"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

    1. Facultade psíquica coa que cada individuo conceptúa a realidade propia e a circundante.

    2. Coñecemento inmediato ou espontáneo dunha realidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Resultado que se deriva dun feito ou evolución razoable dunha cousa.

    2. Disposición dunha corrente ou dunha rede fluvial con augas que seguen a estrutura xeolóxica, principalmente cando circulan no mesmo sentido ca a inclinación dos estratos, aínda que non necesariamente co mesmo ángulo.

      1. Conclusión dun razoamento.

      2. Expresión dun consecuente nun condicional, tal como q en “se p, entón q”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano de goberno do poder xudicial en España. Está composto polo presidente do Tribunal Supremo, que tamén actúa como presidente neste caso, e por vinte vocais nomeados polo rei para un período de cinco anos, a proposta do Congreso de los Diputados e do Senado. Cada unha das cámaras elixe, por maioría de tres quintos, catro vocais entre avogados e xuíces de recoñecida competencia e seis vocais entre xuíces e maxistrados. Propón o nomeamento do presidente do Tribunal Supremo e de dous vocais do Tribunal Constitucional, nomea os xuíces e ten competencias consultivas en todas as materias de índole xudicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano superior de consulta do goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, constituído en xullo de 1996 en aplicación da Lei 9/1995, do 11 de novembro, e do Decreto 287/1996, do 12 de xullo, que a desenvolve. Con sede en Santiago de Compostela, o seu obxectivo é mellorar a actuación administrativa do goberno autonómico co aumento da garantía de legalidade das súas decisións. Intégrano cinco membros, designados directamente polo presidente da Xunta para un mandato de seis anos (só poderán ser reelixidos unha vez), que deben ser, en calquera caso, licenciados en Dereito; ademais, deben contar cunha experiencia profesional mínima de dez anos como xuristas ou como altos cargos ou funcionarios da Administración, ou ben ter sido membros da mesa do Parlamento. A condición de membro é incompatible coa parlamentaria (indistintamente das Cortes Españolas ou do Parlamento de Galicia), coa de maxistrado do Tribunal Constitucional, Defensor del Pueblo, Valedor do Pobo ou vicevaledor, como membro do Consello...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo autónomo da Xunta de Galicia creado ao abeiro da Lei 2/1987. Como entidade institucional representativa das organizacións xuvenís, o seu obxectivo fundamental é a promoción da participación, a representación e a defensa dos intereses da mocidade en xeral, diante das administracións públicas e da sociedade. Durante os anos oitenta, a participación dos máis novos constituíu un dos piares fundamentais da nova política de xuventude. Tratábase de facilitarlles ás entidades xuvenís a súa contribución en materia política, social, económica e cultural. Este papel de canle realízao, fundamentalmente, a través do tecido asociativo xuvenil galego e coa promoción do asociacionismo como ferramenta de cambio na sociedade. Está formado por diversas entidades políticas, sindicais, de tempo libre, feministas, culturais, etc, que realizan o seu labor dentro do ámbito autonómico. A súa petición de ingreso deberá ser ratificada pola Asemblea Xeral que, xunto co Comité Permanente, conforman o organigrama...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Consello de Tutela Órgano da Organización das Nacións Unidas (ONU) encargado da supervisión dos territorios situados baixo o sistema de fideicomiso. Os seus fins son lograr a independencia ou a autonomía nestes territorios. Os seus integrantes foron a Unión Soviética, China, Francia, Reino Unido e EE UU, única potencia administradora. O último territorio en acadar a independencia foi a República de Palau en 1994; dende esa data as súas reunións celébranse cando é necesario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo de cooperación económica creado en 1949 polo Tratado de Moscova e integrado por Albania (que o abandonou en 1961), Bulgaria, Hungría, Polonia, Romanía, Checoslovaquia e a URSS. Posteriormente, adheríronse a RDA (1959), Mongolia (1962), Cuba e Vietnam (1972). Iugoslavia posuía o estatuto de membro asociado desde 1964. A súa finalidade era intercambiar experiencias económicas, conseguir axuda técnica e proporcionar asistencia mutua entre os seus membros para crear un espazo económico autónomo fronte á economía dos países occidentais. Nun principio limitouse a favorecer o comercio bilateral; despois de 1955 comezou a promocionar a especialización económica dos seus membros. A partir de 1960 iniciáronse as discusións sobre o problema da especialización por estados e o establecemento dun órgano de planificación común a todos. En 1963 tentouse de novo instituír un sistema multilateral no que as compensacións se farían a través do Banco Internacional de Cooperación Económica. As...