"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Relativo ou pertencente á aspiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento continuo de desfibración da madeira, inventado polo enxeñeiro sueco Arne Asplund en 1931, baseado no feito de que a temperaturas suficientemente elevadas (165-200°C) a lamela intercalar que liga as fibras celulósicas abrándase bastante para que estas se poidan separar mecanicamente. A pasta obtida emprégase para taboleiros de fibra, táboas illantes, filtros de saturación, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neurofisiólogo armenio da escola pavloviana. Entre os seus traballos cómpre destacar Fisioloxía do sistema nervioso central (1953), Funcionamento e regulación do cerebro (1963) e Ensaio sobre as actividades nerviosas superiores (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Felipe Fernández Armesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade constituída na Coruña en febreiro de 1999. O seu obxectivo é fomentar o recoñecemento dos escritores galegos en lingua portuguesa e facilitar a súa comunicación cos escritores de países que teñen o portugués como lingua oficial, así como favorecer a difusión pública da súa obra e actividade literaria, artística ou científica. Unha das primeiras actividades da AGE é a elaboración dun repertorio bibliográfico da produción escrita en portugués en Galicia, difundida pola Internet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Destaca no cultivo do conto, onde reflicte o carácter do pobo ruso e a vida e dificultades da xente sinxela. Destacan entre outras obras: Kraza (O furto, 1966), Kon s rosovoj grivoj (O cabalo da urina rosácea, 1961) e Poslednij poklon (A derradeira reverencia, 1968-1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento químico radioactivo, de número atómico 85. A masa atómica pode ser 202-212 e 214-219, segundo o isótopo considerado que se pode obter de xeito artificial bombardeando o bismuto con partículas alfa. O astato está situado no grupo dos halóxenos, dos que é o máis pesado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non posúe boca ou estoma.

