"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
-
Técnica artística que consiste en xustapoñer sobre o lenzo pequenos puntos de cores puras de xeito que, contemplado desde certa distancia, as cores quedan fundidas no ollo do observador e forman a imaxe. Foi unha técnica utilizada polos neoimpresionistas, baseada na teoría do divisionismo.
-
Técnica de composición musical, empregada por Webern, que disgrega totalmente os deseños temáticos, no discurso musical, e emprega notas illadas ou grupos de notas.
-
-
-
Calidade de purista.
-
Movemento pictórico francés que se desenvolveu entre 1918 e 1925, que rexeitaba a abstración cubista. Promovido por A. Ozenfant e Le Corbusier, sobre o que teorizaron nas revistas L’Élan (1915) e L’Esprit Nouveau (1920-1925), o manifiesto purista publicouse en 1918 co título Après le cubisme. Pretendían desterrar da arte as calidades decorativas e toda fantasía e preciosismo, representando os obxectos na súa simplicidade arquitectónica e preocupándose polas formas primarias, a estética da máquina e o funcionalismo.
-
Movemento pictórico italiano que se desenvolveu na primeira metade do s XIX e que, derivado do nazarenismo, preconizaba a inspiración relixiosa na arte e a revalorización do Trecento e o Catrocentos italianos. Dos seus membros destacan os pintores A. Bianchini (1803-1884), autor de Del purismo nelle arti (1849), e o historiador da arte P. Selvatico (1803-1880). Supuxo unha renovación da temática, pero non do estilo, que se mantivo dentro do academicismo.
-
-
-
Calidade de puritano.
-
Movemento político-relixioso, no seo das igrexas reformadas de Inglaterra e de Escocia, nacido no período que vai desde o establecemento de Isabel I de Inglaterra (1559) ata a restauración monárquica de Carlos II de Inglaterra (1660), que pretendía a total purificación das reformas romanas e a implantación do pensamento calvinista. A expresión máis típica é o Pilgrim’s Progress de John Bunyan e o Paradise Lost de John Milton. O puritanismo comporta, como estrutura eclesiástica, o presbiterianismo fronte ao episcopalismo, e a presenza do consistorio, formado prevalentemente por laicos, nas parroquias. Iso levounos a defender o parlamentarismo fronte a Xaime I de Inglaterra. O rexeitamento orixinou un puritanismo político, que sostivo a causa de Tomas Cromwell. En 1620 os pioneiros do Mayflower fundaron a colonia de Plymouth, que foi o reduto puritano de EE UU. Influíu no nacemento dos baptistas e dos cuáqueros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
boxeo.
-
-
Actitude que se caracteriza pola inmobilidade, a apatía e a indiferenza.
-
Movemento de espiritualidade católica do s XVII, difícil de determinar nos seus límites, caracterizado por unha linguaxe mística, próxima ao panteísmo, que xurdiu en reacción contra a piedade voluntaria. Ten a súa orixe en Miguel de Molinos e na súa Guía espiritual (1675), para quen a perfección cristiá consistía no amor de Deus e na inacción da ánima. Sesenta e nove das súas proposicións foron condenadas en 1688. Coa axitación provocada en Francia, J. B. Bossuet e o arcebispado de París condenaron tamén obras de Guyon du Chesnoy (1695), así como a súa defensa de François de Salignac de la Mothe Fénelon na obra Explication des maximes des saints sur la vie intérieure. O movemento influíu no pietismo. OBS: Tamén se denomina molinosismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
quimiotaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tropismo en que o factor estimulante é unha substancia química.
-
-
Actividade química.
-
Excesivo emprego de produtos químicos.
-
Análise química do zume gástrico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola literaria portuguesa do s XVI formada baixo a influencia do Renacemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de fenómenos morbosos que se producen no organismo debidos á intoxicación por quinina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza da arte paleocristiá realizada en mármore e datada no s V. Localizouse en 1925 na igrexa de Santa María da Ermida (Quiroga). Representa o monograma de Xesús Cristo, rodeado dunha coroa circular composta dunha dobre liña de perlas, entre as que se sitúa unha banda cunha lenda gravada a bisel. Puido ser un aplique dunha fachada, xa que a parte posterior está sen labrar ou formar parte da mesa de ofrendas e colocarse sobre unha columna de mármore. O mármore con listado azul en que está realizada pode proceder das canteiras do Incio. Aparece deteriorado nalgunhas partes porque a xente do lugar, ben por fe ou ben por superstición, a raspaba co fin de obter uns pos ou areas que consideraban eficaces para curar certos males.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Condición de quixote.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que ensinan os rabinos. A súa orixe débese a un conxunto de actividades intelectuais e relixiosas iniciadas no xudaísmo tras a destrución do Segundo Templo de Xerusalén no ano 70 e que constituíron unha base de organización do xudaísmo. Inicialmente as escolas de Babilonia e Palestina constituíron a súa vangarda (elaboración do Talmud), ata que a supremacía cultural pasou á Península Ibérica (s XI) e Occitania. A partir de 1492 os seus principais focos radicaron en Europa Central.
