"ERS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

  • Facer algo universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Competición internacional bienal organizada pola Federación Internacional de Deportes Universitarios (FISU), na que participan estudantes universitarios ou alumnos de escolas superiores. A primeira universíada tivo lugar en Turín en 1959.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Universidade creada polo cardeal Cisneros mediante bula pontificia concedida polo Papa Alexandre VI en 1499 que permitía converter o Estudio General existente na universidade, denominada Universitas Complutensis por Complutum (‘confluencia de dous ríos’) nome latino de Alcalá. A mediados do s XIX trasladouse a Madrid onde pasou a denominarse Universidad Central (1936) co monopolio de expedición de títulos de doutor. Cara a 1951, a instancia da Universidad de Salamanca, perdeu este monopolio e cambiou o nome de Universidad Central polo de Complutense. En 1975 dividiuse en dúas: o ensino de ciencias experimentais, ciencias da saúde, ciencias sociais e humanidades agrupáronse na Universidad Complutense de Madrid, mentres que as escolas superiores de ensinos técnicos se agruparon na Universidad Politécnica de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Universidade fundada en 1218 polo rei Afonso IX coa categoría de Estudio General do seu reino, o que manifesta a diversidade do seu ensino, a súa característica non privada e a validez dos seus títulos. O verdadeiro impulso veu de Afonso X o Sabio, que lle outorgou o estatuto en 1254, coñecido como a Carta Magna del Estudio Salmantino que establece as normas de organización e dotación financeiras; e do Papa Alexandre IV cuxas bulas pontificias expedidas en 1255 confirman a fundación universitaria, recoñecen a validez universal dos graos por ela outorgados e concédenlle o privilexio de ter selo propio. Na Idade Media tivo cinco facultades oficiais: Canons, Leis, Teoloxía, Medicina e Artes-Filosofía e ensinos complementarios de Humanidades, Linguas, Matemáticas e Música. Tivo o seu maior esplendor no s XVI xa que a confluencia de Dereito, a Teoloxía tomista, as novas lóxicas e as linguas clásicas cristalizaron na chamada Escuela de Salamanca. Das súas achegas destaca a reflexión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Universidade privada con orixe común á de Salamanca. A boa relación entre a igrexa e a Universidad de Salamanca sufriu profundos cambios cos gobernos liberais de España no s XIX que excluíron da universidade as facultades de Teoloxía e Dereito Canónico, pero en 1940 Pío XII, a petición do episcopado español, restaurou estas dúas facultades na que se chamou Universidad Pontificia de Salamanca. A Universidad Pontificia considérase así herdeira tamén da primeira universidade salmantina, real e pontificia á vez. Conta con dous campus universitarios, un en Salamanca e outro en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Institución docente rexida por un reitor, coa asistencia dunha xunta de goberno ou dun organismo similar que está integrada por diferentes centros, denominados facultades ou colexios onde se imparten os estudos superiores e se outorgan os títulos correspondentes. As universidades medievais organizábanse como comunidades de profesores, universitas magistrorum (París), ou comunidades de estudantes, universitas scholarium (Boloña). O ensino dábase en latín, ensinábanse as sete artes liberais, teoloxía, medicina e dereito e reservábase o dereito exclusivo de conferir os graos académicos de bacharel, licenciado e doutor. A tradición cultural da nobreza de Lombardia e o movemento comunal desenvolvido en Italia explican a fundación de escolas xurídicas en Roma, Pavia, Ravenna e Boloña. Debido ás secesións de estudantes e profesores xurdiron as universidades de Vicenza (1204) e Padua (1222), que se converteu en centro do pensamento científico-natural, onde se formaron Copérnico...

      2. Edificio onde se ensinan estudos universitarios.

      3. universidade popular

        Escola de Artes e Oficios.

