"Díaz" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 214.

  • GALICIA

    Poeta. Correspondente de Faro de Vigo, publicou El Jardín de los romances (1947). Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1953.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Estudiou na Escola de Enxeñeiros Técnicos de Vigo, licenciouse na Escuela Oficial de Madrid e rematou a carreira de xornalismo na Universidad Complutense. Comezou a súa actividade periodística no Faro de Vigo. En 1967 pasou a dirixir a delegación de La Voz de Galicia en Vigo e en 1977 foi nomeado director deste xornal na Coruña. Exerceu tamén como director de Antena 3 Radio, da Biblioteca Gallega e de Vídeo-Voz TV. En 1998 foi elixido secretario da Fundación Caixa Galicia e no mesmo ano pasou a dirixir El Ideal Gallego. Coa súa chegada ao xornal comezou un proceso de consolidación e expansión da Editorial La Capital coa adquisición de Deporte Campeón e de sete cabeceiras comarcais, ademais da creación de Diario de Ferrol e Diario de Arousa. Fundador da revista Nuestra Lucha, colaborou con diversos xornais e axencias informativas, como La Vanguardia, Informaciones, Diario de Barcelona, Associated Press, United...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Humorista e cantante. Coñecido como O’Xestal, comezou a súa traxectoria musical como barítono no coro Brétemas e Raiolas e como instrumentista (bombo) no cuarteto de gaitas Os do Couto. Participou tamén no Ballet Galego Rey de Viana. Colaborou coas agrupacións Cántigas da Terra, Follas Novas e Toxos e Froles, e cos grupos de gaitas Os Mariñáns, Os Calristas e Os Perilláns. Como humorista, acompañado dun grupo de gaitas, realizou numerosas actuacións por Galicia, por diversos centros galegos (Suíza, Inglaterra, España, Uruguay e Arxentina) e no Círculo Español de Nova York. Na súa discografía figura: O Xestal cos seus gaiteiros (1960), Grupo Folklórico O Xestal (1962), O San Fins do Castro (1962), Cuentos gallegos (1969), Unha vella ruxumeira (1970), Cancións e contos galegos (1973), Contos que van pra feira (1982) e Novos contos do Xestal (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e deseñador gráfico. Estudiou na Escola Pablo Picasso de Artes e Oficios da Coruña. Empregou diversas fórmulas e estilos artísticos, pero na súa obra predomina o realismo. Nas súas composicións reflectiu, entre outros temas, paisaxes urbanas, bodegóns e temas taurinos. Os seus debuxos a carbón, entre os que destacan Calle Tinajas (1998) e Convento de San Francisco (Betanzos), achéganse ao hiperrealismo. Realizou exposicións en Betanzos e na Coruña. Entre outras obras destacan O zume das estrelas (1998), galardoada cun accésit na Bienal Internacional Balconadas de Betanzos, Matador (1998), Serenidad (1999), Big Hat (2000),Virxe negra (2000) e Paseo e barandillas (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Profesor de debuxo da Escola de Artes e Oficios de Ferrol, cultivou a paisaxe, o retrato e a miniatura. Captou o tema paisaxístico do natural, principalmente escenas mariñeiras de carácter costumista nas que representou os peiraos e as xentes do mar da súa cidade natal. Destacan as súas obras Pinos, Monte galego en primaveira e Primaveira en Galicia. Entre os retratos que realizou cómpre salientar os de Concepción Arenal, o mestre Chané, Curros Enríquez e a condesa de Espoz y Mina. Como miniaturista realizou numerosas obras, entre as que cómpre subliñar unha miniatura sobre marfil de EduardoVII de Inglaterra e unha vitela para un abano coa que agasallou a Emilia Pardo Bazán. Entre outras publicacións colaborou en Almanaque Gallego. Participou, entre outras mostras, na exposición de arte galega organizada polo Heraldo de Madrid e na Segunda Exposición de Arte Gallego da Coruña (1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e poeta. Pertencente á chamada Xeración de 1936, colaborou en distintos xornais e revistas como Resol, Alba, Céltica ou Galiza. Fundou e dirixiu a revista Cadernos de poesía Albor e foi redactor xefe de El pensamiento navarro e de Faro de Vigo, e director da revista Pregón e do xornal La Voz de Asturias. Publicou: Primeiras cantigas de amor (1936), con ilustracións de Vidarte e epílogo de Álvaro Cunqueiro, La huella del ángel (1943), Pombal (1963) e Muíño fidel (1983), con ilustracións de Felipe Criado. Foi nomeado Fillo Predilecto de Mondoñedo en 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Cultivou a paisaxe, xénero no que destacou, o retrato e o bodegón. Realizou exposicións, entre outras cidades, en Madrid, Bilbao e Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo cubano. Comezou a súa andaina profesional na dirección de Divulgación do ministerio de Cultura cubano e na revista Revolución y Cultura. As súas fotografías en branco e negro, recollidas moitas delas nas series Son de Cuba e Un momento de la Vida, amosan a realidade das xentes e das rúas de La Habana e doutras pequenas cidades da illa. Expuxo a súa obra no Center for Cuban Studies de Nova York, no Zeit-Foto Salon de Toquio (1997) e en diversos países do mundo, como Arxentina, Brasil, Francia, Italia e México. En 1998 participou en España na mostra Cuba: 100 Años de Fotografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora hondureña. Colaboradora dos xornais La Tribuna e Diario de Centroamérica, publicou, entre outras obras, Luz en la senda (1935) e Peregrinaje (Premio Latinoamericano de Novela 1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Profesora de literatura española, é autora de Tras las huellas de Artonus (Premio Cáceres), La informante (Premio Ciudad de Toledo) e El sueño de Venecia (Premio Herralde de Novela 1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador e adestrador de baloncesto. Xogou no Estudiantes de Madrid entre 1950 e 1958, cunha breve paréntese na tempada 1952-1953, baixo a disciplina do CAVE. En 1958 fichou polo Real Madrid, co que se proclamou campión de liga nas tempadas 1958-1959 e 1959-1960. En 1961 marchou ao Águilas de Bilbao, equipo no que xogou para cursar os estudios de enxeñería industrial na Universidad de Deusto. Debutou coa selección española o 4 de xuño de 1952. En 1963 asumiu a dirección técnica do Águilas, ao que adestrou entre 1963 e 1965. En 1965 a federación nomeouno seleccionador nacional. Neste cargo, que desempeñou durante 27 anos consecutivos de xeito ininterrompido (318 partidos oficiais), acadou os maiores éxitos do baloncesto español: dirixiu o combinado masculino en seis Xogos Olímpicos (México 1968, Múnic 1972, Moscova 1980, Los Angeles 1984, Seúl 1988 e Barcelona 1992), en 5 edicións do Mundobasket e en 13 do Eurobasket. O palmarés da selección durante a súa etapa inclúe un subcampionato olímpico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta mexicano. Director de El Imparcial e colaborador de Revista Moderna e Revista Azul, foi unha das figuras máis destacadas do modernismo mexicano. A súa obra recóllese en Poesías (1886), Lascas (1901) e Poesías completas (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. A súa produción centrouse na paisaxe. Recollidos os bosquexos do natural, realiza as obras no estudio, plasmando unhas paisaxes reconstruídas nas que perdura unha visión relacionada cos seus recordos persoais, como os recunchos da cidade vella coruñesa onde naceu. Empregou a realidade como desculpa para amosar unha linguaxe centrada no estudo da luz e das texturas transparentes. Cunha pincelada miúda e con trazos rápidos, empregou as gamas frías de azuis, grises e brancos equilibrados con lixeiros toques cálidos. Captou as atmosferas espaciais a través de humidade ambiental dos ceos nubrados e do estudo da auga. Entre outras obras, destacan Betanzos: Muíños de Caraña (1992), Ría de Cedeira (1996), Varadoiro do peirao I (1997), Varadoiro do peirao II (1999) e Lorbé (1999). Nas paisaxes urbanas suxeriu os espacios a través dos xogos de luz, neste caso claroscuros potenciados polas arquitecturas dos recunchos dos centros históricos, entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Dirixiu unha das conspiracións que pretenderon restablecer o liberalismo en 1825 tralo retorno ao absolutismo de Fernando VII. Mantivo unha entrevista en Xibraltar cunha comisión de liberais galegos que participaban nas revoltas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cineasta. Comezou no mundo cinematográfico a principios dos anos trinta como socio do Cineclub Español, e antes da Guerra Civil filmou varias obras que lle permitiron entrar no ACAM, primeiro club de cine afeccionado de Madrid. Viviu na Coruña desde principios dos anos sesenta. Neses anos realizou unha serie de obras que o converteron nun dos cineastas afeccionados máis destacados. Dos seus filmes, cargados de ironía, sobresaen Sever Odnum (1964), El jurado (1965), El cine amateur (1965), filme polo que obtivo varios premios, El festival (1967), Al Nasr Altair (1969) ou Los Suevos (1974). Outros aspectos da súa obra son, por unha parte, a sonorización de filmes clásicos do cine mudo da súa filmoteca doméstica para logo difundilos entre os seus discípulos, como M. Castelo ou X. F. Villaverde, e, por outra parte, sonorizacións nas que introduciu cambios substanciais, como a dos rótulos orixinais adaptándoos ás circunstancias sociopolíticas. Proba disto último é a súa obra Nosferaru o el manuscrito...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político mexicano. Ocupou a presidencia da República entre 1964 e 1970. Durante o seu mandato atendeu as obras públicas e enfrontouse á revolta estudantil de 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, deseñador, debuxante, ceramista e escritor, fillo de Camilo Díaz Baliño. Naceu na casa da Tumbona, na rúa das Hortas, onde acudían moitos dos intelectuais e artistas galeguistas dos anos trinta. Colaborou na campaña en favor do Estatuto de 1936 coa realización de carteis, tres deles asinados co nome de Xalo (Galegos para conquerir a liberdade..., SI e Para arrematar cos caciques...) e outro como Isaac Díaz (Las dos simbolizan la Libertad). Tralo estalido da Guerra Civil e o asasinato do seu pai, tivo que refuxiarse na Coruña na casa do seu tío, o tamén pintor Indalecio Díaz Baliño. A causa destes feitos, a súa nai, Antonia Pardo Méndez, perdeu a consciencia e morreu en 1938. Na Coruña comezou a pintar e en 1937 ingresou na casa Bianchi, taller de pintura industrial. En 1939 realizou a súa primeira exposición na Asociación de Artistas da Coruña onde presentou retratos, un autorretrato e diversas obras entre as que destaca Campesiña...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e gravador. Neumólogo de profesión, pertence ao colectivo de gravadores Grupo Graph de Vigo e ao Taller Experimental de Gráfica de Vigo. Mostrou a súa obra en numerosos certames, dentro e fóra de España, dos que se poden destacar as seguintes: Premio de Gravado Máximo Ramos de Ferrol (2001, 1999); Bienal Internacional de Gravado Caixanova (Ourense, 2000); Feria de Arte Internacional Puro Arte de Minas (Uruguay, 2005); Exhibition XIV Bienal Internacional de Arte de Vila Nova de Cerveira (Portugal, 2007); 5th KIWA Exhibition, Kyoto International Woodprinte Association en Kyoto (Xapón, 2007); 6th Lessedra World Art Print Annual en Sofia (Bulgaria, 2007); Salón Internacional Estampa 2006 e 2007; e The Biennal International Miniature Print Exhibition de Vancouver (Canadá, 2007 e 2008). A súa obra está presente, entre outras coleccións, na Biblioteca Nacional de Madrid, na Fundación Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos, Fundación Antonio Pérez de Cuenca, Museum of...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado. Licenciado en Dereito e Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidad Pontificia de Comillas - ICADE (Madrid), é Auditor de Contas, Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais, vogal da Asociación Nacional de Abogados Laboralistas, membro de número da Asociación Española de Asesores Fiscales e Socio de Hispaiuris, A.I.E. No ámbito profesional, no que está considerado un dos profesionais de maior prestixio nos ámbitos xurídico e económico a nivel nacional, é Socio Fundador de Viliulfo Díaz Abogados y Asesores Tributarios, así como socio maioritario de Iberaudit Auditores Cantábrico, do grupo de ámbito nacional Iberaudit Auditores. Así mesmo, participa na sociedade Asesor Player’s, dedicada ao asesoramento de deportistas profesionais de elite. Foi profesor de Contabilidade e Estatística na Universidad Pontificia de Comillas (ICADE) (1968-1969); no Instituto de Ciencias Empresariais de Vigo, como xefe de estudos e profesor de Dereito Laboral (1969-1971); na Universidad...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. Licenciouse en Psicoloxía Experimental na Universidade de Louvain. Trasladouse a EE UU e continuou os estudios nas universidades de New Jersey e Illinois, onde se doutorou en linguas románicas. Profesor de cultura e literatura españolas na Universidade de Drake, colaborou con traballos de teoloxía e crítica literaria en publicacións americanas e europeas, como Revista Interamericana de Bibliografía, Arbor, Cuadernos Hispanoamericanos, Ínsula ou Kentucky Romance Quarterly. Publicou estudios científicos e teolóxicos, como La confirmación (1964), Los nuevos tiempos de la Iglesia (1965), La vocación al matrimonio (1968), Hugo de San Víctor (1968) e, no eido da crítica, Unamuno, el personaje en busca de sí mismo (1975) e Las novelas de Unamuno (1987). É autor das novelas O fillo de Don Tomás (1985), escrita orixinariamente en castelán e traducida ao galego por Manuel Espiña e Mª Luísa Balado Canoura; Cartas del Medio Oeste (1986) e De colores (1990). Entre outros premios,...

    VER O DETALLE DO TERMO