"Arta" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 205.

  • PERSOEIRO

    Escritora chilena. Foi directora da revista Familia. Cultivou a novela e o conto protagonizado por campesiños, analizando a súa situación social. Entre 1939 e 1952 ocupou cargos diplomáticos en Bos Aires e foi agregada cultural en Rio de Janeiro e Montevideo (1962). Entre as súas obras salientan as novelas Montaña adentro (1923), Bienvenido (1929), Humo hacia el sur (1946) e os libros de contos Raíz de sueño (1949) e Soledad de la sangre y otros cuentos (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ermida gótica situada en Baiona. Foi construída entre os últimos anos do s XIII e os primeiros do s XIV. Conserva da primitiva fábrica a nave e a ábsida rectangular. A portada occidental remata nun arco apuntado e na setentrional nun arco de descarga semicircular que abre a porta e o tímpano liso sostido por dúas mochetas con perfil de nacela. Os beirís da nave están sostidos por canzorros sen apenas desbastar. Na ábsida atópase unha cruz de palmas cun pequeno burato no medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, etnólogo e avogado. Catedrático de Ética na Universitat Autònoma de Barcelona. Estudiou o pensamento moral e xurídico hispánico dende unha perspectiva tradicionalista afastada do positivismo. En colaboración co seu irmán Joaquim escribiu Historia de la filosofía española: filosofía cristiana de los siglos XIII al XV (1939-1943). Publicou diversas investigacións sobre filósofos, xuristas e médicos como Luis Vives: su significación hispano-renacentista (1942) ou Balmes y la filosofía de la historia (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Comunicación escrita, xeralmente pechada, enviada por unha persoa a outra. Antigamente consistía nun prego de papel escrito por unha banda e dobrado de maneira que aparecese na parte frontal o nome e o enderezo do destinatario xunto co franqueo e o cuño. Ata a aparición do selo de correos era coñecido como sobrescrito. Posteriormente, xeneralizouse o uso do sobre para gardar o escrito e indicar na parte frontal o destinatario.

      2. carta aberta

        Carta enviada a un particular e que se fai pública simultaneamente para o coñecemento de todo o mundo, xeralmente a través dun medio de comunicación.

      3. carta certificada

        Carta que se entrega nunha oficina de correos pagando o selo correspondente e cubrindo un xustificante que obriga á empresa receptora a probar que chegou ao seu destino, a devolvela se non se atopa o destinatario ou a pagar unha determinada indemnización en caso de extravío.

      4. carta circular

        Carta que consiste nun modelo no que unicamente cambia o destinatario e informa a un grupo de persoas sobre o mesmo asunto.

    1. Documento que acredita determinados dereitos ou servicios para a identificación persoal con validez oficial.

      1. Mapa no que se representan determinadas características xeográficas e atmosféricas cun fin orientativo.

      2. carta aeronáutica

        Mapa deseñado especialmente para o uso da navegación aérea. Representa un sector de terra ou de terra e mar, no que se detallan tanto os elementos naturais como os humanos, preferentemente os das zonas de aterraxe.

