"ILE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • Pita ou polo de idade xeralmente inferior a doce semanas e dun peso vivo comprendido entre 1.300 e 1.800 g, obtido cruzando castes especiais de aves de carne. Proporcionan unha carne tenra e de boa calidade. O método para a obtención de broilers, denominado método broiler para a produción de carne, consiste en engordar ao mesmo tempo e no mesmo lugar un gran número de individuos, en lotes uniformes (aves dunha mesma idade, raza, etc), empregando os mesmos niños durante todo o período de engorde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto gabeador do xénero Bougainvillea, da familia das nitaxináceas, de follas enteiras, alternas, ovadas, lustrosas e perennes, e flores reunidas en grupos de tres e rodeadas por tres brácteas petaloides de gran tamaño, de cor laranxa ou vermella. Pertencen a este xénero dez especies orixinarias de América do Sur, apreciadas en Europa como ornamentais. As especies máis empregadas en xardinería son B. glabra, B. spectabilis e o híbrido B. x buttiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico suízo. É autor de numerosos traballos relativos á flora das terras mediterráneas, dos que cómpre destacar Notes sur un voyage botanique dans les îles Baléares et dans la province de Valence (Notas dunha viaxe botánica ás illes Balears e á provincia de València, 1882) e o principio de Flore des Alpes Maritimes (Flora dos Alpes marítimos, 1892), que continuou J. I. Briquet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos glicois isoméricos derivados do buteno, de fórmula xeral C4H8(OH)2. Empréganse como plastificantes e en resinas de poliéster e de poliuretano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome non sistemático do buteno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das brasicáceas, de cor verde clara, talos moi ramificados de ata 60 cm de altura, follas carnosas de ata 60 mm de lonxitude, flores con catro pétalos brancos, amarelos ou lilas, reunidas nunha inflorescencia densa, e froitos en silicua articulada. A especie C. maritima está presente nos areais da costa atlántica, dende Lisboa ata Noruega. Emprégase en ensaladas e foi utilizada para combater o escorbuto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado nunha chaira na cabeceira do río Baza e accidentado pola serra de Baza (5.303 h [1996]). A economía baséase na agrícultura e gandería (ovina, vacúa e porcina) e nas industrias derivadas (fabricación de azucre e aceite). Posúe pequenos xacementos de xeso. Os Reis Católicos conquistaron esta vila aos musulmáns e convertérona ao cristianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte cantada dunha composición na que se resalta a melodía, oposta ao recitado. OBS: Aínda que a palabra carece de acento gráfico por tratarse dun estranxeirismo, debe ter unha pronuncia esdrúxula.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Composición poética breve destinada ao canto baseada na repetición do motivo temático principal, que adoita ser un lamento. Na métrica medieval francesa chámase cantilène e algúns filólogos franceses defenderon que era a precursora do cantar de xesta francés.

      2. Composición épico-lírica que deu lugar á formación dos cantares de xesta, segundo a crítica romántica.

      1. Canción monódica da Idade Media de melodía moi coñecida e que a miúdo tiña refrán.

      2. Composición vogal melodiosa e lenta.

      3. Parte superior dunha composición coral ou a parte que constituía a melodía principal.

      4. Xénero polifónico ou a unha voz con contrapunto instrumental.

    1. Aquilo que se repite moitas veces e causa molestia e fastío.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Camiño estreito destinado ao paso do carro que se utiliza como servizo para as leiras.

