"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

  • GALICIA

    Avogado e político. Emigrou a Puerto Rico, onde traballou no Banco Sobrinos de Ezquiaga e foi deputado provincial e vicepresidente da Deputación. Alistouse no Batallón de Voluntarios e retornou pouco antes da perda da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador cinematográfico, coñecido como Antonio Banderas. Comezou como actor teatral e facendo pequenos papeis secundarios en películas como Laberinto de pasiones (1982), Los zancos (1984) ou La corte del faraón (1985). Os seus traballos con Pedro Almodóvar, a partir de 1982, convertérono en protagonista dos seus filmes como en Matador (1986), La ley del deseo (1987), Mujeres al borde de un ataque de nervios (1988) e Átame (1989). Na década dos noventa entrou en contacto co cine de Hollywood a través das películas The Mambo Kings (Os reis do mambo, 1991), Philadelphia (1993), Interview with the Vampire (Entrevista co vampiro, 1994), Desperado (1995), Two Much (1995) ou Evita (1996). En 1999 dirixiu a súa muller Melanie Griffit na película Crazy in Alabama (Tolos en Alabama), coa que conseguiu o Leone d’Oro da Mostra Internazionale d’Arte Cinematografica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Adoptou o apelido familiar Bécquer, aínda que o seu verdadeiro nome era Gustavo Adolfo Claudio Domínguez Bastida. Ao morrer seu pai ingresou no colexio San Telmo para seguir estudios de náutica, que abandonou para formarse como pintor con Cabral Bejarano e máis tarde no estudo do seu tío Joaquín Domínguez Insausti. Por estes anos escribiu Oda a la muerte de Don Alberto Lista (1848), Oda a la señorita Lenona en su partida, publicou os seus primeiros traballos no xornal La Aurora e algúns poemas (“La plegaria y la corona”, “A Quintana”). En 1854 trasladouse a Madrid e colaborou en diversos xornais da época (El Contemporáneo, El Museo Universal, El Porvenir, La España Artística y Literaria e La Iberia). Escribiu a comedia La novia y el pantalón (1856), en colaboración con García Luna. Un ano máis tarde rematou a primeira entrega de Historia de los templos de España (1857-1858),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Membro dunha familia de pintores, adoptou o apelido familiar Bécquer, aínda que o seu verdadeiro nome foi Valeriano Domínguez Bastida. Formouse co seu tío Joaquín Domínguez Insausti. Cunha pensión outorgada por Alcalá Galiano en 1865, viaxou por España para pintar e debuxar os tipos populares cun realismo matizado polo romanticismo. Trala Revolución de 1868 retiróuselle a pensión e comezou a realizar ilustracións en xornais como El Museo Universal e La Ilustración de Madrid. Entre as súas obras destacan El Presente, El leñador, La fuente de la ermita ou Retrato del conde de Ibarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1916. Despois de traballar como funcionario de Facenda, trasladouse a Barcelona, onde exerceu como tradutor e guionista cinematográfico. Posteriormente, marchou a Madrid á redacción de El Liberal. De aí pasou a elaborar Estampa, a revista de maior difusión da época. Afiliado ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE), foi encarcerado na revolución de outubro de 1934. Unha vez en liberdade, marchou a París ata que decidiu regresar a España para axudar á recuperación da República. Co inicio da Guerra Civil exiliouse en México, onde foi secretario de redacción da revista Reconquista de España. Escribiu as novelas Lamentación (Premio de novela Gregorio Pueyo, 1922), En lo más hondo, Cándido, hijo de Cándido, Un hombre de treinta años (1933), El último pirata del Mediterráneo (1934), Los nuevos profetas (1942), La escuadra la mandan los...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor e mestre de obras; probablemente irmán de Cibrán Domínguez Bugarín. Activo entre 1694 e 1714. En 1694 realizou o retablo da capela maior da igrexa de San Lourenzo de Salvaterra do Miño (Pontevedra), segundo traza de Domingos de Andrade, e en 1694 contratou coa confraría da Soedade da catedral de Tui o seu retablo, axustándose á planta de frei Francisco Antonio de Andrade. Dende 1695 traballou con Marcial González na capela de Santa Liberata de Baiona. Realizou na caixa do órgano da catedral tudense (1697) e reedificou parte da igrexa de Tomiño (1698). Seguindo un deseño de Domingos de Andrade, entallou o retablo maior do convento de Santa Clara de Santiago de Compostela (1700).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e mestre de arquitectura; probablemente irmán de Xosé Domínguez Bugarín Muñoz. Activo en Santiago de Compostela entre 1708 e 1713. En 1711 fixo o arquivo da sala capitular da catedral de Tui. Para a igrexa do mosteiro de San Paio de Antealtares fabricou os retablos xemelgos do Rosario (1711) e de San Bieito (1713), decorados con columnas salomónicas e acios de froitas. Xunto con Miguel de Romai realizou, en 1712, o retablo maior de Santa María Salomé de Santiago de Compostela, trasladado posteriormente á igrexa de Santo André de Souto (A Estrada); e con Antonio de Afosín entallou en 1709 o retablo maior da parroquia de Santa Susana, segundo traza do arquitecto Domingos de Andrade, os retablos da igrexa de Santa Clara de Tui en 1711 e o retablo de San Marcos da igrexa de Santiago de Betanzos (1712).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutor en Medicina pola Universidade Central. Catedrático de Hixiene e Sanidade na Universidade de Santiago de Compostela e, posteriormente, na Universidad Complutense de Madrid. Completou os seus estudios no Instituto de Medicina Preventiva do Exército, no Instituto Pasteur de París, no Tropeninstitut de Hamburgo e no Instituto Pasteur de Bruxelas, entre outros centros. Realizou investigacións sobre epidemioloxía e medicina xeográfica galega, en colaboración cos profesores da universidade compostelá Gestal, Daporta, Míguez e Fontán. Elaborou informes sobre os efectos das armas químicas no conflito Irán-Iraq, por petición do Secretario Xeral das Nacións Unidas, e formou parte da misión médica que se ocupou de estudar estes axentes en Angola en 1990. Colaborou de forma habitual en revistas especializadas. Membro numerario da Real Academia de Medicina de Galicia e da Real Academia de Farmacia, foi xefe de Sanidade Militar e Civil de Santiago e director do Hospital Militar da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en revistas como Minius ou A Nosa Terra, e en obras colectivas como O feito diferencial galego na historia (1996), Los significados del 98: la sociedad española en la génesis del siglo XX (1999), Terra e progreso: Historia agraria da Galicia contemporánea (2000), e redactou artigos sobre historia agraria e movementos sociais en Galicia. Publicou con Xosé Ramón Quintana Garrido Viños, viñas e xentes do Ribeiro (1992) e El movimiento nacional-popular gallego ante el cambio político: ideología, estrategia y estruturas de oportunidad política (1971-1977) (1996), e como integrante do Grupo Gándara Os problemas do mundo actual (1998), Políticas de bloques e guerra fría (1998) e Desenvolvemento económico e transformacións políticas (1945-1975) (1998), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Fillo de Faustino Domínguez Domínguez. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid e obtivo o título co proxecto dunha fachada para a catedral de Madrid (1867). Foi arquitecto municipal de Ferrol (1868-1870), arquitecto municipal de Santiago de Compostela (1879-1887), arquitecto diocesano de Santiago (1882-1884), arquitecto provincial da Coruña (1887) e presidente da Academia Provincial de Bellas Artes da Coruña (1890). Durante a súa estadía en Madrid (1870-1879), traballou, entre outras obras, na ampliación do Museo del Prado (1870) e no Palacio de Justicia (1874). Na Coruña realizou, entre outras obras, o proxecto do antigo Teatro Principal (1867), chamado posteriormente Teatro Rosalía de Castro, construíu o Instituto Eusebio da Guarda (1889), as Escolas da Garda (1898), vivendas unifamiliares como a casa de Fernando González (1881), as Galerías da Praza de Pontevedra (1895) e a nova igrexa de Santo André (1881-1890). En San Pedro de Nós (Oleiros) proxectou a súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz, pedagoga e directora teatral. Titulada na Real Escuela de Arte Dramático y Danza (RESAD) de Madrid. Foi