"ECA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 560.

  • Fundouse no ano 1845 pero sen abrirse ao público xa que os seus fondos aínda estaban sen organizar. No ano 1851 a Comisión Provincial de Monumentos decidiu reunir nela os libros procedentes dos conventos suprimidos de San Francisco, Santo Domingos e os de San Agustiño da cidade da Coruña, amais dos do convento de Montefaro da Vila de Ares. No ano 1881 pasou a ser considerada biblioteca pública. A esta biblioteca contribuíron doazóns de Emilia Pardo Bazán, Antonio Casares, López Ferreiro e outros destacados autores galegos. En 1893 a Deputación dispuxo duns locais axeitados para a biblioteca, para almacenar uns fondos que seguían enriquecéndose. Os fondos máis antigos que posúe datan do século XVI, aínda que o groso do fondo antigo é dos séculos XVIII e XIX. Entre os chamados materiais especiais cómpre mencionar a biblioteca musical composta por partituras e documentación diversa, doada polos descendentes do músico coruñés Canuto Berea. No ano 1984 a biblioteca trasladouse do Pazo Provincial...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inaugurouse o 17 de maio de 1982 cuns fondos iniciais que doou Ben-Cho-sey, pseudónimo de Xosé Ramón Fernández Oxea. Estes fondos incluían desde algunhas obras do s XVIII ata numerosas obras do s XIX e libros de temática relixiosa e científica. No ano 1983, amais de recibir novos fondos que pertenceron a Eduardo Blanco Amor e, no 1984, os que formaran parte da colección de Alberto Vilanova Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Creouse nunha sesión da Deputación do 13 de setembro de 1941. Concibida nun principio como biblioteca especializada en Dereito, Lexislación, Historia moderna e contemporánea e Antropoloxía de Galicia aínda que os fondos máis antigos datan de 1757, a maioría da colección é actual. Conta tamén cos libros de actas das sesións da Deputación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de textos de autores de lingua castelá, publicada en Madrid en 1846 por Manuel Rivadeneyra, baixo a dirección literaria de Buenaventura Carlos Aribau. En 1954 foi recuperada pola Real Academia Española, con rigor crítico e tendencia aos escritos históricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en 1910 na colonia galega de Madrid e dirixida por Luís Antón del Olmet e Prudencio Canitrot, nun ambiente de neo-rexionalismo influído pola política (basicamente agraria) e pola literatura (neorromántica e modernista). O seu primeiro volume, modernista, foi obra de Ramón del Valle-Inclán, titulado Las mieles del rosal. Luís Antón de Olmet publicou aquí El encanto de sus manos e Prudencio Canitrot, Ruínas. Outros autores destacados desta editorial foron Manuel Murguía, Manuel Linares Rivas e Alberto Insúa. No labor desta editorial destacou ademais a presentación de autores novos como Wenceslao Fernández Flórez ou Manuel María Puga (Picadillo), entre outros, por medio de certames e premios literarios. Advírtese un afastamento da literatura galega en galego. A prematura morte de Canitrot e o escaso éxito comercial da colección, fixeron que as publicacións se detivesen en 1913.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca organizada a partir do s XVII polos monxes bieitos. En 1880 posuía 14.000 volumes e en 1980 contaba xa con máis de 31.000. Contén libros procedentes das bibliotecas de Amor Ruibal, do cardeal Quiroga Palacios e unha parte importante traída de Francia por Bouset durante a Revolución Francesa. En canto ao seu número, destacan as seccións relacionadas coas Sagradas Escrituras, a Teoloxía e os canons. A biblioteca está dividida en catro seccións: “Libros frecuentes”, “Salón de lectura”, “Provisional” e “Revistas”, nas que se poden atopar ata 134 títulos diferentes. De entre as obras máis antigas sinálanse Historia Natural, de Plinio, Sume de Ecclesia Domini, de Juan de Torquemada e exemplares de El Eco de la Verdad, xornal publicado por López Ferreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de textos dramáticos creada pola editorial Sotelo Blanco, na que apareceron publicadas as obras premiadas no concurso homónimo, celebrado entre 1987 e 1990. Dirixida por Francisco Pillado Mayor, a colección contribuíu á normalización da edición do xénero dramático e inclúe textos de autores tan significativos como Roberto Vidal Bolaño, Miguel Anxo Fernán-Vello, Bernardino Graña, Euloxio R. Ruibal, Agustín Magán, Manuel Lourenzo ou Inma Antonio Souto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca organizada a partir de 1832 polos monxes franciscanos. No ano 1881 contiña máis de 14.000 volumes e en 1912 chegaba aos 20.000, grazas ás doazóns de Pedro Bartolomé Casal, da Universidade de Santiago, e do xornal El Eco Franciscano. En 1912 doaron libros Atanasio López e Lino Gómez Cabedo. Conta nos seus fondos con 74 incunables, con numerosos volumes dos ss XVI e XVII, obras relixiosas -fundamentalmente revistas de temas franciscanos- e abundantes libros relacionados con Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca organizada a partir da biblioteca do Seminario de Estudos Galegos e das doazóns realizadas por Arias Sanjurjo, Varela Limia, Paulino Pedret Casado e Felipe Cordero Canete, que adquiriran a biblioteca de Antonio Couceiro Freijomil, Salvador Cabeza de León e Fernando Alsina. Está formada fundamentalmente por libros de temática galega que sobrepasan os 7.000 volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca organizada a partir de 1890 cos fondos bibliográficos do convento da Mercé de Conxo e cos dos bieitos residentes en Poio antes da chegada dos mercedarios. A partir de 1920 incorporáronse os libros de Guillermo Vázquez Núñez e en 1957 uns 4.500 volumes traídos polo escritor Antonio Rey Soto. Achegaron tamén exemplares Xosé Fernández Gallego, varias casas da orde da Mercé (Herencia, Ferrol, Madrid, Salamanca, etc) e o pai Emilio Silva de Castro, con obras procedentes do Brasil. Nos seus fondos atópanse libros nobiliarios e xenealóxicos, algúns tomos referidos á orde da Mercé, obras de bibliografía, coleccións de xornais galegos do s XIX, algunhas edicións de libros raros, libros editados nas imprentas de Mondoñedo como a Descripción del Reino de Galicia, do licenciado Molina, e obras do s XVI entre as que destacan as Sinodiales de Ourense, publicadas por Vasco Díaz Tanco en 1544.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca organizada a partir do ano 1927 que contén máis de 46.000 volumes de diversa temática -Historia, Arqueoloxía, Arte-, e máis de 3.500 títulos de revistas. Doaron obras para o seu fondo a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, Castro Sampedro e Folgar, Sampedro Mon, Sanz Casal, Rodríguez de Viguri, Fernández Cochón, Castelao, Víctor Said Armesto, Indalecio Armesto e Sánchez Cantón. Tamén se inclúen os libros cedidos polo Servicio Nacional de Lectura, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas e o Concello de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira biblioteca de carácter público creada na cidade da Coruña. Foi fundada en agosto de 1806 por un cóengo compostelán, Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, ilustrado e importante economista da súa época, así como un dos fundadores da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela; realizou o discurso de apertura José Lucas Labrada. Este cóengo destinou para a creación da biblioteca unha importante cantidade de cartos, amais da súa biblioteca particular. Esta biblioteca ten un fondo xeral composto por volumes, revistas antigas e folletos, e posúe obras dos ss XVI a XIX, moitas delas de temática económica. Outros fondos chegaron grazas a doazóns, como a biblioteca de Xosé Cornide, ou a legados, como os libros e mobles da condesa de Mina, Juana de Vega, unha das principais organizadoras dos Xogos Florais de Galicia. Así mesmo, cómpre salientar a importante colección de gravados gardados no seu interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial creada no ano 1885 por Andrés Martínez Salazar, que se encargou da dirección e da administración da empresa, e por Juan Fernández Latorre, que se responsabilizou do labor de impresión, empregando os talleres de La Voz de Galicia, xornal do que era fundador e propietario. Manuel Murguía será o primeiro autor en saír do prelo co seu libro Los precursores (A Coruña, 1885). Esta colección avogou pola literatura galega en galego e por iso reeditou Aires da miña terra, de Manuel Curros Enríquez, publicou os tres tomos de El Idioma Gallego de Antonio de la Iglesia, cando maioritariamente se falaba de “dialecto” para a lingua galega, e presentou obras moi diversas: Soaces dun vello, de Benito Losada, e Queixumes dos pinos, de Eduardo Pondal. Máis tarde impúxose un eclecticismo. Un polémico libro titulado La propiedad foral de Galicia de Eduardo Vincenti, situou a liña editorial próxima ao Monterismo que, unido á importancia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública con sede en Florencia. Formada inicialmente en 1523 polas bibliotecas de Cosimo, Lorenzo e Pietro de Medici. Clemente VII abriuna ao público no ano 1532. O seu fondo máis rico é constituído polos manuscritos gregos e latinos, pois conta con máis de 10.000 exemplares desta modalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública con sede en Madrid, centro do sistema de bibliotecas do estado español. Foi fundada por Filipe V o 2 de xaneiro de 1712 como Biblioteca Real cun dobre obxectivo: fomentar o estudo nos seus súbditos e reunir as bibliotecas dos nobres emigrados que loitaban na guerra en apoio de Carlos de Austria. Por un privilexio real, precedente do actual depósito legal, os impresores debían depositar un exemplar dos libros impresos en España. En 1793 creouse a Imprenta Real e a ela trasladouse a actividade editorial da Biblioteca Real. En 1836 a Biblioteca pasou a depender do Ministerio da Gobernación e recibiu por vez primeira o nome de Biblioteca Nacional. Durante o s XIX ingresaron por incautación, compra ou doazón a maioría dos libros antiguos e valiosos que posúe a Biblioteca (70.000 volumes procedentes dos conventos madrileños afectados pola desamortización). A súa nova sede ocupa a planta principal do edificio con 35 salas e cun gran salón de lectura con capacidade para 320 persoas....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública fundada en 1796 en Lisboa. Os seus fondos iniciais proviñan da biblioteca da Real Mesa Censória e de moitas librerías dos colexios xesuítas, xunto ás doazóns do intelectual Manuel do Cenáculo e dos clérigos da Divina Providência. O seu primeiro bibliotecario maior, António Ribeiro dos Santos, ocupouse de organizala e de potenciar a súa función de institución cultural, así como de adquirir valiosas obras como a Biblia de Gutenberg e unha Biblia hebrea iluminada do s XIII. Coa extinción das ordes relixiosas en 1834, os fondos da biblioteca enriquecéronse coa chegada das librerías que ata ese momento albergaban os conventos; entre elas, a do Mosteiro de Alcobaça con 455 códices dos ss XII e XIII en latín e numerosas copias de textos portugueses dos ss XIV e XV. Na segunda metade do XIX con António Enes comprouse: a biblioteca do coleccionador Francisco de Melo Manuel, parte da de Tomás Norton, a Colecção Pombalina da familia do marqués de Pombal,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública con sede en Pequín. Fundada durante os últimos anos do Imperio, en 1910, conserva os antigos catálogos e as coleccións das dinastías Song do sur, Iuan, Ming e Xing. É a biblioteca central chinesa e dispón duns 15 millóns de volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública fundada no 1948 en Toquio. Ten o depósito das publicacións xaponesas. Tamén conserva as publicacións do goberno dos EE UU e constitúe o centro xaponés de intercambio e información de libros. Está dividida en sete departamentos e noutras 35 bibliotecas espalladas polos aparatos executivos e xudiciais do goberno, totalizando un conxunto de 3.900.000 volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública con sede en Florencia. Fundada a partir dos libros do bibliófilo italiano A. Magliabecchi (morto no 1714), pasou a ser de dominio público no 1747, para fusionarse posteriormente coa Biblioteca Palatina (1861), fundada por Fernando III, duque da Toscana. Cuns 4.500.000 volumes, é a máis importante das oito bibliotecas centrais do sistema italiano de bibliotecas.

    VER O DETALLE DO TERMO