"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado no mosteiro de Antealtares o 7 de xuño de 1458 polos membros da nobreza e algúns concellos pertencentes ao arcebispado de Santiago para defender os seus intereses e limitar o poder do arcebispo sobre a terra de Santiago. Entre os asinantes estaban os concellos de Santiago, Noia e Muros, e nobres como Bernaldo Eanes de Moscoso, Pero Bermudes de Montaos, Sueiro Gomes de Soutomaior, Lopo Péres de Moscoso e Xoana de Castro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe estendida por toda a Península. As súas armas traen escudo partido medio cortado: primeiro, en campo de azul, tres coroas de ouro, postas en pao; segundo, en campo de prata, dous lobos de sable, lampasados e armados de goles, postos en pao; terceiro, en campo de ouro, unha banda de azul, cargada dunha flor de lis de prata. Outra variante leva, en campo de azul, dous soles figurados, de ouro; e algúns ostentan, en campo de azul, tres coroas de ouro, postas en pao.
-
PERSOEIRO
Avogado, político e xornalista. Interveu na redacción da Constitución de 1845, antes de ser nomeado ministro de Fomento e ministro interino de Mariña. Acusado de malversación de fondos exiliouse (1854-1856) en Francia. Afonso XII nomeouno ministro en Lisboa e, posteriormente, presidente do Consello de Estado. Fundou o xornal monárquico El Eco de la Nación e colaborou en El Correo Nacional, El Español e El Heraldo.
VER O DETALLE DO TERMO -
NUCLEOS
Núcleo urbano que constitúe un partido provincial do Gran Bos Aires, Arxentina, situado no límite S da capital (276.017 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xornalista, fillo de Agustín Esteban Collantes. Membro do Partido Conservador, foi subsecretario da presidencia e ministro de Instrución Pública (1920-1921). Fundou a publicación La integridad de la patria (1878) e publicou La libertad de imprenta en España (1869).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Profesor de lingua e literatura galega de ensino medio e ensino universitario, foi membro fundador e primeiro presidente da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega e membro fundador e secretario do MRP Instituto Galego Socio-Pedagoxía. Cómpre destacar as súas publicacións Didáctica da Lingua e Literatura Galega (1986) e O vocabulario galego-castelán no ensino en Galicia. Unha aproximación sociolingüística (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Formado en Leis e Humanidades na Universidad de Granada, foi catédratico de grego nesta universidade (1819) antes de trasladarse en 1822 a Málaga para exercer como profesor de retórica no seminario. Seguidor dos liberais, viuse obrigado a fuxir a Xibraltar en 1824. Foi nomeado profesor de árabe do Ateneo de Madrid (1837) e fundou en Sevilla o Museo de Escultura e Pintura e a Biblioteca Provincial (1838). Elixido deputado por Ourense (1844-1846), foi ministro togado do Tribunal Supremo de Guerra e Mariña (1847). Desde 1849 foi auditor do exército español destinado a Italia co fin de defender os Estados Pontificios, e desde 1853, senador vitalicio. Asinou os seus escritos costumistas co pseudónimo de El Solitario, e os seus artigos -publicados dende 1830 no Correo Literario y Mercantil e dende 1831 na revista Cartas Españolas (que fundou xunto con Mesonero Romanos)- compiláronse baixo o título Escenas andaluzas (1847). Ademais, publicou...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfoantimoniúro de prata, de fórmula Ag5SbS4. Forma cristais ortorrómbicos, de cor negra brillante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
criptografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade suplementaria do Sistema Internacional que mide o ángulo sólido. O ángulo sólido total con centro nun punto é igual a 4π estereorradiáns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que esteriliza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grixoa de Esternande.
-
PERSOEIRO
Trobador portugués activo no reinado de don Denís, pertencente á escola lírica galego-portuguesa. Dos dous personaxes homónimos que figuran nos libros de liñaxes con este nome (Estevan Perez Coelho e o seu fillo Estevan Esteves Coelho), o trobador debe identificarse co primeiro por razóns cronolóxicas. Estevan Perez Coelho (identificado no Livro de Linhagens do Conde D. Pedro como Estevan Coelho de Riba de Homem) debeu nacer no inicio do último terzo do s XIII, aínda que a súa primeira referencia documental data de 1308. Coma seu pai, Pero Anes Coelho (vasalo do infante don Denís desde 1278), e o seu avó (o tamén trobador Johan Soarez Coelho), debeu ocupar cargos de relevancia na corte real. En 1336 aínda estaba casado con Maria Mendes (fundadora en 1345 do Convento do Corpus Christi en Vila Nova da Gaia). Relacionado cos mosteiros de Grijó, Mancelos e Canedo, debeu morrer pouco antes de 1339. Da súa actividade poética (primeiro cuarto do s XIV), os apógrafos italianos (B e V) só conservan...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador da escola lírica galego-portuguesa, natural da Guarda (Portugal) ou pertencente a unha familia con ese apelido. Documéntase que foi escribán real (1299) e que mantivo relación co escribán Lourenço Esteves da Guarda na época en que don Denís entrou, por última vez, en conflito armado co seu irmán Afonso. Recibiu algunhas doazóns e bens reais no momento en que se enfrontou ao rei co seu fillo Afonso, probablemente en recompensa pola súa lealdade e fidelidade ao monarca. Casado con Sancha Domingues, coa morte do rei-trobador a súa presenza na corte foi máis esporádica, pero figura como conselleiro do rei e o seu procurador en asuntos de política ibérica. É posible que participase na compilación do Livro das Cantigas do Conde de Barcelos. A súa actividade poética debe situarse a fins do s XIII ou na primeira metade do s XIV. Integrado na última xeración de trobadores peninsulares, é notoria na obra que se lle atribúe polos cancioneiros quiñentistas -Cancioneiro da Biblioteca Nacional...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador pertencente á escola lírica galego-portuguesa, membro dunha familia da baixa nobreza, probablemente castelá ou leonesa. Durante un tempo identificouse erroneamente con Estevan Perez Froian, o valido portugués de Sancho IV de Castela. A diverxencia na colocación de ambos os dous autores nos cancioneiros apunta, sen embargo, cara a unha cronoloxía diferente en cada caso. Gracias á situación do poeta dentro da parte final dos cancioneiros B e V, e á datación dunha serie de composicións pertencentes a un ciclo de escarnio de tipo persoal -compostas por Airas Perez Vuitoron, Pero Garcia Burgales, Pero da Ponte e Vasco Perez Pardal, xunto con el mesmo-, pódese contextualizar este autor na segunda metade do s XIII, e a súa produción entre os anos 1240 e 1260, inserida nas cortes rexias de Fernando III ou de Alfonso X o Sabio. A súa produción consta só de catro composicións: a cantiga de escarnio “Fernan Díaz, fazen-vos entender”, e tres cantigas de amor das que dunha delas, “Por...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués da escola lírica galego-portuguesa, pertencente á liñaxe dos Barreto, orixinaria dos Velho. Aínda que a familia do trobador era orixinaria da conca do Lima (Entre Douro e Minho) -de feito, aínda a comezos do s XIV os Barreto forman parte das liñaxes de infanzóns padroeiras do Mosteiro de Tibães-, estendeuse despois, mediante diversas alianzas, polo Douro medio e Trás-os-Montes, e estableceuse en Estremadura (1254 - 1264), período en que o pai do trobador, Fernão Gomes, figura na corte de Afonso III. Vinculado á corte de don Denís, este autor aparece na documentación entre 1290 e 1294; neste período confírmalle á orde do Templo unha doazón de bens que seus pais lle fixeran a esta en Abrantes e, así mesmo, testemuña a doazón do pantano de Magos que lle fai a don Denís o concelho de Santarem. Como se documenta no Livro de Linhagens do Conde D. Pedro, casou nesta cidade a finais do s XIII con Joana Esteves; ademais, confirma a adscrición do trobador ao último período da lírica...