    2. Abertura nun muro ou nun valado dunha leira destinada ao paso de carros ou animais.

    3. Pegada que deixa a roda do carro nun camiño.

    4. Cinta que suxeita un sombreiro ou un casco e que vai atada por debaixo do queixo ou no pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traballador que participou entre 1927 e os anos sesenta na construción dos carrís do ferrocarril que uniu Zamora coa Coruña, sobre todo no treito que enlazaba Puebla de Sanabria e Ourense. A obra, de 453 km de vía, con 51 estacións e apeadeiros, 19 viadutos de grandes dimensións e 164 túneles que sumaban un total de 72 km, empregou a máis de 15.000 obreiros nas épocas de maior actividade. Para os traballos realizados nas terras altas de San Mamede, Queixa, Invernadoiro ou as Frieiras, empregáronse entre cinco e seis mil persoas: labregos da comarca, portugueses de Vinhais, canteiros de Paradanta e capataces e mineiros andaluces. Durante a República (1931-1936), cando se deron as condicións favorables para o asociacionismo obreiro, xurdiron numerosas “sociedades de oficios varios” afiliadas á UGT ou á CNT en lugares como Laza, Portocamba, Correchouso, A Gudiña, Vilar de Barrio, Monterrei e Prado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prehistoriador. Profesor de antropoloxía na Université de Toulouse, estudiou a presenza de industrias líticas en toda Europa e a súa sucesión cronolóxica; ademais, contribuíu ao debate sobre a cuestión do “home terciario”. Publicou, entre outras obras, La France préhistorique (Francia prehistórica, 1879) e Les âges préhistoriques de l’Espagne et de Portugal (As idades prehistóricas de España e Portugal, 1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Discípulo de C. del Campo e N. Boulanger, foi catedrático do conservatorio de Sevilla que dirixiu dende 1964 a 1978. Da súa produción destacan numerosas obras para piano, órgano, cantatas e ciclos de cancións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que corresponde con cada unha das cen mil partes nas que se divide unha unidade.

    2. Que ocupa o lugar número cen mil nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a cen mil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta e filósofo francés. Coñecido polo pseudónimo de Alain, defendeu un humanismo individualista baseado nos valores da cultura clásica. Foi profesor na Escola Normal de Rouen e dende 1909 ata 1913 no Licée Henri IV de París. Influíu notablemente na educación e reorientou a pedagoxía cara á formación dun pensamento libre e moral. Desenvolveu un importante labor político de carácter pacifista. Dende 1908 publicou en La Dépêche de Rouen e, posteriormente, en Nouvelle Revue Française, uns 5.000 artigos co título de Propos. Escribiu, ademais, as obras filosóficas Idées (Ideas, 1932) e Histoire des mes pensées (Historia dos meus pensamentos, 1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de pemento, pequeno e alongado, e en forma de corno. O seu picante débese ao seu alto contido en capsaicina. Emprégase moito como condimento, seco ou en po, tanto o das variedades correntes na Península Ibérica como noutras cultivadas na América tropical (como as de Caiena ou de Tabasco) e as cultivadas no subcontinente indio; entran na composición de moitos pratos e salsas típicos, entre os que destacan as enchiladas (tortas de millo enchidas, aderezadas con chile) e o chilmole (guiso protagonizado por estes pementos). O chile ten propiedades estimulantes da dixestión e carminativas. En forma de tintura emprégase como rubefaciente, contra dores reumáticas e contracturas musculares, etc. Ás veces úsase a planta como ornamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de América, situado no extremo sudoccidental do continente. Limita ao N con Perú, ao L con Bolivia e Arxentina, ao S cos océanos Atlántico e Pacífico e ao O co Pacífico. Esténdese ao longo de 4.000 km entre os 17° e os 56° de latitude S e os 66° e 76° de lonxitude O. Abrangue unha superficie de 756.626 km2nos que acolle unha poboación de 14.824.000 h (estim 1998). A capital é Santiago. Baixo soberanía chilena inclúense tamén a illa de Pascua (162,5 km2; 2.770 h [1992]) e a illa Sala y Gómez (0,12 km2), ambas as dúas no interior do Océano Pacífico, a 2.500 km e 3.500 km de distancia do continente, respectivamente. Ademais, Chile reivindicou en 1940 un arco do territorio antártico, co que asegurou a súa participación nas decisións que adopte a comunidade internacional sobre o continente; de feito converteuse en asinante do Tratado Antártico de 1961 e da súa prórroga de 1991. As principais estacións científicas chilenas na antártida son a Capitán Arturo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Chile ou aos seus habitantes. Ex: A ditadura chilena cometeu importantes crimes durante anos.

