"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de investigación inaugurado o 25 de marzo de 1994 como Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Nel desenvólvense proxectos de investigación en humanidades, con especial atención á lingua e á literatura. Este centro, que conta con infraestrutura informática, cunha biblioteca especializada e cun importante número de investigadores (a súa maioría bolseiros), está dirixido e coordinado por científicos especializados: un coordinador científico (Constantino García González), un director técnico da área de lingua (Guillermo Rojo) e un director técnico de literatura (Anxo Tarrío). Mantén, ademais, contacto con outros investigadores de centros galegos e de fóra de Galicia. Entre os proxectos que se promoveron no Centro, cómpre destacar os seguintes: na área de lingüística, o Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), base de datos gramaticais e léxicos; o etiquetador e lematizador...
-
IGREXAS
Igrexa pertencente ao colexio dos xesuítas, actual residencia sacerdotal, situada no centro histórico de Ourense. Comezou a construírse a mediados do s XVII, durante o bispado de Pascual Carrascoso e co padroado de Pedro de Mondragón Azcarrezábal. Rematada en 1689, presenta unha planta de cruz latina de nave única e con capelas colaterais intercomunicadas. En 1761 frei Plácido Iglesias deseñou unha fachada-pano organizada en tres corpos nos que o xogo dos elementos arquitectónicos, como as columnas de orde xigante, os entaboamentos curvos, os pináculos, etc, lle dan a mobilidade e o efectismo barrocos. No interior destaca o retablo maior no que se venera un Crucificado, atribuído a Xosé Ferreiro e a imaxe de santa Eufemia, esculpida por Xosé Díaz no ano 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de África Central, limita ao O con Camerún, ao N con Chad, ao L con Sudán e ao S coa República Democrática do Congo e coa República do Congo (622.436 km2; 3.485.000 h [estim 1998]). Esténdese entre os 11° e os 2° de latitude N e os 14° e 27° de lonxitude L. A capital é Bangui.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
O país está formado por un altiplano de materiais paleozoicos, que constitúen un interfluvio entre as concas do río Congo e do lago Chad. No L érguense os macizos dos Bongo e de Tondou; no NO están os montes Karé, onde se sitúa o cumio máis elevado do país, o monte Gaou (1.420 m).
Climatoloxía e hidrografía
O clima é subecuatorial na parte meridional do país, cunha pluviosidade e humidade relativamente altas; no N o clima é tropical. Hidrograficamente, o país divídese en dúas concas: no N, a do río Chari, de dirección S-N; e no S, a do Ubangui, de dirección N-S.
Medio ambiente
Os... -
-
-
Relativo ou pertencente á África central ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de África central.
-
-
-
arte centroafricana
Arte desenvolvida na República Centroafricana. As manifestacións artísticas máis destacables son a escultura e a pintura, ademais das mostras de artesanía de carácter popular. A escultura emprega como materiais básicos a madeira, a pedra e o metal. Entre as pezas realizadas destacan as máscaras de Baya-kara, no oeste do país, e o tambor de madeira en forma de búfalo, que se atribúe os yangere da Haute-Sangha. Os nzakara e os zande realizan tamén estatuas, bastóns de mando e instrumentos musicais. A pintura centroafricana ten unha grande antigüidade. As pinturas da cova de Ndélé semellan ser da mesma época ca as conservadas na África subsahariana. A tradición de pintar sobre os muros das casas en barro seco foise perdendo co paso do tempo e substituíuse polas pinturas realizadas con acuarelas, óleo e gouache. As mostras artesanais coñécense a través dos exploradores europeos do s XIX que deron a coñecer os tecidos feitos a man do L do país. Os banda produciron unha gran variedade...
-
Relativo ou pertencente á República Centroafricana ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de República Centroafricana.
