"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Que ou quen practica, especialmente os preceptos dunha relixión.

    2. Persoa que posúe o título e está capacitada para realizar operacións de cirurxía menor. OBS: Nesta acepción utilízase a forma flexionada practicanta para o feminino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela a partir de 1934. Subtitulada “Revista profesional”, estaba dirixida por Manuel de Latorre Lago a todos os profesionais do sector médico. Anúnciase como a continuación doutra publicación semellante que rematou a súa edición en 1930. Ademais dunha completa “Guía Profesional de Practicantes”, incluíu artigos de interese médico e unha “Galería de Prestigios Gallegos”, en que analizaba a figura de destacados profesionais da medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Instalado en Lugo desde 1980, experimentou con augaforte, acuarela, técnicas mixtas, óleo e madeira. Realizou esculturas en bronce, metal e aluminio para os pintores e arquitectos Vaquero Turcios e Vaquero Palacios, e traballou para Paradores Nacionales de España. Da súa produción destaca o cadro Panorámica de Ribadeo (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e compositor. Pasou parte da súa infancia e a súa adolescencia en Cambados, onde coñeceu a tradición musical galega. Estudou socioloxía na Université de La Sorbonne de París e tamén harmonía, composición e guitarra. En 1973 comezou as súas actuacións, xunto con outros músicos, na radio e a televisión, e gravou o seu primeiro disco, Vida e Morte (1974), onde musicou poemas de Rosalía, Celso E. Ferreiro e Darío X. Cabana.
    En 1975 regresou a España e dedicouse á composición de temas para os seus primeiros discos Rosalía de Castro (1975), Caravel de caraveles (1976), en que recompila numerosas cancións populares galegas; Lelia Doura (1977), Canciones de amor y celda (1979) e Cántico Espiritual (1977), co que iniciou unha serie de concertos por distintos auditorios....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Carballedo. Construíuse en estilo románico no s XII. Ten planta basilical con muros de cantaría e cachotaría. A sancristía atópase no lado norte do presbiterio. O arco triunfal é apuntado cunha arquivolta. Destaca a porta principal con arco de medio punto con arquivolta e con capiteis zoomorfos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e pintor suízo. Coñecido como James Pradier, instalouse en Francia e realizou algunhas obras pequenas (Les trois Grâces) pero decantouse pola escultura monumental, da que destacan as Douze Vitoires da sepultura de Napoleón I Bonaparte, a decoración do tímpano do Arc de Triomphe de l’Étoile e as estatuas de Strasbourg e Lille da Place de la Concorde, en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudou, pensionado desde 1874, en Roma, onde pintou Juana la Loca, cadro polo que recibiu a medalla de honra en 1878. En 1882 o senado encargoulle o grande óleo La rendición de Granada. Dirixiu o Museo del Prado (1896-1898) e a Academia Española de Bellas Artes en Roma. Colaborou en La Ilustración Española y Americana, onde publicou gravados de temas galegos como Horno de pan en Galicia (1873), El Pórtico de la Gloria (1874), La Ribera de Vigo (1874) e Romería de San Cosme en Bayona (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Covelo baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro do PP e alcalde do concello de Beariz desde 1983, foi membro da Deputación de Ourense (1987-1991 e 1999), delegado provincial da Consellería de Agricultura da Xunta de Galicia (1994-1995), deputado por Ourense na IV lexislatura (1990-1993) e senador electo por Ourense durante a VI e VII lexislaturas (1996-2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Santiago de Compostela 22.9.1772 - 19.1.1822) Escultor, irmán de Melchor de Prado Mariño. Formouse na Escuela Patriótica de Dibujo da Real Sociedad Económica Amigos del País de Santiago e co seu irmán, que lle encargou a realización das imaxes da Dolorosa e das Ánimas para San Mamede de Carnota. Influído por Xosé Ferreiro, na súa obra está presente o historicismo e o eclecticismo que aínda mira ao barroco. Buscou a individualización dos personaxes e a representación das paixóns da alma a través dos rostros, que nas representacións femininas están idealizados. Entre as súas obras destacan varias imaxes e retablos para as igrexas de San Miguel e Santa María do Camiño, varias imaxes para a igrexa de San Bieito do Campo e os retablos da igrexa das Ánimas e a Inmaculada Concepción para a capela maior da catedral compostelá. Fóra de Santiago de Compostela realizou a Virxe das Dores para a igrexa do convento San Domingos da Coruña, o retablo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante, guionista, pintor e escritor. Cofundador de Xofre (1979), colaborou en El Jueves e Norma Editorial, e desde 1998 dirixiu o salón Viñetas desde o Atlántico. Autor da serie animada Men in Black (1998) e dos álbums Trazo de xiz (1990), Stratos e Tanxencias, realizou as bandas deseñadas Pedro e o lobo e El Manantial de la noche. Ademais creou o Xabarín Club (1994) e os personaxes da serie Os vixilantes do Camiño (2000), e ilustrou numerosos libros como Ameaza na Antártida (1997) e As Aventuras de Said e Sheila (2001), de Ramón Caride, e Contos de Nadal, de Manuel Rivas (2003).
