"Fernán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 808.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro de horas de Fernando I.
-
PERSOEIRO
Escultor, fillo e discípulo de Pedro Dobao Rodríguez. Licenciado en Belas Artes na Universidade de Vigo (1998), foi profesor de secundaria (1998-1999). Na súa obra empregou os grandes formatos. En 1999 fixo fotomontaxes para o Centro Cultural e a Comunidad de Montes de Valadares, e en 2000 realizou un estudo histórico-xeográfico para o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Esculpiu diversas placas conmemorativas, comerciais e pergameos de bronce na provincia de Pontevedra (1994-2000). Participou no proxecto Galicia Terra Única (1997), no I Simposium Internacional de Escultura do programa Arte e natureza no monte Alba (Vigo, 1999), coa obra Natureza e Cultura, e no X Simposium Internacional de escultura en Galilea, no que realizou, á vista do público, o grupo Arquitectura do sol (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario e deseñador. Iniciou os estudios de filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela e de audiovisuais na facultade de Arte da Universidade de Vicennes. Residiu en Inglaterra entre 1971 e 1973 e, ao seu regreso, comezou a traballar no terreo da moda masculina. Coa súa familia creou a firma Adolfo Domínguez en 1976. Realizou varias incursións no mundo audiovisual, coa creación dos figurinos para a montaxe da obra A Lagarada, posta en escena polo Centro Dramático Galego (1992), e a produción do filme La Moños, dirixida por Mireia Ros en 1995; e no mundo literario, coa publicación da novela Juan Griego, en 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Protexido de Pedro Martín Cermeño García de Paredes, exerceu o cargo de mestre maior das fortificacións da Coruña. A partir de 1782 traballou como arquitecto principal das obras de urbanización e saneamento da cidade herculina. Foi arquitecto municipal da Coruña dende a creación do cargo en 1786. O seu estilo neoclásico, influído por Martín Cermeño, caracterizouse por unha gran sinxeleza e por un sentimento clasicista moi puro. Entre as súas obras coruñesas destacan, ademais dalgunhas vivendas particulares, a Aduana Marítima (sede da subdelegación do Goberno, 1780), o Real Consulado (sede da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario) e o desaparecido Hospital Municipal (1791). Deseñou tamén as fontes de Neptuno e da Fama (1791) e os planos, non executados, para o ensanche da cidade e para a fonte da antiga praza da Fariña (praza de Azcárraga), e dirixiu as obras de construción do Teatro Provisional da Porta Real (1804). En Santiago de Compostela construíu o...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Xunto con Tomás Gambino realizou o retablo maior de San Pedro de Fiopáns (A Baña), deseñado por Miguel Ferro Caaveiro (1777). Para o antigo mosteiro de Cascas (Betanzos) trazou os planos do altar dunha capela situada á beira da sancristía. En 1784 realizou o retablo maior de Santa María de Portas (Portas) e en 1795 fixo os planos da capela da Leite da igrexa de Santiago da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre gaiteiro. Estudiou filoloxía clásica na Universidade de Santiago de Compostela. Compoñente de diversas formacións musicais tradicionais e folks, integrou o grupo Baila na criba (1992-1997) co que acadou diversos premios. Mestre gaiteiro do Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, foi director entre 1992 e 1999 das súas seccións instrumentais, da Escola de Instrumentos Tradicionais e da Banda de Gaitas Terra de Trasancos, que fundou en 1994. Así mesmo, foi presidente da Federación Galega de Bandas de Gaitas (1994-2000) e director dende 1998 da Escola Municipal de Gaitas e Percusión e da Banda de Gaitas do Concello de Xinzo de Limia e da Banda de Gaitas do Concello de Celanova. En 1999 fundou a Asociación Cultural Ardóbriga e a Banda de Gaitas Cidade de Ferrol, da que é director; colaborou co gaiteiro José Ángel Hevia en dous traballos discográficos; e dende xaneiro de 2002 dirixe a Banda de Gaitas de Candás. Escribiu diversos traballos sobre música popular, etnografía e historia, entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Licenciouse en Dereito pola Universidad de Madrid. Foi xefe do gabinete técnico do ministerio de Información e Turismo e, como membro do Partido Popular, foi deputado do Congreso por Castelló de la Plana desde a segunda á quinta lexislatura (1982-1996) e senador electo desde a sexta lexislatura (1996), encargado da presidencia da comisión de Asuntos Exteriores. Membro fundador e director da revista Familia española, escribiu, entre outras obras, Información y política (1964) e La vocación política (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do Partido Conservador, loitou pola independencia de Chile. Ao constituírse a nova república, elixírono presidente do Congreso (12.12.1823). Foi vicepresidente interino da República (1831), senador (1831-1834) e presidente do Congreso (1833).