    2. Dise dos brións que presentan esporanxios sen opérculo, dehiscentes por unha abertura irregular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O máis antigo dos grandes clubs de fútbol ingleses, fundado en 1874 en Birmingham. Membro fundador da Liga inglesa en 1888, foi campión do torneo en sete ocasións; posúe outros tantos títulos de Copa e en cinco ocasións venceu na Copa da Liga. Na tempada 1981-1982 proclamouse Campión de Europa, adxudicándose a Supercopa de Europa subseguinte. O Real Club Deportivo de La Coruña e o Real Club Celta de Vigo enfrontáronse a el na Copa da UEFA nas tempadas 1993-1994 e 1998-1999, respectivamente. En ambas ocasións os equipos galegos eliminaron aos viláns, logo de vencer nos partidos de volta disputados no estadio Villa Park de Birmingham (0-1 e 1-3 respectivamente).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Educouse en Birmingham e Cambridge, onde traballou con Joseph John Thomson sobre as descargas eléctricas en tubos a baixas presións. Descubriu a existencia dos isótopos mentres estudiaba o neón. En 1919 inventou o espectógrafo de masa que leva o seu nome, co que resolveu a cuestión dos isótopos do neón e descubriu os do cloro e doutros elementos. Publicou The Isotopes (1922) e Mass-spectra and Isotopes (1933). En 1922 recibiu o Premio Nobel de Química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro de Camiños, Canales e Portos. Foi xefe da construtora Eman, director técnico na fábrica de prefrabricados Bein, director técnico do estudo de arquitectura e enxeñería Aricsa e secretario do colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canales e Portos de Galicia. É profesor titular de Cálculo Estrutural na Facultade de Arquitectura Técnica da Coruña, profesor de Ampliación de Física na Escola Superior de Arquitectura da Coruña e enxeñeiro municipal do concello de Oleiros. Realizou obras no xardín de Santa Cristina, a urbanización P P 5 3 en Santa Cruz, o cuartel da Policía Municipal, o adro de Santa Eulalia de Liáns, a nova lonxa de peixe da Coruña, o proxecto das oficinas de Acopesca e o deseño dun panel de formigón aparafusado á cimentación que soporta empuxes de graneis de ata 4.000 m de altura. Elaborou o inventario de pontes antigas para a Dirección Xeral do Patrimonio da Xunta, estudios sobre o Camiño Portugués a Santiago e artigos sobre temas de enxeñería histórica. Entre os seus...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da comarca da Maragatería, na beira do río Jerga. Núcleo xacobeo de primeira orde, é a encrucillada da Ruta da Prata e do Camiño Francés a Santiago. Constitúe un municipio adscrito á provincia de León, na comunidade autónoma de Castela e León (12.564 h [1996]). É un importante centro agrícola (cereal, viño), gandeiro (ovino) e industrial. Entre os seus produtos máis típicos destacan os mantecados e os follados. Continúa a ser un paso fundamental das comunicacións terrestres dende a Meseta a Galicia, tanto por estrada (A-6 e N-120) como por ferrocarril. Chamada polos romanos Asturica Augusta, foi a capital do convento asturense da provincia da Gallaecia. Alí cruzábanse a Vía Traxana coa Vía da Prata, dúas das máis importantes infraestruturas de comunicacións da Hispania romana. A cidade conserva as murallas romanas, así como as ruínas dalgunha vila descuberta casualmente ao acometer obras no s XX. É sé episcopal dende o s III. A finais do s IV foi unha das vilas máis afectadas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe leonesa que se estendeu por Valderas, Mansilla e Carbajal de Fuentes, no Reino de León, e tamén por Castela, Galicia, Andalucía, Asturias, México e Chile. As súas armas levan na metade dereita, en ouro, unha faixa atravesada no alto e debaixo dela un lobo negro andante; na metade esquerda, en vermello, unha cruz de ouro grande. A rama galega presenta escudo partido: a primeira partición, en campo de ouro, unha faixa de azul, acompañada de dous lobos de sable, un arriba e outro abaixo; e, a segunda, en campo de goles, unha cruz de ouro, que toca coas súas beiras os bordos do escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División territorial administrativa da Igrexa católica. A primeira documentación data do s III cando aparece nomeado o seu bispo Basílides. A súa xurisdición abranguía todo o convento asturicense da Gallaecia, a actual diócese de Ourense, que no s VI aparece xa como independente, e parte da de Lugo. As comarcas de Trives, Caldelas, Robleda e Valdeorras permaneceron baixo a xurisdición astorgana ata a época contemporánea. Na provincia de Lugo a comarca de Quiroga ficou na diócese de Astorga ata 1955, data na que se adaptou a administración eclesiástica á civil. Pertenceu á arquidiócese de Braga pero durante o Cisma de Occidente dependeu de Santiago de Compostela. Permaneceu na arquidiócese compostelá ata 1851, ano no que pasou a depender de Valladolid. En 1999 a diócese de Astorga comprendía cinco arciprestados asentados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Valdeorras, Fontei, Trives-Manzaneda, A Veiga do Bolo e Viana do Bolo), que inclúen os concellos do Barco de Valdeorras,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Astorga.

    2. Habitante ou natural de Astorga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador vasco. É autor da Historia de la Compañía de Jesús en la asistencia de España (1902-1925), que ofrece abundante información sobre os xesuítas dos ss XVI-XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula da neuroglía que se caracteriza pola posesión dun gran número de prolongacións ramificadas. Hai dous tipos: os astrocitos de radiacións curtas, especialmente abundantes na substancia gris, e os astrocitos de radiacións longas, abundantes na substancia branca dos órganos nerviosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor cerebral formado por astrocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dunha nave espacial (Apolo XIII, Soyuz I), cápsula espacial (Voyager), lanzadeira espacial (Challenger, Columbia, Discovery) e aparatos semellantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome propio dun lugar distintivo dun planeta. Así, por exemplo, na Lúa está o chamado Mar da Serenidade (Mare Serenitatis) ou o Lago dos Soños (Lacus Somniorum).

    VER O DETALLE DO TERMO