"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • Agrupación musical fundada en 1891 en Alongos (Toén) por Samuel González, quen foi o seu primeiro director. Nun principio só eran 6 músicos pero axiña elevou o número de compoñentes e chegou a ser unha banda de renome en Galicia e fóra dela, sendo recoñecida por autores da nosa literatura como Eduardo Blanco Amor na súa obra Xente ao lonxe. Ó longo da súa traxectoria tivo como directores, entre outros, a Antonio Tojo, Beristain, Rego, Salgado, Félix Molina, Francisco Rodríguez, Edmundo Figueiras, Cándido Alvarado, Arsenio Iglesias, Alejandro del Río e o actual director José Vázquez Rebollo. Nesta formación, viveiro en moitas ocasións da Banda de Ourense, destacaron figuras como Manuel Conde, Manuel Conde Ogando ou Benito Rebollo Veliñas. Participou en numerosas festas e coa súa música percorreu toda Galicia, Portugal e algunhas provincias de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A mediados do século pasado, había na vila de Arzúa un número indeterminado de formacións musicais de pouca importancia pero que aglutinaban ao seu redor unha cantidade considerable de músicos. Consciente de que existía o material humano necesario, un gaiteiro de Visantoña, coñecido polo alcume de O Carreiriña, acometeu a creación da Banda de Arzúa e dirixiu a formación ata o seu pasamento. A continuación dirixiu a agrupación Pedro Pampín e despois o seu irmán Xesús Pampín. Nos seus inicios estaba constituída por uns 20 músicos, dividida por veces para atender todos os compromisos, e ademais da instrumentación habitual contaba cun grupo de gaitas. Actuou por Galicia de xeito interrompido ata 1945, data na que se disolveu por multitude de problemas, entre eles a precaria situación económica despois da Guerra Civil española. Foi Arturo Rendo quen a reorganizou. Nesta nova andaina, que discorreu nos derradeiros anos da década dos corenta e rematou no 1954, a banda contaba con 31 músicos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical que tivo as súas orixes nunha primeira banda fundada no 1940 e disolta no 1963. Despois dun lapso de doce anos, creouse novamente como Banda Cultural de Lalín con músicos da Banda de Veteranos e das Bandas de Mato, A Xesta, Goiás e outras. En xaneiro do 1992 transformouse na Banda Municipal de Lalín, con músicos da Banda Cultural e alumnos do conservatorio, dirixida dende esta data por Marcel Van Bree e con máis de sesenta compoñentes. O seu repertorio abrangue dende obras de Falla, Granados, Rossini ou Groba ata pezas tradicionais galegas. Gañou o II Premio no Certame de Bandas de Galicia na TVG. Destacan as súas actuacións por Arxentina (1983), Venezuela (1985), Burgos, León e Lisboa (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A bisbarra de Noia contaba en 1920 con dúas bandas de música, desaparecidas a consecuencia da Guerra Civil española. Foi no 1949 cando se volveu formar unha nova agrupación musical, esta vez baixo a denominación de municipal, que perduraría ata o ano 1962. Nesta nova etapa contou coa dirección de Jesús Pérez Rivas, Lucas Ramírez Muñoz e José Fiuza, respectivamente. Despois de ter ao redor de 44 compoñentes, co paso do tempo a banda reduciuse a un pequeno grupo de músicos que integraron a chamada Charanga do Bralo de Tállara, con só 17 compoñentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical fundada en 1870 que se mantivo en activo ata 1929, ano en que desapareceu. Foi reorganizada e dirixida en 1930 por Perfecto Iglesias Figueroa, con algúns compoñentes da banda vella pero principalmente con novos músicos ensinados por el. Directores posteriores foron José Badín, Marcial Sanjurjo, José Oro Val, Vázquez Gregorio, Francisco Gargallo e Simón Trelles. Na actualidade está dirixida por Rosendo Iborra Jover. En 1945 acadou o II Premio no Certame de Bandas de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical fundada en 1902 por un grupo de 16 afeccionados, sendo unha das bandas máis antigas de Galicia. A partir de novembro de 1971 está dirixida por José Iglesias Ramilo e ten ao redor de 78 músicos e dende 1976 ensaia no Centro Cultural de Valladares, funcionando este local dende 1983 ata 1994 como unha filial do Conservatorio Superior de Música de Vigo, e paralelamente está a propia Escola de Música da Banda. Mostra da súa constante actividade foi a creación dos grupos de Cámara Grupo de Metales Ars-Metal e o Grupo de Vento-Madeira Amadeus. Recibiu o I Premio nos Certames de Bandas de Música en Cangas (1985), Vigo (1986) e en Lalín (1991) e na segunda convocatoria do Certame de Bandas de Música Populares (1996), así como o II Premio no Certamen Internacional de Bandas de Música Ciudad de València (1997). Dentro da súa discografía destacan as gravacións: Unión Musical de Valladares e Coral Polifónica do CVC de Valladares (1983) e Unión Musical de Valladares (1987,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • No ano 1860, dúas charangas da vila uníronse formando unha banda de música con, aproximadamente, uns trinta compoñentes, dirixidos por Camilo Pérez Pérez. A partir de aquí, unha serie de directores enriqueceron o colectivo, non só coa achega directora senón con importantes composicións que hoxe son intrepretadas por outras bandas galegas, como poden ser a muiñeira O por do sol, de Bernardo Cortés ou o pasodobre Los siete infantes, de Jesús Vázquez. No ano 1982 chegou a Vilanova dos Infantes o que fora director da Banda de Música de Aviación de Madrid, Benito de las Cuevas López, quen lle imprimiu un selo moi persoal, incorporando novos temas ao repertorio da banda, con pezas como Galaico ou Aromas de Vilanova dos Infantes. Dende abril de 1991, exerceu a súa dirección Hermelindo Gómez Rodríguez, formado en La Lira de Ribadavia. Actualmente está constituída por 35 músicos, e nos últimos anos foi dirixida por Sergio Perelló Blanquer, substituído no 2000...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical documentada polo franciscano Samuel Eiján que se ocupou dela na súa Historia, publicada a comezos do s XX. Nos arquivos do Museo Diocesano de Ourense hai datos dos inicios desta banda do Ribeiro, da que figura o ano 1840 como punto de arranque, e que aínda hoxe existe. A Ribadavia chegou o artista toscano Veneroni que, despois de actuar na localidade cunha compañía de cómicos, optou por quedar na vila exercendo o ensino da música. Organizou unha sociedade filharmónica, destinada á formación da xuventude, dando facilidades económicas aos fillos das familias menos protexidas. Anos máis tarde, cando xa a organización ía en marcha, o concello de Ribadavia, en sesión celebrada o día 9.6.1850, tomou o acordo de prestar todo o apoio necesario para que ninguén, por falta de medios, se vise privado de ser músico. Nunha segunda sesión celebrada o día 13.10.1850, o concello facilitou o local de ensaio na escola de nenos de Santo Domingo. No 1894, data na que a banda tomou o nome...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • É a banda municipal galega de máis recente creación. O día 15 de outubro de 1946, ano do pasamento de Manuel de Falla, tomouse o acordo da súa fundación nun pleno do concello coruñés, presidido por Eduardo Ozores Arráiz. Debutou a banda o día 26 de xullo de 1948, baixo a batuta de seu primeiro director, Rodrigo A. de Santiago, quen anos despois dirixiu a Municipal de Madrid. A presentación en público tivo lugar sendo alcalde Alfonso Molina Brandao. A posta en marcha deste prestixioso colectivo foi especialmente promovida por Antonio López Prado, entón concelleiro da Coruña. Nos seus comezos, a banda coruñesa tivo que ser nutrida de músicos procedentes de diversas bandas populares. Non tardou en convocarse un concurso-oposición para que cada unha das prazas chegase a ser cuberta por persoal titulado. Así se explica a súa rápida categoría, xa que todos os seus compoñentes son funcionarios de carreira. No ano 1967 tomou a batuta Roxelio Groba, que adoptou a modalidade do concerto comentado,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A primeira referencia desta agrupación musical remóntase ao ano 1849 cando un grupo de persoas ligadas á histórica tradición musical de Celanova, marcada inicialmente pola historia musical do propio mosteiro, comezou a traballar en conxunto para crear unha agrupación musical permanente. Así, ao longo de 1849, mantiveron diversos contactos co alcalde, Xosé Benito Reza, que deron como froito a consolidación da banda na primavera de 1850, baixo a dirección de Manuel Chamuchín. Esta primeira etapa definiuse polas súas continuas aparicións e desaparicións provocadas por problemas económicos do concello, unhas veces, e por problemas internos, outras. Chamuchín permaneceu na dirección ata xuño de 1853; a partir de aquí a banda foi dirixida por Xenaro Durán Camilo Burdeos e Hixinio Gil, Ramón Prieto, Manuel Sánchez e Manuel Asensio Armada, respectivamente. En 1865 a agrupación musical contaba con 15 compoñentes aproximadamente. En 1908 reorganizouse da man de Xosé Sánchez e constituíronse os alicerces...