"bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
MONTES
Monte da parroquia de Franqueán, concello do Corgo, de 536 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Granada (Andalucía) na Vega de Granada (10.184 h [1991]). Drenado polo río Cubillas, a súa economía baséase nos cultivos mediterráneos (cereal, oliveira e vide) e nas canteiras areentas e os xacementos de xeso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico potente, de amplo espectro e baixa toxicidade xeral. Illouse no 1951 de cultivos da bacteria Actinomyces subtropicus. Demostrouse especialmente activo e eficaz contra as bacterias do xénero Staphylococcus resistentes a outros antibióticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena bóla elaborada cunha mestura composta por carne picada (xeralmente vaca ou porco), miolo de pan (mollado en leite e escorrido), ovo batido e fariña, condimentado con sal, pementa, noz moscada e, en ocasións, allo e perexil. Sérvese como aperitivo ou como prato acompañadas dunha salsa e de gornición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-Oise 1894) Contralto italiana que debutou en Parma no 1842 co Stabat Mater de Rossini.
-
-
Calidade de branco.
-
Luz da alba.
-
Orixe ou principio da existencia de algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín informativo gratuíto aparecido en maio de 1953 en Betanzos e subtitulado “Boletín informativo del Instituto Laboral”. Cesou a súa edición en febreiro de 1956. Foi dirixido por Xosé Antonio Míguez Rodríguez e nel colaboraron alumnos e profesores do devandito centro. Impreso na Coruña, editaba tres números por curso informando de problemas do ensino laboral e da vida local e comarcal, xunto con datos dalgunhas conferencias de profesores do Instituto.
-
-
Tempo que transcorre dende o resplandor da alba ata a saída do sol.
-
Composición poética de orixe popular, a miúdo cantada, que expresa sentimentos, relacionada coa aparición da mañá e que foi recollida e reelaborada pola poesía culta.
-
Forma musical esencialmente instrumental (gaitas e arruídos, sen bombo) tipicamente utilizada no albor dos días de festa, anunciándoa. Popular e de antiga orixe, a súa estrutura ortodoxa comeza por un breve preludio libre (improvisación para tento do instrumento) ao que segue unha melodía que se move no ámbito da oitava principal da gaita, por degraos inmediatos ascendentes, descendendo de maneira análoga para rematar, e intercalando no desenvolvemento numerosos e variados recursos ornamentais en sentido amplo (descomposicións en gruppettos de diferente orde, apoiaturas, mordentes, etc). Ás veces a gaita comprácese en fuxir, nestas ornamentacións, do ritmo ostinato que mantén sempre o tambor. Na actualidade as alboradas mestúranse con pasarrúas, con melodías procedentes doutras formas populares, mesmo vocais, e con coda de remate. Tamén é un xénero de poesía culta baseada na tradición popular. Na nosa cultura destacan a Alborada de Veiga, do compositor Pascual...
-
Paseo dun grupo facendo música polas rúas.
-
Toque militar realizado xeralmente coa corneta ao mencer, sempre previo ao izamento da bandeira.
-
lance de alborada
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome derivado de albor, que procede do latín serodio alborem e este de alba ‘branca’, palabra que por metonimia designou o ‘abrente, amencer’ porque a aurora branquea a noite escura coa chegada da luz. Alvor xa aparece na poesía medieval en Xoán Arias de Santiago e en Afonso X. Como nome propio é de introdución moi recente. Non hai ningunha santa con este nome.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa semanal de Radio Azidule, emisora de Laussanne (Suíza). Apareceu por vez primeira en outubro de 1985. Diríxese á colectividade galega e a unha audiencia estimada de corenta mil persoas. Benigno Fontenla é o encargado da súa presentación, e no programa inclúese o boletín informativo das once da mañá da Radio Galega, coa que colabora.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación nada en Bos Aires (Arxentina) no ano 1907, como voceiro oficial da Sociedade Orfeón Mindoniense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación literaria mensual en galego, aparecida en maio de 1922 en Pontevedra. Cesa no mes de xullo dese mesmo ano. Foi fundada por Xoán Vidal Martínez e codirixida por M. Bará Álvarez e Amado Carballo, ocupando Marcos Cabanillas o cargo de redactor-xefe. Os colaboradores literarios foron: Ramón Cabanillas con O cabaleiro do Sant Grial publicado no primeiro volume, Vicente Risco, Antón Vilar Ponte, Amado Carballo, quen publicou Maliaxe no volume III, Leandro Carré, Noriega Varela, Francisca Herrera, Ramón Otero Pedrayo, Roberto Blanco Torres e Antón Losada Diéguez cun conto e unha lenda aparecidas no volume II. Na parte gráfica participaron Castelao, con gravados e debuxos, Álvaro Cebreiro e Manuel Méndez, cunha modificación do escudo de Galicia. Coincidindo co 25 de xullo, elaboraron un volume especial cun editorial asinado por Nós e textos con alusións ao Apóstolo, á natureza, á raza e a Nietzsche. Participaron neste número Euxenio Montes, Risco, Antón Vilar...