-
arte centroafricana
-
-
-
Relativo ou pertencente a América Central ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de América Central.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Giovanni Battista Crespi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adiviñación supersticiosa a través da observación das tempestades.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Lalín. Trátase dun edificio dunha única planta erixido a comezos do s XVIII. Destaca a fachada, decorada con elementos ornamentais relacionados co barroco de placas santiagués, cunha imaxe da Virxe do Carme sobre un escudo mariano labrado na portada e cunha espadana no remate.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formado na escola de Llotja de Barcelona e na Accademia di San Luca de Roma, en 1843 estableceuse en Madrid. Destacou como pintor romántico coas obras O Retrato da nena María Miquela de Despujol e o Rapto de Ganimedes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Vicerrei de Nueva España (1680-1686) e conde de Paredes. Durante a súa administración colonial favoreceu a instalación de novos poboadores na vila de Santa Fe de Nuevo México, coa concesión do título de cidade e co patrocinio da expedición a California de Isidro de Atondo. Cando volveu á Península incorporouse ao Consello de Indias e foi mordomo da raíña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Vicerrei de Nueva España (1688-1696) e conde de Galve, fillo do cuarto duque de Pastrana e de Catalina de Mendoza, duquesa do Infantado. Durante o seu goberno enfrontouse aos ataques franceses en Texas (1690) e na illa de La Española (1692), sufocou con dureza unha rebelión da poboación indíxena na cidade de México motivada pola fame e pacificou Nuevo México en 1692. Antes de cesar nas súas funcións, fortificou a baía de Pensacola, en Florida, coa creación do núcleo da actual cidade no 1696. Posteriormente, volveu a España e morreu ao ano seguinte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político nicaraguano. En 1811 participou no primeiro intento revolucionario contra as autoridades españolas, polo que foi apresado e condenado a morte, pena que foi conmutada pola de cadea perpetua en Ceuta. Tras varios anos de prisión regresou a Nicaragua onde ocupou o cargo de presidente (1825-1826). Trala guerra civil, iniciada coa sublevación de Juan Argüello, foi deposto e fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca da provincia de Girona, Catalunya, no curso alto do río Segre. Situada nunha chaira de orixe tectónica, entre os Pireneos Orientais e o Prepireneo. Debido á súa altitude (Carlit 2.991 m) posúe un clima de montaña con temperaturas extremas en inverno e frescas en verán, e con precipitacións que alcanzan os 500 mm anuais. O poboamento caracterízase por estar organizado en pequenos núcleos rurais. A súa economía baséase na agricultura e na cría de gando lanar. A cabeceira comarcal é Puigcerdà (6.356 h [1996]). Como consecuencia do Tratado dos Pireneos (1659), a comarca quedou dividida entre os estados español e francés.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Taboada. Construída contra o 1170 en estilo románico, consta dunha nave e dunha ábsida rectangular. O arco triunfal é de medio punto, peraltado e dobrado, a rosca menor apóiase nun par de columnas entregadas con bases áticas e capiteis con decoración vexetal e figurada: na esquerda asoma unha figura antropomorfa de entre follas, no lado S aparecen dúas aves enfrontadas picando nun obxecto situado no medio delas e en cada cara lateral está representado un cuadrúpede. O arco maior ten molduras con boceis e medias canas e cínguese por unha chambrana de billetes. No exterior destaca a colección de canzorros que sosteñen o beiril, especialmente os do muro N da nave, con figuras humanas e animais. No interior consérvanse tamén dúas pías bautismais antigas.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cerdedo. De orixe románica presentaba nun comezo planta única con cuberta de madeira e ábsida rectangular na cabeceira. Coa ampliación da cabeceira no s XVII transformouse nunha igrexa de planta cruciforme. A fachada realizouse en 1779 baixo a dirección do reitor Ramón Vicente Moas e Barreiro. De estilo barroco clasicista remata cun dobre campanario. No interior consérvase un Ecce Homo atribuído a Xosé Gambino e un paso de Semana Santa de finais do s XVIII que se relaciona co escultor Ferreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Fernández Cerecedo.
-
PERSOEIRO
Poeta. A súa obra lírica en galego foi publicada postumamente nunha edición de Lois Vázquez (1986), dividida en tres partes: “Íntimas”, “Tornade os que estades fóra” e “Cantigas”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría que se celebra o 23 de abril na parroquia de Cereixo, no concello da Estrada. A sona de milagreiro de san Xurxo converteuno en protector do gando e propiciou a venda de varas benditas, empregadas tradicionalmente para intentar sandar os animais domésticos.
-
IGREXAS
Igrexa románica situada en Vimianzo, construída na segunda metade do s XII. Consta dunha soa nave e ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón. O arco triunfal, decorado con distintas molduras, descansa sobre dous pares de columnas con capiteis vexetais de clara vinculación co foco románico compostelán. No exterior da nave e da ábsida consérvanse un gran número de canzorros con figuras humanas e de animais. No tímpano da porta sur hai un relevo no que se representa a translatio do corpo do apóstolo Santiago a Galicia. É unha imaxe pouco frecuente no románico galego, xa que só se repite nunha moeda da época de Fernando II atopada no Grove.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos ceretanos.
-
Individuo do pobo prerromano dos ceretanos.
-
Pobo prerromano dos Pireneos orientais, establecido no actual territorio da Sardeña. O seu centro foi a poboación que os romanos denominaron Iulia Livica, actual Llivia.
-