"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter mensual aparecida por primeira vez no mes de xaneiro de 1911. Segundo o seu subtítulo era o “Órgano de la Liga Barcalesa. Defensor de los intereses de Barcala”, vencellado por tanto a esa organización de carácter agrarista. Tivo como director a Víctor García Ferreiro. A súa distribución era gratuíta entre os socios residentes en Barcala, e realizábase normalmente os últimos días de cada mes. Non tiña nunca máis de dezaseis páxinas nin menos de catro, e carecía de publicidade. Tratábanse nas súas páxinas diversos temas: a emigración, o momento político, as actividades da Liga e novas tratadas en ton humorístico. Estaba redactada case integramente en castelán aínda que ás veces aparecían colaboracións en galego, principalmente da man do seu director. Algunhas colaboracións destacables foron asinadas por Eloi Páramo e por Salvador Cabeza de León, quen fora alcalde de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caixa de madeira sen tapadeira empregada para gardar líquidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariedade da cantiga de amigo ou da cantiga de amor. As barcarolas, denominadas tamén mariñas, adoitan estar ambientadas ao redor do mar, dun río ou dun lago, elementos que se converten na causa de separación dos amantes ou nun reflexo positivo do seu reencontro. Todas as cantigas de amigo que pertencen ao xénero barcarola presentan retrouso e teñen carácter paralelístico. Entre os seus cultivadores máis representativos atópanse Estevan Coelho, Pai Gomez Charinho, Mendinho, Roi Fernandiz de Santiago, Nuno Porco, Johan Zorro, Juião Bolseiro, Nuno Fernandez Torneol e Martin Codax. Para algúns estudiosos a súa orixe atópase, a causa do seu carácter arcaico e popular, na tradición lírica peninsular anterior á trobadoresca. Outros negan a súa existencia apoiándose na ausencia de tipificación xenérica nos tratados de poética medieval.

    2. Peza composta en compás 6/8 que evoca as cancións entoadas polos gondoleiros venecianos e o ritmo do movemento do remo. Na época romántica fíxose moi popular a súa composición. Destaca a barcarola inicial do acto III da ópera de Offenbach Les contes d’ Hoffmann (Os contos de Hoffmann, 1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado á beira do río Alcarrache, no pé da serra de Santa María (3.938 h [1996]). As súas principais actividades económicas son a agricultura e a gandería. Tamén destaca a industria da cortiza. Este perfil agropecuario favoreceu durante o s XX a emigración dos seus habitantes cara a outras áreas máis desenvolvidas, especialmente Catalunya, factor que desencadeou transformacións na súa dinámica demográfica que repercutiron nun forte descenso con respecto ás cifras iniciais. En Barcarrota naceu Hernando de Soto, conquistador da Florida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Frete dunha barca.

    2. Rédito que daba o arrendamento ou o establecemento de barcos a favor do erario real ou señorial.

    3. Dereito de orixe medieval esixido pola facenda ou polos señores xurisdicionais para a utilización dun servizo público de barca coa finalidade de atravesar un río, onde a falta de ponte impedía a continuidade dunha ruta. No estado español desapareceu como dereito señorial no 1813, coa abolición das xurisdicións señoriais, e tamén, de xeito definitivo como recurso do Tesouro Público coa reforma do 1881.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación de dimensións variables, sen orla nin vela e, moi a miúdo, sen motor, que se emprega para a carga ou descarga de barcos fondeados, para o transporte en alta mar de certas mercadorías, para os servicios portuarios ou para o transporte fluvial de mercadorías. As barcazas sen motor remólcanse ou impúlsanse coa axuda doutra embarcación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Formado en Madrid e Darmstadt, pertence á Xeración do 51. A súa traxectoria musical abrangue case todos os xéneros dentro dun sistema persoal de harmonía no ton. Fundou Nueva Música (1958) e A Aula de Música del Ateneo de Madrid (1959) e en 1977 a Asociación de Compositores Sinfónicos Españoles (ACSE), da que foi presidente ata o 1988. Recibiu o Premio Nacional de Música (1973). Entre as súas composicións destacan: Objetos sonoros (1963), Alfa (1965), Desierto sibilino (1978), Itálica (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do apelido Barcia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Negueira de Muñiz baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arbo baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma diminutiva correspondente ao apelido Bárcea, variante de Barcia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Barcelos ou aos seus habitantes.

    2. Habitante ou natural de Barcelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena enseada da beira oriental da ría de Aldán, na parroquia de Beluso, concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral oriental da ría de Aldán, ao N da enseada homónima e ao S do cabo Udra, na parroquia de Beluso (concello de Bueu).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Francia, establecida en Montpellier, que pasou a Catalunya e ás Illes Balears. Esta caste chegou a Galicia no s XVIII con Luís Antonio Barceló, comandante de mariña que se estableceu en Ferrol. Varios membros desta familia ingresaron nas ordes de San Xoán de Xerusalén e de Carlos III, e entroncaron cos Correa de la Torre, entre outras familias distinguidas. As súas armas levan, en campo de azul, un navío de ouro de dous mastros con cadansúa bandeira e con cadanseu velame, ambos os dous de prata, navegando sobre ondas de azul e prata. Outros semean o campo con estrelas de ouro. Antonio Barceló, engadiu por privilexio na punta do brasón unha cabeza de mouro cortada e atravesada por unha falanxe denuda de prata con gornición de ouro e timbrou o escudo con coroa de marqués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou Artes e Oficios en Palma de Mallorca (1972-1973) e en 1974 trasladouse a Barcelona para estudar na Escola Superior de Belas Artes onde permaneceu un ano. A súa primeira exposición individual é de 1974. Colaborou co grupo Neon de Suro. En 1981 participou na Documenta 7 de Kassel, con obras a medio camiño entre o neoexpresionismo e a art brut. En 1983 estableceu a súa residencia en París, combinándoa con estancias en Portugal (1984) onde pintou ao aire libre, no seu taller de Artá (1986) e en diversos países africanos. En 1988 viaxou a Mali e realizou obras de pequeno formato que recolleu no libro Miquel Barceló in Mali (Miquel Barceló en Mali, 1989). A súa temática céntrase nas figuras humanas, as naturezas mortas, paisaxes e alegorías literarias. Realiza lenzos de gran tamaño, empregando materias pitóricas e elementos de desfeito a xeito de collage, pero tamén experimenta outras técnicas coma o fresco. Ademais de adicarse á pintura traballou na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima e da Comunitat Autònoma de Catalunya, á beira do mar Mediterráneo (1.508.805 h [1996]). Aséntase sobre unha chaira que abrangue 170 km2, dos que 60 km2 pertencen ao concello de Barcelona, (os 2/3 da superficie municipal). Ao NO, a serra de Collserola pecha o termo con altitudes superiores aos 500 m (Tibidabo 512 m). Tanto ao NL como ao SO a chaira continúa polos deltas do Llobregat e do Besòs, favorecendo o espallamento da urbanización nos concellos veciños. Situada a 41° 20’ de latitude N está baixo un dominio climático mediterráneo marítimo, con temperaturas suaves no inverno e veráns calorosos e sen precipitacións, que acadan os máximos entre setembro e outubro. A humidade relativa é alta e constante ao longo do ano (70%). O núcleo da cidade moderna, que abrangue o antigo recinto amurallado, L´Eixample, iniciado en 1860, e a coroa de municipios agregados contra o remate do s XIX, foise expandido progresivamente ata formar un conxunto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Anzoátegui, Venezuela, atravesada polo río Neveri (221.792 h [1990]). Centra as actividades gandeiras e agrícolas das concas do Unare e do Neveri. A explotación do petróleo terra dentro e o comercio desenvolveron a cidade durante os últimos vinte anos. Foi fundada co nome de Nova Barcelona polo catalán Joan Orpí, no 1638, co desexo de que fose a cidade de Nova Cataluña. Os indíxenas destruírona e Fernández de Angulo reedificouna no 1673.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circunscrición administrativa establecida por unha lei de 1968 para facilitar a programación do territorio que se prevía que sería afectado polo crecemento de Barcelona. Esta delimitación, sen embargo, quedou sen efecto a nivel práctico. Actualmente se identifica coa área metropolitana de Barcelona o ámbito de actuación que foi definido no Plan Comarcal do 1953.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de Catalunya, establecida en 1833 e integrada por 308 municipios (7.733 km2; 4.628.277 h [1996]). A capital é Barcelona. A cidade de Barcelona exerce unha atracción macrocefálica sobre todo o territorio, concentra ao seu redor o maior volume demográfico e constitúe o centro sobre o que gravita toda a actividade económica. Os principais núcleos de poboación sitúanse na periferia urbana da capital: os concellos limítrofes de L´Hospitalet de Llobregat (255.050 h), Badalona (210.987 h) e Santa Coloma de Gramanet (123.175 h). Sabadell (185.798 h), Terrasa (163.862 h) ou Mataró (102.018 h), núcleos industriais tradicionais, son un terceiro chanzo nunha xerarquía que se estende en núcleos urbanos de tamaño medio, que teñen como principais funcións a residencial e a industrial, configurando unha das áreas máis urbanizadas do estado español.

    VER O DETALLE DO TERMO