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano supremo de control externo da actividade económica e financeira da Comunidade Autónoma de Galicia. Creouse pola Lei 6/1985, do 24 de xuño, modificada pola Lei 4/1986, aínda que non se constituíu ata o 1 de marzo de 1991, data da toma de posesión dos seus cinco primeiros membros no Parlamento de Galicia. Segundo a lexislación, o seu ámbito de actuación abrangue a Administración autonómica e todos os seus organismos, sociedades, empresas ou entes públicos dependentes, calquera que sexa a súa forma xurídica, ademais das corporacións locais, cámaras agrarias, da propiedade, de comercio, industria e navegación, confrarías de pescadores e outras de natureza semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano político español creado pola Lei de Sucesión de 1947, coa misión de asumir o poder en caso de falecemento ou incapacidade declarada do xefe de Estado. Estaba composto polo presidente das Cortes, o prelado de maior antigüidade da xerarquía eclesiástica e o capitán xeneral das forzas armadas. Suprimiuse coa aprobación da Constitución de 1978 e as súas funcións asumíronas as Cortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución lexislativa establecida trala Revolución Francesa, pola Constitución do ano III, durante a Convención Termidoriana (1795). Ocupábase de sancionar as leis elaboradas polo Consello dos Cincocentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo da ONU que se ocupa dos aspectos económicos e sociais da cooperación internacional. Ten por obxectivo elevar o nivel de vida e buscar o respecto universal dos dereitos do home e das súas liberdades fundamentais. Composto por 54 membros dende o ano 1971, actúa como órgano de coordinación entre a ONU e as axencias especializadas, relaciónase con outros órganos da ONU, participa na elección dos seus membros e colabora en diversos proxectos. Formado por varios órganos subsidiarios, inclúe entre os seus mecanismos de traballo os comités permanentes, as comisións rexionais e as comisións técnicas ou funcionais. Os comités permanentes son: Programa e Coordinación, Asentamentos Humanos, Organizacións Non Gobernamentais e Normas Internacionais de Contabilidade e Presentación de Informes. As comisións económicas e rexionais dedícanse ao fortalecemento das relacións económicas e ao estudo dos problemas económicos e tecnolóxicos de cada rexión. A Comisión Económica e Social para Asia e o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo da Comunidade Autónoma de Galicia creado pola Lei 6/1995 co obxectivo de facilitar a participación dos axentes sociais e económicos na vida política, económica, social e cultural do país e, principalmente, para ter en conta as súas opinións e propostas nos procesos de adopción de decisións do goberno autonómico. Nel están representados un gran número de organizacións profesionais, entidades e asociacións; intégrano 35 membros, incluídos o seu presidente e o secretario xeral, designados polo presidente da Xunta a proposta dos conselleiros de Economía e Facenda, e Interior e Relacións Laborais. O secretario debe ser un funcionario do grupo A. Os outros 33 membros repártense en tres grupos: os primeiros 11 desígnanos as organizacións de traballadores, segundo os resultados xerais das eleccións sindicais; outros 11 membros representan o empresariado, elixidos pola Confederación de Empresarios de Galicia; por último, outros 11 conselleiros representan a entidades e asociacións: 4 membros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano superior de consulta e participación dos sectores afectados na programación xeral do ensino e de asesoramento, sobre os proxectos de lei ou dos regulamentos que propón ou dita a Xunta no ámbito da Comunidade Autónoma. Está integrado por un total de 51 persoas en representación do profesorado -proposto polos sindicatos-, dos pais dos alumnos, dos alumnos, dos titulares dos centros educativos privados, da administración, das universidades, das centrais sindicais e das organizacións empresariais, ademais dalgunhas personalidades. Segundo a Lei 3/1996, do 18 de decembro, e decretos posteriores que ordenan o seu funcionamento, establécese un pleno (cun promedio de dúas reunións anuais desde 1990) e tres comisións, baixo a presidencia do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, aínda que é o vicepresidente o que vén exercendo a súa dirección, tal e como acontece noutros consellos escolares (do Estado e doutras comunidades autónomas), creados sobre a base da Lei Orgánica do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo sindical que procura dar resposta aos problemas sociais, laborais e sindicais comúns aos traballadores da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Procura a mellora das condicións sociolaborais dos traballadores e garante a cooperación sindical transfronteiriza. Presidida por Xoán Castro, reúne os sindicatos do Norte de Portugal e Galicia pertencentes á Confederación Europa de Sindicatos (CES): Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, Unión Xeral de Traballadores de Galicia, União Geral de Trabalhadores do Norte de Portugal e Confederação Geral dos Trabalhadores Portugueses-Intersindical Nacional do Norte de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano de ámbito autonómico, creado pola Lei 5/1987, do 27 de maio, e modificado pola Lei 11/1989, do 20 de xullo. As súas funcións son, entre outras: facilitar o intercambio de información e consultas entre as universidades galegas; elaborar programas conxuntos de actuación para solucionar os problemas e as necesidades do sistema universitario de Galicia; emitir o informe sobre as propostas de creación de novas universidades e de creación, modificación ou supresión de centros, titulacións universitarias e institutos de investigación; dar a coñecer os novos plans de estudo impartidos nas universidades galegas; propoñer a organización conxunta de estudios entre as universidades, especialmente no que se refire a terceiros ciclos, estudios de posgrao e titulacións que non teñan carácter oficial no Estado; emitir informes sobre os programas de investimentos no sistema universitario de Galicia feitos directamente pola Comunidade Autónoma galega; garantir a racionalización dos estudios, dos servicios...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de solidez ou firmeza dunha cousa.

