"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
GALICIA
Escritor e profesor. Licenciado en Filosofía e Letras en 1973 pola Universidade de Santiago de Compostela, defendeu en 1974 a tese de licenciatura sobre a fala de Cabalar (A Capela) e en 1975 iniciou a docencia como profesor de lingua galega no Colexio Universitario da Coruña, pertencente á Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1979 finalizou os estudios de Filoloxía Hispánica (sección Galego-Portugués) e un ano máis tarde defendeu a tese de doutoramento sobre Alberto Camino. En 1984 pasou a ser profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela e en 1993 catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña. Foi subdirector do Colexio Universitario da Coruña (1985-1990), director do departamento de Filoloxía Francesa e Galego-Portuguesa (1990-1993) e decano da Facultade de Filoloxía (1995-1998). Así mesmo, foi vicepresidente da Mesa do Claustro da Universidade de Santiago de Compostela, relator en congresos nacionais e internacionais, e profesor visitante...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de RamónVillar Ponte (1890-1953) publicada en Ferrol na imprenta do xornal El Correo Gallego en 1921. Trátase dun dos primeiros estudios teóricos do nacionalismo galego. Asumiu o determismo xeográfico e a definición orgánica e historicista da nación galega que formulara Vicente Risco e conciliouna co republicanismo federal. O seu prólogo escribiuno Josep Puig i Cadafalch, presidente da Mancomunitat de Catalunya.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico, teólogo e historiador. Ordenado sacerdote en 1822, exerceu como profesor de historia da Igrexa e dereito eclesiástico na Universität München. Representante da universidade no Parlamento bávaro entre 1845 e 1852, destacou como un dos líderes do Partido Católico. Reticente ante o centralismo romano, defendeu que a soberanía temporal non formaba parte dos elementos definitores do papado e opúxose á infalibilidade pontificia, polo que foi excomungado en 1871. Continuou a súa carreira académica e foi elixido presidente da Bayerische Akademie der Wissenschaften (1873). Entre as súas obras destacan Die Reformation (A reforma, 1846-1848) e Der Papst und das Konzil (O papa e o Concilio, 1870).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Trasladouse en 1929 a París para atender os negocios familiares, onde se dedicou á pintura e coñeceu os surrealistas. A súa obra recibiu a influencia de Picasso, De Chirico e Dalí. En 1934 incorporouse ao grupo surrealista, ao que pertenceu ata que Breton o expulsou en 1945. Realizou a súa primeira exposición en 1933 no Círculo de Bellas Artes de Santa Cruz de Tenerife. Atribúeselle a invención da técnica da décalcomanie, calcomanía realizada sen obxecto ao manchar de gouache ao papel e dobralo para, coa presión das mans, acadar unha realidade de carácter onírico, relacionada co automatismo psíquico dos surrealistas. Entre as súas obras destacan Paisajes Cósmicos (1929), Cuevas de guanches (1935), Composition au taureau (Composición dun touro, 1934-1935) e La chambre transparente (O cuarto transparente, 1939). Publicou o libro de poemas Les deux qui se croisent (Os dous que se miran, 1947), e ilustrou, entre outros, Poésie...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. A finais dos anos sesenta viaxou a París, onde o coñecemento das distintas correntes artísticas contribuíu a encher de liberdade os seus lenzos. A súa obra bebeu das diferentes estéticas na busca da expresión a través das formas e das cores. Evolucionou dende a figuración ata a abstracción xeométrica con referencias cubistas, futuristas e surrealistas para despois achegarse a unha estética informalista e a unha simplicidade próxima ao construtivismo. Empregou as cores intensas, planas e a sobriedade das veladuras. Nas súas teas, traballadas como un elemento activo no que o espazo cobra vital importancia, introduciu obxectos de metal e outros materiais na busca da tridimensionalidade. Da súa produción destacan a serie Chador, Más allá del color, Credo in unum primum, La escalera de Jacob e El bosque de las primeras cosas. Realizou a súa primeira exposición na Galería Torrado de Pontevedra (1983) e dende aquela destacan, entre outras,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Director do Sanatorio Domínguez de Pontevedra. Foi vicepresidente da Deputación de Pontevedra e deputado do Parlamento galego na quinta lexislatura (1997-2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Pedro do Incio (O Incio). Edificado en 1485 por Rui Sánchez de Orozco, reconstruíuse en 1550, e despois, en 1730, por Rodrigo Ozores e Losada. Ten planta en forma de L e dous pisos en altura cunha escalinata de acceso. Conserva unha torre pegada de planta cadrada, unha capela independente de planta circular con cúpula e lanterna e cun pequeno retablo barroco, e diversas construcións adxectivas como o pombal e os alpendres. No exterior destacan a muralla e a porta de acceso cos brasóns que aluden ás familias Ribadeneira, Somoza, Losada e Quiroga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santiago de Doncos (As Nogais). Pertenceu ao ducado de Alba. De estilo neoclásico, edificouse no s XIX. Ten planta rectangular con dúas alturas e soto. Conserva unha capela exenta neoclásica na que destaca a cúpula do presbiterio e un pombal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santiago de Catasós (Lalín). Segundo a inscrición dun brasón que alude á familia Montenegro, puido erixirse en 1741. Construíuse con cachotería e perpiaños. Destaca a solaina de tripla arcada pechada con balaústres de estilo barroco. No seu interior conserva un patio con arcos sobre piares. No exterior, destaca outro brasón que fai referencia ás familias Salgado, Varela e Oxea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Saint Jean-Pied-de-Port.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobre situada en Santa María de Donramiro (Lalín). Foi edificada no s XVI e reformouse no XVIII. Ten planta rectangular e dous pisos. A solaina cuberta eríxese sobre piares e percorre o lateral do edificio; accédese a ela por medio dunha escaleira exterior. A portada principal está formada por un arco de medio punto e conserva un brasón que alude ás familias Suárez de Deza, López de Lemos e Salgado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica pazo e mais a preposición de (neste caso coa forma do, resultado da contracción co artigo masculino o), indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XV: “Gomez do Pacio” (doc ano 1484 en Emilio Duro Peña, El Monasterio de S. Pedro de Rocas y su colección documental, 1972, p 272). Adoita grafarse Do Pazo.
-
PERSOEIRO
Gaiteiro. Aos dez anos acadou o primeiro premio nun concurso celebrado en Santiago de Compostela e en 1903 emigrou a Arxentina, onde fundou e dirixiu un grupo de gaiteiros. Actuou, entre outros teatros, no Teatro Colón de Bos Aires e gravou varios discos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobre situada na Ponte do Porto (Camariñas). Fundada por Gonzalo Barreiros en 1582, Evaristo Mouzo trasladouna ao lugar da Paxariña. Destaca a súa escalinata e o brasón.
-
PERSOEIRO
Pintor. Formouse como arquitecto, pero dende 1946 dedicouse á pintura. Membro do grupo Arte Sociale, achegouse ao futurismo e en 1947 asinou o manifesto de pintura abstracta Forma Uno. Nos EE UU coñeceu o expresionismo abstracto. A partir dos anos sesenta comezou a realizar composicións baseadas en bandas de cores vivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dorna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Xoán de Anceis (Cambre). Ten planta en forma de U, que substituíu a primitiva planta rectangular, e está rodeado dunha muralla. En 1730 construíuse a solaina e a fonte situada na parte posterior. No exterior, a fachada principal ten arco de medio punto escarzano e brasóns que aluden á familia dos Piñeiro. Conserva un patín nunha das fachadas laterais, mentres que na outra se erixiu a capela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto arquitectónico, situado en Santa María de Duancos (Castro de Rei), que está formado polas casas do Colexio, a capela e o pazo señorial. Fundouno Domingo López Carvajal, marqués de Atalaya Bermeja, en 1776. O Colexio, de planta rectangular, ten dúas alturas e cóbrese a catro augas. A fachada susténtase en tres corpos; nos laterais destacan os brasóns do fundador e na parte inferior do corpo central a tripla arcada de medio punto sobre a que se sitúa a balaustrada da solaina. A capela é dunha soa nave dividida en dous tramos. Conserva o retablo maior neoclásico. O pazo, construído antes da fundación do Colexio, ten escaleiras exteriores, balaustrada e solaina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palacio situado en Venecia que foi residencia dos dux. A súa orixe remóntase ao s IX, aínda que foi reconstruído en numerosas ocasións. No s XIV adoptou o seu aspecto definitivo, ao edificarse a fronte que dá ao peirao, co balcón gótico, obra de Pier Paolo e Iacobello dalle Masegne en 1404, e a esquina do edificio de seis arcadas que mira á praza. A fronte do edificio que comunica coa basílica de San Marcos construíuse entre 1424 e 1457. Está formado por tres pisos: un pórtico baixo, unha loxa de arcos entrecruzados e un piso superior en que destacan as ventás oxivais. A decoración é obra de Matteo Raverti, Niccolo e Pietro Lamberti e Nanni di Bartolo. No punto de unión entre a praza e a basílica, Giovanni e Bartolomeo Bon realizaron a Porta della Carta (1438-1442) que dá acceso ao patio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palacio situado nun outeiro en Urbino que naceu como unha ampliación da residencia de Federico de Montefeltro. Luciano Laurana proxectouno en 1468 e distribuíuno ao redor dun patio de grandes dimensións, porticado na súa planta inferior. O edificio esténdese cara ao núcleo urbano; coa antiga residencia crea un novo patio, o do Pasquino, mentres que en dirección á catedral a fachada principal xira en ángulo. O resto das dependencias sitúanse cara ao val e unen a parte traseira do palacio cunha segunda fachada flanqueada por dúas torres cilíndricas. No interior destaca a decoración renacentista.