VER O DETALLE DO TERMO -
DIARIOS
Diario rexionalista aparecido en Monforte de Lemos a mediados do ano 1923.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista subtitulada “Órgano de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión” e fundada o 22 de agosto de 1925 por Antonio Díaz Novo en Bos Aires. Figuraron como directores, en orde cronolóxica: Casto M. Insua, Antonio Díaz Novo, Antón Zapata García, Xervasio Paz Lestón, Perfecto López Romero, Valentín Fernández, Manuel Antonio Baño e Manuel Conde González. A temática tratada na revista centrábase en novas para os emigrantes na Arxentina referidas aos sete concellos que conformaban o partido xudicial de Corcubión. Mesturábanse informacións económicas, deportivas e culturais coas sociais que predominaban sensiblemente. Colaboran acotío na revista escritores como Otero Pedrayo, Xesús Bal y Gay, Portela Valladares, Delgado Gurriarán, Eliseo Alonso, os irmáns Vilar Ponte, Eduardo Blanco Amor, Lois Manteiga, Antón Alonso Ríos, Ánxel Sevillano, García Barros, Ramón Rei Baltar, Carballo Calero, Neira Vilas e Rodolfo Prada. Xunto a eles, figuran as colaboracións literarias da man de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal aparecido na cidade de Lugo en 1931 e subtitulado “Diario de Galicia”.
-
DIARIOS
Diario de tendencia monárquica aparecido o 23 de agosto de 1935. Cesou por prohibición gobernativa o 31 de maio de 1936, cando chegaba ao número 226.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista do Centro Galego de Barcelona fundada en 1948. Dirixírona Fernando Neyra, Antonio Lorenzo, Xavier Costa Clavell, Manuel Casado Nieto e Francisco Dapena ao longo da primeira etapa. Nesta mesma participan os autores Luís Pimentel, Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas, Ramón Piñeiro, Cabanillas, Cunqueiro e Manuel María con entregas literarias, xunto aos ilustradores Prieto Nespereira e Prego de Oliver. Publícanse por vez primeira algúns textos bíblicos en galego. Na segunda etapa, a partir de 1989, editada integramente en galego, dirixe a revista Ramiro López López, actuando como coordinadores Xosé Lois García e Ignacio Carballo. Teñen cabida na mesma espacios de opinión, crónicas políticas, datos sobre economía, emigración e sociedade, xunto ás colaboracións de Camilo Valdeorras, Ramiro Fonte, Xosé Mª Dobarro, Manuel Forcadela, Fernández del Riego, Margarita Ledo, Basilio Losada e Manuel Rivas, entre outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista nada en 1955 e subtitulada “Órgano de la Casa Galicia de São Paulo”. Foi dirixida, nun primeiro momento, por Federico Valeiro Caramés comezando logo unha segunda etapa en xullo de 1963 baixo a dirección de Anxo Nieto Vicente. Colaboran nela Vicente Risco, Antón Fraguas, Manuel María e Luz Pozo Garza. A revista transmitía información referida á actualidade do Brasil e Galicia. Reprodúcense tamén algúns poemas e artigos de Mª Dolores Souto, Xaime Quintanilla, Gumersindo d´Entenza e Fernández del Riego co seu pseudónimoSalvador Lorenzana.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de tendencia comunista aparecida no ano 1967 e fundada pola Unión de Mujeres Democráticas de Galicia (UMDG), ligada ao Partido Comunista Galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación clandestina distribuída polo Movemento Democrático de Mulleres (MDM) na área de Ferrol e A Coruña. O primeiro número saíu a ciclostil no ano 1969 e non acadou unha periodicidade regular. Tiña un carácter axitador arredor das loitas contra a situación de discriminación das mulleres en distintos eidos, ao tempo que recollía loitas obreiras e reivindicacións das liberdades democráticas.
VER O DETALLE DO TERMO