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Traballou en Pontevedra como enxeñeiro auxiliar de Obras Públicas (1914-1922), onde foi enxeñeiro-xefe. Entre 1934 e 1959 ocupou o posto de enxeñeiro-director do Porto de Vigo. Presentou en 1945 un Plan Xeral de Obras do Porto de Vigo que abarcou desde a zona de Guixar ata Samil e co que dividiu o porto en cinco zonas: porto comercial, de transatlánticos, pesqueiro, diques secos para a construción en Coia e o porto da Zona Franca en Alcabre. Elaborou o proxecto da Estación Marítima de Pasaxeiros. Durante o seu mandato levouse a cabo a construción da avenida de Beiramar e a creación da Zona Franca de Vigo. Ideou tamén unha nova lonxa en 1936, que foi un referente racionalista en arquitectura, e o edificio da Autoridade Portuaria. Foi trasladado a Madrid como vicepresidente da sección de Puertos do Consejo de Obras Públicas. Concedéuselle a cruz do Mérito Naval e a do Mérito Civil. Publicou “El Puerto Pesquero de Vigo” (1944) na Revista de Obras Públicas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Coñecido como Fernando Casás. Profesor de escultura na facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Trasladouse coa súa familia a Brasil, onde comezou a pintar en 1964 á tinta e ao oleo, e en 1969 ingresou na Escola Superior de Desenho Industrial de Rio de Janeiro (ESDI/UFRJ). A súa obra representa a tensión entre home e natureza, con preponderancia da ética sobre a estética. Fuxiu do enfoque racionalista industrial e na busca de materia prima para os seus traballos percorreu as praias de Brasil. Realizou os Proxectos Idiotas (1970) con detritos dos ríos, mareas e enterramentos de troncos, e despois traballou con materiais de refugallo, mortos, inutilizables ou reciclados, entre os que destacan Molde de Formigueiro (1968) e Ciclo do Coupin (1971). En 1977 celebrou a súa primeira mostra en Rio de Janeiro e en 1978 presentou a mostra Ciclo, Reciclo, Laberinto en Santiago de Compostela, Vigo e Barcelona. En 1982 a exposición Longa noite de pedra converteuse...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués da escola lírica galego-portuguesa, pertencente á liñaxe dos Barreto, orixinaria dos Velho. Aínda que a familia do trobador era orixinaria da conca do Lima (Entre Douro e Minho) -de feito, aínda a comezos do s XIV os Barreto forman parte das liñaxes de infanzóns padroeiras do Mosteiro de Tibães-, estendeuse despois, mediante diversas alianzas, polo Douro medio e Trás-os-Montes, e estableceuse en Estremadura (1254 - 1264), período en que o pai do trobador, Fernão Gomes, figura na corte de Afonso III. Vinculado á corte de don Denís, este autor aparece na documentación entre 1290 e 1294; neste período confírmalle á orde do Templo unha doazón de bens que seus pais lle fixeran a esta en Abrantes e, así mesmo, testemuña a doazón do pantano de Magos que lle fai a don Denís o concelho de Santarem. Como se documenta no Livro de Linhagens do Conde D. Pedro, casou nesta cidade a finais do s XIII con Joana Esteves; ademais, confirma a adscrición do trobador ao último período da lírica...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués, pertencente á escola lírica galego-portuguesa, natural de Elvas. Debeu compor o seu cancioneiro na primeira metade do s XIV, e como demostran tanto a súa colocación nos cancioneiros B e V como as relacións intertextuais que o vinculan a Estevan da Guarda, na corte de don Denís ou ben na dos seus fillos Afonso IV ou Pedro de Portugal, conde de Barcelos. Os apógrafos italianos atribúenlle sete cantigas: catro delas enmárcanse no código da canción de muller e as tres restantes son cantigas de amor. Nestas últimas, desenvolve os motivos da beleza da dama e da coita do trobador, como en “Ay boa dona, se Deus vos perdom” e “O ouç’eu dizer huu verv’aguys[a]do”, combinados co motivo do castigo divino que se serve da beleza da senhor como instrumento, na cantiga “A mha senhor fezo Deus por meu mal”. Cultiva e enriquece os temas característicos da canción cortés cunha sutil e rica selección de procedementos retóricos, como o emprego do refrán intercalar, presente na última das...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto e político. Licenciado na Escola Tècnica Superior de Arquitectura de Barcelona (1972), exerceu como profesional en Santiago de Compostela. En 1973 formou con outros profesionais o grupo interdisciplinar Oikos. Traballou en asociación con Pedro de Llano (1977-1983) co que realizou, entre outras obras, edificios de vivendas en Santiago e Ribeira, a casa Fernández Foxo en Esteiro e a casa Teixeiro en Teo; no eido do urbanismo e da rehabilitación arquitectónica o pavillón polideportivo e a facultade de Físicas da Universidade de Santiago de Compostela. Cómpre destacar os seus traballos “Notas sobre el desarrollo urbano de Santiago en la década de los 60”, en Ciudad y territorio (1977); “Santiago, un centro histórico en proceso de peatonalización”, en Galicia. A destrución e a integración do patrimonio arquitectónico. III Xornadas de arquitectura galega (1981); “Santiago de Compostela. Spain” en Soft Urbanism. 15 projects. Artpolis’96 (1996); “Compostela...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e debuxante, fillo de Vicente Eyré Varela (1887-1968), maxistrado do Tribunal Supremo. Abandonou os estudios universitarios de enxeñería e arquitectura para dedicarse á pintura de xeito autodidacta. Dominou a técnica do pastel e, como debuxante, resaltou a beleza dos modelos mediante a utilización de tons moi suavizados e dunha iluminación clara e limpa. Realizou retratos de persoeiros relevantes non só en España, senón tamén en Francia, Italia e EE UU, entre outros países. Entre as súas obras destacan El Grito Supremo, Pilar Estrada Borrajo de Orozco de Eyré, Alfonso Fierro, Marqués de Amurrio, San Bartolomé, Torero e os retratos do Rei Xoán Carlos I. Colaborou coas súas ilustracións en El relato compostelano (2001). Foi académico de honra da Accademia Letteraria de Roma, socio de honor da Unione Artistica Paternopea de Nápoles, membro de honor de Les Violettes Picards et Normands, membro de honor da...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Política. Foi presidenta de Novas Xeracións do Partido Popular da Coruña desde 1994 e deputada no Congreso pola circunscrición da Coruña na VI (1996-2000) e VII (2000) lexislaturas, nas que foi membro das comisións de Sanidade e Consumo, Administracións Públicas, Regulamento e da comisión mixta para o estudo do problema das drogas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do antropónimo masculino Fernando.
-
GALICIA
Xornalista. Director xeral de Radio Principal-Cadena SER en Monforte de Lemos e Vilalba, e de TV-7 Sur. Realizou estudios de arte dramática na Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid e especializouse en xestión e dirección comercial de empresas na Universidade de Santiago de Compostela. En 1974 comezou a súa actividade radiofónica en Radio Madrid (SER) e en 1979 en Radio Lugo. A mediados dos anos oitenta desenvolveu a súa faceta televisiva no programa Telegalicia de TVE. Posteriormente presentou na TVG Arestora, Que foi de..., De viva voz, Galeguidade e Cousa-cousiña. Volveu a RNE-4 para dirixir e presentar Hoxe en día e en 1990, de novo na televisión, Mar a Mar en TVE Internacional. Recibiu o premio Tertulia de RNE ao mellor programa televisivo por Telegalicia (1987) e diferentes premios TP como mellor presentador (1988) e mellor programa (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr galego. Posiblemente orixinario de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa), cultivou a súa poesía entre o segundo cuarto e finais do s XIII. Parte da crítica teno identificado con Fernand’Esquio; pero, o máis probable, é que ambos pertenzan a grupos poéticos con características diversas. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e o Cancioneiro da Vaticana (V) só transmitiron unha cantiga da súa autoría, “D’ir a Santa Maria do Lagu’ei gram sabor”, aínda que V lle atribúe erroneamente dúas estrofas da composición de Airas Paez “Por vee-lo namorado que muit’á que eu non vi”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués, da liñaxe miñota dos Guedes. Desde 1253 ata 1277 aparece vinculado á corte de Afonso III de Portugal. Estableceuse en Coimbra, onde exerceu o cargo de meirinho-mor e debeu morrer entre 1274 e 1278. Desenvolveu a súa actividade poética na segunda metade do s XIII e atribúenselle once composicións. As seis cantigas de amor, conservadas exclusivamente no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B), desenvolven e magnifican o recorrente motivo da coita, que o trobador asocia, non só ao da morte por amor, senón tamén ao da separación dos namorados, en tanto que causa sufrimento. Sobre este último motivo, o da distancia que separa os amantes, articula o trobador as súas catro cantigas de amigo, recollidas en B e no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (V).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador descendente quizais dunha rama secundaria da estirpe galega dos Lemos. Identifícase co cabaleiro Fernan Figueira, e parece que se estableceu no Alto Minho portugués e que tiña posesións en Vilanova de Cerveira. Activo na segunda metade do s XIII, atribúenselle dúas cantigas, copiadas na parte inicial da sección das cantigas de amor no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, pero adscritas ao rexistro cortés e á cantiga de amigo.
VER O DETALLE DO TERMO