"Loxia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 396.

  • Disciplina da arqueoloxía que estudia os restos culturais localizados en formacións subterráneas naturais, entre outras, covas, grutas e cavernas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Ciencia e actividade deportiva dedicada á exploración e ao estudo das cavidades subterráneas naturais.
    Historia da espeleoloxía
    A arqueoloxía evidencia que dende a súa orixe, a humanidade empregou as cavernas para prácticas máxico-relixiosas, como vivenda e tamén como sepulcro. Séneca, Homero, Aristóteles e outros escritores antigos relataron incursións subterráneas. Na Europa medieval as cavernas considerábanse lugares misteriosos, infernais, habitados por seres malignos e monstros. Un dos primeiros estudios sobre cavidades naturais foi Mundus Subterraneus (Amsterdam, 1655) do xesuíta alemán A. Kircher. En 1748, Nagel descendeu á sima de Mazocha, no karst de Moravia. No s XIX, Lidner descendeu á sima Trebiciano en Trieste (1840) e Schmidt percorreu en barca os ríos das cavernas Recca e Piuka, próximas tamén a Trieste (1850). O nacemento da espeleoloxía coincidiu co esplendor do alpinismo, trala conquista do Monte Cervino en 1865. O creador da espeleoloxía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da socioloxía política que estudia os partidos políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio das sensacións, os órganos, os sentidos e a sensibilidade en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que estudia a anatomía, fisioloxía e patoloxía da boca e das súas estruturas, como dentes, lingua, beizos, maxilares, músculos ou glándulas salivares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Orixe dunha palabra e tamén a súa evolución ata a forma actual.

    2. Ciencia que na lingüística moderna ten por obxecto de estudo a orixe das palabras, tentando determinar as causas e circunstancias da súa evolución desde un punto de vista fonético, morfolóxico ou semántico. Na gramática tradicional este concepto designaba unha das súas partes e o seu campo de competencia era moi semellante ao da actual morfoloxía. Así, chorar provén de PLORĀRE, freixo de FRAXĬNU. Para os antigos, localizar a etimoloxía dunha palabra era descubrir o seu “verdadeiro sentido” (gr ἕτυμον), isto é, a vinculación entre unha palabra e unha cousa. Na Idade Media críase que as linguas se remontaban ao hebreo (hai pervivencias desta crenza ata o s XIX) e proliferaron as etimoloxías puramente anecdóticas; un exemplo destacado son as Etymologiae de Isidoro de Sevilla (s VII). Os comparatistas (s XIX) foron os primeiros en formular o método científico na procura etimolóxica. Na súa primeira etapa (método fonohistórico),...

    3. Nome que recibiu unha parte da gramática ata o s XIX, que vén coincidir coa moderna morfoloxía, e que alternou co de analoxía. Debía ensinar a remitir unha forma dada á súa categoría respectiva e se esta admitía flexión, á súa forma orixinal; así, por exemplo, o nominativo nos nomes ou o infinitivo nos verbos. Constituía a teoría dos accidentes gramaticais.

    4. Recurso literario que consiste en empregar unha definición como explicación do étimo dunha palabra. Así, por exemplo, HUMĬLIS está relacionado con HUMUS ‘terra’ e, en sentido literal, significa ‘baixo, situado debaixo, pouco elevado’.

    5. Fenómeno lingüístico que consiste en alterar a forma dunha palabra pola semellanza fónica e semántica que presenta con outra doutra familia léxica coñecida coa que non mantén identidade de orixe. Así, por exemplo, o lat BOBARĬU ‘pastor de bois’ debería dar boveiro en galego, pero en realidade deu boieiro por influencia da voz boi; do mesmo xeito, o lat v *BISŌCŬLU ‘dous ollos’ debería dar bisollo, pero, ao relacionarse co verbo virar, deu birollo. Este proceso, enmarcado na tendencia, consciente ou inconsciente, dos falantes a conferirlles transparencia e motivación ás palabras, é moi frecuente no rexistro lingüístico máis vulgar. Deste xeito, escóitanse a miúdo, entre outras moitas, voces como vagamundo, en vez de vagabundo, por influxo de mundo; biciclista, en vez de ciclista, por bicicleta; formigador, en vez de fumigador, por formiga;...

    6. Interpretación errónea da etimoloxía dun nome, fenómeno especialmente frecuente na toponimia. Así, por exemplo, o nome de lugar Foilebar (O Incio), derivado do latín FOGIUM LUPALE ‘foxo para lobos’, asociado aos verbos “foi + levar”, ou Parderrubias (Salceda de Caselas), procedente do latín PARETES RUBEAS ‘paredes rubias’, asociado aos vocábulos “par + de + mulleres (rubias)”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudio das causas das cousas.

