"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • Nome latino da constelación de Triángulo Austral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado pola Constitución de 1931 da Segunda República Española para o control da constitucionalidade das leis e que entendía dos recursos de inconstitucionalidade destes. Estaba formado por un presidente, que nomeaba as Cortes, o presidente do alto corpo consultivo da República, o presidente do Tribunal de Contas, dous deputados elixidos polas Cortes, dous avogados e catro profesores de dereito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal que se reúne cada xoves de once a doce da mañá á porta da catedral de València a fin de analizar e resolver as diferenzas xurdidas entre os regadores da Horta valenciana, agás os beneficiados da laga de Montacada. Unha asemblea dos regadores de cada laga elixe un síndico, que vixía a repartición da auga e en tempos de seca distribúe a auga dispoñible. Oito síndicos forman o consello das lagas do Turia. O tribunal trata as denuncias das regas abusivas nun procedemento gratuíto, oral e sumarísimo, onde non participa o síndico da canle afectada. O catalán é a única lingua empregada no tribunal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Sri Lanka (2.727 km2; 323.000 h [estim 1993]). A súa capital é Trincomalee (44.313 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de trivalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten tres valores.

    2. Aplícase ao elemento químico que ten unha valencia ou estado de oxidación igual a tres.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Tuvalu, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Tuvalu.

    3. Lingua malaio-polinesia do phylum aústrico que se fala en Tuvalu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. O seu talento poético revelouse en poemas extensos como Strana Muravija (O país de Moravia, 1935) e outros onde desenvolveu o tema da responsabilidade persoal polo destino do seu país, como Vasilij T’orkin (1945) e Zadal’jo dal’ (Espazo alén do espazo, 1950-1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Reformador inglés. Publicou a primeira versión íntegra do Novo Testamento en inglés (1525) -difundida clandestinamente en Inglaterra- polo que foi perseguido e queimado baixo o reinado de Enrique VIII de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coalición nacionalista integrada polo Partido Obreiro Galego (POG), o Partido Galeguista (PG) e o Partido Socialista Galego (PSG), que se constituíu para as eleccións autonómicas de 1979. Centrou a súa campaña na necesidade dun grupo parlamentario nacionalista que puidese negociar un Estatuto de Autonomía, como primeiro paso para acadar un estado federal. Non obtivo representación parlamentaria. A súa inestabilidade e as diferenzas con respecto ao camiño que se debía seguir no proceso autonómico e sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (o PSG negouse, mentres que o PG e o POG participaron), levaron ao seu desmembramento en 1980.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coalición nacionalista constituída pola confluencia desde finais de 1992, do PSG-EG con sectores galeguistas de centro e independentes procedentes de Coalición Galega, do Partido Nacionalista Galego e do Partido Galeguista. Concorreu ás eleccións xerais de 1993 en coalición con Esquerda Unida pero non obtivo ningún deputado, polo que os restos da organización integráronse no Bloque Nacionalista Galego e en Esquerda Unida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional que reúne a todas as federacións nacionais de ciclismo. Fundada en París o 14 de abril de 1900 polos representantes de Bélxica, Italia, Francia, EE UU e Suíza, ten a súa sede en Xenebra e, desde 1900, está recoñecida polo Comité Olímpico Internacional como único organismo mundial dirixente do ciclismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización ligada ideolóxica e organizativamente á Unión do Povo Galego, e constituída en 1977 cunha perspectiva comunista e patriótica para a mocidade galega. Os seus obxectivos fundamentais pasaron por incorporar os mozos galegos á loita pola liberación nacional de Galicia e á construción do socialismo, á defensa e o fortalecemento da unidade do movemento xuvenil galego, en busca de liberdades para a nación galega e ao apoio a todos os pobos do mundo na súa loita pola liberación nacional, así como na consecución da democracia, a paz e o socialismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido demócrata-cristián fundado en 1975 en Vigo, a partir da Unión Democrática Española de Federico Silva Muñoz. Liderado por Xaime Isla Couto, mantivo unha firme reivindicación nacionalista xunto á orientación federalista. En 1976 produciuse a súa confluencia con Esquerda Democrática Galega, e agrupados constituíron o Partido Popular Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación política nacionalista creada en 1964. Tivo os seus antecedentes no grupo Brais Pinto, que se formara en 1958. Dos seus membros naceu a idea de formar a UPG en novembro de 1963, cunhas bases marxistas. Á volta dalgúns deles a Galicia, organizaron asembleas en diferentes cidades, do que saíu un Consello da Mocidade, dirixido por Antón Moreda, dentro do que se integrou a UPG, aínda que a heteroxeneidade dos membros provocou a súa desaparición. Tras a crise, volveron intentar a refundación con novos membros procedentes do Partido Comunista Español e nacionalistas de esquerda. Este acto tivo lugar en Santiago o 25 de xullo de 1964. O seu programa, chamado Dez Principios Mínimos, reflectía a súa orientación ideolóxica, que aínda que rupturista, se declarou seguidora de Castelao. O seu primeiro voceiro foi o boletín Terra e Tempo, publicado na clandestinidade ata 1968. En principio, os grupos máis concorridos foron o de México, Madrid e Vigo. A partir de 1970, buscaron unha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato fundado en 1916 polas traballadoras da fábrica de tabacos da Coruña. Formaba parte da Federación Tabaquera Española, afiliada á UGT. O seu líder na Coruña foi o socialista Severino Chacón, presidente do comité xeral da Federación Tabaquera Española. Enfrontado coas afiliadas do sindicato Nueva Aurora, en 1920, despois dun peche da fábrica durante seis meses como consecuencia da intensa actividade sindical da fábrica no ano anterior, perdeu afiliadas polo que decidiu desvincularse de UGT.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao elemento químico que ten unha valencia ou estado de oxidación igual a un e o radical capaz de formar un enlace químico.

    2. Aplícase ao cromosoma desaparellado na primeira división meiótica, que se corresponde a un cromosoma particular do complemento mitótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director cinematográfico. Coñecido como Peter Ustinov, destaca pola súa forte personalidade dramática e humorística. Protagonizou filmes como Quo Vadis? (1951, Golden Globe en 1952), Spartacus (1960, Oscar en 1961), Topkapi (1964, Oscar en 1965) ou The Old Curiosity Shop (1994). Como realizador destacan School of Secrets (1946), Romanoff and Juliet (1961), Lady L. (1965) e Nemed, my Hawk (1984). Embaixador de boa vontade da UNICEF desde 1969, foi galardoado cun Silbener Bär no Festival Internacional de Berlín en 1972.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Converteuse ao cristianismo lendo as epístolas de san Paulo e, disfrazada de home, entrou nun mosteiro onde chegou a ser abade. Dedicouse a facer vida de santidade e sacrificio. Torturárona e degolárona en Roma. Iconograficamente representouse vestida con longa túnica e manto ou cun hábito de monxe. Como atributo persoal leva unha espada. A súa festividade celébrase o 12 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Celso Emilio Ferreiro Míguez.

    VER O DETALLE DO TERMO