    Recibiu, entre outros, o Premio do Salón Internacional del Cómic de Barcelona á mellor obra en 1989 e 1994, o Premio da Asociación Internacional de Ilustradores (1992), o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e política. Foi designada subdirectora da delegación da Xunta de Galicia en Bruxelas (2000-2001) e directora xeral de Función Pública (2002-2004). En 2004 foi conselleira de Asuntos Sociais. Foi tamén Viceconselleira da Consellería de Sanidade da Comunidade de Madrid (xaneiro de 2006) e  deputada polo Partido Popular na Asemblea de Madrid desde outubro de 2008.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeólogo e enxeñeiro de minas, fillo de Melchor de Prado Mariño. Estudou matemáticas e ciencias naturais na Universidade de Santiago de Compostela e minas en Madrid. De ideas liberais, durante a súa mocidade participou na creación da Sociedad Patriótica Coruñesa. Traballou como inspector de minas e destacou na confección da parte española do mapa xeolóxico de Europa e pola visión que tiña da xeoloxía como ciencia aplicada. Opúxose á división do mapa xeolóxico de España en provincias propoñendo a división por áreas xeolóxicas e realizou numerosos traballos de paleontoloxía na Cordilleira Cantábrica. Colaborou en Observatorio Pintoresco e editou El Tarraconense. Publicou, ademais de numerosos mapas, Vindicación de la geología (1835), Mapa Geológico y Memoria de la provincia de Madrid (1864), Carta géologique de l’Espagne et du Portugal (1864) e Faune primordiale dans la châine Cantabrique (1890). Membro das sociedades xeolóxicas de Londres...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto, fillo de Melchor de Prado Mariño. Iniciouse co seu pai e obtivo en 1839 o título de arquitecto pola Academia de Bellas Artes de San Fernando. Foi arquitecto municipal de Santiago de Compostela desde 1840 e como tal encargouse de diversos trazados urbanísticos e construtivos como os proxectos para o Teatro Principal (1841) e para o mercado de abastos (1850), a construción do primeiro cemiterio xeral da cidade, inaugurado en 1847, as escalinatas da universidade (1844) ou o peche do pazo arcebispal na Acibechería (1854). O seu academicismo caracterizouse pola ausencia da monumentalidade e polas composicións sobrias e austeras. Cara a finais da década de 1850 a súa produción volveuse máis ecléctica, sen abandonar as pautas clasicistas. Os seus edificios de vivendas caracterizáronse pola claridade das liñas e das súas obras destacan Santiago de Padrón (1859) e a capela de Santa Minia de Brión (1857), San Pedro de Ribeira (1858) e San Miguel de Arca (1862), o antigo Café Suízo (1858)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e pintor. Recibiu as primeiras nocións musicais de mans de Xosé García e despois na Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid, onde fundou e dirixiu a tuna da escola e participou en rondallas. En Lugo fundou e dirixiu numerosas rondallas e exerceu de profesor de guitarra, laúde, bandurria, mandolina e frauta. Organizou e dirixiu o Grupo de pulso e púa do Círculo das Artes e dirixiu unha orquestra de cámara de guitarras. Compuxo pezas para guitarra e para canto con acompañamento de orquestra de pulso e púa. Das súas composicións destacan Zoraida, Tristeza, Guajiras, Alborada, Danza Árabe, Juventud, Alegría de zagales, vilancico composto sobre texto propio, Cantemos felices, A costa de Mondoñedo, Bágoas, Camiño do monte, sobre texto de Novoneyra, e Soio na noite, sobre texto de Manuel María. Realizou debuxos, caricaturas e pinturas e fundou con outros artistas lugueses o grupo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Macenda (Boiro). O seu cumio acada os 545 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Santullano Construción situada nas aforas de Oviedo. De estilo prerrománico, foi construída en tempos de Afonso II baixo a advocación dos santos Xulián e Basilisa. Ten planta basilical con tres naves e cabeceira tripartita, transepto con dous corpos laterais nos extremos e pórtico na entrada. As ábsidas e as capelas laterais cóbrense con bóveda de canón e as naves con teito de madeira. Unha tribuna percorre o lateral norte e o interior está decorado con pinturas murais con representacións arquitectónicas. Declarada BIC en 1885 é, xunto co resto dos monumentos de Oviedo e do Reino de Asturias, Patrimonio da Humanidade desde 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disposición do Emperador Carlos VI redactada o 19 de abril de 1713, pero que non se publicou ata o nacemento da súa filla María Tareixa I de Austria (1717), que anulou a de Leopoldo I (1713) e estableceu a sucesión ao trono imperial sen distinción de sexos, a partir dos fillos do emperador mesmo. Cando morreu Carlos VI (1740) púxose en práctica, o que levou á Guerra de Sucesión de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resolución tomada polas Cortes españolas en 1789, seguindo unha proposta do conde de Campomanes, pola que non se facía distinción de sexos na sucesión ao trono e se derrogaba a lei sálica. Carlos IV non chegou a publicala, pero si Fernando VII (1830), cando María Cristina das Dúas Sicilias esperaba a futura Isabel II. Isto provocou o preito sucesorio de onde xurdiu o carlismo. Tras os sucesos de La Granja, Isabel II accedeu ao trono (1833), o que levou á Primeira Guerra Carlista.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Lámina dura feita de diferentes materias, especialmente de metal, con forma delgada e plana e de grosor homoxéneo.

      2. Placa de metal que se emprega para asar ou torrar alimentos.

      3. Conxunto de táboas sostido por vigas ou por caixas que serve de soporte aos carpinteiros de ribeira e aos construtores de navíos cando teñen de carenar unha embarcación sen sacala da auga.

      4. Lámina metálica ou dalgunha resina plástica, que se emprega como matriz, nalgúns sistemas de impresión, como a litografía ou o offset, que se obtén xeralmente por procedementos fotomecánicos a partir dun orixinal e caracterizada por ter as partes impresoras e os brancos nun mesmo nivel.

    1. Postura horizontal do corpo que se mantén no aire suxeitado exclusicamente coas mans, que se realiza en ximnasia, ou ben sobre as costas ao flotar na auga.

    VER O DETALLE DO TERMO