      3. carta celeste

        Representación nun plano, por proxección estereográfica, das estrelas e dos elementos máis importantes da esfera celeste. Diferénciase do planisferio polo feito de abarcar zonas máis limitadas; isto permite facer explícita a posición das estrelas de magnitude ata 21.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento sobre a Guerra Civil española de carácter histórico-doutrinal, publicado o 1 de xullo de 1937. Foi redactado polo cardeal Isidro Gomà e asinado por todos os prelados do estado español, agás o arcebispo de Tarragona e o bispo de Vitoria. O documento axudou decisivamente ao Movemento Nacional ao recoñecerlle ao alzamento unha lexitimidade patriótico-relixiosa contra o perigo comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento elaborado en 1974 polas organizacións Unión do Pobo Galego (UPG), Unión Democrática Bretona (UDB) e Irish Republican Movement (IRM, composto polo Sinn Fein e o IRA) no que se avogaba polo dereito de autodeterminación dos pobos nunha Europa socialista. Posteriormente sumáronse a este documento outras organizacións da esquerda nacionalista: HASI, de Euskadi, Esquerra Catalana dels Treballadors, Cymru Goch (Gales Vermello), PSAN(p) (Partit Socialista D’Alliberament Nacional dels Països Catalans, provisional), Su Populu Sardu e Lutte Occitane.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento que incorpora, xunto aos dereitos civís e políticos clásicos e aos dereitos de cidadanía europea, un conxunto de leis sociais e económicas que forman parte indivisible da dignidade da persoa nas sociedades democráticas. Ocupa un baleiro existente na Comunidade Europea, carente ata ese momento dunha declaración de dereitos propia e aplicable ás institucións e órganos comunitarios e aos estados membros. Esta Carta que proporciona un contido real á condición de cidadán, foi redactada por unha convención constituída por representantes de tres institucións: 16 deputados europeos, 30 parlamentarios das cámaras dos estados membros, 15 representantes dos xefes de estado e de goberno dos estados membros e un comisario, baixo a presidencia do ex-mandatario alemán Roman Herzog. O método empregado na súa elaboración foi o debate público e a busca de consenso, coa participación das ONG e dos sindicatos. Composta por 54 artigos, consagra o principio de indivisibilidade dos dereitos e presenta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mapa a escala 1:100.000 titulado Carta Geométrica de Galicia Dividida en sus Provincias de Coruña, Lugo, Orense, Pontevedra y subdividida en Partidos y Ayuntamientos. Elaborada polo doutor Domingo Fontán Rodríguez, baseábase nun levantamento apoiado nunha rede xeodésica realizada por el mesmo, tomando como punto central da triangulación a torre do Reloxo da catedral compostelana. Fontán comezou os traballos de preparación en 1817 e rematou a carta en 1834. Dividíase en 12 follas, e para unha maior utilidade, incluía escalas gráficas en quilómetros, leguas de 20.000 pés e millas de 60 destas por grao; as altitudes sobre o nivel do mar expresábanse en varas castelás (0,835 m); as lonxitudes ían referidas ao meridiano de San Fernando. A Carta Geométrica foi o primeiro mapa de Galicia debuxado segundo un levantamento xeodésico de todo o territorio e gozou de gran prestixio pola súa minuciosidade e perfección técnica. Malia todo, non se puido evitar a demora na publicación,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carta concedida en 1215 por Xoán Sen Terra de Inglaterra en Runnymede (Windsor), na que aceptaba as esixencias formuladas polos baróns (tenants in chief) e pola cidade de Londres. O texto revisouno posteriormente Enrique III e no 1225 quedou definitivamente constituída. A súa importancia na historia constitucional de Inglaterra vén do feito de fixar con precisión e detalle os costumes aceptados como norma legal ata entón. Ao definir e limitar os dereitos da realeza opoñíase a todo goberno arbitrario, polo que chegou a ser símbolo da lei fundamental da terra por riba da persoa do soberano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento redactado polo Comité Olímpico Internacional (COI), que regula os principios fundamentais do Movemento Olímpico. Nos seus artigos recolle as normas polas que se deben rexer o COI e os distintos comités olímpicos nacionais, os requisitos que deben reunir as federacións internacionais dos deportes adheridos ao movemento olímpico e as bases para a organización dos Xogos Olímpicos, así como para a participación neles dos diferentes equipos e deportistas. A Carta Olímpica xurdiu coa constitución do COI o 23 de xuño de 1894. Só o órgano supremo do COI, a súa Asemblea Plenaria, pode introducir emendas na Carta Olímpica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración programática aprobada en 1989 pola Comunidade Europea (agás o Reino Unido), que comprende diversos apartados relativos aos dereitos dos traballadores. Estes apartados son: liberdade de circulación e de acceso, condicións de vida e de traballo, seguridade social, asociación e negociación colectivas, formación profesional, igualdade do home e da muller, información, consulta e participación, e seguridade e hixiene no lugar de traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de madeira, metal ou plástico, en forma de triángulo rectángulo escaleno que se utiliza no debuxo técnico. Os seus catetos forman ángulos de 30 e 60 graos coa hipotenusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten unha consistencia semellante á do papel.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Carpeta para gardar documentos ou outros papeis que se acostuma usar para escribir sobre ela nunha mesa.

