"Ava" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 621.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Michelangelo Merisi [ou Amerighi].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente artística da pintura europea do s XVII, influída pola obra de Caravaggio. Os seguidores deste estilo, caracterizados polo emprego do claroscuro, recibiron tamén o nome de tenebristas. En Italia os primeiros en aproveitar as innovacións de Caravaggio foron Orazio Gentileschi (1565?-1640?), Antiveduto Grammatica (1570-1626), Giovanni Battista Caracciolo (1570?-1637), Artemisia Gentileschi (1597?-1651?), Bartolommeo Manfredi (1580?-1601?), Luigi Miradori (?-1657) e Carlo Saraceni (1585?-1620). O seu realismo influíu en pintores académicos como Guido Reni (1575-1642) e Guercino (1591-1666); non obstante, debido á súa ruptura coa tradición clásica, interesou cada vez máis a artistas de tradición non clásica, entre os que destacan o flamengo Louis Finson (1580-1617), os holandeses Gerard Honthorst (1590-1656) e Hendrick Terbrugghen (1588-1619?). En Francia sobresaíron Moïse Valentin (1591?-1634) e Georges de La Tour (1593-1652), dentro da corrente antiacadémica. A influencia...
-
-
Grupo de comerciantes, peregrinos ou outros viaxeiros que se reúnen para atravesar o deserto, países perigosos ou lugares de difícil travesía, especialmente de Oriente.
-
-
Grupo numeroso de xente, cabaleiros ou coches que van xuntos cara a algún sitio.
-
Aglomeración de vehículos que circulan nunha estrada a velocidade menor da normal e moi xuntos, feito que impide ou dificulta a fluidez do tráfico.
-
-
Expedición guerreira por mar que realizaban os novicios da orde do Hospital de San Xoán de Xerusalén ou de Malta contra os mouros e contra os piratas; era unha proba necesaria para a súa profesión.
-
ehículo ou remolque acondicionados para ser habitados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Guía dunha caravana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio en Oriente destinado a acoller as caravanas. Construídos ao longo das distintas rutas, estaban constituídos por catro corpos, xeralmente cun piso enriba, que formaban un patio cunha fonte no seu centro para as ablucións. Contaban tamén con cociñas, cortes, baños e, ás veces, complementábanse cunha mesquita. Nas cidades, ademais da súa función de hospitalidade, empregábanse para vender as mercadorías e facer todo tipo de operacións comerciais. En Irán desenvolveuse o tipo de catro iwáns das mesquitas ou madrasas e en Siria organizáronse, a partir do s XIII, en patios con arquerías e varios pisos, o inferior para os animais e as mercadorías, e os superiores para os viaxeiros.
-
-
Forma de relevo erosivo orixinada en pendentes sobre rochas brandas, como por exemplo as arxilas, pola concentración superficial das augas de arroiada en carreiros, da que resultan profundos sucos que ofrecen un aspecto moi degradado.
-
Suco profundo existente nun terreo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos IV de Francia.
-
PERSOEIRO
Rei de Navarra (1349-1387), fillo e sucesor de Xoana II de Navarra e de Filipe III, conde de Évreux. Casou en 1353 con Xoana, filla de Xoán II de Francia, trono ao que sostiña aspiracións. Xoán II, temeroso dos seus contactos cos ingleses, cedeulle polo Tratado de Nantes (1354) dominios en Normandía, pero finalmente apresouno en Rouen en 1356. Fuxiu da prisión e venceu a revolta da Jacquerie, de acordo co delfín, ao mesmo tempo que actuaba contra el na revolta de París de Étienne Marcel (1358). Na derrota de Cocherel (1364) perdeu unha gran parte dos seus dominios franceses. Aliado de Pedro I de Castela, declarou a guerra a Pedro IV de Aragón en 1362, que concertou os acordos de Uncastillo (1363) e Sos (1364). A repartición de Navarra, proxectada por Pedro III e Carlos V de Francia, obrigouno a pactar co rei de Castela en Libourne, en 1366, e cedeulle unha parte de La Rioja, Araba e Gipuzkoa. Axudou a Pedro I de Castela na súa loita contra Enrique de Trastámara e restituíronlle os territorios...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Navarra (1387-1425), fillo e sucesor de Carlos II. O seu casamento en 1375 coa infanta Leonor, filla de Enrique II de Castela, puxo fin ao longo período de hostilidade entre estes reinos. Asinou diversos tratados de paz con Castela e Aragón. Concluíu un acordo con Ricardo III de Inglaterra en 1393 polo que recuperaba Cherburgo. Polo Tratado de París de 1404, que asinou con Carlos VI de Francia, renunciou aos condados de Champagne, Brie e Évreux, e á cidade de Cherburgo, e recibiu o ducado-paria de Nemours. Comprometeuse con Fernando I de Aragón a impedir que Antón de Luna, partidario de Xaime o Desgraciado, conde de Urgell, recibise axuda desde Navarra e Francia. Recoñeceu en 1390 o papa de Aviñón, pero, unha vez que foi proclamado Martiño V, someteuse á obediencia de Bieito XIII. En 1423 instituíu o título de príncipe de Viana, privativo dos herdeiros do Reino de Navarra, a favor de Carlos, primoxénito da súa filla Branca e de Xoán, infante de Aragón. Reformou a facenda...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Período de tres días que precede á Coresma.
