"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
GALICIA
Naturalista, investigador e escritor. Estudiou na Escola Superior da Mariña Civil da Coruña e licenciouse en 1968 na facultade de Náutica de Barcelona. Fundou e presidiu a Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía e o Instituto Galego de Estudios Mariños, e foi presidente da Asociación de Oficiais da Mariña Mercante. Pertenceu ás xuntas rectoras dos parques naturais das Illas Cíes e do Monte Aloia en representación dos grupos ecoloxistas de Galicia, así como ao Consello Galego de Medio Ambiente. Na área da natureza descubriu as colonias de paíño europeo das costas galegas. Publicou numerosos artigos nas áreas da historia, etnografía, ciencias da natureza, arqueoloxía e espeleoloxía, e libros de investigación, entre os que cómpre destacar Illas de Ons e Sálvora, historia natural e humana, Viaxeiras da auga, Fauna galega para nenos galegos, Cruces mariñas e de mala morte das costas galegas, Illas de Galicia, Cíes y Ons: la ruta de las islas, As covas de Galicia, Tódolos peixes de Galicia,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1971), obtivo (1977) a praza de profesor agregado de Paleografía e Diplomática na Universidad de Oviedo e a cátedra (1979) na facultade de Filosofía e Letras da Universidad de Granada. Entre as súas obras destacan La colección diplomática del monasterio de Santa María de Penamayor (1971), Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón (1994) e El monasterio de San Juan de Caaveiro (1999). Foi membro da Sociedad Española de Estudios Monásticos e da sección de historia do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Director musical e compositor. Realizou estudios musicais no Real Conservatorio de Música de Madrid e en 1963 ingresou no corpo de directores de bandas de música civís. Posteriormente, trasladouse a Suíza, onde residiu quince anos, e alí dirixiu a Harmonie Ste. Cecile d’Orbe, Unión Instrumental de Payerne e a Harmonie Municipale de Monthey. Foi profesor cantonal de música para cursos de perfeccionamento no cantón de Vaud, profesor nas escolas de música de Moudon e Payerne e do Conservatorio de Friburgo. Dirixiu concertos en Tübingen, Múnic, Stuttgart, Dijon, Nîmes, Baune, Basilea, Alstatten, etc. Dende o seu regreso a España (1979) ata o seu nomeamento como director da Banda Municipal de Música da Coruña, foi director titular da Banda Municipal de Música de Lugo. Conta con varias gravacións discográficas, é autor do himno Ville de Payerne e das súas composicións destaca A Freixa, A ruliña, Panxoliña, Saúdo e O cantar do vento. Director...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade constituída na Coruña o 7 de novembro de 1997. Ten a súa sede en Sabón (Arteixo) e está vinculada a La Voz de Galicia. Presidida por Santiago Rey Fernández-Latorre e dirixida por Francisco Docampo Gómez, os seus obxectivos céntranse na recuperación e protección do patrimonio histórico e monumental de Galicia, e na salvagarda do ambiente. Contribúe tamén ao estudo da comunicación en Galicia e á formación dos profesionais, da difusión da cultura, a promoción de accións para a terceira idade, a mocedade e a infancia, e o fomento do estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas. Das súas actividades destacan diversos ciclos de conferencias, foros sanitarios, a organización dos premios Fernández Latorre, a xestión do Museo de La Voz de Galicia e a realización de dous programas radiofónicos Voz Natura e El Debate.
