"Alicia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 418.

  • Plan educativo que se levou a cabo despois da aprobación da Lei Xeral de Educación de 1970. En 1971 a Secretaría Xeral Técnica do ministerio de Educación e Ciencia deu a coñecer o informe de planificación educativa en Galicia. Nese documento, facíase un diagnóstico do sistema educativo galego en que se asumían as carencias na política oficial e se marcaban obxectivos e accións de desenvolvemento para todos os sectores educativos sobre a base dun mapa de cabeceiras comarcais de concentración dos servizos educativos. Con este Plan pretendeuse, ademais, asegurarse a participación do Banco Mundial. Os obxectivos básicos de actuación en Galicia foron: a) lograr a escolarización total de alumnos en período de ensino obrigatorio (6-13) e b) realizar concentracións escolares co fin de mellorar a calidade do ensino e reducir os custos de funcionamento dos centros, reconvertendo as escolas unitarias e mixtas en grupos escolares. Polo que respecta ao ensino universitario primouse o crecemento da oferta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plataforma creada en 1976 e controlada pola Federación Gallega do PSOE, en que se integraron as forzas da esquerda non nacionalistas de Galicia. Versión galega da Plataforma Nacional de Convergencia Democrática, aceptou a reforma política negociada cos sectores aperturistas que procedían do Franquismo e a recuperación do Estatuto de Autonomía plebiscitado en 1936. Formou parte de Coordinación Democrática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Ferrol a partir de decembro de 1981. Editada pola Sociedade de Artistas de Ferrol, nun primeiro momento naceu como separata da revista Arte Galicia para logo converterse en publicación independente. De periodicidade anual, aínda que irregular, estivo dirixida por Antonio M. Barcón, Guillermo Rocha, Carlos Barcón, Manuel Vázquez e Elia Rico. Dedicada á poesía española e galega, contou coa colaboración de destacados poetas das xeracións de posguerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico emitido os primeiros domingos de cada mes en Rádio Universitária FM, da Universidade Federal de Ceará, en Fortaleza (Brasil), desde setembro de 1991. Dirixido e presentado por Adauto Leitão Jr., promoveu a cultura e o idioma galego a través de cursos de galego, en colaboración co ILG e a Xunta de Galicia, ademais de entrevistas e reportaxes sobre a vida dos galegos en Brasil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio anual de comunicación que concede a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública a través da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, desde 1985, co fin de promocionar todo o que contribúa a profundar na realidade galega e recompensar o labor dos profesionais, institucións e empresas da comunicación que traballen neste sentido. Desde 1990 os premios divídense nos campos de comunicación en medios informativos, en medios impresos, en xornalismo gráfico, en medios radiofónicos, en televisión e á mellor empresa ou institución de comunicación, todos eles da Comunidade Autónoma de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en La Habana a partir do 1 de agosto de 1912. Cesou en 1913 (nº4). Subtitulada “Revista Mensual Ilustrada”, editábana os colectivos La Unión Mañonesa, Sociedad Ferrol y su Comarca, Sociedad Viveiro e El Progreso de Coles, que integraban a Federación Galaica. Baixo esta cabeceira agrupáronse os boletíns de cada sociedade. Foi substituída por Labor Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución que naceu polo Real Decreto do 28 de agosto de 1827 outorgado por Fernando VII co nome de Real Academia de Medicina y Cirugía de Santiago de Compostela. Tiña como territorio de actuación Galicia e Asturias e, entre outras atribucións, as de impartir ensinanzas útiles á ciencia de curar, favorecer os progresos da medicina e ocuparse da saúde pública. A súa sede permaneceu en Santiago de Compostela entre 1831 e 1833 e as reunións realizábanse nas casas dos académicos ata que lle concederon unhas dependencias no Hospital Real, pouco antes do seu traslado á Coruña, á Capitanía Xeneral de Galicia, cuxo titular era a súa vez o presidente da academia. Tomou entón o nome de Real Academia de Medicina y Cirugía de La Coruña e en 1945 pasou a denominarse Real Academia de Distrito de Galicia y Asturias. Desde 1972 o seu ámbito de actuación é Galicia, e ao crearse a Real Academia de Medicina y Cirugía de Asturias, tomou o seu nome actual. Desde 1986 está asociada ao Instituto de España e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Órgano creado polos Reis Católicos, pola provisión do 3 de agosto de 1480 ditada en Toledo que se encarga da administración de xustiza no Reino de Galicia. Nesta data nomeouse un xustiza maior e un oidor para exercer a xurisdición civil e criminal en primeira instancia, en grao de apelación e en casos de corte, admitindo apelacións das súas sentenzas nos casos en que houbera lugar en dereito e exclusivamente diante o rei. Posteriormente nomeáronse alcaldes maiores.
