"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
PERSOEIRO
Cantante e actriz. Coñecida co sobrenome artístico de Ana Belén, iniciou a súa carreira profesional co filme Zampo y yo (1965). Dirixiu a película Cómo ser mujer y no morir en el intento (1981) e participou como actriz en Españolas en París (1970), La colmena (1982), Demonios en el jardín (1982), Sé infiel y no mires con quién (1984), La corte del Faraón (1985), Divinas palabras (1987), La casa de Bernarda Alba (1987), Rosae Rosa (1993), La pasión turca (1996), Libertarias (1996), El amor perjudica seriamente la salud (1996), e nas series televisivas, Fortunata y Jacinta e Petra Delicado. Na súa discografía destaca La paloma de vuelo popular (1976), Ana (1979), Con las manos llenas (1980), Rosa de amor y fuego (1989), Ana en Río (1992), Géminis (1992), Querida Ana (1993), Veneno...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Piragüista. Participou nos Xogos Olímpicos de México 1968 en K-4 1.000 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Conxunto de acontecementos políticos de mediados do s XIX que culminaron coa ocupación e supresión dos Estados Pontificios por Víctor Manuel II de Italia (1870). A Revolución de 1848 proclamou a República Romana (1849); sen embargo, restaurado o poder papal, Pío IX adoptou unha política reaccionaria, hostil á posibilidade de que a unificación italiana se producise baixo a Coroa de Savoia; isto fíxoo depender da protección de Napoleón III de Francia. O problema agravouse coa proclamación do Reino de Italia (1861). Ao retirarse as tropas francesas e caer Napoleón III (1870), os italianos tomaron Roma. Non obstante, ningún papa aceptou os feitos ata 1929, cando se asinaron os Pactos de Letrán.
-
-
Asunto que presenta un problema ou unha dificultade que hai que resolver.
-
Elemento puntual do que hai que ocuparse.
-
-
-
Pregunta que hai que contestar nun cuestionario.
-
Interpelación a un suxeito coa intención de opter algunha resposta.
-
-
Disputa entre dúas ou máis persoas.
-
Cada unha das exposicións, orais ou escritas, que integran un curso ou as diversas partes dun tratado sistemático da escolástica, como a Summa theologica de san Tomé de Aquino. Simple ampliación, inicialmente, da lección (lectio), ou lectura glosada dun texto, e establecida posteriormente como xénero independente (quaestio), a cuestión quedaba determinada, na súa modalidade oral, como resultado das disputas previas (disputatio). Denominouse tamén estado da cuestión (status quaestionis) na escolástica posterior. Derivación desta foron a cuestión disputada (quaestio disputata) e a cuestión cuodlibetal ou cuodlibeto.
-
Cuestión de competencia.
-
...
-
-
-
-
Asunto que presenta un problema ou unha dificultade que hai que resolver.
-
Elemento puntual do que hai que ocuparse.
-
-
-
Pregunta que hai que contestar nun cuestionario.
-
Interpelación a un suxeito coa intención de opter algunha resposta.
-
-
Disputa entre dúas ou máis persoas.
-
Cada unha das exposicións, orais ou escritas, que integran un curso ou as diversas partes dun tratado sistemático da escolástica, como a Summa theologica de san Tomé de Aquino. Simple ampliación, inicialmente, da lección (lectio), ou lectura glosada dun texto, e establecida posteriormente como xénero independente (quaestio), a cuestión quedaba determinada, na súa modalidade oral, como resultado das disputas previas (disputatio). Denominouse tamén estado da cuestión (status quaestionis) na escolástica posterior. Derivación desta foron a cuestión disputada (quaestio disputata) e a cuestión cuodlibetal ou cuodlibeto.
-
Cuestión de competencia.
-
Cuestión de confianza.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de acontecementos políticos de mediados do s XIX que culminaron coa ocupación e supresión dos Estados Pontificios por Víctor Manuel II de Italia (1870). A Revolución de 1848 proclamou a República Romana (1849); sen embargo, restaurado o poder papal, Pío IX adoptou unha política reaccionaria, hostil á posibilidade de que a unificación italiana se producise baixo a Coroa de Savoia; isto fíxoo depender da protección de Napoleón III de Francia. O problema agravouse coa proclamación do Reino de Italia (1861). Ao retirarse as tropas francesas e caer Napoleón III (1870), os italianos tomaron Roma. Non obstante, ningún papa aceptou os feitos ata 1929, cando se asinaron os Pactos de Letrán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode cuestionar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que cuestiona.
-
-
Poñer en dúbida unha cousa.
-
Contemplar a posibilidade de que algo non se axuste á norma ou non sexa lexítimo.
-
Ter unha dúbida puntual sobre a cousa expresada.
-
-
-
-
Conxunto de preguntas, organizadas segundo un criterio, que se fan sobre un ou máis temas para acadar un fin determinado.
-
Serie de preguntas, xeralmente escritas, nas que o suxeito ten que responder ou ben contestando si ou non, ou ben escollendo entre un grupo a resposta que cre máis conveniente. As preguntas fan referencia ás opinións, gustos, intencións, sentimentos, hábitos, prácticas ou outras cuestións do suxeito, e emprégase para obter datos sobre trazos da personalidade. Este método ofrece exclentes características metrolóxicas e permite facer enquisas e sondaxes de opinión.
-
-
Folla ou impreso que contén unha lista coas preguntas ou cos temas que se queren tratar.
-
-
-
Maxistratura dobre, de rango inferior ao do cónsul, e dotada, durante a época republicana, da potestas. Orixinariamente eran elixidos polo cónsul como os seus axudantes e durante o s V a C o seu número aumentou ata catro; distinguíanse unha parella de cuestores urbanos, que se ocupaban da xestión do tesouro, e outra de cuestores militares, que desenvolvían unha función económica similar entre as tropas en campaña, pero que tiñan a facultade de dirixir os exércitos. Durante o s III a C creáronse catro novos cuestores para as tropas da Mariña, e na ditadura de Sila o seu número aumentou ata vinte; dende ese momento pasaron a ocuparse da supervisión dos gastos dos gobernadores nas provincias senatoriais. Durante o Imperio perderon a maior parte das súas atribucións en favor dos funcionarios nomeados directamente polo emperador e encargáronse da organización dos xogos.
-
Relixioso, eclesiástico ou laico, que recadaba esmolas para unha obra piadosa ou de beneficencia.
-
-
-
Dignidade ou cargo de cuestor.
-
Época e duración da maxistratura dun cuestor.
-
Corpo da Administración constituído polo cuestor e por todos os seus subalternos.
-
Edificio no que está a sede dos cuestores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñecen dous pintores que traballaron en Santa María de Cuíña. O primeiro mestre pintou escenas que mesturan as figuras humanas coa decoración de letras góticas nun marco espacial indefinido; os motivos repártense de forma illada e, cando a superficie é moi extensa, distribúese a escena en franxas conectadas tematicamente co resto do mural. O segundo mestre realizou unha pintura mural influída polos modelos hispanoflamencos, de formas manieristas, caracterizadas pola introdución das escenas nun marco arquitectónico e pola pouca expresividade dos rostros. Deste segundo mestre destacan algunhas escenas, como a Verónica e as pinturas das capelas laterais de San Nicolao de Cis (1540).
-
PERSOEIRO
Pintor. Estudou medicina e comezou a pintar en 1941. Foi un dos fundadores de Dau al Set (1948). A súa obra tivo un forte parentesco co surrealismo (Maascro, 1949) e explotou a forza expresiva da cor. Cara ao 1955 practicou o informalismo, para o que empregou os grosores de materia que o levaron a servirse da grattage. En 1962 introduciu a colaxe de obxectos transformados polo artista ata chegar á pop art en 1963 en diferentes obras, como Nines oblidades (Nenos esquecidos). Cara aos anos oitenta desprendeuse dos aspectos agresivos e a súa pintura tomou un ton máis lírico, cun predominio da figura feminina como suxeito temático. Realizou montaxes e decorados para as obras de Brecht e Arrabal (1965), así como o vestiario dalgúns ballets. No ano 1984 expuxo unha serie de obxectos de cerámica en colaboración con Carles Sala. Traballou en París, en Lyon e realizou exposicións...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no lugar de Tarrío, en Culleredo, polo que recibiu tamén o nome de Santo Estevo de Tarrío. Conserva a fábrica medieval gótica pero con certa tradición románica. Segundo unha inscrición do tímpano da porta de acceso, contruíuse no s XII. Ten planta rectangular dunha soa nave con cuberta de madeira e unha ábsida rectangular que se cobre cunha bóveda de canón apuntada, reforzada por un arco faixón. Tanto o arco faixón coma o triunfal descansan en columnas entregadas con bases áticas e capiteis robustos de decoración estilizada. No interior da nave e da ábsida consérvanse restos de pinturas murais do s XVI que representan o martirio de santo Estevo e escenas do ciclo da Paixón. No exterior destaca a portada occidental cunha porta abucinada rematada en dúas arquivoltas de medio punto que descansan en columnas acobadadas. As bases presentan un perfil de características áticas e adórnanse con flores de lis. Os capiteis teñen proporcións e decoración góticas, con monstros...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ponteareas. Segundo unha inscrición do tímpano, construíse no s XIII. Ten planta e ábsida rectangular. Da construción románica conserva a portada occidental e o arco triunfal, que se apoia nun par de columnas entregadas cos capiteis repicados, un con decoración figurada e outro vexetal. O seu aspecto, de arco de ferradura, pode deberse á reconstrución do testeiro. No interior destacan os capiteis anexos ao altar, con representacións de rostros humanos. No exterior, a portada occidental remata nun arco de medio punto dobrado e apoiado en dous pares de columnas con bases de características áticas, mentres que os capiteis presentan unha orde de follas rematadas en espiral. As bases decóranse con sogas e con formas semellantes a cunchas de caracol. No muro norte hai unha peza que representa un león co rostro virado cara a atrás e coas patas dobradas, coa musculatura e a cabeleira talladas con rudeza.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor norteamericano. Comezou na narrativa coa novela The enormous room (O cuarto enorme, 1922), pero coñécese fundamentalmente pola súa poesía. A súa obra destacou polo carácter experimental e innovador, apoiado no dominio dunha técnica moi persoal baseada na minuciosa elaboración das formas poéticas e na atención a temas pouco tratados polos seus contemporáneos. A incorporación aos seus poemas de elementos tomados das artes plásticas, do ballet e mesmo do cine, como a concepción do espacio, dos planos diversos ou do movemento, achegárono á estética das vangardas históricas europeas. Os poemarios Tulips and chimneys (Tulipáns e chemineas, 1923), XLI Poems (XLI Poemas, 1924) e & (1925) constitúen o que a crítica considerou a súa primeira etapa, na que a sensibilidade e o sentimentalismo melancólico se combinan coa ironía e o cinismo, características comúns a toda a súa poética, en composicións que tratan de forma innovadora e atrevida temas universais,...
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do voivodato homónimo, Polonia, situada nos contrafortes do Xura de Cracovia, sobre o curso alto do Warta (258.100 h [1997]). Desenvolveuse ao redor do convento paulino Jasna Gora, fundado en 1382. A imaxe da Virxe Negra, á que se lle atribúen numerosos milagres, venérase neste santuario convertido nun dos principais centros de peregrinación de Europa oriental.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
oivodato de Polonia (6.182 km2; 780.300 h [estim 1998]). A capital é Częstochowa.
-
GALICIA
Profesor e político. Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidad de Madrid, foi profesor de xeografía e historia. En abril de 1969 ingresou no Partido Comunista de España (PCE) e en 1972, de novo en Galicia, participou na creación das xuntas democráticas, órgano de oposición unitaria ao franquismo, en representación do Partido Comunista de Galicia (PCG), organización na que foi membro do Comité Central e do Comité Executivo. Procesado nos últimos anos do franquismo, a lei de amnistía evitoulle o xuízo. Dende 1978 ata 1983 foi voceiro do grupo municipal do PCG en Lugo e de Esquerda Unida-Izquierda Unida (EU-IU) entre 1991 e 1999. Entre 1983 e 1985, como responsable de Política Institucional do PCG, coordinou e impulsou o traballo dos representantes comunistas nos concellos e no Parlamento de Galicia. En 1999 foi elixido secretario xeral do PCG e en outubro de 2000 coordinador nacional de EU-IU; ademais, foi o candidato de EU-IU á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións autonómicas...
VER O DETALLE DO TERMO -
REPUBLICAS
República da Federación Rusa situada ao NL do Cáucaso, na fronteira co Mar Caspio ao L, o territorio de Chechenia ao O, a República dos Calmucos ao N e Acerbaixán e Xeorxia ao S (50.300 km2; 2.074.000 h [1999]). Esténdese entre os 43° e 45° de latitude N e os 47° e 50° de lonxitude L. A capital é Makhačkala.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Xeografía física
O seu relevo está formado por profundos vales ao N, nos contrafortes da cordilleira do Cáucaso, mentres que ao L, de N a S, se estende unha ampla chaira que bordea o Mar Caspio. Estas características fan de Daguestán unha rexión de moi difícil acceso, con dificultades de comunicación entre as diferentes cidades e aldeas. A rede hidrográfica é ampla, con numerosos ríos, entre os que destacan o Karakoysu, o Samur, o Terek e o Viura, que, cunha dirección xeral O-L, desembocan no Mar Caspio. Tamén son importantes os lagos, como o Sevan, o Van e o Urmia. O clima é continental con invernos rigorosos que se prolongan entre...