-
GALICIA
Pintora, filla de Xulio Antón Fernánez Argüelles. Coñecida como Coco Argüelles, formouse co seu pai e co pintor Juan Luis e no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Na súa obra, de carácter intimista, predomina o debuxo. Cultivou a paisaxe e as escenas de interiores. Aínda que a súa obra é figurativa, en ocasións achégase á abstracción. Os seus traballos foron seleccionados, entre outras mostras, na VI Bienal de Pontevedra (1982), no Premio Concello de Cambre (1985 e 1987), na I Mostra Unión Fenosa (1989), 33 artistas con Amnistía Internacional (1991) e na Exposición Homenaxe Laureano Álvarez (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro constituída pola vontade testamentaria de Fernando Blanco de Lema, o 2 de abril de 1875. Entre os seus obxectivos destacaban proporcionar ensino gratuíto a nenos e nenas da vila de Cee. Con este propósito sufragou as obras de construción dun colexio de primeiro e segundo ensino de nenos, que dotou de materiais e profesores, e comezou as clases en outubro de 1886, e dun colexio de ensino primario para nenas, inaugurado en 1882, pero que non iniciou a súa actividade ata 1887. Estes dous colexios, e singularmente o masculino, tiveron gran importancia na educación en Galicia: o de segundo ensino era centro modélico en España polo coidado pedagóxico, as riquísimas coleccións didácticas e os importantes medios dos seus laboratorios de física, química e historia natural e dos seus talleres para agricultura e outras ensinanzas. Ademais o colexio contaba cunha colección de cadros de Madrazo. O académico, político e culto lucense Vicente Vázquez Queipo actuou en calidade...
-
GALICIA
Fotógrafo. Traballou no comercio e na imprenta que instalara o seu pai, esta última especializada en fotogravado. Especializado en imaxes etnográficas, percorreu a xeografía galega na procura de escenas de campo, monumentos, feiras e outros acontecementos sociais nos que os labregos, en xeral, eran os protagonistas. Tamén cómpre salientar as súas fotografías sobre a vida cotiá da cidade da Coruña, tal e como aparece na serie Por las calles. Editou Vistas de La Coruña e Portfolio de Galicia (1904). A súa obra apareceu publicada no libro As imaxes do traxe tradicional en Galicia (1992) e difundíronse na I Fotobienal celebrada en Vigo (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aliaxe de ferro e silicio, cun 22 a 95% de Si, que se emprega na desoxidación e na fabricación de aceiros especiais para usos eléctricos, para a construción e na fabricación de resortes. Obtense en forno eléctrico por redución de ferralla en presenza de cuarzo e coque ou carbón vexetal. Para porcentaxes de silicio inferiores ao 15%, pódese obter en alto forno.
-
-
Acción e efecto de fertilizar.
-
fecundación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de aplicación de fertilizantes químicos en disolución acuosa mediante a auga de rego. Este sistema ten como vantaxes: permitir axeitar a administración de nutrintes ás necesidades das plantas en cada momento do seu desenvolvemento; a comodidade de aplicación dos fertilizantes e a redución de man de obra necesaria; e o aforro de fertilizantes e de auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desenvolvemento do feto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de coloración característica do ácido desoxirribonucleico que se produce cando se trata, en medio ácido, co reactivo de Schiff, que reacciona co grupo aldehido da desoxirribosa do ADN e toma cor. Emprégase en citoquímica para a localización do ADN en preparacións histolóxicas e para o estudo dos cromosomas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación constituída en 1993 e integrada pola Xunta de Galicia, o concello de Vilagarcía de Arousa, a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía e a Autoridade Portuaria. Entre os seus obxectivos destaca a organización de Feiras e Exposicións para o Desenvolvemento de Galicia (FEXDEGA). O seu padroado está formado por un presidente, cargo que ocupa o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, tres vicepresidentes, que representan respectivamente o director xeral de Comercio, o concello de Vilagarcía e a Cámara de Comercio de Vilagarcía; e cinco vocais que se reparten entre o concello de Vilagarcía, a Cámara de Comercio de Vilagarcía e a dirección xeral de Comercio.
-
-
Trastorno que consiste na contracción espasmódica, independente, espontánea e local das fibras musculares.
-
Arritmia cardíaca ocasionada pola produción continua e caótica de impulsos eléctricos no interior das paredes das aurículas, que se ven incapaces de contraerse adecuadamente. Algúns destes impulsos chegan ata os ventrículos nos que determinan unha contracción totalmente arrítmica; deste xeito, prodúcese unha arritmia completa.
-
Arritmia cardíaca ocasionada pola produción desorganizada de impulsos eléctricos no interior das paredes dos ventrículos, que son incapaces de contraerse adecuadamente. A falta de contracción ventricular equivale a un paro cardíaco.
-
-
-
Acción e efecto de finxir.
-
-
Invención ou creación da imaxinación.
-
ciencia fición.
-
ficción dramática
Fábula a partir da que o dramaturgo configura un mundo dramático coas súas propias normas e regras. A ficción dramática que se traslada do autor ao lector pasa a ser unha ficción teatral por medio da escenificación, na que interveñen actores, o director de escena e outros artistas como iluminadores, escenógrafos ou maquilladores. A natureza desta segunda ficción é máis complexa, pois non só os actores asumen o carácter ficional do mundo que interpretan, senón que os espectadores asumen a convención de que un acto de simulación se poida considerar como unha realidade completa en si mesma. A maneira de presentar esta dobre natureza ficional do teatro ten dado lugar a diferentes orientacións estéticas, pois todas elas sempre teñen como punto central de referencia dos seus postulados o carácter ilusionista da escenificación ou a súa negación.
-
ficción legal
Técnica xurídica que consiste en atribuír legalmente a determinadas persoas ou cousas unha calidade ou unha condición que non teñen de seu para poder outorgarlles, por razóns de equidade, uns efectos determinados. Así, por exemplo, o dereito internacional establece a de extraterritorialidade.
-
ficción poética
Aquilo que o poeta ou o escritor imaxina que sucedeu.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina de H. Vaihinger que recoñece na ficción unha función positiva xa que a través dela podemos aprender cousas sobre a realidade dunha maneira única.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación benéfica instituída polo testamento de Manuel Ventura Figueroa Barreiro, que se constituíu o 28 de novembro de 1784 coa sinatura dos testamenteiros, o conde de Floridablanca, o conde de Campomanes e Xosé Gálvez, e na que investiron as catro quintas partes dos seus bens. Os seus obxectivos foron axudar aos parentes orfos de Figueroa na realización de estudios universitarios, militares ou eclesiásticos, e proporcionar ás orfas un dote para o casamento ou para profesar como relixiosas. Se non existisen individuos para recibir estas axudas entre os seus familiares, destinaríanse aos orfos dalgunhas fregresías do arcebispado de Santiago. A súa dirección repartíase entre un Patrón de Sangue, o parente máis próximo do fundador que ten a obriga de cumprir a súa vontade e nomea un apoderado e un administrador para que o axuden, e un Xuíz Protector, nomeado por real decreto do goberno, que tivo que desempeñar con anterioridade funcións de ministro e posuír o título de letrado, e que se...
-
-
Acción e efecto de figurarse algo.
-
Conxunto dos figurantes dunha escena.
-
Representación artística que non se afasta da aparencia real.
-
Conxunto de extras que participan na rodaxe dun spot publicitario.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro, con sede en Pontevedra, que se constituíu o 24 de decembro de 1983. Entre os seus obxectivos incluíronse a estimulación e o favorecemento da cultura e os seus valores tradicionais dentro do espírito do humanismo cristián.
-
-
-
Acción de filiar.
-
Documento que contén os datos persoais de alguén.
-
Conxunto de datos referidos a un individuo.
-
Rexistro do persoal do exército no que se anotan as circunstancias persoais e o historial militar do individuo.
-
-
ínculo de parentesco que une os fillos cos seus pais. Estes vínculos poden ser por descendencia patrilineal, é dicir, por liña masculina, ou ben por descendencia matrilineal, regulada pola liña feminina. Pode distinguirse tamén a filiación natural da adoptiva.
-
Pertenza a unha asociación ou a un partido político.
-
Dependencia dunha persoa ou cousa respecto doutra ou outras.
-
Expresión neotestamentaria que intenta explicar a nova relación interpersoal nacida entre Deus e o home a partir de Xesús Cristo. O crente recibe esta filiación, xuntamente co Espírito Santo, no bautismo.
-
derivación sinonímica.
-