"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
PERSOEIRO
Militar que o 21 de febreiro do 1812 dirixiu o pronunciamento militar liberal da Coruña, que será chamado ‘Pronunciamento de Acevedo’, proclamando a Constitución de Cádiz do 1812. Entrou a formar parte da Xunta Xeral do Reino de Galicia, presidida polo mariño Pedro Agar, Rexente durante a etapa das Cortes de Cádiz. Aproveitando a toma de posesión do novo Capitán Xeneral de Galicia, Venegas, marqués da Reunión, Acevedo detén na Coruña ás autoridades absolutistas. O 25 de febreiro partiu da Coruña cara a Santiago á fronte dunha columna militar antirrealista, que toma a cidade compostelá e libera os presos políticos da Inquisición, entre os que se achaba o conde de Montijo. O 2 de marzo partiu cara a Ourense en persecución do Gobernador Militar de Santiago, o Xeneral Pol, marqués de San Román, con quen se enfronta ao día seguinte, falecendo segundo Otero Pedrayo nun tiroteo preto dun lugar chamado As Portiñas; en Padornela segundo outros, mentres arengaba ás tropas inimigas a se enfrontaren...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Trasládase moi novo a Vigo. Aos dezasete anos é vocalista do grupo de punk-rock Acorazado Potemkin, mentres compaxina esta actividade coa publicación de cómics en revistas e fanzines de Vigo. No ano 1984 trasládase a Madrid, onde participou nos Talleres de Arte Actual do círculo de Belas Artes; no 1986 viaxou a París e Marrocos -onde atopa os símbolos e imaxes que proxectará máis tarde nos seus traballos-. No ano 1989, concédeselle a bolsa da Academia Española de Belas Artes e trasládase a Roma, ata o ano 1990 no que recibiu unha bolsa de La cité des Artistes do concello de París, volvendo de novo a esta cidade. Despois dunha nova estancia en Italia, onde acada unha nova paleta de cores máis fortes e formas máis rotundas, recibe no ano 1992 a bolsa Fulbright de Comité Conxunto Hispano-Norteamericano, e reside en Nova York dous anos. No ano 1994, volta a España, residindo en Madrid. Artista plástico de recoñecido prestixio internacional, cunha obra que aparece en...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Integrante do grupo de teatro de marionetas Viravolta desde a súa creación en 1983, co que realiza traballos de manipulación, interpretación e deseño de vestiarios, entre os que podemos citar Contos para ratos mortos (1984), Historias con demo (1985), A aventura do doutor Sabañón (1993), O candil marabilloso (1994) ou Guillermo Tell (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Catedrática en Lingua Galega.
VER O DETALLE DO TERMO
Membro da Comisión de Lingua do Consello da Cultura Galega e membro fundador do Instituto Rodrigues Lapa, pertence ao Comité Científico das revistas Verba e Cadernos da Lingua. Dende 1973 realiza o labor de investigación no Instituto da Lingua Galega (ILG), labor que compaxina coa actividade docente como profesora na Facultade de Filoloxía de Compostela. Participa en numerosos proxectos de investigación no eido da lingüística do idioma galego: Atlas Lingüístico Galego (dende 1974); Gramática descritiva da lingua galega (1995-1997); Gramática contrastiva do galego e do portugués (1996-1997), entre outros.
Colaborou na elaboración das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, proclamadas oficiais pola Xunta de Galicia en 1982. Entre as súas publicacións,... -
GALICIA
Debuxante e escultor. Funcionario do Instituto Social da Mariña, reside en Vigo dende 1942, onde funda no 1971 o taller artesanal Serigrafía Galega coa intención de popularizar a arte galega, reunindo a obra de vinte artistas plásticos galegos -entre eles Seoane- a partir de serigrafías, expoñendo as obras en diversas cidades tanto en Galicia como no resto de España. Esculpiu un busto en pedra de Valle Inclán que se encontra no monte Lobeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Desenvolveu unha intensa actividade como membro de sociedades médicas e conferenciante en diversos congresos internacionais. Neste eido publicou o estudo La vida y la obra del célebre médico gallego Francisco Sánchez. El Escéptico (1550-1623) (1960) ou a Carta de un médico a los pescadores (1967). Membro correspondente da Real Academia de Medicina de Sevilla e da Real Academia Galega; en 1975 pronunciou o seu discurso de ingreso na Sociedad Española de Médicos Escritores sobre La saudade, un síndrome ‘disnímico’? Tivo un destacado labor na prensa (Encrucillada, Galicia emigrante, Grial, La Voz de Galicia, Vieiros, Jornal de Notícias, Papeles de Son Armadans, Galicia, El Pueblo Gallego, La Noche, Faro de Vigo, etc) publicando numerosos artigos ao longo da súa vida. En castelán é autor das novelas El fracaso de Clayton (1938), traducida ao galego en 1994, e...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Narrador, poeta e ensaísta encadrado na Xeración do 1936. Estudiou Maxisterio en Pontevedra e Filosofía e Letras en Santiago de Compostela, estudios que tivo que interromper en 1936 por causa da guerra civil e o fusilamento do seu pai. Durante a súa etapa universitaria foi un dos fundadores da revista escolar Tude, dirixida por Xesús Ferro Couselo, co que tamén levou a cabo a organización da Exposición Regional de Arte Infantil, que non se chegou a celebrar pola sublevación do 36. En 1942 trasladouse a Vigo onde, dende 1947 e ata a súa morte, desempeñou o cargo de Chanceler do Consulado de Uruguai. Nos anos sesenta viaxou por distintos países de Latinoamérica como conferenciante. Impulsou múltiples iniciativas culturais como a fundación das editoriais galegas Castrelos -xunto aos seus irmáns Xosé María e Álvaro Álvarez Blázquez-, e a colección Salnés, da Editorial Galaxia, codirixida xunto a Celso Emilio Ferreiro e Francisco Fernández del Riego. Colaborou nas publicacións Galicia...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta, narrador, conferenciante, autor teatral, arqueólogo, historiador, autor de estudios etnográficos e literarios, editor, etc. Foi o prototipo do intelectual inquedo, amante da súa terra e da súa cultura. Estudiou bacharelato en Tui e maxisterio en Pontevedra. Esta cidade vai ter unha importante influencia na súa formación xa que nesa época de estudante coñece a personaxes da importancia de García Lorca ou Alexandre Bóveda quen casará coa súa curmá Amalia Álvarez Gallego. De precoz vocación, comezou a publicar poemas en xornais de Pontevedra e Tui, e no ano 1932, viu a luz o seu primeiro libro de poemas en castelán Abril e fundou, xuntamente co poeta Xoán Vidal, a revista literaria Cristal. En 1933 ingresou na Federación de Mocidades Galeguistas, nas que exercereu o cargo de secretario de Pontevedra. No ano 1934 rematou os estudios de Maxisterio, e deu a luz un afervoado texto nacionalista titulado Berro en lembranza dos herois de Carral. En 1935 obtivo o...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Despois de traballar como copista e no departamento do Tesouro de México, comeza a estudar pintura e música na Academia Nacional de Belas Artes de Cidade de México. Engordiño foi interesándose pola fotografía e pola arte indíxena mexicana. Ensinou fotografía na Escola Central de Artes Plásticas, no Instituto Cinematográfico Mexicano e no Centro Universitario de Estudios Cinematográficos. Traballou como cámara nos filmes Que viva México! (1930-1931) e Tehuantepec (1934). En 1931 recibiu o seu primeiro premio de fotografía. Ao ano seguinte expuxo individualmente na Galería Posada de México. Fundou o Fondo Editorial da Plástica Mexicana en 1959. En 1974 recibiu os premios Sourasky e o Nacional das Artes do Goberno de México. As súas exposicións percorreron medio mundo (México, Chicago, Nova York, Boston, Caracas, Francia, Milán, Londres, etc). Publicou os libros Manuel Álvarez Bravo (México, 1935), La pintura mural de la Revolución Mexicana (México,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e avogado. Cursou estudios de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid. En 1859 foi nomeado deputado a Cortes polo partido de O’Donnell e en 1860 fiscal de Facenda da Audiencia de Madrid e fiscal de imprenta, cargos que desempeñou ata 1866. Ao triunfar a revolución de 1868, uniuse á política de Cánovas e converteuse nunha figura importante do partido liberal-conservador, chegando a ocupar os cargos de fiscal do Tribunal Supremo, Ministro de Gracia e Xustiza e Ministro plenipotenciario de España en Lisboa, cargo que exerceu ata a súa morte. Ademais de traballar como avogado, diplomático e político, cultivou a poesía e colaborou na prensa do momento. Foi redactor dos xornais Diario Español e La Época.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e político. En 1879 defendeu publicamente o socialismo de cátedra e a súa adhesión ao Krausismo no seu discurso reitoral El socialismo de cátedra. Difundiu a obra dos grandes economistas alemáns da época como Adolf Wagner e Albert Schäffte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Iniciou a súa traxectoria profesional no grupo teatral creado pola Agrupación Cultural Abrente, participando na organización da Mostra de Teatro Galego de Ribadavia. Fundadora do grupo Artello, intervén nos espectáculos Tarará chis pún (1978), As nubes (1980), A cantante calva (1981), Mandatruco!! (1982), Celtas sen filtro (1983) e Gulliver F. M. (1985),
VER O DETALLE DO TERMO
Unha boa parte da súa carreira profesional está vencellada ao Centro Dramático Galego, co que realiza Woyzeck (1984), Os vellos non deben de namorarse (1985), O enfermo imaxinario (1986), As alegres casadas (1989), A casa dos afogados (1991), Hamlet (1991), Un soño de verán (1992), polo que recibiría o Premio Compostela á Mellor Actriz Secundaria en 1993, Un refaixo para Celestina (1993), Como... -
GALICIA
Cursou estudos de maxisterio, profesión que exerce no colexio de Panxón (Nigrán), ademais de se dedicar á literatura e ás artes plásticas, faceta na que se pode citar a súa participación nas exposicións colectivas da Praza da Princesa de Vigo (1972-1973). Colaborador habitual nos xornais galegos e distintas revistas (Faro de Vigo, La Voz de Galicia, A Nosa Terra, Xo!, etc), recibiu en 1991 o Premio Especial á Comunicación do Museo de Fene. Guionista do programa infantil da TVG Tarde Taina (1990-1991), é membro do Consello de redacción da revista satírica Xo!, e membro das Fundacións Álvaro Cunqueiro e Inés Ollero.