-
-
-
Tendencia ou doutrina filosófica que defende a razón como unha fonte radicalmente moito máis válida ca a experiencia sensible ou afectiva, e que a cataloga como a única fonte absolutamente válida para o coñecemento, a comprensión ou a interpretación verdadeira da realidade. Contraposto ao empirismo, ao irracionalismo e ao escepticismo, o racionalismo pode atoparse en case todas as épocas, desde Parménides ata G. W. F. Hegel -os seus dous representantes máis extremos-, aínda que a súa típica e máis estrita expresión aparece na corrente filosófica que, nos ss XVII e XVIII, recolleu o desexo de emancipación por parte do home de toda fe relixiosa sobrenaturalista e o entusiasmo causado polos grandes descubrimentos científicos da Idade Moderna. Neste senso, o racionalismo corresponde ao conxunto de sistemas especulativos elaborados por R. Descartes, B. Spinoza, N. Malebranche e G. W. Leibniz, que se caracterizan por unha clara pretensión de alcance universal e por unha estrutura lóxica voluntariamente...
-
Doutrina que interpreta e fundamenta as crenzas relixiosas só a partir da razón.
-
-
Actitude en virtude da cal se busca unha comprensión ou unha interpretación das cousas dun xeito exclusivamente, e mesmo excesivamente, racional.
-
Movemento artístico que se aplicou ao período da arquitectura contemporánea comprendido entre 1910 a 1940, que concedía prioridade ao urbanismo sobre o proxecto arquitectónico individual, preocupándose polo óptimo aproveitamento dos espazos propio do funcionalismo arquitectónico e que defendeu a importancia social da actividade do arquitecto. Incoporou á arquitectura técnicas industriais de fabricación en serie. Denominouse tamén estilo internacional, funcionalismo e movemento moderno. En España desenvolveuse a partir de 1925 e estivo especialmente representado polo grupo GATEPAC. En Galicia destacaron, entre outros, os arquitectos Pedro Alonso Pérez, Xosé María Banet Díaz-Varela, Xosé Caridad Mateo, Francisco Castro Represas, Santiago Rey Pedreira e Antonio Tenreiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que propugna a desigualdade das razas humanas e en virtude da cal se xustifica que certas razas ou culturas sexan sometidas a explotación económica, segregación racial ou mesmo destrución física. É unha forma activa de etnocentrismo. Algúns autores británicos, como R. Kipling, defenderon o destino das nacións de Occidente como potencias civilizadoras, nunha concepción eurocéntrica e colonial do mundo. En Francia, Henri de Boulainvilliers foi o iniciador da formulación teórica do racismo, ao intentar demostrar que a nobreza procedía da raza dominante dos francos. Máis tarde, J. A. Gobineau defendeu que a raza branca era superior a todas e que dentro dela, a súa rama máis pura era a aria; estas teses influíron no nacionalsocialismo alemán. O racismo implicou nalgúns estados africanos a completa eliminación física de tribos inimigas da tribo gobernante e na República Sudafricana o apartheid (1948-1991). En EE UU xurdiu no s XIX nos estados sudistas, nos que a monocultura...
-
-
Calidade de radical.
-
Actitude radical.
-
Corrente de pensamento político que propugna, dun xeito democrático, reformas profundas ou cambios substanciais das estruturas políticas e sociais do estado. O termo foi empregado por primeira vez en Reino Unido para designar as correntes de pensamento político reformista do derradeiro decenio do s XVIII e da primeira metade do s XIX, que esixían unha maior participación de toda a poboación nos asuntos políticos. Tras a Reform Act de 1832 e a ampliación do sufraxio, o termo foi utilizado progresivamente como sinónimo de liberalismo. En EE UU empregouse para designar a corrente de pensamento político progresista que avogou pola promoción e a defensa dos dereitos humanos nos estados da confederación sudista. En Francia non tomou forma organizativa estable ata 1901, coa creación do Parti Radical, que tivo un peso considerable na vida política do país. En España, a corrente radical cristalizou na á de M. Ruiz Zorrilla do Partido Progresista. Tras un período de decaemento, renaceu con A. Lerroux...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade dos corpos de deixar penetrar ou atravesar, máis ou menos, os raios X.
-
-
Afección propia do lactante que se caracteriza por unha distrofia ósea debida a unha defectuosa mineralización do óso. A orixe é a falta de vitamina D, e caracterízase pola presenza de ósos flexibles e brandos. OBS: Tamén se denomina mal inglés.
-
acondroplasia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento relixioso nacido en Xamaica a comezos da década de 1930. Baseado nas profecías da Biblia, nas aspiracións da comunidade negra e nas ensinanzas de Marcus M. Garvey, ten unha orientación política fundamentada na non aceptación dos valores impostos pola ideoloxía dominante. Tomou o seu nome de Ras Tafari Makonne (nome do emperador etíope Haile Selassie), protector da civilización africana. Consideran que a raza negra é descendente dos antigos israelitas. Basean todos os seus actos en pasaxes bíblicas e celebran dúas cerimonias: un razonamento, onde se reunen, fuman herba e discuten cuestións relixiosas e sociais, e un binghi ou festa onde se danza, canta e fuma durante varios días. Dos seus símbolos destacan as trenzas rastas e o fumar ganja (cannabis) ou herba sagrada. Durante a década de 1960 acadou gran popularidade, tanto en Xamaica coma no exterior, debido a relación entre a música reggae e a relixión. A música sagrada dos rastafari denomínase...
-
VER O DETALLE DO TERMO
lucismo.