"Niza" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 279.

  • Formación ou adquisición de mielina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de modernizar ou modernizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen moderniza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Transformar algo segundo as necesidades, gustos ou usos do momento actual.

    2. Adecuarse ás necesidades do momento actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de organismos que se encargaron de resolver o problema dos refuxiados despois da Primeira Guerra Mundial. Colocada, ao principio, baixo a autoridade de Fridtjof Nansen (1921-1924), estivo despois ligada á Oficina Internacional do Traballo (1925-1929). En 1931 a Sociedade de Nacións creou a Oficina Internacional Nansen para os Refuxiados, que se encargou de proseguir a obra desta organización, ata a súa liquidación en 1938.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Alpes Marítimos situada na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul, Francia (342.738 h [1999]). É a cidade principal da Costa Azul, que está situada na pequena chaira de Paillon, entre as costas de Var, ao O, e as colinas de Cimiez, ao L. O seu clima temperado e a súa situación xeográfica, favoreceron o seu desenvolvemento turístico, que se iniciou a mediados do s XIX e que se converteu nunha das estacións turísticas máis coñecidas do mundo. Fundada polos focenses de Massalia sobre o s V a C, en 729 recibiu os sarracenos, que a ocuparon en 859 e en 880. Evitou o dominio dos franceses e o do Imperio, pero no s XII pasou ao da Coroa de Aragón. En 1338 púxose baixo a protección do condado de Savoia e o Rei Francisco I de Francia ocupouna aliado cos turcos en 1543. Invadida de novo por Francia en 1600, en 1696 volveu a Savoia. En 1793 anexionouna Francia pero en 1814 pasou a Piemonte, que lla cedeu aos franceses definitivamente en 1860. Destaca o Musée de Beaux Arts Jules...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de Unión Europea que se celebrou en Niza, adoptado entre os días 7 e 10 de decembro de 2000 e que se firmou o 26 de febreiro de 2001. O seu obxectivo foi adaptar o funcionamento das institucións europeas á incorporación dos novos estados membros. Os principais cambios que introduciu versaban sobre a limitación do tamaño e a composición da Comisión Europea, a extensión do voto por maioría cualificada, a nova ponderación de votos no Consello de Ministros e a flexibilidade do dispositivo das cooperacións reforzadas. Debatéronse outras cuestións de carácter institucional como a simplificación dos tratados e o papel dos parlamentos nacionais. Entrou en vigor o 1 de febreiro de 2003.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convenio que asinou o 18 de xuño de 1538 o Emperador Carlos V e Francisco I de Francia, que puxo fin á terceira guerra entre eles e recoñeceu os territorios que ocupaban.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título que reciben algúns soberanos musulmáns de India.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Andhra Pradesh, India, situada no val de Hyderābād-Godāvari, ao NO de Hyderābād (240.924 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta persa. Iniciouse na mística sufí e foi protexido de diversos príncipes. Da súa produción destacan cinco célebres matnawī e o conxunto de narracións novelescas Sete ídolos (1188).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Na École Normale Supérieure de París (1924) coñeceu a Jean P. Sartre, con quen mantivo unha estreita relación. Membro do Partido Comunista (1927-1939), foi un dos intelectuais franceses máis destacados da súa época. É autor dos ensaios Aden Arabie (1932) e Chronique de septembre (1939), e das novelas Le cheval de Troie (1935) e La conspiration (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos nizaritas.

    2. Membro dunha seita islámica, que é unha rama do ismailismo, e que xurdiu tras a sucesión do califa fatimita al-Mustanṣir, que ao morrer en 1094, foi suplantado polo seu fillo Nizār, de quen deriva o nome dos seus seguidores. Acadaron o poder político ata finais do s XIII. O seu xefe espiritual recibe o título de aga khan e hai seguidores en Siria, Irán e India.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado na Cañiza a partir de 1927, baixo os subtítulos “Semanario local independiente, defensor de los intereses de la comarca” e “Semanario local independiente, defensor de los intereses obreros y agrarios de la comarca”. Cesou o 29 de novembro de 1931. Editado nos obradoiros de El Ribadaviense, estivo dirixido por Xerardo Fuertes Gómez. Foi unha publicación local que ofreceu información da vila e das poboacións do redor, ademais de crónicas dos emigrantes en Bos Aires ou Rio de Janeiro. De tendencia progresista, apoiou a República e defendeu o Estatuto de Autonomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de occitanizar ou de occitanizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adaptar algo á maneira occitana.

    2. Converterse aos costumes occitanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • organizable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode organizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de organizar ou organizarse.

      1. Maneira de estar constituído un conxunto ou xeito como funciona.

      2. Maneira de estar constituído un ser vivo.

    2. Conxunto de persoas que pertencen a un grupo ou a unha asociación organizada.

    3. Conxunto de órganos e dependencias en que se estrutura a Administracion Pública. As normas de organización determinan as competencias e os principios de relación entre os diferentes órganos.

    4. Conxunto de técnicas para potenciar a produtividade do traballo industrial, sistematizadas por F. W. Taylor no derradeiro decenio do s XIX. As súas características fundamentais son, en primeiro lugar, a análise sistemática, realizada por técnicos especializados, das diferentes operacións que han de realizar os traballadores, o que comporta unha gran separación entre o pensamento e a execución do traballo. En segundo lugar, a avaliación dos lugares de traballo e a súa asignación aos traballadores mellor dotados para cada un, a simplificación das tarefas que corresponden a cada lugar de traballo, que achegou, sobre todo nun primeiro momento, a creación dun gran número de especialistas en detrimento dos oficios clásicos e dos obreiros polivalentes. En terceiro lugar, a busca dunha cooperación entre a dirección e os traballadores na marcha da empresa, sen pór en cuestión a estrutura xerárquica. E, en cuarto e último lugar, o establecemento da remuneración dos traballadores en relación a uns...

    5. Determinación da función ou da utilización das diferentes partes dun territorio concreto, espazo urbano, espazo rural, infraestruturas ou parques.

    6. Estruturación social en que a racionalidade predomina sobre a espontaneidade. As relacións que se establecen nunha sociedade organizada formalmente son de tipo impersoal e indirectas, e o papel de cada individuo é escollido segundo a súa eficiencia e a súa efectividade.

    7. Utilización racional e coordinada das distintas partes dunha empresa co fin de conseguir a máxima eficacia dos medios utilizados.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de baloncesto fundado en Ferrol en 1951. O seu primeiro presidente foi Jaime López Pérez, e competiu como equipo xuvenil ata 1957. Ascendeu a Primeira División na tempada 1979-1980. Despois de sete anos na máxima categoría, descendeu a Primeira División B. Logrou de novo o ascenso á liga ACB na tempada 1987-1988, onde permaneceu ata 1993-1994. Participou en tres edicións da Copa Korac (1981-1982, 1982-1983 e 1984-1985) e en 1995 cedeu os seus dereitos deportivos ao C.B.Galicia de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO