicas, etnográficas e antropolóxicas, atendendo á diversidade lingüística da Península. Incluíu numerosos artigos asinados por expertos sobre literatura popular, folclore e tradicións. O seu primeiro director foi Vicente García de Diego, que foi subtituído por Xulio Caro Baroja a partir de 1988. A partir de 1989 publicou só estudos de antropoloxía e etnografía e, a partir de 1994, trocou a súa periodicidade de trimestral en semestral. En 1996 tomou o relevo na dirección Concha Casado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Vigo a partir de 1980. Trátase da segunda etapa dunha revista anterior, dirixida polo doutor Luis Gómez. Coordinada polo doutor Isaac Arias, tentou difundir entre os profesionais do sector unha terapéutica farmacolóxica máis racional para a súa aplicación en hospitais e centros de saúde. Incluíu ensaios sobre fórmulas farmacolóxicas, estudos sobre a aplicación de medicamentos, revisión bibliográfica de compostos químicos e referencias a actividades profesionais dos farmacéuticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Vigo e Santiago de Compostela a partir de 1990. Impulsada pola Consellería da Presidencia e Administración Pública, constituíuse nun dos medios empregados pola administración galega para difundir todas as novas de interese sobre lexislación local. Ademais, incluíu unha sección de xurisprudencia, artigos e colaboracións, e unha sección especial para cuestións diversas, como as xornadas celebradas en Santiago de Compostela sobre administración local. A revista basea a maior parte dos seus contidos en leis, decretos, reais-decretos, editos e sentenzas publicadas no BOE ou no DOG e referidas a Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela a partir de 1992 e impulsada pola Escola Galega de Administración Pública, dependente da Xunta de Galicia. Dirixida por Xaime Rodríguez-Arana, que tamén dirixiu a EGAP, contou co asesoramento e colaboración de destacados intelectuais relacionados co mundo do dereito e a economía de Galicia. Incluíu, ademais de diferentes estudos, notas e comentarios, un apartado dedicado exclusivamente á xurisprudencia, crónicas, bibliografía e recensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de 1990. Editada pola Consellería de Economía e Facenda e pola Facultade de Económicas da Universidade de Santiago e coordinada por José A. Díez de Castro, na súa redacción participaron algúns dos máis prestixiosos expertos en economía de Galicia. Incluíu artigos sobre política e economía, documentos sobre análise de mercados, competitividade e política tecnolóxica, notas breves sobre a industria, os problemas da exportación e os diversos sectores da economía, recensións bibliográficas e información sobre teses da facultade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Vigo a partir de 1986 que cesou en 1999 (nº33). Subtitulouse “Publicación trimestral de Nova Escola Galega”. De carácter educativo e interdisciplinar, foi promovida pola asociación de renovación pedagóxica Nova Escola Galega e editada por Edicións Xerais de Galicia. Dirixida por Manuel Bragado, tivo un carácter trimestral ata o seu último ano, 1999, en que só tirou dous números.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de 1979. Editada polo Servicio de Publicacións da Xunta de Galicia cunha periodicidade semestral, foi dirixida por Xaime Isla Couto. Concibida para impulsar a modernización do campo galego, a revista acolleu traballos de investigación de calidade e posible aplicación real, elaborados por especialistas na materia e dirixidos a establecer as novas bases sobre as que se debería desenvolver o sector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Cangas a partir de 1985. Editada pola Asociación Cultural “Entre Bambalinas”, foi dirixida por Antón Lamapereira. De carácter informativo e centrada no mundo teatral, a revista formou parte   da Rede de Publicacións do Instituto Internacional do Teatro do Mediterráneo. Incluíu historia do teatro, notas sobre festivais e premios, e reflexións sobre o teatro afeccionado noutros países. A partir do número 6, en setembro de 1989 comezou unha segunda época e, co número 22 pasou de semestral a saír cada tres meses, aínda que con certa irregularidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista trimestral publicada en Santiago de Compostela a partir do 1 de decembro de 1993. Editada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, foi dirixida, sucesivamente, por Constantino García, Mercedes Brea e Ana Mª Platas. De carácter interdisciplinar, serviu como medio de comunicación entre os centros educativos co obxecto de promover a formación e a investigación entre os profesionais do ensino. Tamén acolleu traballos sobre materias técnicas e humanísticas, cun enfoque metodolóxico e práctico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional de danza fundada na Coruña en 1949 por X. M. Rey de Viana. Desde os seus comezos promoveu espectáculos baseados na cultura tradicional galega e coidou moito a estética nas súas actuacións. En 1971, o seu fundador e director cedeu a titularidade do ballet á Deputación Provincial da Coruña, que en 1991 traspasou a xestión do mesmo ao Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM). X. M. Rey de Viana foi o director e coreógrafo da compañía desde a súa creación ata a súa morte en 1995, data en que se fixo cargo da compañía a súa muller, Victoria Canedo, ata ese momento subdirectora. En 1999 o ballet iniciou unha nova etapa caracterizada pola estrea anual dun grande espectáculo baseado na cultura tradicional galega, coa participación dun amplo equipo técnico (iluminación, escenografía e vestiario) do IGAEM, acompañado polo Grupo de Música Tradicional deste mesmo organismo. Realizou máis de cincuenta montaxes coreográficas, das que destacan Danzade, Ultreia...

    VER O DETALLE DO TERMO