-
Festa popular, celebrada neste período, que se caracteriza polas máscaras, bailes, comidas tradicionais, etc. Ten a súa orixe nas antigas bacanais (en honor do deus Baco), nas saturnais (en honor de Saturno) e nas lupercais (en honor do deus Pan), así como noutras festas orxiásticas e misteriosas que se celebraban en Grecia e Roma. O cristianismo non conseguiu destruír estas tradicións totalmente, malia as persecucións das antigas relixións por parte da Igrexa. A partir do s VI o carnaval acadou un grande esplendor en Italia, particularmente en Venecia. Na Idade Media, o carnaval foi menos licencioso ca na Antigüidade, pero máis groseiro e desprovisto de misterio. Tanto en Italia como en Francia e España, adoitábase rematar o carnaval co popular enterro do carnaval, que consistía en queimar un boneco de palla despois de pasealo polas rúas e prazas das poboacións, en medio dun gran bulicio.
-
[Ho
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao carnaval.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baile de orixe campesiña de ritmo binario, popular en Bolivia e no N de Arxentina. Normalmente se acompaña co charango, a quena e o tambor.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado ao NL da provincia (2.620 h [1996]). Está drenado polo río Guadiana. A economía baséase na plantación de cereais, oliveiras, hortalizas e algodón, así como na gandería bovina, na avicultura e na cunicultura. Dentro do termo está a fortaleza de Calatrava, en ruínas, que foi o primeiro establecemento da orde homónima (1158).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Discípulo de C. del Campo e N. Boulanger, foi catedrático do conservatorio de Sevilla que dirixiu dende 1964 a 1978. Da súa produción destacan numerosas obras para piano, órgano, cantatas e ciclos de cancións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz e cantante. Coñecida como Estrellita Castro, despois de triunfar no Ateneo Mercantil de Sevilla, percorreu toda Andalucía e Extremadura cun grupo de artistas flamencos e realizou unha xira por España e por América que a levaría a La Habana, lugar no que se exiliou trala Guerra Civil. No seu exilio viaxou a Berlín e rodou nos estudios da UFA, da man de Benito Perojo, algunha das súas películas máis destacadas, como El Barbero de Sevilla, Suspiros de España e Mariquilla Terremoto, as tres producións de 1938. Posteriormente viaxou a Roma e representou un papel en Los hijos de la noche (1939). Intérprete de cancións moi coñecidas como Rocío, María de la O, Mi jaca, Mi tarara, Suspiros de España e Ojos Verdes, participou tamén, entre outros, nos filmes Mi patio andaluz (1933), Rosario la cortijera (1935), Torbellino (1941), Los misterios de Tánger (1942), La niña del patio (1967), La...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Navarra e condesa de Foix (1483-1513), filla de Gastón V de Foix e de Magdalena de Francia. Herdou Navarra e Foix trala morte do seu irmán Francisco I Febo en 1483. Casou con Xoán II de Albret (1484) e durante o seu reinado aumentaron as loitas entre beaumonteses e agramonteses. Isto facilitou a ocupación de Navarra por Fernando o Católico en 1512, que foi proclamado rei en 1513. Como consecuencia, Catarina converteuse en raíña da Navarra ultrapirenaica, cargo que ocuparía ata a súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cavar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das veas que levan o sangue procedente dos tecidos (pobre en osíxeno) ao corazón nos peixes pulmonados e nos tetrápodos. Os peixes pulmonados, anfibios e réptiles teñen unicamente unha e as aves e os mamíferos presentan dúas: a vea cava superior e a vea cava inferior. No ser humano, a superior fórmase pola unión dos dous troncos braquiocefálicos, que levan o sangue procedente da cabeza e dos membros superiores, e desemboca na parte superior da aurícula dereita. A inferior xorde da unión das dúas veas ilíacas, que levan o sangue procedente das extremidades inferiores, e desemboca na parte inferior da aurícula dereita. OBS: Tamén se denomina vea cava.
-
-
Estancia soterrada na que se conserva e cría o viño. O ideal é que teña unha humidade relativamente elevada e unha temperatura constante entre os 6-7° C e os 12° C.
-
Denominación oficial no estado español aplicada ao viño branco, ou excepcionalmente rosado, escumoso natural, de calidade e produción controlada, que se elabora e cría en botella, segundo o denominado método tradicional, directamente adaptado do méthode champenoise, cunha crianza mínima de nove meses. Na parte interior da rolla, os cava levan impresa unha estrela de catro puntas. Josep Raventós obtivo o primeiro cava en 1872 e o seu fillo Manuel Raventós, foi un reputado perfeccionador da técnica de elaboración. Existe unha Denominación de Orixe Cava que comprende 161 concellos de Catalunya, La Rioja, Zaragoza, Araba e Nafarroa, aínda que practicamente a totalidade da produción se elabora na comarca do Penedès, en Catalunya, principalmente na localidade de San Sadurní d’Anoia. Poden empregarse as uvas macabeo ou viura, xarel·lo, parellada e chardonnay como principais, e como complementarias a subirat ou malvasía rioxana,...
-
-
CIDADES
Cidade da provincia de Salerno, situada na Campania, Italia, nunha área agrícola de poboación dispersa (53.253 h [1997]). Ademais da agricultura, destaca a industria algodoeira como parte importante da súa economía. Preto da cidade, en Monreal, está o mosteiro beneditino de La Trinità della Cava, fundado en 1011 por san Alferio. O actual edificio, reconstruído en 1796, conserva un claustro gótico.
VER O DETALLE DO TERMO