    2. Grao de densidade ou de espesura dunha cousa.

    3. Calidade fundamentada e razoada que se aplica a cousas non materiais.

    4. Coherencia entre as partículas que constitúen unha masa, dependente da súa natureza e da proporción de auga que contén.

    5. Propiedade dunha teoría non contraditoria.

    6. Lóxica psicolóxica que establece que o individuo sempre procura facer diminuír as discrepancias entre as súas crenzas e a súa conduta. Entre as diversas teorías explicativas deste proceso destaca a da disonancia cognitiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade, animal ou vexetal, dominada por unha soa especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que é socia ou que pertence á mesma sociedade ou asociación ca outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade dun intervalo ou dun acorde que produce un efecto de afirmación e repouso por mor da fusión dos sons que o constitúen. Trátase dun concepto relativo que variou ao longo dos séculos. Para os pitagóricos, avaliábase segundo as relacións numéricas entre as lonxitudes dos sons que as constitúen. Segundo a harmonía tradicional, a orde de perfección decrecente das consonancias é a oitava, única consonancia absoluta, a quinta e a súa inversión (a cuarta xusta), a terceira maior, a terceira menor, a sexta maior, a sexta menor, etc.

    2. Calidade das cousas que se combinan entre si con conformidade ou que gardan correspondencia lóxica.

    3. Repetición dos mesmos sons vocálicos e consonánticos a partir da última vocal tónica dun grupo de dúas ou máis palabras. Nos textos en verso, dá lugar á rima consonante, mentres que na prosa o efecto se consegue mediante a reiteración sistemática de certos sons, que buscan incidir nunha idea ou marcar unhas determinadas contraposicións de elementos. Xunto coa asonancia, modelo de rima que tan só repite os sons vocálicos a partir da ultima vogal tónica, o seu cultivo remóntase á literatura latina, principalmente medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de constante.

    2. Acción e efecto de facer constar algunha cousa.

    3. Segundo a psicoloxía da forma, tendencia da percepción a non variar, malia as modificacións do obxecto.

    4. Lei descuberta por N. Steno en 1669 e confirmada despois por Romé de l’Isle. Establece que o ángulo entre dúas caras dun obxecto cristalino é constante e non cambia cando este medra por achegas dunha nova substancia. Historicamente, foi o punto de partida da cristalografía moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO