"Sion" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 507.

  • Organismo rexional da ONU creado o día 9 de agosto de 1973, como sucesor da Oficina Económica e Social das Nacións Unidas en Beirut e refundado o 26 de xullo de 1985. O seu programa de traballo caracterízase pola dimensión rexional das súas actividades, específicas para cada país e centradas no ámbito social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo rexional da ONU, fundado en 1958 e con sede en Addis Abeba, que traballa pola modernización do continente africano. Desde a súa creación, contribuíu ao establecemento dunha trintena de institucións técnicas encargadas de favorecer o desenvolvemento socioeconómico de África, en sectores como a tecnoloxía, as finanzas, a planificación e a xestión. Xogou un importante papel na formulación de estratexias económicas desenvolvidas en programas como o Plan de Acción de Lagos ou o Programa de Acción do Cairo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo rexional da ONU fundado en 1948 e con sede en Chile. O seu obxectivo fundamental é o desenvolvemento económico de América Latina, con medidas como a industrialización, a potenciación do comercio intrarrexional ou o patrocinio de estudios sobre os problemas tecnolóxicos dos países da área. Elabora publicacións propias, entre as que destacan Cuadernos de la CEPALC, CEPALC Review e Demográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suborganización económica continental do Consello Económico e Social da ONU creada en 1947, con sede en Xenebra. Os seus obxectivos son o fortalecemento das relacións económicas e o estudo dos problemas económicos e tecnolóxicos de Europa. Desde o ano 1990 asumiu, como tarefa primordial, a integración dos estados ex-comunistas de Europa na economía europea e mundial, e a súa transición á economía de mercado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional fundado no ano 1906 e con sede en Xenebra (Suíza). Ten a misión de establecer a coordinación e unificación das diferentes normas sobre electrotecnia dos diferentes estados. Realizou diversas publicacións sobre normativa e terminoloxía, entre as que destaca o Vocabulario Electrotécnico Internacional (VEI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano executivo da Unión Europea que personifica e defende os seus intereses xerais. A súa orixe está nos primitivos tratados da CEE, a CEEA e a CECA, ata que en 1965 o Tratado de Bruxelas unificou a Comisión para as tres comunidades. Componse de vinte membros, os comisarios, designados polos gobernos dos estados membros e investidos polo Parlamento europeo e por un mandato renovable de cinco anos. A distribución dos comisarios por cada Estado determínase de maneira que cada Estado membro estea representado por un nacional, polo menos, e nunca por máis de dous. As súas funcións principais son as de garda dos tratados comunitarios, velando polo cumprimento da legalidade comunitaria; a instrumentación das políticas comunitarias, a través da execución dos orzamentos comunitarios e a administración dos fondos estruturais; a representación da Unión no exterior, ante terceiros estados; a organización de conferencias internacionais; e o impulso da actividade comunitaria en xeral, a través da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional fundado en 1913 e establecido en París, encargado de coordinar os diferentes aspectos da técnica da iluminación, promover o estudo e a busca neste campo e facilitar o establecemento de normas aplicables aos diferentes estados. Publicou diversos traballos, nos que hai que resaltar especialmente os gráficos e as táboas sobre fotometría, colorimetría, visión, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe que saíu por primeira vez en xuño de 1988 en Ferrol co subtítulo de “Plan de prevención y reinserción del barrio de Caranza”. Informaba sobre o traballo que realizaban tanto os servicios asistenciais como as asociacións e colectivos do barrio baixo o epígrafe de Plan de Prevención e Reinserción de Drogodependencias. Ademais, tratou temas relacionados co fracaso escolar, o deporte, o lecer e os talleres ocupacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ente de dereito público, creado en 1988, que ten como funcións xerais velar pola protección dos investidores, pola transparencia dos mercados de valores e pola correcta formación dos prezos dos mesmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de comisionar.

    2. Que exerce un cargo por comisión.

    3. Persoa encargada por unha comisión para desempeñar unha determinada función.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encargar a alguén que realice un labor en representación doutra persoa ou dun grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Confederación sindical española constituída en 1977. Ten por obxectivo a defensa dos intereses dos traballadores do territorio español.
    Órganos e estrutura
    A Confederación de Comisiones Obreras, que reúne os diferentes sindicatos nacionais, ten dous tipos de órganos: os de dirección formados pola Comisión Ejecutiva Federal, Consejo Confederal e Secretarías Confederales; e os órganos de dirección e control formados pola Comisión de Garantías e a Comisión de Control Financiero. CC OO ten unha estrutura sectorial e territorial. A estrutura sectorial ten un sentido vertical e integra os traballadores en federacións segundo o posto de traballo que desempeñan e segundo o sector laboral ao que pertenzan. A estrutura territorial, de sentido horizontal, integra os traballadores segundo o criterio de territorialidade do seu posto de traballo, é dicir, nas comunidades autónomas. No ámbito internacional intégrase na Confederación Europea de Sindicatos (CES) e na Confederación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica a realizar comisións mercantís. Trátase dun intermediario que vende, por xunto ou polo miúdo, produtos dunha ou máis empresas a comercios, e que pode fixar o prezo de venda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedades configuradas en Galicia desde os anos sesenta para recuperar as sociedades agrarias e construír un auténtico sindicato agrario. Defendían un sindicato galego, democrático, asembleario, antimonopolista e autónomo con respecto a unha futura confederación. O primeiro chamamento asinado por estas comisións data das loitas polo cooperativismo democrático do Ribeiro, de finais dos anos sesenta. Desde os anos setenta, esforzáronse por recuperar os organismos de coordinación e celebraron diversas asambleas (1974 e 1976). En outubro de 1976, unha coordinadora convocou a todo o campesiñado galego para promover a creación e legalización das sociedades agrarias. Publicaron o boletín Democracia Campesiña, do que só saíu un exemplar, en 1973, e Voceiro Labrego, en 1975, ao redor do que se consolidou a Coordinadora Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato galego xurdido na década dos setenta para diminuír o peso que as confrarías de pescadores, con vocación vertical, tiñan no sector dos traballadores do mar. Agrupa o conxunto de traballadores de baixura, altura, marisqueo e acuicultura, ademais de pequenos armadores. A súa primeira asemblea, que se celebrou na Illa de Arousa en xaneiro de 1975 como culminación de anteriores asembleas de portos, aprobou a Plataforma reivindicativa dos traballadores do mar de pesca de altura e litoral. Neste documento, que serviu de programa provisional, propúñase a explotación racional dos recursos do mar, solicitábanse medidas de seguridade no posto de traballo, un salario mínimo (que naquel momento se establecía en 25.000 pesetas con independencia da participación na pesca capturada), unha xornada de oito horas e outras medidas sociais, e esixíase a supresión da lexislación militar na pesca. Nos primeiros anos foron os seus responsables Manuel Pillado, Begoña Palacio, Tito Ucha e Romualdo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Sindicato Nacional de CC OO de Galicia constituído en marzo de 1978, é unha organización de clase que ten por tarefa principal a defensa dos intereses da clase traballadora e dos dereitos nacionais de Galicia na perspectiva do socialismo democrático. Desenvolve a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
    Órganos, estrutura e obxectivos
    Os órganos de dirección son o Congreso Nacional, máximo órgano deliberante e decisorio; a Conferencia Nacional, convocada intercongresualmente para cuestións de interese puntual; o Consello Nacional, máximo órgano de dirección e representación entre congresos; e a Comisión Executiva Nacional, órgano de dirección que leva á práctica as decisións e directrices adoptadas polo Consello e polo Congreso. A coordinación está a cargo do Comité Nacional e a representación legal e pública recae no Secretario Xeral. A estrutura interna é en sentido vertical, para atender a rama laboral, e horizontal, en atención á súa procedencia territorial...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. En 1960 fundou a Orquestra de Cámara de Israel e foi director da Ópera de Bucarest, da Orquestra Sinfónica de Haifa (Israel), da Orquestra Sinfónica do Ulster e da de Baltimore. Así mesmo, asumiu a dirección das orquestras de Vancouver, Helsinqui e RTVE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade anónima de titularidade pública que xurdiu ao abeiro da Lei de Creación da CRTVG, aprobada polo Parlamento de Galicia o 11 de xullo de 1984. Os seus obxectivos principais son a posta en funcionamento, a xestión e a explotación da Radio Galega e da Televisión de Galicia, co que se pretende potenciar a normalización lingüística do galego, a cohesión do tecido social e xeográfico do país, e a divulgación da cultura e dos trazos identificativos de Galicia. Para isto, conta con tres órganos que dirixen o funcionamento do ente público: o Consello de Administración, o Consello Asesor da Compañía e as súas sociedades, e mais o director xeral. O primeiro destes órganos está composto por doce membros elixidos en cada lexislatura polo Parlamento de Galicia, que se encargan do cumprimento do disposto pola Lei de Creación da Compañía, á parte da aprobación daquelas materias que enmarcan as principais directrices que rexen o funcionamento da Compañía, como son: a programación e os seus contidos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de comprender.

    2. Facultade de comprender ou de chegar a saber o significado dalgunha cousa.

    3. Conxunto das cousas que están incluídas noutra.

    4. Condescendencia cara aos actos, aos comportamentos ou aos sentimentos doutro.

    5. Conxunto de caracteres dun ser ou comúns aos seres dunha clase. Un concepto esténdese a tantos máis seres cantos menos caracteres reúne. A comprensión está en relación inversa coa extensión.

    6. Captación do significado completo dun texto lido. Habitualmente, a comprensión da lectura é unha das capacidades máis desenvolvidas didacticamente dentro da área da lingua. A comprensión da lectura non se pode desligar do dominio mecánico e, concretamente, da velocidade de lectura. O proceso de interpretación dun texto pon en xogo a memoria do lector, na medida en que acumula a información necesaria para dotar de significado as unidades discursivas e as expectativas, que proxectan o lido con anterioridade sobre o que queda por ler. A comprensión opérase a partir da relación por parte do lector dos sucesivos períodos oracionais, que ofrecen unha información que se sintetiza nun proceso de abstracción mental. Pódese diferenciar entre unha comprensión primaria, que consiste na captación do sistema conceptual do texto, e unha comprensión secundaria, que implica a reflexión sobre os conceptos e o que estes designan.

    VER O DETALLE DO TERMO