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués, pertencente á escola lírica galego-portuguesa, natural de Elvas. Debeu compor o seu cancioneiro na primeira metade do s XIV, e como demostran tanto a súa colocación nos cancioneiros B e V como as relacións intertextuais que o vinculan a Estevan da Guarda, na corte de don Denís ou ben na dos seus fillos Afonso IV ou Pedro de Portugal, conde de Barcelos. Os apógrafos italianos atribúenlle sete cantigas: catro delas enmárcanse no código da canción de muller e as tres restantes son cantigas de amor. Nestas últimas, desenvolve os motivos da beleza da dama e da coita do trobador, como en “Ay boa dona, se Deus vos perdom” e “O ouç’eu dizer huu verv’aguys[a]do”, combinados co motivo do castigo divino que se serve da beleza da senhor como instrumento, na cantiga “A mha senhor fezo Deus por meu mal”. Cultiva e enriquece os temas característicos da canción cortés cunha sutil e rica selección de procedementos retóricos, como o emprego do refrán intercalar, presente na última das...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués da escola lírica galego-portuguesa, pertencente á liñaxe dos Pereiras, documentado no último cuarto do s XIII. A xulgar pola súa colocación nos cancioneiros B e V, non se pode identificar con Estevan Faian, cabaleiro pertencente a unha liñaxe dese nome, talvez de orixe galega ou castelá, e activo no segundo terzo do s XIII. Tras abandonar o reino de Portugal, en data e circunstancias descoñecidas, asentouse en Castela. A súa actividade nos círculos áulicos remóntase aos últimos anos do reinado de Afonso X, momento en que está documentado entre os partidarios do infante don Sancho, primeiro como xuíz en Salamanca, e, en 1283, como meirinho-mor do infante en León e Asturias. Co ascenso ao trono de Sancho, ocupou de novo o cargo de meirinho-mor de León, confirmando distintos documentos con esa atribución (1287-1289). Nos anos seguintes, o trobador desenvolveu un papel relevante na corte; así, en 1290 interveu no confito que enfrontou a Sancho IV con Juan Núñez de Lara; en...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués pertencente á escola lírica galego-portuguesa que, a xulgar pola colocación dos seus textos nos cancioneiros (na parte inicial da sección das cantigas de amigo, entre Johan Soarez Coelho e Johan Lopez de Ulhoa), pode situarse no terceiro cuarto do s XIII. Dúas personaxes figuran na documentación portuguesa con este nome: Estevan Reimondo de Portocarreiro, mencionado nos Livros de Linhagens, e Estevan Reimondo de Sequeira, referido no Censual do Cabida da Sé do Porto. A documentación da época testemuña que o mesmo nome aludía a dúas persoas distintas, cunha cronoloxía bastante próxima. Deses dous homónimos, o primeiro é o que máis posibilidades ten de identificarse co trobador. Fillo de Raimundo Viegas e de Maria Ourigues da Nóbrega, pertencía á liñaxe portuguesa dos Portocarreiro, relacionada coas cortes rexias portuguesas e castelás. Lazos familiares relaciónano cos trobadores Johan Perez d’Aboim e Pero Gonçalves de Portocarreiro, xa que a súa nai era tía do primeiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Trobador portugués pertencente á escola lírica galego-portuguesa, membro probablemente da liñaxe de cabaleiros dos Travanca, documentada nos libros de liñaxes e, sobre todo, nas Inquirições (1258). Nestas, menciónase un Estevan Travanca, propietario dun casal en Sedielos (partido xudicial de Penaguião, ao N do Douro), que podería identificarse co trobador. A colocación da produción deste autor nos cancioneiros -na parte inicial da sección das cantigas de amigo, xunto a trobadores como Men Rodriguez Tenoiro, Rodrigu’Eanes de Vasconcelos e Afonso Mendez de Besteiros-, permite situalo cronoloxicamente no terceiro cuarto do s XIII. Aínda que motivos codicolóxicos levaron a algúns investigadores, como António Resende de Oliveira, a atribuír tamén a este trobador a cantiga de amor “Pois m’ en tal coita ten Amor” (asignada por Giuseppe Tavani a Johan Perez d’Aboim), o máis prudente parece inclinarse polo seu anonimato e circunscribir o seu cancioneiro ás catro cantigas de amigo (“Amigas, quando...