"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
LOCALIDADES
Localidade das Ilhas dos Açores, Portugal, porto da costa S da illa Terceira. Ten un castelo do s XVII. Foi capital dos Açores ata 1832.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Perda de afectividade caracterizada pola incapacidade de experimentar pracer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación por anilina que ocasiona metahemoglobinemia, que pode ser aguda ou crónica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tese proposta por Antonie van Leeuwenhoek (s XVII) que, baseada nas teorías do preformacionismo, identificaba o espermatozoide co xerme e reducía o papel do óvulo a unha simple función de acollemento e alimentación do espermatozoide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Idea que considera que un determinado obxecto, persoa, animal ou planta, é posuída por unha esencia espiritual, inmaterial, que pode afectar ás persoas en forma positiva ou negativa, segundo a dirección da acción mística que estas adopten contra elas.
-
-
Crenza segundo a que todo obxecto ou fenómeno da natureza está posuído por un espírito independente da mesma materialidade do fenómeno; son, polo tanto, espíritos non sometidos ás leis da natureza e cunha actitude intencionada. Esta crenza, moi antiga, é aínda especialmente habitual entre os pobos primitivos; tamén se pode atopar nalgúns enfermos mentais. En xeral, todos os pobos primitivos cren que a natureza debe a súa vitalidade á presencia destes seres inmateriais. Segundo o antropólogo inglés Edward Taylor, o animismo ten a súa orixe nas visións e nos soños dos homes primitivos, quen creron que estas experiencias son autónomas en relación coa materia. O animismo, de acordo con Taylor, constitúe a base do Espiritualismo e corresponde cun período cultural primario da humanidade. Taylor sinala que o culto a determinadas formas ou fenómenos da natureza e o politeísmo son unha consecuencia da selección que o home antigo fixo. A afirmación de que o Animismo constitúe a primeira forma relixiosa...
-
Tendencia dos nenos a considerar como vivos os obxectos que se moven.
-
Recurso literario emparentado coa personificación ou prosopopea, que consiste en atribuír calidades humanas a obxectos inanimados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo que designa aqueles versos ou estrofas que presentan irregularidade no cómputo silábico.
-
-
Estado de loita, de rivalidaden e de oposición.
-
Inhibición ou interferencia dun organismo no crecemento doutro. O antagonismo pode ser por antibiose, por parasitismo ou por depredación e por competencia.
-
Acción oposta de substancias, órganos ou sistemas do organismo como, por exemplo, o bíceps respecto do tríceps.
-
Na absorción selectiva das substancias disoltas do solo por parte das raíces, acción negativa dos ións dun elemento sobre a absorción do outro, por exemplo, a obstaculización da absorción dos ións potasio por parte dos ións calcio, cando abundan.
-
Acción ou efectos dun medicamento opostos aos doutro. Iso pode estar motivado, ou ben por reacción química entre eles, ou ben polo feito de que actúan de forma oposta sobre un mesmo substrato orgánico.
-
Inhibición ou interferencia mutua entre dous ións diferentes en todo o que fai referencia á súa acción biolóxica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oposición ao abuso de bebidas alcohólicas. Téñense creado centros especializados para o tratamento de alcohólicos, sociedades antialcohólicas como os Alcohólicos anónimos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina ou actitude activamente oposta ao sistema capitalista. O conxunto de doutrinas anticapitalistas vén propoñendo unha substitución do sistema capitalista por alternativas colectivas de aproveitamento dos recursos que impidan a existencia da propiedade privada dos medios de produción e rematen coa división social do traballo coa finalidade de acadar unha sociedade sen clases. As de maior trascendencia histórica teñen sido o anarquismo, o socialismo científico e o comunismo. Tamén poden ser consideradas anticapitalistas determinadas tendencias do socialismo antes do seu decantamento cara a posicións socialdemócratas e as solucións escapistas promovidas por Fourier e outros socialistas utópicos do s XIX. A elaboración da crítica anticapitalista foi paralela ao desenvolvemento do capitalismo industrial dende o s XIX, sendo unha das máis elaboradas e coherentes a que realizou Marx na súa obra Das Kapital (O capital, 1867). As experiencias que tentaron implantar unha...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo que designa aquelas voces empregadas por Castelao, Vilar Ponte, Viqueira, e que os que defenden a comunidade lingüística luso-galego-brasileira denominan reintegracionismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitudes ou opinións que demostran animadversión cara ao clero ou son contrarias á inxerencia da Igrexa en asuntos da vida civil. Malia que o anticlericalismo é unha práctica que xorde no ambiente intelectual dos ilustrados decimonónicos, algunhas manifestacións medievais e modernas, como os fabliaux franceses, as sátiras de Boccaccio ou o Libro del buen amor do Arcipreste de Hita, poden ser consideradas tamén baixo esta perspectiva. Un precusor moderno do anticlericalismo é Erasmo de Rotterdam, quen conecta coa antedita tradición medieval, á que lle engade, alén da simple denuncia da corrupción nos costumes dos relixiosos, un afán reformista. Non obstante , foi Voltaire quen deu corpo doutrinal a esta corrente anterior (unificando o indutivismo de Locke, a física de Newton e, sobre todo, a psicoloxía sensorialista de Locke) e a situou no ámbito político. Dende 1740, Voltaire defendeu a tolerancia relixiosa; o seu lema Ecrasez l’infâme! (Destruíde...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento oposto a calquera tipo de explotación colonial de tipo político, económico, social ou cultural. A expresión clásica do anticolonialismo procede do conxunto de colonias que constituían a periferia dunha metrópole imperial que exercía as funcións de centro. Neste sentido, considéranse movementos anticoloniais aqueles que mobilizaron a amplos sectores da poboación de territorios coloniais, dependentes dalgún dos grandes imperios occidentais que se repartiron o mundo no Congreso de Berlín (1878). Malia a existencia de loitas anticoloniais durante os primeiros anos do s XX, foi a partir da Conferencia de Bandung (1955) cando maior impacto adquiriron os movementos de liberación nacional do Terceiro Mundo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina e actitude de oposición ao comunismo. As doutrinas socialistas, comunistas ou internacionalistas inquedaran dende o momento mesmo do seu enunciado no segundo terzo do s XIX ás clases que detentaban o poder e resultaban beneficiadas do sistema económico capitalista (ou mesmo, nalgúns países, feudal), sendo sempre os seus partidarios vixiados e reprimidos polos servicios de información e policía dos estados. Tralo triunfo da Revolución Bolxevique en Rusia (1917) e o establecemento dunha nova orde segundo as teorías marxistas nese país, no seo do movemento socialista produciuse unha nova secesión que deu orixe á Terceira Internacional e á aparición dos comunistas como tales, cun proxecto que propugnaba a toma do poder e o establecemento da ditadura do proletariado como vía cara á sociedade sen clases. O exemplo de Rusia espallouse axiña por Europa e América e provocou revoltas en Alemaña, España e outros lugares que provocaron a reacción dos gobernos das potencias capitalistas. A...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitudes ou opinións opostas á escravitude. Malia que no mundo clásico ou árabe existía a escravitude, non xurdiu ningunha actitude intelectual oposta de xeito sistemático ao escravismo. O primeiro antiescravista moderno foi Condorcet (1743-1794), quen se manifestou abertamente contra o Código negro (1685), que creaba un dereito para aqueles que estaban privados del: os escravos. O antiescravismo, así mesmo, adquiriu unha base científica a partir da antropoloxía darwinista, que demostraba a falacia racista sobre a que se apoiaba o escravismo: a inferioridade das razas. Os primeiros logros políticos do antiescravismo foron a abolición da escravitude pola Convención de 1792 e as múltiples conferencias antiescravistas, entre as que destacan as de Berlín (1885) e Bruxelas (1889). O último logro do antiescravismo foi a aprobación do artigo 4 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (10.12.1948), que prohibe a escravitude en todas as súas formas. Malia que na actualidade...
-
-
Doutrina ou movemento que se opón ao fascismo.
-
Heteroxéneo movemento político que xurdiu en Europa contra 1933-1934 para facer fronte á extensión do fascismo, que acadou forte pulo a partir do acceso ao poder de Benito Mussolini en Italia (1922) e, sobre todo, de Adolf Hitler en Alemaña (1933). Foi evidente a paternidade comunista do artellamento dun proxecto antifascista a nivel global, derivada en boa medida dunha nova política exterior da URSS, o que ocasionou suspicacias á hora de pretender amalgamar a todos os contrarios ao fascismo. Con todo, socialistas e republicanos de esquerda, demócratas e progresistas en xeral, defenderon a necesidade de artellar un amplo movemento social en contra do fascismo, contando nesta tarefa con moi variados apoios, fundamentalmente entre a intelectualidade, como foron os casos de Francia e España. Deste xeito, na década de 1930, na maioría dos países da Europa Occidental, grupos políticos do amplo espectro da esquerda reuníronse en Frontes Populares co obxectivo de frear o perigo fascista,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Magnetismo que presentan algúns metais, aliaxes e os sales dos elementos de transición (como o FeO, MnO, MnO2), nos que a susceptibilidade magnética é moi baixa pero medra coa temperatura. Por debaixo da temperatura de Neel, os átomos ordénanse espontaneamente presentando spins antiparalelos (momentos magnéticos opostos), de xeito que o momento resultante é nulo e evidencia pouco magnetismo exterior. Por riba da temperatura de Neel o material vólvese paramagnético. Un campo magnético intenso pode chegar a transformar o antiferromagnetismo en ferromagnetismo ( magnetismo).
-
VER O DETALLE DO TERMO
antiforismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento contrario á institución do foro. Durante o século XIX a cuestión foral apareceu como o maior problema relacionado coa propiedade das terras en Asturias, León e Galicia, onde se considerou unha das causas primordiais do atraso no que se atopaba o agro. Dende mediados de século xorden propostas que inclúen a redención foral; autores como Colmeiro (1843), Castro Bolaño, Sánchez Villamarín ou Montero Ríos, protagonizaron campañas en favor da modificación ou supresión do sistema foral que desembocaron en dous grandes sucesos en 1864: a presentación no Congreso dos Deputados do primeiro proxecto de lei de rendención de foros, elaborado por Pelayo Cuesta; e a convocatoria por parte da Sociedade Económica de Santiago do I Congreso Agrícola, onde se impuxeron as posturas máis moderadas. O segundo intento de reforma tivo lugar durante a Primeira República, ao aprobarse, en agosto de 1873, un proxecto de lei presentado por Paz Novoa, que contemplaba a redención de foros, subforos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento de oposición ao franquismo, sistema político vixente en España entre 1936/1939 e 1975/1977. Aglutinou un conxunto heteroxéneo de forzas políticas (Partido Comunista de España, pequenos grupos socialdemócratas e democrata-cristiáns liderados por persoeiros do Réxime, etc) e de movementos sociais (sindicatos obreiros, cristiáns de base dende o Concilio Vaticano II, etc). O movemento antifranquista manifestouse tamén a través da loita guerrilleira (Foucellas, Piloto, etc) e desde o estranxeiro (manifestacións a prol da democratización de España, goberno republicano no exilio, etc).