      2. Carpeta con manuscritos, libros ou outros papeis no seu interior.

      3. Libro grande e antigo.

    1. Caderno para tomar apuntamentos.

    2. Carteira para transportar libros e papeis, elaborada en diferentes materiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entregas poéticas creadas por Celso Emilio Ferreiro e Xosé Velo en 1934. Consiste nunha carpeta inicial, Cartafol de Poesía, na que se introducían follas de poemas repartidas periodicamente entre os subscritores. Foi un sistema novidoso de publicación pero só chegou á media ducia de entregas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo editado a partir de febreiro de 1992 polo Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de “difundir información sobre a lingua e servir de nexo entre os membros da comunidade universitaria”. Coordinado polo director do departamento de normalización, Manuel Singala, trata temas e iniciativas relacionadas co proceso de normalización da lingua galega no ámbito universitario. Inclúe entrevistas e cadros estatísticos sobre competencia lingüística, amais de ilustracións de Xaquín Marín. Despois dunha primeira etapa como boletín independente, pasou a integrarse a partir do número 15 dentro do xornal da Universidade de Santiago de Compostela, USC, en abril de 1997.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de la Región de Murcia, na beira da baía de Cartagena (170.483 h [1996]). É o centro dunha fecunda comarca agrícola, o Campo de Cartagena. O crecemento da cidade débese, en parte, ao establecemento a mediados do s XX da refinería de petróleo de Escombreras, que repercutiu na industrialización de toda a rexión. Co tempo instaláronse diversas industrias petroquímicas e metalúrxicas, e unha central térmica, xunto con empresas dedicadas á construción naval militar e á explotación das minas de chumbo e prata. O porto, de excelentes condicións naturais, ten un intenso comercio, principalmente de produtos petroquímicos; tamén é porto militar, xa que Cartagena é cabeza da Zona Marítima do Mediterráneo. Esta cidade foi fundada no 228 a C por Asdrúbal, durante a expansión cartaxinesa no SL da Península Ibérica, era un importante porto de exportación de ouro e prata. Durante a Segunda Guerra Púnica conquistouna Publio Cornelio Escipión, que a converteu en cidade romana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Bolívar, Colombia (812.595 h [1997]). Sitúase nunha rexión de lamazais, xunto ao golfo de Darién, na baía que leva o nome da cidade. As funcións agropecuarias están en retroceso e comeza a despuntar a industria téxtil, química e petroleira, grazas ás refinerías de petróleo que posúe. É un importante centro comercial, por mor da súa situación favorable á beira dun porto natural, que dá saída aos seus produtos, en especial ao petróleo. Como centro de ensino superior localízase a Universidad de Cartagena, creada en 1827. Fundada por Pedro de Heredia en 1533 co nome de San Sebastián de Calamar, que máis tarde cambiou polo de Cartagena de Indias, foi, xunto con Santa Marta, o punto de partida das expedicións cara á zona do Pacífico. Durante o s XVII o tráfico de escravos tivo nesta cidade un dos mercados máis importantes do mar das Antillas. Ao iniciarse o proceso de independencia converteuse nun centro fundamental de difusión das ideas revolucionarias e contou desde...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e humanista. Foi cronista de Castela, preceptor do futuro Rei Enrique IV, conselleiro de Xoán II e bispo de Burgos (1435-1456). Entre as súas obras destacan: Defensorium unitatis christianae (Sobre os defensores da unidade cristiá), a favor dos conversos; Allegationes (Alegacións, 1400), Doctrinal de caballeros (1487), Rerum in Hispania gestarum chronicon (Crónica dos feitos heroicos de España) e Anacephaleosis (1545).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entrante da costa sur de Murcia, situado entre os cabos de Agua e Tiñoso. Ao fondo está a cidade de Cartagena.

    VER O DETALLE DO TERMO