fundadora da compañía Factoría Teatro, na que dirixiu espectáculos como Na soidade dos campos de algodón (1994), a partir do texto de Bernard-Marie Koltés; Para o leste do Gantry (1997); A casa de América (1998), sobre textos de Edward Thomas; As presidentas (2000), a partir dunha creacion homónima de Werner Schwab; e Coitelos nas galiñas (2001), sobre unha obra de David Harrower. En 1998 dirixiu o espectáculo A viaxe de Lola para a compañía Alalá Producións. Tamén son frecuentes as súas colaboracións na dirección escénica coa compañía de danza Dobre Xiro, en espectáculos como A casa das cinco esquinas (1999) entre outros. Como actriz participou no espectáculo O melro branco, de Tranvía Teatro (1989); Yerma (1990) e Así é se vos parece (1991), co Centro Dramático Galego; e A irmandade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Activo entre 1756 e 1790. Foi autor de diversos retablos, entre os que destacan o maior (1756) e o da capela do Rosario (1757) en San Domingos de Ortigueira, e o retablo maior da confraría do Rosario na igrexa de San Domingos en Santiago de Compostela (1767). Dende 1770 traballou no retablo da igrexa monacal de Santa María de Sobrado, segundo as trazas de Luís de Lorenzana, aprobadas pola Real Academia de San Fernando, pero foi substituído por Manuel Álvarez. Con Francisco de Lens realizou os retablos colaterais de Santa María de Dodro (1771), nos que as imaxes debían ser esculpidas por Xosé Gambino ou por Antonio Fernández. En 1790 realizou o retablo maior de San Francisco de Ferrol, no que destacan as tallas atribuídas a Xosé Ferreiro. Realizou tamén o monumento ao Xoves Santo trazado por Miguel Ferro Caaveiro para a igrexa de Santo Andrés en Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formado na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, foi arquitecto provincial da Coruña (1846-1887). Entre outros cargos, ocupou a cátedra de Física Experimental na Sociedad Económica de Amigos del País e foi vogal e vicepresidente da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos. Fixo, entre outros, os proxectos dos cárceres de Arzúa, Betanzos, Muros, Ribadeo e Tui. Entre as obras realizadas na Coruña destacan a praza de María Pita (1859), na que tamén fixo un proxecto para a Casa do Concello, a fachada da igrexa de San Nicolao (1861) e o edificio da Deputación Provincial (1862). Fóra da cidade herculina presentou un proxecto para un teatro en Santiago de Compostela (1840), con Manuel de Prado y Vallo, e trazou os planos das igrexas de Santiago de Viveiro e Santa Eulalia de Valdoviño. Como teórico da arquitectura deixou escritos nos que reflectiu o seu ideario estético clasicista. Foi redactor e editor do xornal El Vigilante e publicou a lenda El...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Redactor da Enciclopedia Galega Universal (EGU), centra o seu traballo investigador no eido da lexicografía, xunto co ensino do galego para estranxeiros. Desde 1992, traballou no Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega, onde participou na redacción do Pequeno dicionario da lingua galega (1993) e do Dicionario Manual Castelán-Galego (1996), e colaborou no Manual Básico de Economía en Galego (1996), no Dicionario Italiano-Galego (2000) e no Dicionario Galego de Termos Médicos (2002). Tamén é autor de varios traballos entre os que cómpre destacar “A fauna en Cunqueiro. As aves” (1993), en colaboración, “Algunas notas aproximativas a los lais de Bretanha: las dos ‘bailadas’” (1999) e “Reflexións sobre terminoloxía e léxicos específicos. Traducións, adaptacións e integracións léxicas” (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comerciante e militar. Embarcou en Cádiz con destino a Montevideo e trasladouse a Bos Aires, onde se estableceu como comerciante. Durante o ataque dos ingleses á cidade (1806), enrolouse no Tercio de Gallegos e foi nomeado tenente da Compañía de Granaderos. Foi capitán (1807) e membro do cabido de Bos Aires (1808). A Junta Superior del Reino confirmouno no cargo o 13 de setembro de 1809, pero foi cesado o 17 de outubro de 1810 e desterrado a Ranchos. Logo da independencia, volveu a Bos Aires e dende 1821 continuou coa súa actividade comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse na Escuela de Arquitectura de Madrid. Colaborou con Carlos Arniches (1924-1936) e en 1928 acadaron o premio do concurso do Patronato Oficial de Turismo e construíron unha ducia de hoteis. Entre as súas obras destacan os edificios denominados Altos del Hipódromo, da rúa Serrano de Madrid (1930), e a sala de conferencias e as bibliotecas da Residencia de Estudiantes (1932-1933). En 1936 exiliouse a Cuba, onde combinou formas tradicionais con elementos de vangarda. Entre as súas obras cubanas destaca o edificio FOCSA (1953-1956) en La Habana. Dende 1960 exerceu como docente na facultade de Arquitectura da Cornell University en Ithaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario e deseñador. Iniciou os estudios de filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela e de audiovisuais na facultade de Arte da Universidade de Vicennes. Residiu en Inglaterra entre 1971 e 1973 e, ao seu regreso, comezou a traballar no terreo da moda masculina. Coa súa familia creou a firma Adolfo Domínguez en 1976. Realizou varias incursións no mundo audiovisual, coa creación dos figurinos para a montaxe da obra A Lagarada, posta en escena polo Centro Dramático Galego (1992), e a produción do filme La Moños, dirixida por Mireia Ros en 1995; e no mundo literario, coa publicación da novela Juan Griego, en 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote, arqueólogo e historiador. Doutor en Teoloxía, foi profesor no Seminario de Tui, capelán das carmelitas da Guarda, párroco do Rosal, de San Francisco de Vigo e da Guarda, e cóengo nas catedrais de Burgos, Ourense e Tui. Foi profesor da Universidad Pontificia, da Sociedad Arqueológica de Santander e conservador do Museo Provincial de Ourense. No apartado histórico e arqueolóxico, cómpre destacar as escavacións no monte Santa Tegra, a colaboración con Florencio Cerviño, bispo de Ourense, na restauración do mosteiro de Oseira, o descubrimento do arquivo da catedral de Tui, oculto nunha bóveda desde 1808 e o seu traballo na Comisión Provincial de Monumentos de Ourense. Colaborou, entre outras publicacións, en La Voz del Tecla, Boletín de la RAG, Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense, La Región e Faro de Vigo. Entre os seus estudios destacan “Etimología de la palabra “Panjón”, nombre de un pueblo de la ría de Bayona”, “Turonium. Estudio histórico de esta antigua ciudad”,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Xefe dos servicios informativos da Cadena SER en Ourense. Estudiou maxisterio na Escola Normal de Ourense e dedicouse ao xornalismo a partir de 1981. Foi correspondente das axencias Europa Press e AGN, e do xornal El Mundo. Colaborou nos xornais Faro de Vigo e Diario 16 de Galicia, e nas revistas Ocio, Cambio 16, Época e Panorama. Fundou a primeira publicación dixital referida á actualidade local e de Galicia titulada Dios, que PAÍS. Publicou as novelas A cidade dos alemáns (1992), O derradeiro fuxido (1993), Ourense Natural (1995), Alrededor de Ourense (1998) e Maceda al Natural (1998). Tamén é autor, xunto a Lino Blanco, do traballo de investigación O home do unto (Blanco Romasanta, historia real de una leyenda) (1991) e da guía Ourense Etnográfico (1997). Conseguiu o premio Vicente Risco (1984), outorgado polo concello de Ourense, e o José Aurelio Carracedo de Periodismo (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Formouse como enxeñeiro na Escuela de Guadalajara. Viviu en Bordeos, onde ocupou a cátedra de Matemáticas e Lingua Española. En 1955 volveu a España para ingresar no corpo de enxeñeiros da Armada. Ampliou os seus coñecementos en Francia e Inglaterra. Dirixiu as obras civís e hidráulicas de Ferrol, as obras do dique de pedra do arsenal ferrolán e a construción de buques deste estaleiro. Foi director das Escuelas Especiales del Cuerpo y de la Maestranza, comandante de enxeñeiros en Ferrol e La Habana, e presidente da Junta de Exámenes para o ingreso no corpo de enxeñeiros da Armada. Publicou Elementos de geometría analítica (1880). Foi membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales.

    VER O DETALLE DO TERMO