      1. Conxunto de causas que se admiten como responsables de que se inicien os mecanismos patoxénicos dun proceso patolóxico.

      2. Rama da medicina que estudia as causas das enfermidades.

    2. Atribución, de carácter antropomórfico, dun fundamento ou dunha causa a un feito ou unha realidade concretos. Aínda que a diferenciación non resulta sempre clara, pódese distinguir entre etioloxía mitolóxica e etioloxía histórica. A narración bíblica de Caín e Abel e o mito platónico da caverna son etioloxías mitolóxicas da diferenciación entre pobos nómades e sedentarios e da condición do coñecemento humano, respectivamente. Os relatos bíblicos e extrabíblicos dunha caída orixinal, en cambio, poden explicar a orixe histórica da presenza do mal no mundo, como a obra do home e non de Deus; nestes casos pódese falar de etioloxía histórica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina que conxuga o estudo das culturas contemporáneas (etnográficas) coas producións materiais (arqueolóxicas), para comprender as relacións de comportamento das comunidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia interdisciplinar que ten como obxectivo detectar e definir os fundamentos científicos e os diferentes métodos tradicionais que os pobos indíxenas e as comunidades locais empregan para a xeración de coñecementos en relación aos seres vivos e ás culturas humanas. A súa investigación abarca os campos da bioloxía e a antropoloxía. A través dos coñecementos etnobiolóxicos pódese ver que o home na súa socialización da natureza desenvolve unha serie de técnicas de reprodución de plantas e animais, clasificación e valorización cunha simboloxía plenamente establecida polo consenso e as experiencias do grupo social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia as etnias, pobos e culturas baseándose nos datos proporcionados pola etnografía, para establecer as leis que determinan a conduta, as realizacións e a evolución dun grupo humano ou dunha área cultural. A terminoloxía anglosaxona emprega o termo de antropoloxía cultural. Desenvolveuse como ciencia no s XIX ao separarse da antropoloxía biolóxica, da xeografía humana, da prehistoria e da socioloxía. Non obstante , ten precedentes na obra dalgúns dos xeógrafos gregos da Antigüidade e sobre todo dos mariños e viaxeiros do s XVI. Entre os viaxeiros españois ás Indias, o primeiro que estableceu un método para a recollida dos datos étnicos, culturais, tecnolóxicos e relixiosos foi Bernardino de Sahagún. No s XX desenvolvéronse varias escolas, entre as que hai que destacar, a sociolóxica, baseada no estudo dos grupos humanos e as súas relacións internas; a funcionalista, que estudia as relacións entre cultura e home; a histórico-culturalista,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da socioloxía que estudia cómo a xente organiza e entende as actividades da vida diaria. Estudia as relacións entre as persoas e cómo ten lugar a interacción social. Esta disciplina tense ocupado de aspectos como as relacións entre nenos e adultos, as conversas telefónicas ou as quendas de fala na conversación. Aínda que a linguaxe e as linguas non foron os seus principais focos de interese, as súas observacións sobre cómo se usa a linguaxe nas actividades cotiás foi obxecto de estudo de lingüistas e de sociolingüistas. A corrente orixinouse entre finais da década de 1960 e comezos dos anos 70 na socioloxía norteamericana e contribuíu ao desenvolvemento da análise da conversación na lingüística. Propúxose substituír as técnicas cuantitativas e dedutivas da investigación sociolóxica previa, que destacaba cuestións xerais da estrutura social, por medio de métodos que usaban as persoas mentres estas participaban en interaccións lingüísticas e sociais. A etnometodoloxía destaca de qué...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da musicoloxía que estudia a música primitiva e tradicional de todo o mundo e a música culta das civilizacións non europeas. Apareceu a mediados do s XIX e ao seu xurdimento contribuíron, por unha banda, os contactos coas culturas exóticas a consecuencia da expansión europea e, por outra, o interese polo folclore das nacións e pobos europeos característicos do romanticismo. Nun principio, os seus cultivadores proviñan de campos moi diversos e, de feito, conservaba un carácter multidisciplinario. Entre os seus pioneiros destaca a escola alemana, centrada na recollida de pezas exóticas e a súa transcrición na notación europea. No s XX sobresaíron especialmente as investigacións de B. Bartók e Z. Kodály sobre a música popular húngara e, nos anos cincuenta, a escola americana, moi influída pola antropoloxía, que tivo un especial interese no proceso de recollida de datos. A aplicación e o perfeccionamento dos medios de gravación foi tamén un factor básico no seu progreso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da psicoloxía social que estudia a interacción psicolóxica que se produce