"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

    1. Labor que se lle encomenda a alguén.

    2. Reunión de persoas delegadas temporalmente para facer algunha cousa ou tomar resolucións en nome dun grupo maior.

    3. Retribución que se cobra por realizar unha operación comercial, que adoita ser proporcional ás transaccións ou vendas efectuadas; especialmente, refírese á cantidade que cobra o intermediario nun negocio de compravenda.

    4. Cada un dos órganos administrativos de carácter colexial no que están representados proporcionalmente un organismo máis numeroso, tales como as comisións delegadas do goberno, a comisión xurídica asesora e a comisión municipal permanente, entre outras.

    5. Comisión parlamentaria que ten a función de redactar ou revisar un texto constitucional. A comisión encargada de redactar a Constitución española de 1978 estivo integrada por Gabriel Cisneros, Miguel Herrero de Miñón e José Pedro Pérez Llorca, pola Unión de Centro Democrático (UCD); Gregorio Peces-Barba, polo Partido Socialista Obreiro Español (PSOE); Jordi Solé Tura, polo Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC); Miquel Roca, pola Minoria Catalana; e Manuel Fraga Iribarne por Alianza Popular. Desenvolveu as súas funcións entre o 2 de agosto de 1977 e o 10 de abril de 1978, data na que se asinou o borrador do texto constitucional, para reanudárense o 5 de maio co nome de Comisión de Asuntos Consitucionales y Libertades Públicas del Congreso, baixo a presidencia de Emilio Attard, e no mes de xullo comezaron os debates no pleno do Congreso de los Diputados.

    6. Órgano dos concellos integrado polo alcalde e por un número de rexedores non superior á terceira parte dos concelleiros. Ocúpase da coordinación das funcións executivas e da asistencia ao alcalde (que nomea os membros da comisión) e ten as atribucións que estes e o pleno lle deleguen.

    7. Situación dun funcionario público que, de maneira temporal e con autorización previa, presta os seus servicios nun posto de traballo diferente ao que lle corresponde ou desempeña funcións distintas das que lle son propias e específicas.

    8. Contrato polo que unha persoa (comisionista) efectúa un acto de comercio, en nome propio ou alleo, por conta doutro (comitente), e recibe a cambio unha retribución.

    9. Órgano de traballo de cada unha das cámaras lexislativas, integrado por un número reducido de membros en representación dos diferentes grupos parlamentarios en proporción á súa importancia na respectiva cámara. Por regra xeral hai catro tipos de comisión: as permanentes lexislativas e non lexislativas, as de investigación e as extraordinarias. Normalmente teñen unha función de instrución das cuestións que se someterán a debate e resolución do pleno da cámara, pero excepcionalmente poden aprobar con carácter definitivo determinadas leis.

    10. Solicitude que un tribunal fai oficialmente ás autoridades competentes doutro Estado para que execute un acto de instrución ou efectúe unha dilixencia.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional fundada en 1984 con sede en illa Mauricio. Fórmana as Comores, Madagascar, illa Mauricio, illa da Reunión e as Seychelles. Os seus fins son a cooperación diplomática, económica, comercial e cultural entre os países membros. Os seus órganos de goberno son o Consello de ministros, o Comité de Servicios Permanentes de Enlace, a Secretaría Xeral e os Comités de Xestión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional fundado en Canberra en 1948 por Australia, os Países Baixos, Nova Zelanda, Francia, Gran Bretaña e os EE UU, coa finalidade de coordinar programas de desenvolvemento económico e de cooperación ecolóxica, médica e educativa entre os estados ribeiregos do Pacífico sur. Os Países Baixos deixaron de formar parte desta organización en 1962. En 2000 contaba con 27 estados membros. Os seus principais órganos son a Conferencia do Pacífico Sur, que se reúne anualmente, o Comité de Representantes dos Gobernos e das Administracións, e o Secretariado, con sede en Nouméa (na colonia francesa de Nova Caledonia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo colectivo designado en decembro de 1978 pola Asemblea de parlamentarios de Galicia para elaborar un anteproxecto do Estatuto de autonomía. Estaba formada por 16 persoas, de aí o seu nome, 13 pertencentes aos partidos presentes nas Cortes españolas (Alianza Popular, Unión de Centro Democrático, Partido Socialista Obrero Español e Partido Comunista de España) e tres máis reservados aos partidos extraparlamentarios, que ocuparon o Partido Galeguista (PG), o Partido Obreiro Galego (POGA) e, finalmente, o Partido dos Traballadores Galegos (PTG). O Partido Socialista Galego (PSG) e o Bloque Nacionalista Popular Galego (BN-PG) renunciaron a participar nesa comisión debido a que se mantiveron firmes na súa adhesión ás Bases Constitucionais que propuxera a Mesa de Forzas Políticas Galegas en 1976. Os seus integrantes foron: pola UCD, Pablo González Mariñas, Lutgarda García Boente, Luís Cordeiro González, Víctor Vázquez Portomeñe, Pablo Padín Sánchez, Manuel Reymóndez Portela, Ramón Álvarez...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo colectivo designado o 5 de maio de 1979 pola Asemblea de parlamentarios de Galicia co mandato de elaborar un novo proxecto de Estatuto de autonomía. Estaba formada por 9 persoas, de aí o seu nome, pertencentes a Unión de Centro Democrático, Partido Socialista Obrero Español e Coalición Democrática. Os seus integrantes foron: pola UCD, José Luis Meilán Gil, Juan Quintás Seoane, José María Pardo Montero, Pío Cabanillas Gallas, Miguel Sanmartín Losada e David Pérez Puga; polo PSOE, José Vázquez Fouz e Celso Montero; e, pola Coalición Democrática (CD), Jaime Tejada Lorenzo. O texto elaborado por esta comisión, que tomaba como base o presentado pola Comisión dos 16, aínda que moi modificado, foi presentado o 25 de xuño de 1979 perante a Asemblea de parlamentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo rexional da ONU creado o día 9 de agosto de 1973, como sucesor da Oficina Económica e Social das Nacións Unidas en Beirut e refundado o 26 de xullo de 1985. O seu programa de traballo caracterízase pola dimensión rexional das súas actividades, específicas para cada país e centradas no ámbito social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo rexional da ONU, fundado en 1958 e con sede en Addis Abeba, que traballa pola modernización do continente africano. Desde a súa creación, contribuíu ao establecemento dunha trintena de institucións técnicas encargadas de favorecer o desenvolvemento socioeconómico de África, en sectores como a tecnoloxía, as finanzas, a planificación e a xestión. Xogou un importante papel na formulación de estratexias económicas desenvolvidas en programas como o Plan de Acción de Lagos ou o Programa de Acción do Cairo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo rexional da ONU fundado en 1948 e con sede en Chile. O seu obxectivo fundamental é o desenvolvemento económico de América Latina, con medidas como a industrialización, a potenciación do comercio intrarrexional ou o patrocinio de estudios sobre os problemas tecnolóxicos dos países da área. Elabora publicacións propias, entre as que destacan Cuadernos de la CEPALC, CEPALC Review e Demográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suborganización económica continental do Consello Económico e Social da ONU creada en 1947, con sede en Xenebra. Os seus obxectivos son o fortalecemento das relacións económicas e o estudo dos problemas económicos e tecnolóxicos de Europa. Desde o ano 1990 asumiu, como tarefa primordial, a integración dos estados ex-comunistas de Europa na economía europea e mundial, e a súa transición á economía de mercado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional fundado no ano 1906 e con sede en Xenebra (Suíza). Ten a misión de establecer a coordinación e unificación das diferentes normas sobre electrotecnia dos diferentes estados. Realizou diversas publicacións sobre normativa e terminoloxía, entre as que destaca o Vocabulario Electrotécnico Internacional (VEI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano executivo da Unión Europea que personifica e defende os seus intereses xerais. A súa orixe está nos primitivos tratados da CEE, a CEEA e a CECA, ata que en 1965 o Tratado de Bruxelas unificou a Comisión para as tres comunidades. Componse de vinte membros, os comisarios, designados polos gobernos dos estados membros e investidos polo Parlamento europeo e por un mandato renovable de cinco anos. A distribución dos comisarios por cada Estado determínase de maneira que cada Estado membro estea representado por un nacional, polo menos, e nunca por máis de dous. As súas funcións principais son as de garda dos tratados comunitarios, velando polo cumprimento da legalidade comunitaria; a instrumentación das políticas comunitarias, a través da execución dos orzamentos comunitarios e a administración dos fondos estruturais; a representación da Unión no exterior, ante terceiros estados; a organización de conferencias internacionais; e o impulso da actividade comunitaria en xeral, a través da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional fundado en 1913 e establecido en París, encargado de coordinar os diferentes aspectos da técnica da iluminación, promover o estudo e a busca neste campo e facilitar o establecemento de normas aplicables aos diferentes estados. Publicou diversos traballos, nos que hai que resaltar especialmente os gráficos e as táboas sobre fotometría, colorimetría, visión, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe que saíu por primeira vez en xuño de 1988 en Ferrol co subtítulo de “Plan de prevención y reinserción del barrio de Caranza”. Informaba sobre o traballo que realizaban tanto os servicios asistenciais como as asociacións e colectivos do barrio baixo o epígrafe de Plan de Prevención e Reinserción de Drogodependencias. Ademais, tratou temas relacionados co fracaso escolar, o deporte, o lecer e os talleres ocupacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ente de dereito público, creado en 1988, que ten como funcións xerais velar pola protección dos investidores, pola transparencia dos mercados de valores e pola correcta formación dos prezos dos mesmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de comisionar.

    2. Que exerce un cargo por comisión.

    3. Persoa encargada por unha comisión para desempeñar unha determinada función.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encargar a alguén que realice un labor en representación doutra persoa ou dun grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Confederación sindical española constituída en 1977. Ten por obxectivo a defensa dos intereses dos traballadores do territorio español.
    Órganos e estrutura
    A Confederación de Comisiones Obreras, que reúne os diferentes sindicatos nacionais, ten dous tipos de órganos: os de dirección formados pola Comisión Ejecutiva Federal, Consejo Confederal e Secretarías Confederales; e os órganos de dirección e control formados pola Comisión de Garantías e a Comisión de Control Financiero. CC OO ten unha estrutura sectorial e territorial. A estrutura sectorial ten un sentido vertical e integra os traballadores en federacións segundo o posto de traballo que desempeñan e segundo o sector laboral ao que pertenzan. A estrutura territorial, de sentido horizontal, integra os traballadores segundo o criterio de territorialidade do seu posto de traballo, é dicir, nas comunidades autónomas. No ámbito internacional intégrase na Confederación Europea de Sindicatos (CES) e na Confederación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica a realizar comisións mercantís. Trátase dun intermediario que vende, por xunto ou polo miúdo, produtos dunha ou máis empresas a comercios, e que pode fixar o prezo de venda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedades configuradas en Galicia desde os anos sesenta para recuperar as sociedades agrarias e construír un auténtico sindicato agrario. Defendían un sindicato galego, democrático, asembleario, antimonopolista e autónomo con respecto a unha futura confederación. O primeiro chamamento asinado por estas comisións data das loitas polo cooperativismo democrático do Ribeiro, de finais dos anos sesenta. Desde os anos setenta, esforzáronse por recuperar os organismos de coordinación e celebraron diversas asambleas (1974 e 1976). En outubro de 1976, unha coordinadora convocou a todo o campesiñado galego para promover a creación e legalización das sociedades agrarias. Publicaron o boletín Democracia Campesiña, do que só saíu un exemplar, en 1973, e Voceiro Labrego, en 1975, ao redor do que se consolidou a Coordinadora Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO