"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Político. Socialista activo, dirixiu a Lanterne e foi cofundador de L’Humanité. En 1901 accedeu á secretaria xeral do Partido Socialista Francés; un ano despois foi elixido deputado e promoveu a lei de separación do Estado e da Igrexa. No 1909 sucedeu a Georges Clemenceau como presidente do Consello. Entre 1912 e 1914 foi ministro de Xustiza e, entre 1915 e 1917, de Asuntos Exteriores. Defendeu a unión dos partidos durante a Primeira Guerra Mundial e na posguerra recomendou unha política flexible con Alemaña. Dimitiu no 1922, aínda que volveu á presidencia do Consello en 1925 e ao ministerio de Asuntos Exteriores entre 1926 e 1932. Foi un personaxe clave, xunto co alemán Stresemann, na elaboración dos tratados de Locarno (1925) e do Pacto Briand-Kellogg (1928). Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1926.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo multilateral asinado en París o 27 de agosto de 1928 polo que se renunciaba ao recurso da guerra como medio para resolver os conflitos internacionais. Asinado polos representantes de 15 nacións, conseguiu a adhesión doutros 54 estados ata finais de 1929. O documento foi promovido e elaborado polo secretario de Estado para Asuntos Exteriores de EE UU, Frank Billings Kellog, e polo ministro de Asuntos Exteriores francés, Aristide Briand. O pacto non cumpriu os obxectivos previstos, dado que non conseguiu evitar os conflitos que se sucederon na década dos trinta e que culminaron co descrédito total tralo estoupido da Segunda Guerra Mundial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro que estivo situado en Cambre. Non hai datos sobre o momento da súa fundación, pero coñécese a súa existencia por un documento de 1154, data na que o Papa Anastasio IV lle confirmaba a súa pertenza á igrexa de Santiago, certificación que ratificou en 1178 o Papa Alexandre III.
-
VER O DETALLE DO TERMO
bruxomanía.
-
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra inglés. Realizou estudios musicais no Royal College of Music de Londres (1899-1903). Da súa produción destacan a suite orquestral The sea (O mar, 1911), a rapsodia Enter spring (Entra a primavera, 1927) e diversas obras para música de cámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xenético. Foi un dos colaboradores máis importantes de T. H. Morgan. No seu traballo Nondisjunction as Proof of the Chromosome Theory of Heredity (A non-segregación como proba da teoría cromosómica da herdanza, 1916) probou que os cromosomas son os portadores dos xenes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Educadora cega e xordomuda. Dedicouse ao ensino de xordomudos co sistema de S.G. Howe e L. Braille.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e filósofo estadounidense. Estudiou na Universidade de Harvard, onde foi profesor de matemáticas e de filosofía natural dende 1926. A súa carreira como investigador centrouse nos efectos das altas presións sobre a materia. Tamén contribuíu ao avance da cristalografía e abriu o camiño para a obtención de diamantes artificiais, que conseguiu no 1955 nos laboratorios da General Electric. No 1946 acadou o Premio Nobel de Física pola invención do aparello para producir presións extremadamente altas, amais doutros descubrimentos que realizou vinculados a este eido. Entre as súas obras cómpre destacar The Logic of Modern Physics (A lóxica da Física moderna, 1927), The Physics of High Pressure (A Física de altas presións, 1931), The Nature of Physical Theory (A natureza da teoría física, 1936), The Nature of Thermodynamics (A natureza da Termodinámica, 1941) e Reflections of a Physicist (Reflexións dun físico, 1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora letona. Cultivou o teatro e a narrativa inspirada no folclore do seu país.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos brigantes.
-
Individuo do pobo brigante.
-
Pobo de Britania, establecido ao norte do río Humber no s I a C. Foron sometidos polo xeneral romano Petilio Cerealis, no ano 74 d C.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción italiana realizada en 1951 e dirixida por Mario Camerini. Foi interpretada por Silvana Mangano, Amedeo Nazzari e Umberto Spadaro. Trátase dunha das primeiras aproximacións do cine italiano ao asunto das mafias locais, xunto a unha análise da sociedade da época.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coiraza formada por pequenas láminas de aceiro, en forma de loriga, que se superpoñen unhas a outras a xeito de escamas e que se suxeitan a unha tela forte ou peza de coiro por medio de cravos ramachados. Algunhas, a proba de tiros de besta, acadaron os 26 quilos de peso. Empregouse en guerras e torneos entre os séculos XII ao XVI.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Betanzos ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Betanzos.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Brigantium ou aos seus habitantes.
-
Individuo do pobo brigantino.
-
Pobo (populus) prerromano da Gallaecia, no convento lucense, que tiña por núcleo principal Brigantium. Localízase con certas dúbidas na bisbarra de Bergantiños. É posible que fose unha fracción dos ártabros (arrotrebae), pobo de difícil localización situado aproximadamente entre o cabo Ortegal, ao N, e o de Fisterra, ao O.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Publicouse por primeira vez na Coruña en 1863, e subtitulouse “Periódico literario, científico e industrial”. Algúns dos redactores foron Vicetto, Federico Alejos Pita ou Xosé María Montes. Saíu da imprenta de Castor Míguez diariamente para cobrar un interregno do Diario de la Coruña (1857), co que coincide o subtítulo, o impresor e os colaboradores, entre os que destacou Antonio de San Martín. No ano 1867 saíu Galicia y sus poetas, a primeira antoloxía de poesía galega aparecida como un folletín de El Brigantino. En 1868 Ricardo Pita imprimiu este periódico que se chamou Boletín de la revolución cando triunfou o levantamento de setembro. Volveu editarse no ano 1880 en Ferrol, para continuar coa súa segunda andaina. Ricardo Pita realizou todas as tarefas de dirección, impresión e redacción. Reapareceu para defender dos seus atacantes a fracción republicana radical que existía no concello. Con todo, o obxecto principal era a defensa dos intereses morais...
-
CIDADES
Cidade vinculada ao pobo dos ártabros (arrotrebae) que presenta algúns problemas de localización, podendo tratarse da actual Coruña ou de Betanzos. Antes da chegada de César, esta comarca do NO da Gallaecia tiña sona como enclave comercial dotado dun porto situado nas grandes rutas comerciais do Atlántico e afeito a recibir a visita de comerciantes e mercadores. Nos anos 60-61 a C, César dirixiu unha campaña neste territorio para obter un importante botín e ampliar así as relacións comerciais. A expedición serviu tamén para comprobar as riquezas mineiras da Gallaecia, fundamentalmente o ouro, deixando a rexión en condicións de recibir unha explotación comercial regularizada. A dominación romana non foi efectiva ata a fin das Guerras Astur-Cántabras. En Brigantium debeu existir un gran porto, en consonancia coa categoría do faro romano que aínda se conserva, e posiblemente a súa estrutura estivese formada por un dique con sucesivos arcos, por debaixo dos que se introduciría o mar....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xurdiu na Coruña no ano 1980. Subtitulouse “Boletín do museo arqueolóxico e histórico de A Coruña”. Tivo dous directores, Felipe Senén López e o director honorario Manuel Chamoso Lamas. Esta publicación bilingüe, que se editaba cada ano, contou coa colaboración de J. M. Vázquez Varela, Felipe Criado Boado, Fernando Alonso Romero, Jaime Delgado Gómez e Raquel Casas García, entre outros. Na presentación afirmaba o seu interese pola arqueoloxía, prehistoria, historia, etnografía, arte, epigrafía e numismática. Nos volumes que van dende o número 2 ao 6 inseriu unha sección que se denominou “Varia”. Deulle prioridade á prehistoria, mentres que case non daba cabida ás investigacións sobre os séculos XIX e XX, etapa na que se desenvolveu a prensa galega. Destacou pola excelente presentación e pola calidade dos traballos, sempre ben documentados e ilustrados. Os artigos abranguían dende o mundo técnico, ata os costumes populares. Foi unha das poucas publicacións galegas que antes do artigo insería...
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Chantada. Románica de finais do s XII, conta cunha nave e capela rectangulares, ambas con cuberta de madeira. O arco triunfal é de medio punto, sostido por semicolumnas con capiteis vexetais. A reconstruída portada occidental está formada por un arco semicircular apoiado sobre columnas que teñen capiteis figurados: nun deles aparecen dous grifóns afrontados e no outro, un home sentado que apoia as mans nos xeonllos, acompañado por un cuadrúpede. Os canzorros presentan personaxes sedentes e cabezas de animais. No interior do templo consérvase unha pía bautismal antiga adornada con estrías oblicuas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que desprende brillo ou que reloce.
-
Que chama a atención por algunha calidade persoal.
-
Diamante tallado.
-
Característica do viño, apreciable durante o proceso de cata, relacionado coa súa xuventude, transparencia e limpeza.
-
-
-
Luz que despide un corpo.
-
Que posúe unhas calidades admirables.
-
-
-
Preparado cosmético para facer relucentes os cabelos e darlles unha certa adherencia despois de peiteados. Actualmente, as brillantinas sólidas prepáranse con vaselina e cantidades variables de aceites e ceras, mentres que as líquidas, con aceite de vaselina, de solucións alcohólicas de aceites, ou de emulsións diversas.
-
Tecido branco de algodón brillante usado especialmente para forros e prendas infantís e femininas.
-