"Coruña" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 103.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na Coruña o 12 de novembro de 1812. Cesou a súa edición o 20 de maio de 1813. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Antonio López Rodríguez e saía catro veces por semana. Incluía novas do estranxeiro e de España, xunto con información sobre decretos das Cortes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado na Coruña a partir do 22 de xuño de 1808. Cesou probablemente en xaneiro de 1809. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Francisco Cándido Pérez Prieto e saía todos os mércores e sábados. As súas primeiras informacións eran sempre do estranxeiro, moitas delas do Correo de Londres; logo engadíanse novas nacionais, do Reino de Galicia e locais. Nos seus artigos amosábase contrario á ocupación dos franceses. Posiblemente, dende o 29 de xaneiro, nove días despois da entrada das tropas francesas na cidade, ata xuño de 1809, fora a súa segunda época. Nesta etapa dirixiuna Manuel García Pardo e respondía ao interese dos invasores franceses por fundar periódicos en todas aquelas localidades que ocupaba. Desapareceu co abandono dos franceses de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club de hockey a patíns fundado no seo do colexio Liceo La Paz da Coruña na tempada 1972-1973. Na tempada 1978-1979 o Liceo Banco Simeón proclamouse subcampión da primeira división e acadou o ascenso á máxima categoría do hockey a patíns español. Na tempada 1981-1982 debutou nas competicións europeas; conquistou a Copa da CERS e ademais a Copa do Rei e o subcampionato de Liga. Na tempada seguinte converteuse no primeiro club non catalán que conquistou o título da liga española. En 1984 gañou a súa segunda Copa do Rei e en 1986 a segunda Liga, título que gañou de novo na tempada 1986-1987, nun ano no que se converteu no primeiro equipo galego de calquera disciplina deportiva que se proclamou campión da Copa de Europa. Ao ano seguinte (1987-1988), en calidade de campión de Europa, participou e gañou a Supercopa de Europa e a Copa Intercontinental; ademais, nesa campaña puido revalidar o seu título europeo e obter unha nova Copa do Rei. Na tempada 1988-1989 revalidou todos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado na Coruña a partir de 1860. Cesou a súa edición en 1865. Subtitulouse “Diario mercantil, de literatura y avisos”. Dirixido por Gonzalo Brañas, Eladio Fernández e Domingo Camino, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Domingo Puga. Nos seus artigos, ademais de temas locais e xerais, preocupouse pola chegada do ferrocarril a Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo arqueolóxico e histórico inaugurado en 1968 e situado no castelo de Santo Antón na Coruña. De titularidade municipal, pertence ao Consello Galego de Museos. A súa colección componse de pezas da prehistoria e da historia antiga de Galicia, procedentes maioritariamente de escavacións arqueolóxicas realizadas na provincia. A chamada Casa do Gobernador está dedicada á lembranza dos principais feitos acontecidos na cidade, como a expedición de Drake ou a Batalla de Elviña. Edita a revista Brigantium.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo militar situado no antigo solar do convento de San Francisco na Coruña. A súa orixe atópase na colección reunida pola Maestranza de Artillería no s XIX, enriquecida con novas adquisicións tras a Guerra Civil Española (1936-1939). A súa colección componse de armas de fogo de todo tipo e nacionalidade, así como de bandeiras, lembranzas e instrumentos dos corpos galegos, desaparecidos coa reorganización do exército na década de 1980. En 1988 o exército concedeulle a categoría de museo rexional e en 1991, coa desaparición do Parque de Artillería, reorganizouse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo provincial situado na Coruña. Estivo instalado nun edificio neoclásico de Pedro Cermeño da rúa Panadeiras e en 1995 trasladouse ao antigo convento das Capuchinas, nun edificio rehabilitado por Manuel Gallego Jorreto do que se conservou a fachada. Pertence ao Consello Galego de Museos. A base dos seus fondos constituíuse con obras que procedían do Museo del Prado, ás que se agregaron outras procedentes de diversas institucións públicas e privadas. Acolle coleccións de pintura, escultura, gravado e cerámica dos ss XVIII-XX e ten unha sección de libros antigos e autógrafos. Conta tamén cunha sala dedicada á arte galega, salas de exposicións temporais e o foro, espazo de recepción onde se mostra a escultura galega contemporánea. Foi declarado Ben de Interese Cultural en1962.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal de información xeral publicado na Coruña a partir do 4 de outubro de 2000. Pertencente á Editorial Prensa Ibérica, é un dos xornais máis novos do grupo. Dirixido por Francisco Orsini, conta coas colaboracións de destacados escritores e xornalistas, como Fernando Jáuregui, Juan J. Millás, Luis del Val e Ánxel Vence, aínda que tamén outorga bastante protagonismo á opinión dos lectores. Prioriza as noticias de carácter local e comarcal da cidade herculina e inclúe unha páxina dedicada a cada un dos concellos que conforman a área metropolitana, que completa coa información da provincia, Galicia, España e o resto dos contidos propios dos xornais de difusión da comunidade galega. Con esta cabeceira, Prensa Ibérica entrou no mercado coruñés para competir con La Voz de Galicia no seu mercado natural. Distribúe, semanalmente, os suplementos “Motor” (luns), “Campeones” (martes), “Saberes” (sábado) e “El Domingo” (domingo). Na rede Internet aparece, tamén desde outubro de 2000, a versión electrónica...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado na Coruña a partir de marzo de 1811. Cesou en 1814. Apareceu baixo os lemas “Rex in sempiternum vivere” e “Vita tamen vinces aversque Troja resurges”. Editada polo frade Xoán Chacón, saíu tres veces á semana. Estaba relacionado co Exacto correo de España en La Coruña, tamén editado polo mesmo relixioso. Os dous xornais atacaban o liberalismo, aínda que o Postillón facíao dun xeito máis violento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club de fútbol fundado en decembro de 1906 na Coruña que tivo como precedente o Club Deportivo de la Sala Calvet. Viste camiseta branca e azul a raias verticais e pantalón azul, e xoga os seus partidos como local no Estadio Municipal de Riazor, fundado en 1944. Coa creación da Liga española na tempada 1928-1929 pasou a Segunda División. Debutou en Primeira División na tempada 1942-1943 e conseguiu o subcampionato na campaña 1949-1950 e na que conseguiu algúns dos mellores resultados da súa historia. Durante a década de 1960 militou alternativamente en Primeira e Segunda ata que, despois dunha serie de atrancos deportivos e económicos, descendeu a Terceira División (1973-1974). Coa chegada á presidencia de Augusto César Lendoiro o equipo renovouse e conseguiuse o ascenso a Primeira en 1990. Entre 1992 e 1993 converteuse en Sociedade Anónima Deportiva e, coa incorporación de diversos xogadores de renome e tras a consecución de diversos éxitos deportivos, foi coñecido como “SúperDepor”. Xogou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de carácter privado fundada o 5 de setembro de 1926 na Coruña. Pertencente á Federación Española de Vela, ten como obxectivos a promoción, o fomento e a práctica dos deportes acuáticos, con especial atención á vela. O seu primeiro presidente foi Ambrosio Feijó Pardiñas. Conta con dous peiraos principais, o Muelle de las Ánimas, en que se sitúa o complexo deportivo, e o Muelle de la Dársena, que conta co edificio social. Encárgase da realización de diferentes regatas, principalmente das clases Optimist, Europa, Láser, Táboas e Cruceiros, en diversos campionatos galegos, de España ou de Europa, ademais da regata Cutty Sark.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución que se estableceu na Coruña por Real Orde en 1785. Tivo como precedente a Academia de Agricultura de 1765 e xurdiu a consecuencia da apertura do comercio coas Indias en 1778 e do acceso a el do porto da Coruña. A súa xurisdición estendeuse a toda Galicia e tivo como obxectivo o fomento das fontes de riqueza da zona, así como a extensión da navegación ás Indias, orientada a persoas con significativos medios económicos, como comerciantes, mercadores, fabricantes e navieiros. Prestou atención á agricultura práctica e ao comercio, así como á naútica e ao debuxo, das que creou as escolas técnicas especializadas, que continuaron funcionando tras a extinción da institución. O brigadier Winthuyssen redactou en 1789 o regulamento dos estudos náuticos, entre os que se incluíron os do Consulado. O plano de estudos inicial abranguía as materias de aritmética inferior, cosmografía, astronomía, xeografía, arte de navegar, trigonometría plana e esférica e levantamento de planos. En 1806 incorporáronse...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fábrica de lenzos e manteis instalada na Coruña desde finais do s XVII. A súa apertura, entre 1684 e 1685, debeuse á iniciativa dos flamengos Hadrián de Roo e Baltasar de Kiel, que gozaron de importantes privilexios e exencións e da posibilidade de importar materias primas. Parte da súa produción, elaborada con materia prima propia aínda que seguindo o estilo flamengo, foi destinada a abastecer á Casa Real. A súa mellor época viviuna durante a segunda metade do s XVIII, debido ao incremento das demandas por parte da Casa Real e tamén polos envíos a América. Cara a finais de século comenzou a competencia con outros lenzos, como os de San Ildefonso, e a estas dificultades engadiuse o feito de que, ao permanecer ligada ás estruturas do Antigo Réxime, o seu funcionamento baseouse nos contratos que os seus administradores suscribían coa Casa Real, polo que crebou en 1809, cando parte das institucións do Antigo Réxime se viñeron abaixo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo cuartel de artillaría da Coruña que se converteu en 1994 en sede do reitorado da Universidade da Coruña. Construído en 1752 tiña planta rectangular e en 1771 remodelouse adquirindo unha planta poligonal irregular e dúas alturas. Conta cun patio interior con corredores abertos con arcos sobre piares. Está rodeado dun parque e xardíns que acollen os cimentos do antigo convento de San Domingos destruído por F. Drake en 1589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exposición anual do cómic de carácter internacional que se celebra na Coruña. Dirixida por Miguelanxo Prado e Carlos Portela, coa colaboración do Concello da Coruña, a primeira edición celebrouse en 1998. Nas súas diferentes convocatorias contou coa participación de destacados ilustradores, como Denis Deprez, Manel Fontdevilla, Stuart Immonem, Bruce Jones e Ana Miralles, entre outros. As diversas mostras e actividades teñen lugar no Kiosco Alfonso, no Palacio Municipal e no edificio Salvador de Madariaga.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado na Coruña a partir do 2 de agosto de 1809. Cesou en setembro de 1810 (nº57). Fundado e dirixido por Manuel Pardo de Andrade, constaba das seccións de política, historia -redactada polo director-, e literatura, en que incluíu narracións dos feitos acontecidos en Galicia na guerra contra os franceses. O seu obxectivo foi manter vivo o espírito de resistencia fronte á invasión e salvagardar a cultura galega. De tendencia progresista e demócrata, traballou pola difusión do pensamento liberal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación formada en 1920 que unía diversas sociedades de resistencia do ramo da construción. Pola súa ilegalización durante a Ditadura de Primo de Rivera, volveron funcionar as sociedades de oficio por separado, ata que na Segunda República se refundou o sindicato (1933). Foi considerado o máis numeroso da cidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo creado na Coruña en 1897 por membros do grupo anarquista Ni Dios ni Amo, coa finalidade de subministrar pan a baixo prezo ás capas populares. En 1902, un incendio acabou coa cooperativa, e os socios achegaron as súas accións á Escola Laica de nenas alentada pola Antorcha Galaica del Librepensamiento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade creada en 1899 na Coruña. Sucedeu ao gremio de carpinteiros adherido á Primeira Internacional en 1871. Entre 1908 e 1910 fíxose cargo da Federación de Obreros del Ramo de Elaborar Madera de carácter estatal e da edición do seu voceiro La Cuña. En 1910 participou no Congreso fundacional da CNT. Durante a Segunda República, en 1933, integrouse como sección no Sindicato del Ramo de la Construción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación musical creada na Coruña en 1904. É a máis antiga de Galicia e o seu obxectivo inicial foi a difusión da música clásica. Promoveu e organizou concertos de solistas e grupos de cámara, en que participaron Pau Casals, Arthur Rubinstein, Rachmaninoff, Andrés Segovia, Victoria de los Ángeles, Alfredo Kraus, Montserrat Caballé, a Orquesta Sinfónica de Madrid ou a Orquestra Sinfónica de Bratislava.