"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
UEFA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional xurdido en Bos Aires en 1910 da Unión Internacional de Repúblicas Americanas. Con sede en Washington, foi concibido como un instrumento do imperialismo estadounidense. En 1948 foi incorporado á Organización dos Estados Americanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación fundada en 1923 por Richard Coudenhove-Kalerg. Manifestou como principio básico a consecución da unidade de Europa en liberdade, dereito e paz, así como a defensa dos seus intereses e ideais no mundo, garantindo o futuro dos seus pobos. É unha organización independente e apolítica, supranacional e suprapartidista que está representada en 27 países.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política francesa creada en 1978 por Valéry Giscard como unha alianza de partidos de centro non gaullistas. Integrada polo Parti Radical, o Parti Républicain, o Centre des Démocrates Sociaux e o Mouvement Démocrate et Sociale de France (Parti Socialdémocrate desde 1982), nas eleccións xerais dese mesmo ano converteuse na segunda forza política do país e participou nun goberno de coalición. En 2002 integrouse na Union pour un Mouvement Populaire (UMP) co Rassemblement pour la République (RPR) e o DL.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político constituído en Madrid en 1903 baixo a presidencia de Nicolás Salmerón Alonso. Abarcou todos os grupos republicanos do estado, menos os federais. As eleccións déronlle unha importante vitoria en Asturias, València e Madrid e o pulo republicano mantívose ata 1905. A partir de entón pasou a ser un partido especificamente catalán que, coligado co Centre Nacionalista Republicà e os federais, formou Esquerra Catalana (1909).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Pontevedra a partir do 2 de febreiro de 1892. Cesou en xaneiro de 1899. De tendencia republicana, foi dirixido por Valentín Peña e Pepe Juncal. Mantivo un enfrontamento co xornal católico El Áncora que o levou á excomuñón do xornal (23 de febreiro de 1989), ao procesamento dos directores e algúns dos redactores e, por último, á supresión da publicación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome oficial da República Surafricana desde 1910 ata 1961.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa española de seguros fundada en 1908. Foi a primeira empresa do sector en todo o estado, dedicada fundamentalmente a accidentes, transporte e incendios. Dispón de importantes filiais, como Galicia SA, Compañía Española de Reaseguros la Luna SA e Fénix Español, Cía de Seguros sobre la Vida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alianza católica constituída en Francia en 1576 baixo dirección de Enrique I de Guise co fin de combater o calvinismo durante as Guerras de Relixión en Francia. Reclamaba unha monarquía católica e o retorno das liberdades provinciais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concorrencia de dúas ou máis voces, sons ou instrumentos ao unísono.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que nega o dogma da Trindade. Afirma a unidade absoluta da persoa divina e nega tanto o misterio da Trindade como os dogmas da encarnación e da deidade de Xesús Cristo. Foi defendida por Miguel Servet en España, por G. Bilde en Reino Unido (s XVIII) e difundida en América a partir do s XVIII como doutrina e tamén como seita (s XIX), por obra de W. E. Channing. Atopou en R. W. Emerson a un dos seus principais representantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Universidade fundada en 1218 polo rei Afonso IX coa categoría de Estudio General do seu reino, o que manifesta a diversidade do seu ensino, a súa característica non privada e a validez dos seus títulos. O verdadeiro impulso veu de Afonso X o Sabio, que lle outorgou o estatuto en 1254, coñecido como a Carta Magna del Estudio Salmantino que establece as normas de organización e dotación financeiras; e do Papa Alexandre IV cuxas bulas pontificias expedidas en 1255 confirman a fundación universitaria, recoñecen a validez universal dos graos por ela outorgados e concédenlle o privilexio de ter selo propio. Na Idade Media tivo cinco facultades oficiais: Canons, Leis, Teoloxía, Medicina e Artes-Filosofía e ensinos complementarios de Humanidades, Linguas, Matemáticas e Música. Tivo o seu maior esplendor no s XVI xa que a confluencia de Dereito, a Teoloxía tomista, as novas lóxicas e as linguas clásicas cristalizaron na chamada Escuela de Salamanca. Das súas achegas destaca a reflexión...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Universidade privada con orixe común á de Salamanca. A boa relación entre a igrexa e a Universidad de Salamanca sufriu profundos cambios cos gobernos liberais de España no s XIX que excluíron da universidade as facultades de Teoloxía e Dereito Canónico, pero en 1940 Pío XII, a petición do episcopado español, restaurou estas dúas facultades na que se chamou Universidad Pontificia de Salamanca. A Universidad Pontificia considérase así herdeira tamén da primeira universidade salmantina, real e pontificia á vez. Conta con dous campus universitarios, un en Salamanca e outro en Madrid.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución universitaria situada en Santiago de Compostela. A maioría dos estudos europeos de investigación histórica universitaria sitúan a súa fundación en 1526, ano de concesión da preceptiva bula papal, e as figuras de Alonso III de Fonseca e do Papa Clemente VII como os fundadores, pero tamén recoñecen a existencia dalgúns xermolos a partir de 1495. Cómpre destacar que desde mediados do s XI hai constancia da existencia dunha Escola de Gramática na catedral de Santiago, que posibilitaba unha formación literaria básica da clerecía compostelá, propedéutica para a formación que algúns daqueles clérigos acadaron durante os ss XII e XIII nas universidades de París e de Boloña. Algúns destes clérigos compoñerían unha parte do reducido claustro de profesores da Universidad de Salamanca, que botou a andar en 1218, durante todo o tempo do s XIII, cando a propia diocese salmantina pertencía ao arcebispado de Santiago de Compostela e era tamén a miúdo rexida por bispos de procedencia galega,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Igrexa situada en Santiago de Compostela. Datada no s XVII, pertenceu ao Colexio da Compañía de Xesús ata a expulsión dos xesuítas e desde 1769 pasou a funcionar como capela da Universidade. Destaca o clasicismo da fachada, obra de Diego de Romay, así como o campanario, engadido en 1719. Orixinariamente, as dúas fornelas da fachada estaban ocupadas por esculturas de santo Ignacio de Loyola e san Francisco, pero desde a expulsión dos xesuítas foron reconvertidas en san Pedro e san Paulo e incorporouse o escudo de Carlos III. No interior sobresaen os retablos barrocos do cruceiro e do altar maior, dedicado á Anunciación, a capela da Sagrada Familia (1663), obra de Peña de Toro, e a capela maior, co Sepulcro do arcebispo Blanco, realizado por Mateo López en 1584.
-
PERSOEIRO
Lingüista austríaco. Profesor das universidades de Tübingen e de Colonia, especializouse en lingüística indoeuropea (Die venetischen Personennamen, 1961, Trümmersprachen, 1980) e estudou principalmente as linguas prerrománicas hispánicas, con obras coo Sprachräume und Sprachbewegungen im vorrömischen Hispanien (1961) e Monumenta Linguarum Hispanicarum (1975-1980-1990-1997). Tamén publicou Einführung in die Sprache Homers (1987). Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación cultural creada en Betanzos en 1979 coa finalidade de realizar e promover actividades culturais e estudos de investigación centrados nas Mariñas. Entre as súas actividades destacan a recuperación da documentación do Arquivo Histórico Municipal, a posta en marcha do Museo das Mariñas, a recolección de material para o Fondo Fotográfico de Betanzos e a publicación, desde 1985, do boletín Untia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de textos místicos e filosóficos, de carácter esotérico, concibidos tradicionalmente como comentarios inspirados dos Vedas e redactados, na forma actual, entre 400 e 200 a C. Constitúen a primeira expresión consistente da doutrina filosófica do hinduísmo, caracterizada por unha intuición profunda da unidade do atman e do brahman, do home e do mundo, do individual e do absoluto. Esta doutrina foi codificada por Bādarāyana no seu Brahmasūtra, base dos comentarios máis importantes da advaita vedānta, considerada como a hermenéutica suprema da tradición védica. Entre os principais Upani ṣ ad destacan o B ṛ had, o Chhāndogya, o Kauśītaki, o Aitareya, o Taittirīya, o Iśa, o Kena e o Praśna.
-
REXIÓNS
Rexión montañosa do S de Escocia, formada por granitos e materiais paleozoicos recubertos en certos lugares por rochas volcánicas. Ten a súa altitude máxima no monte Cheviot (816 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do S de Suecia, bañada, no sector costeiro, polo golfo de Botnia, no Mar Báltico. Abrangue parte da cidade e do län de Estocolmo e dos läner de Uppsala e de Västmanland.
VER O DETALLE DO TERMO