"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
-
-
Sistema de goberno ou mando exercido por un caudillo.
-
caudillismo americano
Sistema político e social propio de moitas repúblicas latinoamericanas durante o período inmediatamente posterior á súa independencia (cara ao ano 1826). Apareceu nunhas sociedades pouco desenvolvidas democraticamente que carecían de condicións para a participación política e nas que a facenda rural dominaba a vida económica. As estruturas políticas, nadas no mundo rural, caracterizáronse polo poder individual do caudillo, a lealdade persoal e a autoridade do patrón sobre o peón. Os caudillos xurdiron ao abeiro dos numerosos conflitos independentistas e serviron como militares carentes de ideoloxía política que chegaron desde as estruturas locais ata as nacionais. Defenderon os intereses rexionais dos terratenentes e arrebatáronlles o poder ás elites urbanas. O éxito dos caudillos favoreceu, nalgúns casos, a defensa do poder central, feito que lles permitiu recompensar a súa clientela coa concesión de terras. Malia as vinculacións de clientelismo con parte da poboacción, os caudillos non...
-
-
Denominación aplicada ao nivel de integración sociocultural menos complexo, asociado ás sociedades de cazadores recolledores e caracterizada polo igualitarismo, o liderado informal e o parentesco bilateral.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma ou desenvolvemento da cabeza.
-
-
Coñecemento e estudo da lingua, da literatura e da cultura celta.
-
Teoría lingüística que afirma que moitas das linguas modernas proveñen de linguas célticas.
-
Palabra ou xiro propios das linguas célticas que pasou a outras linguas veciñas ou que estaban en contacto. Os antigos celtismos que se poden detectar nas linguas posteriores correspóndense co fenómeno lingüístico do substrato.
-
Movemento político, social e cultural que presume a pervivencia dunha cultura ou “espírito” celta en diferentes comunidades etnonacionais e/ou relixiosas do mundo. Doutrinalmente, o celtismo nega a desaparición do mundo celta como realidade histórica e afirma a súa continuidade no presente por medio do recurso ideolóxico do Volksgeist (‘espírito do pobo’). O celtismo susténtase non tanto na arqueoloxía ou rexistro de datos históricos vinculados ás manifestacións que se puideran asociar á cultura celta (Hallstatt, La Tène, arte irlandesa do I milenio, etc), senón na súa condición de constructo ideolóxico ao servizo duns intereses específicos no mundo contemporáneo. Na medida en que o celta representa unha opción diferenciada respecto a outras expresións, como a latina ou a semita, resulta esencial na configuración de identidades que procuran a súa definición no exercicio excluínte da alteridade.
As orixes do celtismo
O celtismo remóntanse ao Renacemento, pero non será ata...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento dos seguidores e simpatizantes do Real Club Celta de Vigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Condicións, prácticas e maneira de vivir dos cenobitas.
-
-
Estrutura política e administrativa na que o poder se exerce exclusivamente dende unha área moi restrinxida, como unha administración ou poder central. As bases do principio político centralista apareceron na Península Ibérica durante a Alta Idade Media como resultado da afirmación do poder real fronte ás aspiracións da nobreza. A finais da Idade Media o fenómeno do centralismo estendeuse entre as monarquías máis homoxéneas de Europa como Inglaterra, Francia, Portugal, Castela ou Aragón, que prolongaran o seu dominio político e territorial polas zonas limítrofes máis febles. As primeiras mostras de centralismo castelá apareceron no reinado de Afonso XI, coa figura do regidor, un representante do poder real nos municipios. A dinastía dos Trastámara loitou por fortalecer o poder central do monarca fronte ao partido dos nobres, pero non foi ata a época dos Reis Católicos cando se acadou a unidade nacional cun grao maior de centralismo, aínda que conservando as divisións organizativas...