    1. Colectividade ou corporación de habitantes ou de profesións dunha cidade ou vila, dotada dalgunha organización e réxime xurídico, durante a Baixa Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución universitaria creada na Coruña pola Lei 11/1989, de 20 de xullo, de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia (LOSUGA). Un dos antecedentes da Universidade da Coruña foi o Colexio Universitario da Coruña, dependente da Universidade de Santiago de Compostela. A partir da súa constitución como universidade o número de titulacións completas aumentou progresivamente e creáronse novas infraestruturas, entre as que destacan o campus de Elviña-A Zapateira ou o Reitorado da Maestranza. Tamén depende da Universidade da Coruña o campus de Ferrol, no que hai distintas especialidades náuticas e mecánicas. O primeiro reitor da Universidade da Coruña foi Xosé Luís Meilán Gil (1990-2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución universitaria situada en Santiago de Compostela. A maioría dos estudos europeos de investigación histórica universitaria sitúan a súa fundación en 1526, ano de concesión da preceptiva bula papal, e as figuras de Alonso III de Fonseca e do Papa Clemente VII como os fundadores, pero tamén recoñecen a existencia dalgúns xermolos a partir de 1495. Cómpre destacar que desde mediados do s XI hai constancia da existencia dunha Escola de Gramática na catedral de Santiago, que posibilitaba unha formación literaria básica da clerecía compostelá, propedéutica para a formación que algúns daqueles clérigos acadaron durante os ss XII e XIII nas universidades de París e de Boloña. Algúns destes clérigos compoñerían unha parte do reducido claustro de profesores da Universidad de Salamanca, que botou a andar en 1218, durante todo o tempo do s XIII, cando a propia diocese salmantina pertencía ao arcebispado de Santiago de Compostela e era tamén a miúdo rexida por bispos de procedencia galega,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución universitaria creada en Vigo pola Lei 11/1989, de 20 de xullo, de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia (LOSUGA). Un dos antecedentes da Universidade de Vigo foi a constitución do Colexio Universitario de Vigo (CUVI), amparada mediante decreto en outubro de 1972. En 1980 firmouse o convenio de integración do CUVI na Universidade de Santiago de Compostela e, en 1982, tivo lugar a entrega oficial. A Universidade de Vigo pasou a ter titulacións completas e outras de nova creación en exclusiva para toda Galicia, como Enxeñaría Técnica de Telecomunicacións. Está estruturada nos campus de Vigo (central), Ourense e Pontevedra. A finais de 2003 inaugurouse a Cidade Universitaria de Lagoas-Marcosende (na parroquia viguesa de Zamáns), que supuxo a mellora das instalacións e a creación de novos espazos educativos, deportivos e de ocio. O primeiro reitor da Universidade de Vigo foi Luis Espada Recarey (1989-1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Igrexa situada en Santiago de Compostela. Datada no s XVII, pertenceu ao Colexio da Compañía de Xesús ata a expulsión dos xesuítas e desde 1769 pasou a funcionar como capela da Universidade. Destaca o clasicismo da fachada, obra de Diego de Romay, así como o campanario, engadido en 1719. Orixinariamente, as dúas fornelas da fachada estaban ocupadas por esculturas de santo Ignacio de Loyola e san Francisco, pero desde a expulsión dos xesuítas foron reconvertidas en san Pedro e san Paulo e incorporouse o escudo de Carlos III. No interior sobresaen os retablos barrocos do cruceiro e do altar maior, dedicado á Anunciación, a capela da Sagrada Familia (1663), obra de Peña de Toro, e a capela maior, co Sepulcro do arcebispo Blanco, realizado por Mateo López en 1584.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga universidade de Boloña, fundada cara a 1088. A súa época de máximo esplendor correspondeu aos ss XII e XIII. Formáronse dúas grandes institucións, a universidade dos italianos (citramontani) e a dos estranxeiros (ultramontani). Destacou a presenza dun grupo importante de estudantes galegos ao longo dos ss XIII e XIV, algún dos que chegou a ser profesor como é o caso de Lourenzo Hispano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á universidade.

    2. Que ou quen estuda nunha universidade.

    3. Que ou quen se graduou nunha universidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de marzo de 1932. Cesou en xaneiro de 1933 (nº2). Subtitulada “Revista de la FUE”, funcionou como voceiro da Federación Universitaria Estudiantil, un sindicato democrático de estudantes. Editada nos obradoiros de Nós, o seu responsable foi Francisco Fernández del Riego. O seu obxectivo foi abrir a Universidade a novas correntes, recoller inquietudes intelectuais e favorecer a formación integral da mocidade e a súa galeguización. Incluíu traballos sobre filosofía, folclore, historia e xeografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de todo o que existe.

