"bot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 225.

  • PERSOEIRO

    Xornalista e locutor de radio. Comezou a súa carreira no xornal El Correo Gallego de Santiago de Compostela, onde alcanzou a responsabilidade de redactor-xefe. Foi director en funcións de La Noche ata que no 1972 se fixo cargo da dirección da emisora da SER Radio Galicia de Santiago de Compostela. No ano 1976 foi director de Radio Sevilla e director rexional da SER en Andalucía. En 1988 volveu a Compostela para responsabilizarse da dirección do circuíto de emisoras da SER en Galicia e para dirixir Radio Galicia de Santiago. Entre 1985 e 1988 foi presidente da Asociación de Prensa de Sevilla e directivo da Federación de Asociaciones de la Prensa de España. Ten no seu haber varios premios literarios e xornalísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tipógrafo, sindicalista e político socialista. En 1897 converteuse no dirixente da agrupación socialista de Vigo e en 1901 accedeu á dirección do voceiro socialista local Solidaridad. Promoveu o primeiro congreso obreiro da Unión Galaico-Portuguesa. En 1904 presidiu o Primeiro Congreso socialista de Galicia. Participou nas loitas obreiras de principios de século, polo que foi encarcerado en varias ocasións (folga de tipógrafos de 1904 e folga xeral de 1917). En 1907 mostrouse contrario ao proxecto político de Solidaridad Gallega, promovendo máis tarde un pacto Republicano-Socialista entre PSOE, Unión Republicana e Partido Federal. Foi concelleiro de Vigo entre 1913 e 1928, ano no que presidiu o XII Congreso da UGT en Madrid. Coa chegada da República foi elixido deputado entre 1931 e 1933. Co seu traballo no Congreso loitou pola abolición definitiva dos foros no marco da reforma agraria e noutros feitos puntuais como o estatuto do viño e as exportacións conserveiras. Na convocatoria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Iniciou a súa actividade a mediados dos anos sesenta co grupo de teatro da Asociación da Prensa de Vigo, colaborando tamén co grupo da Alianza Francesa, que realizaba espectáculos en francés, co Grupo Cope e co Teatro Popular Keyzán. Logo dunha longa paréntese e de traballar un tempo como actor de dobraxe, en 1995 creou, xunto con Xosé Manuel López Conde e Manuel Pombal Pérez, a compañía Fulano, Megano e Citano, coa que realizaron os espectáculos Feito en Galicia (1995) e Cheiro de estrelas (1997). Co Centro Dramático Galego traballou en Xelmírez ou a groria de Compostela (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da Bioloxía que estudia os vexetais, considerados estes de xeito clásico como aqueles seres que medran e viven, pero que non mudan de lugar; abranguería, polo tanto as plantas (con estruturas anatómicas e histolóxicas complexas: briófitas, fentas e espermatófitas), as algas, os fungos e as cianofíceas. O estudo das plantas pódese facer dende puntos de vista moi diferentes: o estudo da forma e aspecto do vexetal constitúe a Sistemática ou Morfoloxía botánica; o da clasificación, a Taxonomía; o dos órganos, a Anatomía; o dos tecidos, a Histoloxía; o do funcionamento dos tecidos, a Fisioloxía; o dos usos, a Etnobotánica. A Botánica tamén trata de explicar as agrupacións vexetais dende a Fitosocioloxía; a distribución polo planeta, dende a Xeobotánica; ou mesmo as plantas fósiles, dende a Paleobotánica. En resumo, a Botánica abrangue o estudo e coñecemento do mundo vexetal dende calquera punto de vista biolóxico (morfolóxico, xenético, bioquímico, etc) ou etnográfico. Aristóteles (384-322...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Botánica ou ao seu obxecto.

    2. Persoa que se dedica á Botánica.

    3. xardín botánico

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefixo de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘planta, vexetal’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa afeccionada ás plantas e ao seu estudio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Badía da costa SL de Australia, en Nova Gales do Sur, situada entre as penínsulas de La Pérouse, ao N, e Kurnell, ao S (9,6 km de anchura). James Cook chegou por primeira vez en 1770, dándolle este nome debido a súa riqueza forestal. Na actualidade atópanse numerosos parques nacionais no seu contorno, como o Royal National Park, Brisbane Water Park National Park e o Wollemy National Park.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que é moi presumida, que ten moita vaidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algunha cousa se desprace ata un lugar mediante un impulso.

    2. Deixar caer algo nun sitio concreto.

    3. Permitir ou facer que algunha cousa saia fóra de si.

    4. Xerar un organismo vivo unha nova parte do seu ser.

    5. Situar calquera parte do corpo nunha posición determinada realizando un movemento.

    6. Aplicar algunha cousa nun lugar concreto.

    7. Facer que alguén marche ou deixe un posto, unha ocupación, etc.

    8. Facer que un animal se vaia dun lugar empregando diversos métodos.

    9. Levar a cabo diversas accións que veñen expresadas polos complementos correspondentes (botar unha ollada, botar unha firma, botar a culpa, etc).

    10. Emitir algunha cousa nun medio de comunicación ou nun espectáculo.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar botes un corpo que topa cun obstáculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contraforte exterior dun muro que serve para axudar a resistir o empuxe dun arco, a miúdo constituído por un piar, sobre o que descansa o extremo inferior dese arco que, pola parte superior, apoia no muro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave da familia dos ardeidos ao que pertencen os abetouros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pao inferior dunha vela cangrexa ou marconi. A botavara apóiase sobre o pao, a pouca altura da cuberta, mediante uns aparellos de ferro que lle permiten tomar todos os ángulos e todas as inclinacións. No peirao, a botavara debe descansar sobre un cabalete en forma de X ou Y, para evitar que se deforme ou se estrague.

    2. Botaló de popa das barcas medianas con respecto ao pau do medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente con forma de cilindro que se emprega para gardar cousas.

    2. Cantidade acumulada que non foi repartida nun sorteo por non lle ter tocado a ninguén.

    3. Recipiente metálico que libera e emite fume.

    4. Ferramenta de varios programas informáticos de deseño e fotografía que deixa unha mancha circular da cor seleccionada. Para usalo debe manterse pulsado o botón do pulverizador co rato e arrastrarse por onde se queira. O centro da mancha do pulverizador será continuo, pero os bordos iranse abrindo ata amosar a cor de fondo. Se se necesita unha cor densa e continua, debe moverse lentamente o rato; se se desexa obter un trazo de cor esvaído, debe moverse rapidamente. É posible cambiar o tamaño da zona que se cobre co bote pulverizador cambiando as opcións do programa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embarcación de pequeno tamaño con remos.

      1.   Nome xenérico co que se identifica un conxunto de embarcacións de ata oito metros de eslora, caracterizadas por ter quilla e fondo redondo, podendo ser de proa e popa simétrica ou mesmo ter a popa en forma cadrada, diferenciándose así en dous grandes grupos. Preparadas para a navegación a vela, no seu mastro podía levar unha de relinga ou latina segundo a zona de procedencia da embarcación. Tamén poden ser impulsadas a remos. Leva catro ou cinco remos, segundo se use con ou sen temón. No caso de navegar sen temón, desempeñaba as súas funcións ese quinto remo, o máis cercano á popa e denominado remo de couso. O seu uso destinábase fundamentalmente para as actividades de pesca, aínda que podían ser empregadas como embarcacións auxiliares e de transporte. Dentro da tipoloxía dos botes, pódense identificar pequenas diferencias locais que caracterizan diversos tipos como o xeiteiro, o polbeiro, o bote de Maniños, o de Ribadeo e o de Carril. Actualmente, os botes seguen abundando en...

      2. bote da xávega

        Embarcación empregada como auxiliar dunha lancha para a pesca coa xávega. Era un bote de popa cadrada, cunha vela ao terzo inicialmente, aínda que posteriormente usou a vela latina. Armaba de tres a catro remos por banda, e dispuña dunha pequena tilla para o abrigo da tripulación. Tiña de cinco a seis metros de eslora, con dous e medio de manga. A misión do bote era a de axudar na recollida do aparello, levando cara a terra aos mariñeiros que non facían falta no mar, fornecendo así o continxente encargado de recollelo. O bote da xávega tamén actuaba como enviado da lancha, levando o peixe á lonxa ou á fábrica. Nos seus tempos, foi unha embarcación estendida por toda a costa galega; desapareceu totalmente cando se abandonou o aparello da xávega.

      3. bote de Fisterra

        Embarcación de formas semellantes ao bote xeiteiro, coa única diferenza de que o bote fisterrá dispuña dunha manga similar, que se traducía nunha eslora de menor dimensión. Presentaba proa e popa simétricas, dispoñendo de corredores só na popa. Empregaba indistintamente os remos e a vela de relinga. Nos comezos do século XX foi substituída pola buceta.

      4. bote polbeiro

        Embarcación de características propias e peculiares, moi estendido no contorno do concello pontevedrés de Bueu. A lonxitude da súa eslora vai dos tres metros e medio aos seis. A manga correspóndese coa metade da eslora, o que lle confire un aspecto de embarcación redonda. Ten cuberta ata un terzo da eslora, e pequenos corredores no resto. Inicialmente levaba unha vela latina, que posteriormente foi substituída por unha de martelo ou mística. A súa construción e formas recordan á lancha xeiteira, usando remos de dúas pezas semellantes aos da dorna e que tamén se cruzan para remar. Adícase case que exclusivamente á pesca do polbo.

      5. bote salvavidas

        Embarcación acondicionada para evacuar un buque ou para o salvamento de náufragos.

      6. bote xeiteiro

        Embarcación de pesca común en toda a costa galega, a máis xeneralizada e representativa. A súa presenza esténdese dende a Costa da Morte ata a desembocadura do río Miño. Presentaba unhas dimensións medianas: entre seis e nove metros de eslora, con tres de manga e case un de puntal. Fisicamente amosaba unha proa e unha popa asimétricas, sendo a proa un tanto máis elevada e lanzada ca a parte traseira. A cuberta ía ata o centro do bote, para despois continuar nun par de amplos corredores que se unían na popa en forma de semicírculo. Esta disposición traducíase nun amplo espazo cruzado por dous bancos que ían enriba das divisións transversais, conformando un lugar destinado a gardar os aparellos, denominado cadeira. O bordo dos corredores remataba co caurel, un cinturón semicilíndrico que tiña o obxecto de impedir a entrada do auga que esvaraba polos corredores. Poucos dispoñían de tilla que, situada na proa, se abría ao exterior mediante unha porta corredoira situada na parte superior, en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palabra que se usa exclusivamente na expresión de bote en bote, que indica que algún lugar está ateigado de xente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que pasou a Castela, fundando casa en Ávila. As súas armas levan, en campo de prata, unha banda de tres listas: a superior de goles, a do centro de ouro e a inferior de azul, engulida en cabezas de dragóns de sinople. Algúns poñen unha banda axadrezada de ouro e goles.

    VER O DETALLE DO TERMO