    2. Natural ou habitante de Chile. Ex: Os chilenos acudiron ás urnas masivamente.

    3. As manifestacións artísticas da época precolombina son escasas; consérvanse restos de cerámica pertencentes a distintas culturas. De todas elas a máis destacable foi a cultura diaguita, que produciu obxectos feitos en metais nobres. Desta época coñécense tamén gravados e pinturas rupestres, máscaras e copas rituais. Os araucanos tallaron esculturas en pedra branca. Na illa de Pascua destacan as grandes esculturas de pedra volcánica relacionadas coas culturas polinesias. Ademais atopáronse tamén as moai kavakava (estatuas de moitos lados), pequenas estatuas que representan figuras esqueléticas. A arquitectura chilena está condicionada polos numerosos terremotos que sufriu o país ao longo da súa historia e que provocaron a destrución de cidades e aldeas. Durante a época colonial, seguíronse as tendencias construtivas peruanas. En 1647, tralo terremoto que destruíu a cidade de Santiago, só quedou en pé a igrexa do convento de San Francisco. Os terremotos de 1647 e 1730 obrigaron á...

    4. Desde 1910, coa creación do primeiro documental, ata os comezos do cine sonoro, a industria cinematográfica chilena tivo unha relativa importancia, xa que se produciron unhas oitenta películas. Despois dunha longa crise, fundáronse os estudios Chile Films (1938) e a sociedade Diprocine (1955). Algúns anos máis tarde iniciouse unha actividade moi importante a través dos cineclubs, de onde xurdiu unha xeración posterior de directores destacados, como H. Soto (Érase un niño, un guerrillero y un caballo, 1968), M. Littin (El chacal de Nahueltoro, 1968), A. Francia (Valparaíso, mi amor, 1968), G. Acevedo, P. Chaskel, R. Ruiz (Tres tristes tigres, 1968), etc. Os primeiros anos da década dos setenta foron prolíficos en directores e obras, aínda que case todos os realizadores se exiliaron a partir da caída de Allende; algúns deles residen fóra do país, como M. Littin, director de Actas de marusia (1976), rodada en México. Neste período, ata a chegada...

    5. O cultivo das letras iniciouse con El cautiverio feliz y razón individual de las dilatadas guerras de Chile, de Francisco Núñez de Pineda y Bascuñán (1607-1682), escrita en 1673 e publicada en 1863. A obra narra, en forma de novela, as súas experiencias como prisioneiro dos araucanos durante uns meses do ano 1629 e constitúe unha das críticas máis vigorosas da conquista de Chile. Dentro do xénero da crónica das Indias, o xesuíta Alonso de Ovalle (1601-1651) escribiu a Histórica relación do reino de Chile (1646), onde describiu a paisaxe, os pobos e os costumes do país. Entre os libros didáctico-relixiosos do s XVIII destacan La venida del Mesías en gloria y majestad (1810-1812), do xesuíta Manuel Lacunza; en canto ás polémicas daquel momento sobre a pretendida inferioridade do novo mundo cómpre destacar a defensa de Juan Ignacio Molina (1740-1829), autor do Compendio della storia geografica, naturale e civile del regno de Cili (Compendio da historia xeográfica,...

    6. Ademais da música autóctona, dunha gran riqueza rítmica e sobriedade melódica, aínda ben viva entre os indios araucanos, Chile posúe un repertorio tradicional de música popular moi rico, entre o que destaca a cueca, danza tradicional cantada. Posteriormente, sobresaíu a obra de Manuel Robles (1780-1837), autor do primeiro himno nacional de Chile; de José Zapiola (1807-1885), autor de música eclesiástica e de himnos cívicos, cunha personalidade que dominou a vida musical chilena do s XIX e Federico Guzmán (1837-1885), introdutor do romanticismo. No s XX destacaron os compositores Enrique Soro (1884-1954), Alfonso Leng (1884-?), Pedro Humberto Allende (1885-1966), Carlos Isamitt (1887-1974) e Domingo Santa Cruz (1899-1987). O cambio xeracional constitúeno Jorge Urrutia Blondel, René Amengual, Alfonso Letelier, J. Orrego-Salas, José Vicente Asuar, León Schidlowsky e Gabriel Brncic. Na interpretación destaca a figura do pianista Claudio Arrau. No eido da canción cómpre mencionar a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compartimento situado no panel do medio da dorna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Realizou estudios musicais no Conservatorio de Nápoles, onde posteriormente exerceu a docencia. É autor de numerosas pezas para piano, orquestra e corda, e das óperas L’arlesiana (1897), Adriana Lecouvreur (1902) e Gloria (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO