"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada en 1949 como resultado dos congresos internacionais de crítica de arte. É membro consultivo da UNESCO desde 1951. Acolle profesionais da crítica, a historiografía, o tratadismo e a organización de exposicións de máis de oitenta países de todo o mundo. Entre os seus obxectivos está o de desenvolver unha cooperación internacional, a defensa profesional dos seus membros, a procura de novas metodoloxías e o intercambio de información. Anualmente celebra unha asemblea e un congreso nun país diferente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización económica filial do Banco Internacional para a Reconstrución e o Desenvolvemento, fundada no ano 1960 en Washington e coñecida xeralmente polas siglas IDA (International Development Association). Ten como obxectivo o fomento de créditos a longo prazo aos países subdesenvolvidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
PEN Club de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación integrada pola maioría das axencias de publicidade, anunciantes e medios de comunicación de todo o mundo. A súa finalidade é ofrecer información sobre as actividades dos seus asociados, elaborar estudios especializados e organizar encontros académicos e profesionais que contribúan a mellorar diversos aspectos da actividade publicitaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en 1980 por Arxentina, Bolivia, O Brasil, Colombia, Chile, Ecuador, México, Paraguai, Perú, Uruguai e Venezuela en substitución da Asociación Latinoamericana de Libre Comercio (ALALC), co obxectivo de facilitar os intercambios comerciais entre os seus membros. Limítase a fixar cláusulas de comercio preferencial entre os seus asociados e a propoñer medidas tendentes a dinamizar algúns sectores económicos comúns. Non pretende unha auténtica política común, nin económica nin exterior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada polo tratado de Montevideo en febreiro de 1960, formada por Arxentina, O Brasil, Perú, México, Paraguai, Uruguai e Chile. En outubro do mesmo ano adheríronse Colombia e Ecuador e en 1966 Venezuela. Tiña como finalidade reducir progresivamente as tarifas e outros obstáculos ao libre comercio ata chegar á plena liberación do comercio entre os países asinantes. No ano 1980 transformouse na Asociación Latinoamericana de Integración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín informativo pertencente á Asociación Médica do Centro Galego de Bos Aires. Distribúese entre o colectivo médico desta institución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación constituída polas empresas publicitarias máis importantes do mundo co fin de dar a coñecer os seus traballos e promover iniciativas que contribúan a desenvolver novas técnicas no cine publicitario. Entre as súas actividades destaca a organización do Festival Publicitario de Cannes, que se celebra anualmente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Creouse en Pontevedra en 1886 co obxectivo de discutir problemas profesionais e pedagóxicos. Foi a precursora do Congreso Regional de 1887 en Pontevedra, feito que marcou o inicio dunha longa serie de congresos e asembleas que se celebraron en Galicia ata o comezo da Guerra Civil. Tamén foi a iniciadora dun primeiro intento de organizar unha Colonia Escolar en Pontevedra (17 de agosto de 1893).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plataforma creada en 1980 polas compañías profesionais, despois da celebración dunhas xornadas de traballo en Sada (24-26 de outubro), que tiveron o seu precedente nas mesas de traballo celebradas en Ribadavia co gallo da Mostra de Teatro. Presidida por Eduardo Alonso, á fronte dunha dirección colexiada, a asociación situou entre os seus obxectivos prioritarios os relacionados coa defensa dos intereses profesionais dos traballadores do teatro galego e coa promoción da actividade teatral en moi diversos ámbitos, tempos e espacios. Logo de presentar un interesante programa de traballo recollido na revista Don Saturio nº 2 (1981), a asociación foi esmorecendo debido ao escaso eco institucional das súas propostas e ás diferencias entre os seus asociados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada no ano 1919 na cidade de Bos Aires, e que tiña como obxectivo sustentar economicamente á Real Academia Gallega, ao mesmo tempo que difundir as súas iniciativas na República Arxentina. Esta asociación tivo a súa orixe en 1908, cando a Asociación Iniciadora y Protectora da Academia Gallega na Habana nomeou unha delegación en Bos Aires, que no sucesivo se amosaría case inexistente; estes académicos na Arxentina tiveron como única actividade a promoción dunha suscrición popular para a construción do monumento a Curros Enríquez na Coruña. En 1919, a Real Academia Gallega enviou a Xulio Dávila coa intención de unir as iniciativas existentes en Bos Aires a prol da Academia. Xulio Dávila solicitoulle apoio económico á Casa de Galicia da capital, acordando esta ofrecer unha achega anual de 500 pesetas, ao mesmo tempo que permitía a constitución dunha comisión autónoma da Academia nas súas dependencias. Poucos días despois constituíuse oficialmente a Asociación, sendo o seu primeiro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada en marzo de 1975 por Manuel