"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Sociedade fundada en Santiago en decembro de 1958 por iniciativa de Paulino Pedret Casado, Benito Varela Jácome, Baldomero Cores Trasmonte, Francisco Otero Guldrís e Serafín González Prieto co gallo de honrar a memoria de Alfredo Brañas. Entre os seus primeiros obxectivos estaban: organizar un congreso rexional de Economía, Socioloxía e Dereito; crear unha Federación Rexional de coros galegos e unha exposición da obra pictórica de Maside. Tendo como precedente a homenaxe a Aurelio Aguirre -que celebraran no cemiterio compostelán de San Domingos-, esta agrupación organizou unha concentración en Carballo (1959) para celebrar o primeiro centenario do nacemento de Alfredo Brañas. A este acto acudiu Leandro Carré, en representación da Real Academia Galega, e nela colaborou tamén a comisión de Homaxe da Colectividade Galega a Alfredo Brañas que colocou unha placa conmemorativa en galego suscitando unha espiñenta polémica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada o 24 de agosto de 1983 por Xosé Filgueira Valverde, Manuel Fraga, Felipe Fernández Armesto, Luís Moure Mariño, Manuel Chamoso Lamas e Manuel Varela Rey, entre outros. Foron os seus presidentes, Filgueira Valverde (1983-1985), Carlos Otero Díaz (1985-1990) e Francisco Puy Muñoz (1990). Entre as súas finalidades destacan a promoción e desenvolvemento de estudios e investigacións sobre temas sociais, especialmente, aqueles que teñen relación con Galicia e que se publican en diferentes coleccións. Estas coleccións divídense en Administración, Antropoloxía, Arte, Ciencia, Comunicación, Dereito, Economía, Educación, Europa, Historia, Igrexa, Informática e Letras, entre outras. Amais diso, organizan cursos de verán, encontros, xuntanzas e conferencias con fins didácticos. Para a súa realización colaboran con entidades de aforro e coas distintas administracións públicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de instrución fundada na Habana en 1903 por aresáns emigrados a Cuba, México e EE UU. O seu obxectivo era implantar na vila de Ares e no seu termo municipal as escolas necesarias para o desenvolvemento educativo e cultural dos aresáns. A primeira dotación económica chegou en xullo de 1904.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional non gobernamental creada en Londres no 1895. Intentou propagar os principios e os métodos cooperativos a todo o mundo e protexeu os intereses dos movementos cooperativistas fronte aos dos gobernos e os particulares. Ten un programa de asistencia técnica en favor das organizacións cooperativas dos países subdesenvolvidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo unitario composto por todas as forzas políticas e sindicais antifascistas, agás o PCE, constituído en xullo de 1944 coa finalidade de alentar en todo o Estado español o derrocamento do réxime de Franco. En Galicia, a CNT vai xogar un papel sobranceiro tanto no seu artellamento, como na tentativa de integrar sectores próximos ao Partido Galeguista. A Alianza comezou a tomar forma no Pleno da Confederación Regional Galaica da CNT, celebrado nos arrabaldes da Coruña a comezos de 1945 con asistencia de numerosos delegados, non só sindicais senón tamén dalgunhas partidas guerrilleiras que actuaban no L de Galicia. Unha vez coñecido o informe do comisionado do Consello nacional da ANFD, Manuel Fernández, o pleno decidiu apoiar a creación inmediata dos grupos locais da Alianza, contando co resto das correntes antifranquistas. En cumprimento do acordo, os cenetistas galegos Manuel Fernández e Xan García Durán, representantes do Consello da ANFD, contactaron en abril de 1945 con Ramón...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político peruano fundado por Víctor Raúl Haya de la Torre no 1924. Foi concibido nun principio como unha fronte ampla de tipo populista que proxectaba a unidade latinoamericana, pero desde 1927 Haya de la Torre transformou o movemento nun partido de organización monolítica baixo o seu control. Estableceu seccións en Cuba, Perú, México, Costa Rica e Arxentina, pero desde 1931 foi exclusivamente peruano. Visto con hostilidade pola oligarquía e o exército, o APRA venceu nas eleccións dese ano en Perú, pero os resultados foron manipulados por Sánchez Cerro. En 1945 conseguiu tres ministerios no goberno de J. L. Bustamante. Foi perseguido durante o goberno do Xeneral Odría (1948-1956). Alán García, que dirixiu o APRA desde 1982, reconduciu o partido e deulle unha orientación socialdemócrata. En gañando as eleccións de 1985, García asumiu a presidencia do estado, pero nas eleccións de 1990 o APRA foi derrotado pola coalición Cambio 90, liderada por Alberto Fujimori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político brasileiro pro-gobernamental fundado en 1965 polo goberno militar do Xeneral Castelo Branco. Baixo o artificial sistema bipartidista, ostentou a maioría parlamentaria dende 1966. Foi disolto oficialmente en 1979, coa liberalización do réxime.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de alienar.

    2. Acto polo cal unha persoa transmite a outra ou a outras o dominio ou outro dereito sobre unha cousa ( disposición).

    3. Na tradición filosófica idealista, que procedente dos clásicos grecolatinos chegou a Hegel a través de Agostiño de Hipona, a alienación é un estado de perda, separación e afastamento. Hegel definiuna como o estado en que unha realidade se atopa fóra de si, polo tanto, exteriorízase ou obxectívase; en Phänomenologie des Geistes (Fenomenoloxía do espírito, 1807), defende que a natureza é unha obxectivación do espírito e, neste sentido, é espírito alienado. Algúns discípulos de Hegel, como Bauer ou Feuerbach, secularizaron estas nocións e identificaron a obxectividade cos resultados da acción humana, afastados da conciencia que os creou. Foi Marx, quen, radicalizando a filosofía de Feuerbach, deu un significado sociolóxico á alienación, que pasou a considerar articulada no seo das condicións sociais e en especial da explotación económica. Nas súas obras de mocidade, nas que máis se preocupa da cuestión, define a alineación ao redor dos seguintes eixes: o obreiro atópase afastado ou...

    4. Enfermidade mental.

    5. Carencia de vontade de ser dos individuos que integran unha comunidade lingüística. Implica unha ausencia de consciencia lingüística, que prexudica o proceso normalizador nunha comunidade bilingüe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento en desuso para atopar o prezo ou a calidade dunha mestura de diferentes ingredientes dos que se coñecen os prezos ou as calidades, ou ben atopar as cantidades nas que hai que mesturar diferentes ingredientes co fin de que a mestura resulte dun prezo ou dunha calidade determinados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de dar ou recibir alimentos.

      1. Conxunto de alimentos ou substancias nutritivas. Unha alimentación axeitada debe permitir aos organismos atender debidamente os seus requirimentos enerxéticos e plásticos, e ten que estar de acordo cunha ración alimentaria completa e equilibrada, a cal depende, para un mesmo organismo, das necesidades alimentarias de cada momento concreto da vida. No ser humano esta alimentación racional establécese de acordo coas normas dadas pola dietética. Nun animal a alimentación calcúlase a partir das necesidades propias de cada un dos estadios do seu ciclo de produción. Os principais ingredientes dos pensos son os cereais e os restos de sementes oleaxinosas, como tamén as fariñas de carne e de peixe.

      2. alimentación alternativa Denominación xenérica que designa unha serie de hábitos alimentarios fundamentados en diversas correntes ideolóxicas, filosóficas e relixiosas, que se caracterizan polo rexeitamento dalgúns alimentos. Entre as alimentacións alternativas máis estendidas destacan o vexetarianismo e a macrobiótica.

    2. Operación que consiste en colocar as municións dunha arma, xeralmente automática, utilizando un dispositivo ou cargador.

    3. Fornecemento, a un motor de combustión interna, do aire e do combustible necesarios para o seu funcionamento. Nos motores de ciclo Otto (de acendido por chispa) a alimentación pode ser pola simple aspiración mecánica -realizada polos pistóns ao desprazarse ao longo do cilindro-, dunha mestura de aire e combustible previamente dosificado no carburador; ou ben pola inxección do combustible na canle de aspiración ou directamente na cámara de combustión, chea do aire aspirado polos pistóns; ou tamén pola carga forzada do aire dentro do cilindro e posterior inxección do combustible. Nos motores de ciclo diesel a alimentación realízase pola inxección do carburante dentro da cámara de combustión cando o aire, previamente aspirado, estivo comprimido polo pistón.

    4. Enerxía ou materia coa que se alimenta un aparello, unha máquina.

    5. Incremento da masa de xeo nun glaciar ou nun inlandsis. É un fenómeno oposto ao de ablación. A alimentación glacial baséase principalmente no depósito de neve, e tamén noutros procesos: sublimación, conxelación do auga de chuvia ou do desxeo, entre outros. É xeralmente superior nos glaciares locais que nas grandes extensións dos glaciares continentais.

    6. Fornecemento de auga a un río, a un lago ou a unha capa acuífera.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise da comida que nutre ou alimenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aliñar ou aliñarse.

    2. Cada unha da liñas das cartas celestes que teñen como finalidade axudar a recoñecer as estrelas e as constelacións, e representan círculos máximos da esfera celeste.

    3. Efecto de colocar as tropas, individualmente ou en corpos, sobre unha liña recta imaxinaria que se supón trazada no terreo.

    4. Conxunto de estacas postas en liña para sinalar un límite entre dúas parcelas de terreo ou a posición dunha futura construción.

    5. Xogadores dun equipo designados polo adestrador ou seleccionador para disputar un partido.

      1. Colocación de texto e imaxes nun documento informático conforme a uns determinados parámetros.

      2. aliñación xustificada Xeito de colocar texto nun documento polo que cada liña completa mide exactamente o mesmo que a anterior.

    6. Liña recta na que cómpre manter os barcos cando navegan en formación.

    7. Efecto de acordar todos os circuítos oscilantes dun emisor ou dun receptor electrónico á frecuencia exacta que lles corresponde.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repetición, pretendida ou non, dos mesmos sons, a miúdo ao comezo de dúas ou máis palabras consecutivas ou situadas en curtos intervalos máis ou menos regulares. A aliteración como procedemento musical primitivo do que o poeta se serve para manter a atención do auditorio, aparece xa na literatura grega e, sobre todo, na latina. Na poesía xermánica e escandinava constitúe un dos elementos básicos da métrica, que herdan as linguas anglosaxonas. Tamén se atopa na prosa e nos aforismos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descomposición, nun clima cálido e húmido, dos silicatos do solo. O arrastre (lixiviación) do sílice pola auga deixa libre a alúmina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriota e militar mexicano de pais españois. Participou nas conspiracións de Valladolid e de Querétaro contra a administración española, ata que se uniu a Hidalgo (1810). Despois da derrota de Puente Calderón (1811) ante as forzas de Calleja, substituíu a Hidalgo na dirección do movemento. Traizoado por Elizondo, morreu executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución constituída o 20 de setembro de 1989 na Vila de Cruces e presidida por Xosé Mª López Pérez. O seu obxectivo é a divulgación cultural promovendo o estudo da astronomía. Xestiona o observatorio astronómico do couto Zarra Grande de Vila de Cruces que comezou a funcionar en 1993 cun telescopio de máis de 40 centrímetros de diamétro capaz de superar os 12 millóns de anos-luz aberto a todos os centros de investigación e estudiantes de Galicia. Organizan asembleas xerais, cursos de astronomía, publican unha revista semestral e pretenden elaborar un calendario astronómico para a mellor observación dos astros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aglutinación específica producida por un anticorpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención en forma de discurso ou exhortación, xeralmente breve, pronunciada por alguén dotado de autoridade ou discurso breve no que prevalecen os afectos ou a paixón. A alocución relaciónase coa proclama, unha serie de palabras dirixidas a un público co propósito de defender unha idea ou unha actitude política ou ideolóxica, e tamén coa arenga, exhortación de carácter militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do organismo que é consecuencia da introdución dun novo aloantíxeno celular ou plasmático. Pódese producir no embarazo (aloinmunización feto-materna), por unha transfusión sanguínea ou pola implantación dun enxerto orgánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paisaxe de montaña orixinariamente arborada que, debido á acción humana, se presenta como prado alpino propio de maiores alturas, onde o limitante para as árbores son as temperaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO