"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Barrio de Constantinopla, preto do Corno de Ouro e do extremo setentrional da cidade, que constituía a rexión XIV. Nel residiu a corte imperial bizantina desde o s XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelanizada correspondente ao galego Vázquez, apelido de tipo patronímico formado a partir do nome persoal Vasco; este antropónimo procede, á súa vez, da forma prerromana velascus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político republicano do País Valencià constituído ao redor da figura de Vicente Blasco Ibáñez e o seu diario El Pueblo. Adquiriu protagonismo a raíz do derrubamento definitivo do federalismo de Pi i Margall. Blasco Ibáñez evolucionou desde un inicial republicanismo “revolucionario”, de clara ascendencia zorrillista -preconizador da violencia e que rexeita os medios legais- ata unha liña máis conservadora, influída por Alejandro Lerroux. A retirada de Blasco Ibáñez da política activa (1908) significou o ascenso ao liderado do grupo de Félix Azzati Descalci. Azzati mantivo a ambigüidade doutrinal do seu grupo ante a emerxencia crecente do anarcosindicalismo valenciano e, a partir de 1910, iniciou unha liña independente do Lerrouxismo. Despois da paralización que representou a ditadura do xeneral Primo de Rivera e trala morte de Azzati (1929), o partido reorganizouse baixo a dirección de Sigfrid Blasco Ibáñez, que acentuou o carácter socialmente conservador do grupo e volveu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Traballou no taller de imaxinería relixiosa dos irmáns Vayreda e con Josep Berga i Boix, con quen adquiriu un dominio depurado do debuxo e da técnica da escultura. Posteriormente cursou estudios en París e Roma ata 1893. En 1894 volveu a París para iniciar unha vida profesional ata que en 1906 se estableceu en Madrid. Entre as súas obras máis importantes figuran: Els primers freds (Os primeiros fríos, 1892), Cançó popular (Canción popular), o monumento a Federico Rubio de Madrid ou o monumento a Mariano Moreno en Bos Aires. Foi membro das academias de Belas Artes de Madrid e Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo. Catedrático de Historia Antiga da Universidad Complutense de Madrid. É autor de numerosos traballos e libros sobre as épocas prerromana e romana da Península Ibérica. Entre os seus libros cómpre salientar os seguintes: Religiones primitivas de Hispania (1961), Tartesos y los orígenes de la colonización fenicia en Occidente (1968), La romanización (1974) e Historia económica de la Hispania romana (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista. Abriu en París unha escola de Arquitectura que dirixiu dende 1743 ata o seu ingreso como profesor na Académie Royale de l’Architecture. Académico en 1756 e teórico influente, defendeu a pureza clásica fronte ao gusto pola ornamentación. Do construído por el só se conservan tres alas da Praza de Armas de Metz. Das súas publicacións destacan: Distribution des maisons de plaisance (Distribución das casas de recreo, 1737), L’Architecture française (A arquitectura francesa, 1752-1756), Discours sur la nécessité de l’étude de l’architecture (Discurso sobre a necesidade do estudo da Arquitectura, 1754) e Cours d’Architecture (Curso de Arquitectura, 1771-1777).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Agrupación política de dereitas fundada o 10 de decembro de 1934 baixo a dirección de Xosé Calvo Sotelo. Agrupaba os membros de Renovación Española, certos colaboradores da revista Acción Española e algúns tradicionalistas. O seu órgano propagandístico foi La Nación. A ideoloxía do BN propugnaba unha monarquía forte de base non parlamentaria, un estado corporativo cunha representación orgánica da sociedade e un exército capaz de garantir a orde institucional. Os maiores apoios do BN estaban en Galicia, sobre todo en Ourense, circunscrición pola que foi elixido Xosé Calvo Sotelo en febreiro de 1936, quen se amosou partidario dunha autonomía administrativa, pero non política, para Galicia.

    2. Masa grande de materia sólida, moi compacta e pesada, xeralmente de límites externos ben definidos.

    3. Feixe de follas de papel prensadas, empregadas xeralmente para realizar anotacións.

    4. Reunión de cousas que constitúen un todo homoxéneo e coherente.

    5. Grupo de persoas ou entidades (partidos, países, etc) unidos para unha finalidade común.

    6. Elemento dun diagrama de bloques.

    7. Conxunto de anuncios dentro dun espacio publicitario enmarcado nun programa de radio ou televisión. Cada bloque vai composto por unha serie de anuncios de duración diversa. Nas canles televisivas, os anunciantes concédenlle máis valor a aqueles anuncios que aparecen na cabeceira ou ao final do bloque, debido a que os reclamos máis próximos á programación son susceptibles de seren vistos con maior atención e por maior número de persoas. OBS: Tamén se coñece co nome de bloque publicitario.

    8. Conxunto de elementos que forman unha parte compacta dun aparello electrónico. En caso de avaría, pódese substituír facilmente o bloque avariado.

    9. Conxunto de selos dispostos en forma vertical ou horizontal; o máis representativo e coleccionable é o formado por catro selos.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Masa grande de materia sólida, moi compacta e pesada, xeralmente de límites externos ben definidos.

    2. Feixe de follas de papel prensadas, empregadas xeralmente para realizar anotacións.

    3. Reunión de cousas que constitúen un todo homoxéneo e coherente.

    4. Grupo de persoas ou entidades (partidos, países, etc) unidos para unha finalidade común.

    5. Elemento dun diagrama de bloques.

    6. Conxunto de anuncios dentro dun espazo publicitario enmarcado nun programa de radio ou televisión. Cada bloque vai composto por unha serie de anuncios de duración diversa. Nas canles televisivas, os anunciantes concédenlle máis valor a aqueles anuncios que aparecen na cabeceira ou ao final do bloque, debido a que os reclamos máis próximos á programación son susceptibles de seren vistos con maior atención e por maior número de persoas. OBS: Tamén se coñece co nome de bloque publicitario.

    7. Conxunto de elementos que forman unha parte compacta dun aparello electrónico. En caso de avaría, pódese substituír facilmente o bloque avariado.

    8. Conxunto de selos dispostos en forma vertical ou horizontal; o máis representativo e coleccionable é o formado por catro selos.

      1. Grupo de palabras, caracteres, ou en xeral rexistros que, á hora de facer unha transferencia de datos, son tratados como unha unidade.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación política de dereitas fundada o 10 de decembro de 1934 baixo a dirección de Xosé Calvo Sotelo. Agrupaba os membros de Renovación Española, certos colaboradores da revista Acción Española e algúns tradicionalistas. O seu órgano propagandístico foi La Nación. A ideoloxía do BN propugnaba unha monarquía forte de base non parlamentaria, un estado corporativo cunha representación orgánica da sociedade e un exército capaz de garantir a orde institucional. Os maiores apoios do BN estaban en Galicia, sobre todo en Ourense, circunscrición pola que foi elixido Xosé Calvo Sotelo en febreiro de 1936, quen se amosou partidario dunha autonomía administrativa, pero non política, para Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coalición formada en abril de 1977 pola Unión do Pobo Galego (UPG) e a Asemblea Nacional Popular Galega (AN-PG). Nun comunicado conxunto, os dous colectivos pediron a abstención no referendo do Estatuto de Autonomía, o que consideraban lexitimador dunha política antidemocrática e antigalega. A maioría dos 38 candidatos do Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG) ao Congreso e Senado pertencían á UPG. O programa do BN-PG incluía no seu limiar unha serie de medidas políticas, económicas, sociais e culturais que consideraban necesarias para poder falar de democracia en Galicia e que o país deixase de ser unha colonia dentro do estado español. Contiña as bases constitucionais para a participación da nación galega nun pacto federal e o proxecto de medidas económicas para un programa do goberno provisional galego. Entre as medidas de política económica social destacan o recoñecemento das liberdades de xuntanza, manifestación, asociación e folga; a implantación dun sistema fiscal galego progresivo;...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación política nacida nunha Asemblea celebrada no pavillón de Riazor (A Coruña) os días 25 e 26 de setembro de 1982. Tralo fracaso das primeiras tentativas de articular o nacionalismo galego, reflectido na crise do Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG) que aglutinaba a Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) e a Unión do Pobo Galego (UPG), que intentaron solucionar coa alianza do Partido Socialista Galego (PSG), xurdiu o BNG, un produto da reflexión crítica sobre a política e organización das anteditas formacións. Daquela, as primeiras organizacións integrantes do BNG foron a AN-PG, a UPG e o PSG. En 1983 o PSG deixou de pertencer ao BNG aínda que algúns dos seus membros continuaron como Colectivo Socialista. En 1985 dentro do propio BNG naceu unha nova formación, o Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN) que sería expulsado en 1987 por apoiar a candidatura de Herri Batasuna (HB) nas eleccións ao Parlamento Europeo. A organización xuvenil nacionalista Galiza Nova, herdeira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo antifranquista constituído por exiliados galegos en Toulouse a finais de 1944. Estivo composto por representantes de Izquierda Republicana, Unión Republicana, Partido Comunista de España (PCE), Partido Socialista Obrero Español (PSOE), Unión General de Trabajadores (UGT), así como por algúns membros do Partido Galeguista. Estaba presidida por Manuel Portela Valladares. De influencia comunista, pretendeu reivindicar a pervivencia da Fronte Popular como institución legal e democrática na que os dereitos de Galicia estivesen representados. Ata 1947 editou en París un boletín bilingüe, Galiza, no que colaboraron entre outros Enrique Líster, Castelao e César Alvajar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou o que bloquea.

    2. Aplícase ao medicamento ou á substancia que impide a emisión ou a chegada de estímulos, a secreción de hormonas, a acción destas ou a doutros órganos, e produce, ás veces, efectos semellantes á extirpación.

    3. Anticorpo que inhibe por competencia a fixación doutros anticorpos específicos.

    4. antiadrenérxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Illar unha cidade, unha rexión, un porto ou calquera lugar xeográfico privándoo de toda clase de comunicación co exterior.

    2. Facer imposible o desenvolvemento ou a libre circulación de algo por un determinado espacio ou lugar.

    3. Evitar, alguén competente na materia, o emprego ou o aumento de determinados créditos ou bens.

    4. Interceptar un balón ou un contrario cando se practica un determinado deporte.

      1. No sistema operativo Macintosh seleccionar un arquivo ou un disco e marcalo de maneira que este non poida ser borrado por erro. Esta operación realízase facendo clic no cadrado Bloqueado (Locked) da ventá Obter información (Get Info).

      2. Marcar un arquivo como que está en uso de forma que outros programas que se executen ao mesmo tempo non poidan cambialo. Baixo MS-DOS o comando SHARE aplica o bloqueo dos arquivos.

      3. Impedir que se poida gravar nun disquete, deslizando cara ao bordo unha pequena corredeira de plástico situada na parte traseira do disquete. Coñécese como protección contra escritura e non impide copiar o seu contido.

    5. Facer que alguén non poida reaccionar adecuadamente ante unha determinada situación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de bloquear.

    2. Alteración fisiolóxica ou patolóxica que dificulta ou impide o funcionamento normal dunha estrutura ou dun corpo.

    3. Operación militar dirixida a illar unha praza ou fortificación, impedindo que se comunique co exterior e que saian ou entren forzas (ou outros auxilios). Diferénciase do sitio en que non se emprenden accións ofensivas dedicadas a tomar a posición bloqueada.

    4. Sistema de sinalización empregado nas liñas de ferocarril para impedir que dous trens, dúas máquinas, etc, que circulan por unha mesma vía entren en colisión. Os sistemas empregados actualmente son o telefónico, o CTC (Control de Tránsito Centralizado), o automático e o de control por ordenador. No bloqueo telefónico, antes de dar a un tren a saída dunha estación, cómpre preguntar por vía telefónica á seguinte se o pode recibir. O bloqueo CTC consiste en gobernar todos os sinais e as agullas dun tramo moi longo de vía dende un lugar único de mando. No bloqueo automático, o mesmo tren, ao entrar e saír dun sector, pecha e abre, respectivamente, o circuíto correspondente aos sinais luminosos. No bloqueo controlado por ordenador recíbese información da velocidade, da distancia do tren precedente e das indicacións das estacións que o ordenador transforma na velocidade máxima permitida.

    5. En diferentes deportes, inmobilización da pelota ou dun golpe por parte dun xogador. Nalgúns deportes de equipo, obstrución regulamentaria que fai un xogador a un adversario, xeralmente para favorecer a un compañeiro de equipo. Nalgunhas artes marciais, acción de impedir que o adversario emprenda un ataque.

    6. Operación pola que as forzas navais e, eventualmente, as aéreas e as terrestres dun estado, interceptan as comunicacións no territorio doutro estado. Dende o punto de vista xurídico, o bloqueo pode ser bélico ou pacífico. O bloqueo bélico tense que declarar por parte do estado belixerante, precisando os límites territoriais e temporais, e notificarse aos estados neutrais que terán que observalo mentres sexa efectivo. En caso de ruptura do bloqueo bélico, o país que o exercía ten o dereito de capturar os barcos infractores e capturar a carga. O bloqueo pacífico, chamado tamén bloqueo económico ou bloqueo económico internacional, adóptase como represalia en tempos de paz para impedir as relacións comerciais do país bloqueado con outros países. A súa licitude é discutida e non hai a obriga de respectalo por parte dos outros estados. En case todos os casos isto obedece a razóns políticas e ten como fin...

    7. Acción do estado para limitar o crecemento dunha ou de diversas variables económicas mediante a conxelación ou a limitación dos seus aumentos. Utilízase en situacións graves e adoita formar parte de plans de estabilización de maior alcance. Dentro dos países de economía de mercado, a aplicación do bloqueo implica un forte grao de intervención estatal. As variables bloqueadas máis usuais son os prezos, os salarios, as rendas de capital, as importacións, etc. O levantamento do bloqueo pretende retornar ao mercado a súa capacidade, e adoita levarse a cabo de xeito gradual, para evitar alzas repentinas nos prezos. O bloqueo de prezos, que pode ser xeral ou limitarse a algúns bens, ten como finalidade a loita contra os procesos inflacionistas que minguan a capacidade adquisitiva dos consumidores. Pero, xunto co bloqueo de prezos, e coa mesma finalidade, limítanse as elevacións dos salarios. O bloqueo das rendas do capital obedece a razóns tanto económicas...

    8. Nun tubo electrónico ou nun dispositivo semicondutor, estado de interrupción da corrente que se obtén ao aplicar unha polarización axeitada ao electrodo de control.

    9. Emprego de pintura opaca sobre a superficie dun negativo (cun gran formato) para escurecer aqueles trazos non desexados na imaxe. Emprégase en fotografía comercial para illar un produto, resaltándoo. Á hora de positivalo, o resultado é un fondo completamente branco.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de medidas tomadas por Napoleón I para pecharlle ao Reino Unido todos os portos do continente. O decreto de Berlín de 1806 prohibía todo comercio ou correspondencia coas Illas Británicas. Gran Bretaña compensou a perda do mercado europeo intensificando o seu comercio coas colonias españolas de América. Europa padeceu as consecuencias do bloqueo, reflectidas nunha baixa do comercio colonial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ximnasta. No ano 1949 gañou o Campionato Absoluto de España e de Catalunya, e retivo o título durante dous anos consecutivos; conseguiu o título individual en todas as especialidades. No 1957 gañou o Campionato Absoluto de Europa. Morreu en accidente de aviación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante. Descubriu a baía que leva o seu nome e a illa de Vancouver, no Pacífico. É autor dunha Carta geográfica de la costa occidental de la California (1789).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis e telleiros que corresponde á voz ‘cravar’.

    VER O DETALLE DO TERMO