Cantarero del Castillo. De carácter progresista, intentou sen éxito ser recoñecida pola Internacional Socialista. En Galicia o seu secretario xeral foi Estévez Mengotti. En xuño de 1976 converteuse nun partido político con delegacións na Coruña, Pontevedra e Lugo, e un ano despois pasou de rexionalista a federalista. Nas eleccións de 1977 non obtivo ningún escano e despois desapareceu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada en Santiago de Compostela en 1889 baixo o amparo do Comité Central Rexionalista e formada polos comités locais rexionalistas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Tui. Presidida por Manuel Murguía, foi o primeiro intento de artellar o movemento rexionalista. Contou cun medio de expresión, La Patria Gallega, órgano oficial da asociación. Na asociación confluíron as tres tendencias do rexionalismo galego: federalista, liberal e tradicionalista. O enfrontamento entre os tradicionalistas e os federais no comité afectou á asociación. Isto, unido á saída dos primeiros do consello de redacción de La Patria Gallega, supuxo o principio do fin da asociación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade de carácter privado creada en 1991 como froito da iniciativa conxunta das principais empresas da industria téxtil e da confección de Galicia co gallo de apoiar o sector. Os seus socios fundadores son as empresas: Florentino, Unicén, Antonio Pernas, Volvoreta, Roberto Verino Difusión, Géneros de Punto Montoto, Creaciones Toypes, Jealfer, Pili Carrera, D’AQ, Caramelo e Adolfo Domínguez, aos que logo se engadiron Mafecco e Selmark. O cargo de presidente desta asociación rota entre os distintos membros: José Fernández Valencia (Unicén, 1991-1996), Ramón Lavandeira Muiños (Caramelo, 1996-1998); dende 1998 está presidida por Adolfo Domínguez. O seu fin prioritario é o fomento e desenvolvemento das actividades a prol do sector téxtil e da confección de Galicia, así como a representación, defensa e promoción dos intereses profesionais, sociais e culturais dos seus asociados, incluíndo a organización dun constante labor formativo e de promoción profesional dos seus afiliados. Neste sentido,...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación quincenal aparecida en Vigo no ano 1902 e subtitulada “Órgano de la asociación general benéfica de dependientes de comercio de Galicia”. Cesou en 1904. Foi editada na imprenta pontevedresa de Xoaquín Poza.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociacións que se crearon nas catro provincias galegas a finais do s XIX. Organizaron congresos, certames e exposicións para debater a situación e mellora do ensino en Galicia de principios do s XX. Participaron na Exposición Rexional Galega de 1909.
-
-
O asociacionismo vai unido a diversos procesos de cambio social, tanto na finalidade dos grupos como no seu funcionamento e distintas formas de organización. O asociacionismo galego, como conxunto de relacións sociais derivadas da adscrición e pertenza a grupos sociais, está afectado por procesos de urbanización, de comunicación, de infraestrutura económica e das condicións políticas e culturais que afectan á vida social. Existe unha relación bidireccional, xa que as circunstancias tecnolóxicas, culturais, políticas, económicas, etc, impregnan as condicións que retraen ou impulsan a formación dos conxuntos de asociacións e, así mesmo, eses movementos asociativos rematan por impulsar, estimular ou retraer a acción destes axentes. En sentido extensivo, o asociacionismo ou polisinodia galega, inclúe todos os grupos que, como tales, máis que como acción individual con personalidade propia exercen a actividade pública. Os grupos políticos, sindicais, profesionais, colexiados, cooperativistas...
-
Teoría psicolóxica e filosófica segundo a cal as sensacións constitúen os elementos orixinarios da consciencia, das que derivan, grazas ás súas combinacións, todas as outras actividades psicolóxicas (imaxinación, memoria, pensamento, sentimento). D. Hume e D. Harley son considerados os seus fundadores. Constitúe o primeiro intento por establecer unha psicoloxía científica e obxectiva, e inflúe profundamente nas teorías clásicas da aprendizaxe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partidario do asociacionismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O nacemento das asociacións de prensa en Galicia, como institucións de agrupamento e defensa dos xornalistas é un fenómeno que se sitúa entre os anos finais do século XIX e primeiros do XX. Galicia é, neste ámbito, unha das primeiras comunidades na que xorden este tipo de entidades, con perfís netamente asistenciais, por riba doutras consideracións de xeito gremial ou mesmo sindical. As asociacións de prensa de Galicia corresponden, no seu primeiro momento, ao proceso histórico que vén definido polo paso do xornalismo esencialmente político ou comercial e mercantil a un verdadeiro xornalismo noticioso ou informativo, que demanda profesionais dedicados a actividades informativas, fronte ao período anterior no que personaxes do mundo político, editores de periódicos, reclamaban ser xornalistas de seu, facendo do periódico unha ferramenta máis dentro dunha estratexia de expansión das súas ideas partidarias. A primeira asociación de prensa que xorde en Galicia é a da Coruña, datada en 1905....