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación musical que tivo a súa orixe en 1869, cando o Concello de Lugo confiou a súa reorganización e funcionamento a Xoán Montes Capón, quen lle deu profesionalidade, dignidade artística e técnica. Despois desta reorganización, o debut efectuouse en 1875. Non obstante , debido a problemas salariais co Concello, Montes abandonou a banda e dedicouse de cheo ao seu Orfeón Lucense, máis tarde chamado Orfeón Gallego. Foi substituído por Baldomero Latorre Capón, con quen se acadou o I Premio no Certamen Nacional de Bandas de Gijón. Daquela, a banda sostíñase ao abeiro dun padroado, presidido por Ramón Landriz, a quen o colectivo dedicou unha orla o día 31 de agosto de 1904. Logo chegou Benito Patán, que cedeu a batuta a Martí, pianista do Círculo das Artes, con quen a banda se disolveu debido á expulsión do propio director e do músico Antonio Otero Malacriatura, por parte do alcalde Ánxel López Pérez. Un ano despois o alcalde encargou a reorganización a Ricardo Dorado, pero debido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical fundada no ano 1984 baixo a iniciativa de Miguel Fernández Pestonit e cun amplo número de compoñentes da antiga Banda de Música de Noia, baixo a dirección de Ramón Rodríguez Caamaño. A continuación tomou a batuta Adonis Ferreiro García, o seu director na actualidade. Conta cun cadro de 40 compoñentes aproximadamente, e acadou o III Premio nun Certame de Bandas realizado na vila de Cangas. Realizou numerosas actuacións dentro de Galicia e no estranxeiro (Bos Aires, Portugal, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • En 1883 creouse na cidade de Ourense unha orquestra da que foi o seu fundador e director Enrique Fernández Fernández, acólito da Catedral de Ourense. No ano 1897 cos compoñentes desta orquestra e outros músicos que proviñan de numerosas bandas populares, formouse a Banda Municipal de Música, dirixida por Enrique Fernández. Posteriormente, fíxose cargo da formación un director coñecido polo pseudónimo de Trepedas e a principios de século Xosé Millán, substituído por Ricardo Courtier. En 1923 o cargo recaeu en Xoán Iglesias Bragado ata 1955, sendo o seu sucesor Javier García Basoco ata 1966. Será Segismundo Fernández Feijóo quen ocupe o cargo ata 1969, cando foi nomeado Julián Pinilla López. De 1977 a 1979 foi novamente director Fernández Feijóo, relevado por Ángel García Basoco. En 1985 volveu Fernández Feijóo á banda e en 1989 foi elixido José Domínguez Seoane; en 1990 Nicanor Domínguez Cid, substituído por José Vicente Simeó Máñez. Na actualidade o seu director é Francisco Pérez...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical fundada no ano 1849 que contou con importantes directores ao longo da súa historia, como foron Francisco Martínez e Juan Mª López, entre outros, que a dirixiron ata 1930. A partir desta data fixéronse cargo Ignacio Rodríguez, Ricardo Fernández, Bernardo del Río Parada, José Gotérriz Rambla e Moisés Davia Soriano. No seu centenario, foi nomeado director de honra o catedrático de Composición Julio Gómez e ata 1967 foi dirixida polo musicólogo Echevarría Bravo, ano en que se fixo cargo da banda Amador José Santos Bartolomé. Dende 1993 a banda conta cunha xerencia, da man de Guillermo Pérez Barredo, que supuxo un grande avance para a dignificación deste colectivo, figurando na programación do Teatro Principal e dotándoa dun instrumental de primeira categoría. A agrupación conta con 39 compoñentes, entre os que se inclúe o profesor titular, Santos Bartolomé, autor de diversas obras para banda. A súa actividade estivo pendente ao longo da súa historia da vida socio-cultural...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical que naceu como banda do Hospicio en 1896, dirixida por músicos militares retirados. Comezou con 22 músicos e permaneceu así ata 1931, data na que acadou a categoría de municipal, co seu primeiro director xa funcionario, Mónico García de la Parra, quen permaneceu no cargo ata a súa xubilación en 1956. Nos anos 40 a municipal viguesa chegou a ter un cadro de persoal de 70 profesores. Xuntamente coa da Coruña e a de Santiago de Compostela, a banda viguesa foi denominada municipal, polo feito de ser sostida con cargo aos orzamentos do concello, tendo todos os seus compoñentes que acceder a ela mediante concurso-oposición, pasando a ter a categoría de funcionarios. A decisión foi iniciativa do alcalde Suárez Llanos Menacho. A partir de xaneiro de 1958 pasou a ser responsabilidade artística de Ildefonso García Rivas, que recibiu a banda con 64 profesores, que dirixiron bandas e destacaron como intérpretes e compositores ou pedagogos musicais, como Tocho, Sendra, Plácido, Ricardo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical fundada en 1870 Guláns (Ponteareas). O seu fundador e primeiro director foi Xosé Carracedo Domínguez. Por tradición familiar o seu fillo Constante e despois o seu neto Xosé, sucedérono como directores, mantendo viva esta formación ata 1947. Da Escola de Música da Unión de Guláns, así como da participación na banda, xurdiron recoñecidos músicos, tanto a nivel instrumentista como directores e compositores. A xeito de exemplo pódese citar a Roxelio Groba Groba, director da banda de 1947 a 1952 e posteriormente director da Banda de Música Municipal da Coruña durante máis de vinte anos. Despois de 1952 a ata 1959, foron igualmente importantes as participacións dos directores Miguel Groba Groba e Indalecio Fernández. A partir de 1959 levaron a súa dirección Antonio Baquero, Francisco Rodríguez, José Fariñas e Rogelio Loureda, para en 1968 facerse cargo da batuta Xosé Carracedo Pousada, con quen a banda foi galardoada no Concurso de Bandas Populares de Ourense (1971). Logo sucedéronse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Praia xunto ao porto de Bueu, presenta as características propias dunha praia portuaria.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 450 metros ANCHURA MEDIA: 20 metros GRAO OCUPACIÓN: Medio GRAO URBANIZACIÓN: Urbana PASEO MARÍTIMO: Si
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Non ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Si
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Plaza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO: 986 80 00 00 DISTANCIA...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que se lle deu, ata a época das loitas pola independencia no Río da Prata, ao territorio situado na beira esquerda do río Uruguai; ao N a súa fronteira variou segundo as vicisitudes da conquista portuguesa. Despois de formar parte das Provincias Unidas do Río da Prata como Provincia Oriental e de ser anexionado sucesivamente a Portugal e Brasil co nome de Provincia Cisplatina, constituíu a República Oriental do Uruguai, independente dende 1825.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e médico que exerceu en Londres e Ghana. No ano 1951 fundou e accedeu á xefatura do Nyasaland African National Congress (NANC, posteriormente Malawi Congress Party) para loitar contra o dominio da minoría branca na Federación de África Central (1953-1963); por estas actividades estivo preso entre 1959 e 1960. De 1961 a 1963 foi primeiro ministro e ministro de Recursos naturais do goberno local de Nyassalandia. No ano 1966, trala independencia, foi o primeiro Presidente electo da República de Malawi (nome que adoptou Nyassalandia nese momento). No ano 1971 autoproclamouse Presidente vitalicio e instaurou un réxime de partido único, personalista e autoritario. No 1993, debido á forte oposición interna e á presión internacional, restableceu o multipartidismo e convocou eleccións democráticas en 1994, nas que foi derrotado por Bakili Muluzi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar do extremo oriental do Océno Índico, onde se sitúan as pequenas illas de Sonda, as Molucas e as Célebes, situado ao N do Mar de Timor e ao O do Mar de Arafura.

    VER O DETALLE DO TERMO