polo contacto entre as distintas culturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da bioloxía que estudia o comportamento dos animais, baixo as condicións do hábitat natural, e os mecanismos que o determinan. A etoloxía, desenvolvida sobre todo no s XX, fundaméntase sobre outras ramas da bioloxía, como a bioquímica, a xenética, a ecoloxía ou a zooloxía. Dende os gregos había diversas observacións e descricións de tipo anecdótico da vida dos animais e dos seus costumes, pero foron as consecuencias das teorías evolucionistas de Ch. R. Darwin as que posibilitaron o nacemento dunha etioloxía con rigor científico, que tivo como máximos representantes a K. Lorenz, K. von Frisch e N. Tinbergen. A etioloxía moderna explica o comportamento como a serie de accións que modifican en cada momento preciso a relación existente entre un organismo e o medio que o envolve. É, xa que logo, un concepto dinámico que inclúe a facultade de adaptación ao medio externo. A modificación adaptativa do animal como un todo ten lugar a través dunha pauta de conduta. Ao clasificar o comportamento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia a civilización etrusca. O interese polas antigüidades etruscas, que xa existía na época romana, reapareceu no Renacemento e o traballo de Thomas Dempster De Etruria Regali Libri Septem, escrito entre 1616 e 1619, marcou o comezo dos estudios modernos. No 1726 creouse a Accademia Etrusca de Cortona e na segunda metade do s XIX realizáronse os primeiros estudios científicos e comezaron as escavacións en Chiusi, Certona, Villanova e Tarquinia. No 1927 creouse en Florencia o Instituto di Studi Etruschi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe grega Eulogios, que inicialmente tiña o significado de ‘que fala ben’ ou ‘de quen se fala ben’. Entre os cristiáns, sen embargo, o grego ε ὐ λογέω ‘falar ben, gabar’ traduciu o hebreo barak ‘bendicir’ e Eulogios colleu o significado de ‘bendito’. Presenta o hipocorístico Locho. Destaca con este nome santo Euloxio de Córdoba (800-859?); Euloxio e Augurio, diáconos de san Froitoso, son dos santos máis antigos no culto hispánico (s VI). A súa festividade celébrase o 9 de xaneiro, pero antes da reforma litúrxica establecida polo Concilio Vaticano II (1969) celebrábase o 11 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia o Antigo Exipto. Ten como obxectivo o descubrimento dos materiais desta civilización e o seu estudo e publicación (arqueoloxía); a análise, edición e tradución dos textos (filoloxía); a síntese histórica dos coñecementos obtidos (historia) e a conservación dos materiais, in situ ou en establecementos adecuados (museoloxía). Naceu a finais do s XVIII e contou dende os seus inicios coa dificultade de penetrar no val do Nilo, protexido polos musulmáns, e co descoñecemento da escritura exipcia. A expedición de Napoleón de 1798 abriu o camiño ás investigacións e permitiu a creación de coleccións nos museos europeos. Os estudiosos que acompañaron a Napoleón recolleron as súas investigacións en La description de l’Égypte. Pódense establecer distintas etapas no estudo do mundo exipcio; a primeira estendeuse entre 1822 e 1858. Un dos primeiros estudiosos do mundo exipcio foi John Gardner Wilkinson (1797-1875), quen comezou en 1821 as escavacións de Tebas e escribiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que investiga a posible existencia de vida extraterrestre. Presenta diversos aspectos principais. Primeiramente, investiga as condicións físicas e químicas que foron esenciais para o nacemento da vida sobre a Terra e aquelas que despois non presidiron a evolución e a complexificación ulteriores. Desta maneira, inténtase establecer cáles son as condicións ambientais mínimas para que a vida poida establecerse e desenvolverse. Estes coñecementos permiten determinar os posibles enclaves exteriores á Terra capaces de dar soporte á evolución da vida, para dirixir cara a eles ulteriores investigacións de tipo observacional (a fórmula de Drake, que determina o número de civilizacións tecnolóxicas e comunicativas plausiblemente presentes na Galaxia). Esta última é un segundo aspecto da exobioloxía, que tivo coas sondas planetarias un gran desenvolvemento. Un terceiro aspecto da exobioloxía, que ata o momento só tivo unha realización concreta, é experimental. Esta única experimentación realizouse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cardiopatía conxénita que se caracteriza por unha estenose da arteria pulmonar, unha hipertrofia do ventrículo dereito, como consecuencia desta estenose, unha comunicación interventricular, que se debe a un defecto da parte alta do tabique, e unha dilatación e unha desviación da aorta cara á dereita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cardiopatía conxénita moi rara, constituída por unha estenose da arteria pulmonar, unha hipertrofia do ventrículo dereito e unha comunicación interauricular.

    VER O DETALLE DO TERMO