    Regulamento e composición
    Ademais da cédula fundacional, regularon a Audiencia as pragmáticas de Salamanca do 7 de decembro de 1486 e as de Madrid de 1494 e do 27 de novembro de 1504. En 1679 imprimíronse as Ordenanzas de la Real Audiencia del Reyno de Galicia que tentaron sistematizar a organización e funcionamento da institución. A Audiencia estaba composta polo gobernador, inicialmente xustiza maior, e polos alcaldes maiores, que pertencían á nobreza. O gobernador era presidente da Audiencia e capitán xeneral...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club deportivo marítimo que se fundou en 1902 en Vilagarcía de Arousa para promocionar o deporte do remo e da vela. Presidido polo Rei Xoán Carlos I, foi o primeiro Club Real que se constituíu en Galicia e o segundo de España. Disputou a súa primeira regata, a Copa do Rei, o 23 de agosto de 1903, na honra de Afonso XIII. Ao longo da súa historia participou na organización de diferentes competicións como a Copa Galicia, o Trofeo Gil-Casares ou o Trofeo Almirante Rodríguez-Toubes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Decreto-Lei aprobado polo goberno da UCD o 16 de marzo de 1978, que foi publicado no BOE dous días máis tarde e no que se lle concedeu a Galicia un réxime de autonomía transitoria. Organizado en 11 artigos e tres disposicións finais, instituíu a Xunta de Galicia como órgano de goberno con personalidade xurídica plena para xestionar e administrar os servizos e funcións cedidos pola administración central, propoñer ao goberno medidas relacionadas cos intereses de Galicia e integrar as funcións das catro deputacións provinciais en canto atinxisen aos intereses xerais de Galicia. De acordo con este Decreto, e co Real Decreto 474/1978 que o desenvolvía, o goberno preautonómico galego, que se constituíu o 18 de abril baixo a presidencia de Antonio Rosón Pérez, exerceu provisionalmente as súas funcións en tanto non se constituíron os órganos definitivos da Comunidade Autónoma de Galicia, definidos no Estatuto de Autonomía de 1981. O feito de ser considerada unha nacionalidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto filharmónico que se creou en Santiago de Compostela o 29 de febreiro de 1996. No seu inicio foi dirixida polo mestre alemán Helmuth Rilling e como segundo director por Maximino Zumalave, aínda que contou con numerosos directores convidados como Enrique García Asensio, sir Peter Maxwell Davies ou sir Neville Marriner. Está composta por un número variable de instrumentistas de corda, vento e percusión e ten a súa sede no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Nas súas actuacións contou con importantes solistas como o violoncellista M. Rostropovič, a mezzosoprano Teresa Berganza, a pianista Alicia de Larrocha ou o frautista Jean-Claude Gérard. En 1998 realizou unha serie de concertos por toda Europa e participou no Grosse Festspielhaus de Salzburgo, dentro da Semana Mozart. Ese mesmo ano comezou a gravación das sinfonías completas de Franz Schubert para a discográfica Hänssler Classic e inaugurou a primeira edición do Compostela Millenium Festival. En 1999 levou a cabo...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Planta herbácea perenne, de 50 a 100 cm de alto, co tronco leñoso, rizomatoso e doce, follas imparipinnadas, con folíolos elípticos enteiros, flores azuis e violetas, reunidas en acios cilíndricos, e de froitos en legume comprimido. Medra en solos arxilosos e húmidos de terra lenta, na Europa Meridional e Oriental.

      2. Pasta que se extrae da raíz de Glycyrrhiza glabra, e que se emprega como aditivo edulcorante en bromatoloxía e farmacia, e na elaboración de lambonadas.

    1. Planta herbácea perenne, cespitosa, co tronco leñoso e doce, follas compostas de tres folíolos lanceolados ou lineais, flores rosadas ou purpúreas, olorosas, reunidas en glomérulos, e froitos en legume terminados en punta e con unha ou dúas sementes. Medra en prados de alta montaña, nos Pireneos e noutras cordilleiras europeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada na Coruña a partir de setembro de 1921 que cesou en agosto de 1923 (nº32). Dirixida por J. J. Casal, foi promovida pola Casa América-Galicia, unha asociación rexional de carácter hispanoamericano orientada ao comercio de Galicia con América, onde o propio Casal era o seu secretario xeral. Continuadora de América-Galicia, centrouse na actividade consular e no comercio portuario da Coruña. Completaba os seus contidos con artigos literarios e ilustracións que, a partir do número 25, acadaron maior peso. A revista converteuse nunha publicación literaria vangardista aberta á participación dos autores de toda Hispanoamérica, cunha especial dedicación á poesía. Sucedeuna en 1932 Alfar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Vigo a partir de xaneiro de 1958 que cesou en decembro de 1968 (nº65). Promovida polo Departamento de Estudios Económicos da editorial Galaxia, foi dirixida por Xaime Isla Couto coa colaboración de Ramón Piñeiro, aínda que tamén participaron Xosé Manuel Beiras, quen levou o peso da publicación entre 1963 e 1968, e Anxo Huete, a partir da marcha de Beiras. De gran relevancia para o estudo da economía de Galicia e Europa, abordou desde unha liña progresista-galeguista os problemas do campo galego a través de estudos e estatísticas. Anticipou teses económicas de interese e, durante a etapa de Beiras, caracterizouse pola súa orientación crítica e combativa. Bioloxía, enxeñaría técnica, industria ou comercio, foron algúns dos outros temas desta publicación, de periodicidade moi irregular, que contou con algunhas das máis relevantes personalidades do momento en cada unha das materias tratadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Santiago de Compostela a partir de 1841 que cesou en xaneiro de 1842. Subtitulada “Periódico de ciencias, literatura y artes”, foi dirixido por Manuel Rúa Figueroa. O seu obxectivo era enaltecer Galicia e mellorar a súa situación moral e material, ademais de promover a literatura. Sucesor de El Iris del Bello Sexo, foi suspendida para introducir novidades pero o proxecto non saíu adiante e a publicación non volveu reaparecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada na Coruña a partir do 4 de marzo de 1880 que cesou o 25 de outubro dese ano. Dirixida por Emilia Pardo Bazán, foi unha publicación de carácter literario e de periodicidade semanal que, a partir do número 8 pasou a ser mensual. Incluíu estudos sobre arte, historia e folclore, ademais de numerosas críticas e composicións literarias. Prestou especial atención á literatura francesa e portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Bilbao a partir de 1990. Editada pola Casa de Galicia da cidade, a revista estaba relacionada coas publicacións O Noso Afán, Cultura, O Curruncho, O Currunchiño e Follas Novas, editadas na mesma cidade, como sucedora de O Curruncho e precesora de O Currunchiño. A súa finalidade era informar das actividades da sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Evento anual organizado pola Asociación Ferial Semana Verde de Galicia desde 1978, que ten lugar en Silleda, co obxectivo de dinamizar os recursos agroalimentarios galegos, sendo un escaparate para novos mercados. Desde 1998 realízase no Recinto Feira Internacional de Galicia onde hai foros de debate, concursos, poxas e presentación de novidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico creado en Montevideo por un grupo de galegos próximos a Castelao (Alfredo Somoza, Jesús Canabal, Pedro Couceiro, Antón Crestar, Luís Tobío, Emilio Pita, Manuel Leiras e Manuel Meilán) como homenaxe á figura do galeguista. En emisión en CX 16 Radio Carve desde o 3 de setembro de 1951, converteuse na máis antiga audición radial emitida enteiramente en galego. Dirixido por Manuel Meilán (1950-1994) e por Antonio García de Seárez desde 1994, emitiuse todos os domingos dirixido á colectividade galega en América. Recibiu a Vieira de Prata (1971), o Trofeo Galeguidade do Mundo (1991) e o Premio Galicia de Comunicación (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Barcelona a partir do 1 de febreiro de 1978. Subtitulada “Voceiro da Emigración Galega en Barcelona”, foi promovida por un grupo de nacionalistas galegos que residían nesa cidade. De natureza política, incluíu colaboracións literarias, tamén cun marcado compromiso político.

    VER O DETALLE DO TERMO