VER O DETALLE DO TERMO
No tocante á súa actividade literaria comezou escribindo literatura infantil. En 1985 mereceu o primeiro premio do XVIII Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho por Historia... -
GALICIA
Pintora. Considerada por algúns críticos como post-atlantista, esta viguesa, procedente de familia de escritores e intelectuais, posúe unha formación de carácter internacionalista, vinculada aos seus estudos na escola de Belas Artes de Barcelona. Nos anos oitenta participou en diversas exposicións individuais e colectivas, tanto en Galicia como no resto de España. Gañadora de varios premios e bolsas -no ano 1987 obtén a bolsa Manuel Colmeiro-, é profesora na facultade de Belas Artes de Pontevedra. A súa obra está presente no Centro Galego de Arte Contemporánea, no Museo de Pontevedra e en coleccións particulares, como a da Unión Fenosa da Coruña. En 2017 recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Plásticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sociolingüista. Profesor de Lingüística na Universidade da Coruña, actividade que compaxina coa literatura. Realizou en 1992 a súa tese de doutoramento na Universidade de California sobre La institucionalización de Galicia, práctica lingüística, poder e ideología en el discurso público. Publicou numerosos traballos especializados en sociolingüística, lingua, poder e ideoloxías, ortografías e diversidade lingüística en Galicia, tanto en revistas galegas como internacionais (Agália, Nós. Revista internacional galego-portuguesa de cultura, A Trabe de Ouro, Diario 16 de Galicia, A Nosa Terra, etc). Escribiu o poemario Os Distantes (1995) e outros contos e poemas soltos. Edita tamén na Internet a revista electrónica Çopyright-pensamento, crítica e criação.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Licenciado en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e Catedrático de Literatura nun Instituto de Vigo. Dedícase tamén ás artes plásticas na modalidade de poesía visual e obxectual, actividades que mostrou en varias exposicións nas galerías Ad Hoc (Vigo), Citania (Santiago) e Liceum (Porriño).
VER O DETALLE DO TERMO
Colabora frecuentemente en revistas e xornais con poemas e traballos de crítica. Neste sentido coordinou a revista Nó e formou parte do consello de redacción do suplemento de literatura do xornal Diario 16 de Galicia, “Galicia Literaria”, e do suplemento “Faro das Letras”, do Faro de Vigo. Ademais é un dos membros do equipo directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
A súa actividade literaria máis ampla é a poética, na que destaca pola súa... -
GALICIA
Eclesiástico e doutor en Filoloxía Clásica. Foi profesor na Universidade de Santiago e escribiu Corpus Marianum Patristicum e El ritmo prosaico hispanolatino.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu a profesión de médico na súa vila de adopción, Melide. Afeccionado aos estudios históricos e arqueolóxicos escribiu: El altar de la Inquisición de Santiago, Un hospital de peregrinos en Galicia, Pinturas murales en la iglesia de Santa María de Melide, Escultura en Galicia: los gaiteros, que publicou en revistas como Galicia Diplomática, Galicia histórica e Boletín de la Real Academia Gallega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi membro da Comisión dos 16 que acometeu a redacción do Anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia. Representaba á Unión de Centro Democrático pola circunscrición de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Monxe franciscano. Foi lector de vísperas e examinador sinodal do arcebispado. Publicou en 1679 Sermón en la festividad de Pentecostés, predicado en la Santa Apostólica y Metropolitana Iglesia del gloriosísimo Apóstol Santiago, único patrono y tutelar de las Españas.
VER O DETALLE DO TERMO