-
Principio que inspira a organización dos movementos políticos e sindicais, especialmente os comunistas, que intenta unir democracia e unidade ao potenciar a cohesión política e ideolóxica e evitar a formación de fraccións ou tendencias internas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de goberno específica de Italia (1948-1958) constituída ao redor de dous eixes: o anticomunismo e o atlantismo (adhesión á OTAN no 1949). Nos seus gobernos participaron o Partido Socialdemócrata Italiano (PSDI), Democracia Cristiana (DC), Partido Republicano (PR) e Partido Liberal (PL). Na primeira lexislatura dos gobernos de centro aprobáronse unha serie de normas que respondían ao principio de reformar dende arriba. Despois desta etapa de goberno, na que se consolidou a democracia, a DC converteuse na forza política que defendeu o consenso entre as clases e o progreso material. No ámbito español, o centrismo xurdiu ao redor do partido Unión de Centro Democrático (UCD), creado dende o goberno e formado por elementos herdeiros do franquismo coa finalidade de presentarse ás eleccións de xuño de 1977. Contou co apoio popular na primeira fase da transición, cando se aprobou a lei de reforma política e se convocaron as eleccións ás Cortes constituíntes que consensuaron a Constitución...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio crítico da vida e da obra do escritor Miguel de Cervantes Saavedra. O interese pola vida e obra de Cervantes fundaméntase na fama universal de El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha, un dos libros máis estudiados na historia da literatura. Non se pode falar con propiedade de cervantismo no s XVII; non obstante no s XVIII xa aparece un estudo erudito e crítico arredor desa idea, convertido nun clásico e comparado coa obra de Homero e Virxilio. En 1773 Gregorio Maians e Siscar publicou a primeira gran biografía de Cervantes como encabezamento da edición castelá de El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha de Tonson (1738). A primeira edición con notas foi a castelá de John Bowle (1781). Son tamén notorias as achegas de Saint-Evremond, Addison e Schlegel. O s XIX coñeceu o entusiasmo romántico pola figura do Quixote (edición crítica de Diego Clemencín, 1833-1839; e Juan Eugenio Hartzenbusch, 1863-1864). Destacados son os traballos de Juan Valera (1864),...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de goberno caracterizada polo exercicio de todos os poderes públicos a cargo dunha soa persoa. O termo ten a súa orixe no réxime instaurado por Caio Xulio César na antiga Roma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema político no que o poder civil, co control e servizo do poder relixioso, intervén nas cuestións disciplinarias e teolóxicas. Foi combatido pola Igrexa Católica, en especial polos papas Gregorio VII, Inocencio III e Bonifacio VIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno urbano consistente na construción espontánea de infravivendas (barracas ou chabolas) na periferia dunha cidade. Está presente tanto en países non desenvolvidos, nos que a precariedade económica non permite dispor da infraestrutura necesaria para acoller o inmenso éxodo rural dirixido cara ás grandes aglomeracións urbanas, coma nos países desenvolvidos, nos que os colectivos de poboación máis desfavorecidos non teñen a posibilidade de acceder á vivenda debido, fundamentalmente, a motivos económicos (especulación urbanística e elevados prezos do solo e da vivenda), burocráticos (irregularidades documentais dos inquilinos) ou sociais (marxinación étnica, desestruturación persoal e familiar, drogodependencia, desemprego), razóns que en moitas ocasións se producen de xeito simultáneo e interrelacionado. Algunhas das manifestacións máis características deste fenómeno son os bidonvilles dos países africanos, as palafitas fluviais na península de Indochina, as favelas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sentimento que se manifesta ao atribuírlle calidades admirables de xeito esaxerado ao que é propio (país, rexión, cidade, etc) e ocultar os aspectos negativos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno lingüístico da lingua galega que consiste na ausencia do pronome átono te para a función de complemento directo (Ex: Vinte onte na festa) e no uso da forma che para esa función sintáctica (Ex: Vinche onte na festa) amais das súas funcións habituais, como complemento indirecto (Ex: Collinche o lapis) ou como pronome de solidariedade (Ex: Non che quero saber nada dese asunto). É un fenómeno dialectal restrinxido ao litoral noroccidental, aínda que se mantén a forma te como reflexiva (Ex: Cálmate e non *Cálmache), e tamén se pode rexistrar no galego dos Ancares de León en diferentes contextos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento pictórico italiano fundado en 1929 polo crítico Eduardo Persico. Os seus membros propuñan abandonar as tonalidades escuras e sombrías a prol das brancas. Buscaban a creación dunha pintura intimista na que predominara o aplanamento primitivo das formas. Entre os seus membros están Lillioni, De Rocchi e Alfieri.
-
-
Calquera cousa indeterminada ou da que se descoñece o seu nome.
-
Idea obsesiva que manifesta alguén.
-
-
-
Información, verdadeira ou falsa, que se divulga para prexudicar a alguén ou para tratar de pór a mal unha persoa con outra.
-
Calquera obxecto do que non se coñece o nome ou non se lembra.
-
Calquera obxecto de pouco valor, que non ten utilidade ou estorba.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico semanal que se definía como crítico literario. Saíu do prelo de Rogelio Quintás en Pontevedra co subtítulo de “Semanario independiente, recreativo, tempestivo y poco serio” entre xullo e outubro do ano 1884. A dirección estaba a cargo de Albino Simán, e entre os colaboradores figuraban M. Palacios, Luís Taboada e Luís Vidart, entre outros. Nas súas páxinas hai artigos, chismes, e casos da semana. Cómpre destacar que en moitas ocasións as noticias comentábanse en verso. Entre os poucos exemplos de literatura galega que se poden ler inclúen varios poemas e un conto do director; a maioría destes textos de carácter poético levan o epígrafe “Epitafios”.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu en xullo de 1881 en Pontevedra, co subtítulo de “Periódico husmeador, callejero y de carácter... nacional joco-serio, charlatán en alto grado, pero inocente y sin pecado”. A partir do número tres engadiu na cabeceira a denominación de “periódico satírico”. Este semanario acolleu as seccións de “Artículo de fondo”, “Chismes sueltos”, “Noticiotas”, “Gacetillas”, “Cantares o Coplas” y “Anuncios”, todas elas escritas con ironía e humor e asinadas, na maior parte, con pseudónimos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Preceptiva estilística e retórica defendida como modelo compositivo de discurso por Cicerón. A mediados do s I a C, practicábanse en Roma dous estilos oratorios: o estilo asiánico, predominante na primitiva arte oratoria romana, empregado por Hortensio e polo propio Cicerón nos seus comezos, que buscaba impresionar o auditorio mediante a expresión exuberante e conceptuosa; e o estilo aticista, que postulaba a sinxeleza do discurso, e propoñía como modelo a Lisias. Cicerón desmarcouse de ambas as dúas correntes e concibiu unha retórica propia que esixía como ideal oratorio o dominio dos tres xéneros estilísticos: o sinxelo, o moderado e o opulento, adecuados a distintas situacións discursivas. O estilo ciceroniano caracterízase polos períodos amplos onde a secuencia principal se interrompe por continuas subordinacións que incrementan a complexidade do texto. A súa obra teórica, así como a práctica dos seus discursos, tivo enorme influencia na prosa latina posterior...
-
ENTRADA LARGA
Uso deportivo da bicicleta. As primeiras referencias aparecen en gravados no templo de Luxor, no antigo Exipto (época de Ramsés II, ao redor do 1340 a C). A invención da bicicleta foi o resultado dun proceso moi laborioso, caracterizado pola incorporación de elementos que foron perfeccionando o que, nun primeiro momento, non foi máis ca unha especie de cabalo de madeira de formas revolucionarias, inventado en 1790 por De Sivrac para gozo dos seus fillos. Aquel xoguete, bautizado como “celerífero” ou “velocífero”, constaba dun soporte con dúas rodas que se impulsaba arrastrando os pés no chan e que só se podía desprazar nunha única dirección, xa que o seu eixe anterior era ríxido. O alemán K. F. Drais von Sauerbronn incorporou en 1816 unha roda dianteira móbil, “a Draisiana”, que ía introducir a gran vantaxe de poder manexalo en todas as direccións. A principios do s XIX adaptáronse á roda dianteira uns pedais fixos, co que se logrou a independencia de desprazamento e unha certa velocidade,...
VER O DETALLE DO TERMO