      2. Conxunto constituído por todos os corpos celestes e o espazo que os contén. A maioría dos modelos cosmolóxicos elaborados baséanse na teoría da relatividade xeral de Einstein, fan referencia á orixe do Universo e constitúen verdadeiras cosmogonías. A masa total do Universo está expresada co símbolo V. Estímase que se atopa entre 0,8 e 1,2. Para un valor de V superior a 1, o Universo frearía a súa expansión e comezaría a comprimirse, mentres que para valores ata 1, a expansión continuaría indefinidamente.

      3. Nome dado por H. Minkowski á interpretación xeométrica da natureza que permite situar nun sistema de coordenadas un acontecemento do mundo físico.

      4. teoría do Universo inflacionario

        Modelo que, enmarcado nas teorías da grande unificación, propón que o Universo pasou por unha fase metastable, con enerxía de baleiro non nula, que provoca un ritmo de expansión con velocidade exponencial.

      5. Universo observable

        Porción de Universo que se pode observar, por calquera medio, desde a Terra ou desde máquinas enviadas ao espazo.

    1. Conxunto de todo o que existe dentro dun sistema ou dunha disciplina.

    2. Conxunto de elementos arredor dos que xira unha cousa ou a vida dunha persoa.

    3. Conxunto de referencia con subconxuntos que se utilizan nun razoamento concreto. Así, no estudo dos conxuntos de números reais o universo é O.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten grandes coñecementos ou unha gran práctica en algo. OBS: Este adxectivo rexe sempre a preposición en.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Yvelines, Francia, situada 20 km ao SO de París (84.726 h [1999]). A poboación desenvolveuse a partir de 1682, ao instalarse alí Luís XIV, e perdeu importancia ao trasladarse a corte a París. Ocupada polos prusianos durante a Guerra Franco-prusiana de 1870, desde 1871 instalouse nela o goberno francés, mentres durou a loita contra a Comuna de París. O palacio, que fora pavillón de caza de Luís XIII (1624), foi transformado nunha gran residencia por Luís XIV. As primeiras obras de remodelación foron da autoría de Le Vau, a escala arquitectónica, e Le Brun a escala decorativa. Le Nôtre encargouse do parque (1661-1668), que organizou como un xardín á francesa, con grandes avenidas flanqueadas con grupos de estatuas, xardíns, fontes monumentais e Le Grande (1687) e Le Petit (1762) Trianon. En 1679 encargóuselle a Jules Hardouin-Mansart unha nova ampliación, que se centrou principalmente na zona da fachada. Do interior destaca a capela real, de Mansart (1698-1710) e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo de axuda mutua entre Francia e Austria, asinado o primeiro de maio de 1756 como resposta ao Tratado de Westminster. Significou unha inversión no sistema de alianzas en Europa e deu paso á Guerra dos Sete Anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo entre Francia e Xénova, asinado o 15 de maio de 1768, que consagrou a anexión francesa de Córsega. Xénova, que era incapaz de dominar a rebelión de Pasquale Paoli, permitiu a presenza de tropas francesas desde 1764, e cedeu os seus dereitos de soberanía sobre a illa a cambio dunha compensación económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo entre Reino Unido, Francia, España e EE UU, asinado o 3 de setembro de 1783, que puxo fin á Guerra de Independencia Norteamericana. Reino Unido recoñeceu a independencia de EE UU e concedeulle amplos dereitos de pesca en augas canadenses. Ademais, cedeu a Francia diversos territorios, mentres que España recuperou Florida e Menorca, aínda que non Xibraltar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo que puxo fin á Primeira Guerra Mundial. Segundo os resultados da Conferencia de Paz de París, foi asinado o 28 de xuño de 1919 por Alemaña e as potencias gañadoras: Reino Unido, Francia, EE UU, Italia e Xapón, coa adhesión doutros países. Alemaña perdeu o seu imperio colonial, cuxa administración pasou a depender da Sociedade de Nacións. Cedeu os territorios de Alsacia e Lorena, recuperados por Francia -que tamén pasou a controlar a explotación das minas do Sarre-, Prusia Occidental e Poznań, mentres que Danzig se converteu nunha cidade libre. En concepto de reparacións de guerra, impúxoselle a Alemaña o pagamento dunha cifra elevada, desmantelouse o seu exército e prohibíuselle contar con forzas aéreas, así como a súa unificación con Austria. O acordo completouse con outros tratados cos restantes vencidos: Austria (Tratado de Saint-Germain-en-Laye), Bulgaria (Tratado de Neuilly), Hungría (Tratado do Trianon) e Turquía (Tratado de Sevres).

    VER O DETALLE DO TERMO