"AGR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 482.
-
-
abruñeiro.
-
ameixeira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
abruño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Berro agudo, forte e duradeiro que se emite en sinal de alegría nas festas e foliadas ou mentres se realizan algúns labores do campo.
-
-
Acción e efecto de agrupar ou agruparse.
-
Conxunto de cousas ou de persoas agrupadas, xeralmente afíns.
-
Unidade máis pequena na estrutura orgánica dos partidos políticos que reúne os afiliados de base á cabeza da cal se sitúa un secretario xeral ou afín segundo os partidos.
-
-
Reunión de forzas militares de diversos exércitos coa finalidade de constituír un conxunto operativo para cumprir unha misión. A súa composición varía segundo as necesidades da acción militar; normalmente ten como base un ou máis batallóns de infantería, aos que se suman unidades de artillería ou carros.
-
agrupación táctica
Agrupación que ten por base dous ou máis batallóns ou grupos tácticos.
-
-
Modalidade contractual de colaboración entre empresarios que sen crear un ente con personalidade xurídica propia, serve para facilitar ou desenvolver en común a actividade empresarial dos seus membros. A agrupación temporal de empresas é unha fórmula de colaboración que adoita ser empregada polas pequenas empresas do sector da construción para a realización de obras de grande envergadura (infraestruturas de comunicación, edificios administrativos, equipamentos culturais ou deportivos, etc), disolvéndose unha vez rematada a obra.
-
Unión de dúas ou máis leiras inscritas para formar outra con número diferente das agrupadas, sempre que se trate de fincas veciñas ou, se son discontinuas, formen unha finca funcional. Nas leis de patrimonio está expresamente prohibida a agrupación de soares urbanos para evitar a deturpación dos conxuntos históricos e trazado urbanístico consolidado.
-
-
agrupación de municipios
Previsión constitucional ou estatutaria para poder establecer circunscricións territoriais propias diferentes da provincia. Na constitución española de 1978 contémplase esta posibilidade (artigo 141. 3), ao abeiro da cal se teñen constituído en Galicia diversas mancomunidades de municipios para a prestación, financiamento e xestión en común de servicios (en Ferrolterra, en Vigo, no Xallas, no Morrazo, etc) e 53 comarcas segundo a Lei de Desenvolvemento Comarcal de Galicia (1996).
-
...
-
agrupación de municipios
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constituída na Coruña o 12 de agosto de 1932, a idea inicial era crear un Frente Único Republicano, pero a repulsa á sublevación do Xeneral Sanjurjo, o 10 de agosto de 1932, provocou o seu urxente nacemento co novo nome. O comité organizador agrupaba a membros como Xesús Mejuto -director de El Noroeste-, Xulio Suárez Ferrín -concelleiro do PRR-S-, César Alvajar -presidente do Casino Republicano e dirixente do PRR-, Xosé García Fernández -concelleiro do mesmo partido-, Xosé María Eirís, Xosé Búa Carou, Eduardo Paredes, Alfredo Suárez Ferrín, Gonzalo Acosta Pan, Luís Pérez e Xosé Arias, todos do PRR-S ou do PRR. A Agrupación caracterizábase polo radicalismo político, a defensa da democracia, o laicismo e o desexo de neutralizar politicamente o exército. Preséntanse o 24 de agosto de 1932: “A Agrupación -dicían- vén a ser un estímulo para os gobernos na súa obra política e social de avance, co obxectivo de substituír a revolución que nunca existiu cunha acción cidadá constante e enérxica...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada en 1921 na illa de Ons (Bueu). Foi a primeira asociación de carácter económico-laboral que se formou na illa. Organizaba os colonos que se dedicaban exclusivamente a traballos de subsistencia agrícola e á tradicional pesca do polbo. Aparece no período de extensión do sindicalismo mariñeiro de clase en Galicia (1910-1930), e quizais se tivese organizado para defender a economía insular do réxime de explotación privada á que a sometían os donos do arquipélago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constituída no período anterior á proclamación da Segunda República, foi un núcleo republicano de clara inspiración orteguiana, orientado a garantir e asentar a lexitimidade republicana despois das eleccións municipais de abril do 1931, nun ambiente de clara inestabilidade política. A súa primeira Comisión Directiva estaba integrada por relevantes republicanos vigueses, entre os que destacaron o arquitecto Gómez Román (presidente da Agrupación) e o polígrafo Xerardo Álvarez Gallego. A agrupación de defensa republicana, estivo moi vinculada ao movemento agrarista galego, participando no IV Congreso Regional Agrario (Porriño, 14 de maio de 1932). Os seus obxectivos de reivindicación labrega eran os seguintes: suspensión da lexislación foral existente, ata que o futuro Parlamento da República non regulamentara tal asunto; avogaba pola propiedade individual traballada polo labrego; no devandito congreso agrario defenderon a concentración parcelaria, como resposta ao excesivo minifundismo galego....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo teatral creado no 1917 e que desenvolveu unha grande actividade, creando espectáculos a partir de textos de autores galegos como Xesús Rodríguez López, Manuel Lugrís Freire, Avelino Rodríguez Elías, Leandro Carré Alvarellos, Ramón Cabanillas e Galo Salinas. Xunto coa Agrupación Dramática Gallega e outras agrupacións locais, como o cadro de declamación do Liceo de Bouzas, contribuíron á dinamización cultural do sur de Galicia. Baixo a mesma denominación e, con idénticas finalidades, tamén apareceron colectivos escénicos en Sada, Pontevedra e Ponteareas ofrecendo a mesma oferta espectacular, xeralmente creada a partir de textos da literatura dramática rexionalista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade recreativa e cultural fundada en Bos Aires en 1913. O seu primeiro presidente foi Afonso Veiga. Dedicouse a desenvolver actividades lúdicas e instrutivas como clases de música, canto, pintura ou lectura. Celebrou tamén actos conmemorativos, homenaxes e exposicións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade con sede en Barcelona dedicada principalmente á promoción e divulgación da astronáutica. Foi fundada no 1953 como sección da Sociedade Astronómica de España e América, posteriormente converteuse nunha entidade independente. Publica o boletín Astronáutica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[ACG] Constituída en Asturias durante a Guerra Civil, nos últimos meses de 1936. Nun principio estaba conformada por un grupo de militantes anarquistas procedentes de diferentes puntos de Galicia (Santiago, Noia, A Coruña, Espasante, Cariño, Marín, Bouzas e Vigo), refuxiados en Asturias nos comezos da sublevación militar. O principal obxectivo desta asociación era o de agrupar e organizar os libertarios fuxidos de Galicia, chegando a reunir 600 afiliados nos primeiros meses da contenda. Mantiveron unha forte actividade antifascista na área asturiana non ocupada, levando a cabo unha ampla campaña de propaganda, dirixida, sobre todo, aos mariñeiros da flota pesqueira con base en Asturias, Euskadi e Cantabria. Neste sentido, tentaron constituír sucursais da agrupación en Santander e Bilbao, chegando a funcionar a de Euskadi, aínda que por pouco tempo. Por outra banda, a ACG realizou un importante labor de asistencia aos afiliados e evadidos, tentando cubrir as necesidades de alimentación,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización obreira de Betanzos afín á UXT, que xa funcionaba en 1933. Agrupaba a todos os traballadores dependentes do concello que tiñan unha ideoloxía socialista, entre os que había gardas municipais, recadadores de arbitrios, etc. Dentro das súas reivindicacións laborais estaban o aumento salarial, a xornada de 8 horas e o descanso dominical ou día libre. Funcionou ata o inicio da Guerra Civil Española (1936).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ó inicio da Guerra Civil Española, o número de refuxiados galegos en Asturias superaba os 7.000, destacando pola súa importancia os militantes e simpatizantes anarcosindicalistas. Este colectivo comezou a organizarse a comezos do inverno de 1936-1937, creando a Agrupación Confederal Galaica en Asturias coa intención de prestar asistencia a evadidos e promover a incorporación dos galegos residentes en Asturias a unidades militares controladas pola CNT. Na constitución da agrupación, participaron cadros moi coñecidos da CRG, como Alfonso Fandiño, de Santiago, Serafín Varela, de Lugo, Melquíades Lestón, de Porto do Son, ou Miguel Vázquez Valiño, de Noia. Andando o ano 1937, a Agrupación foi recoñecida con carácter informativo polo Comité Nacional da CNT cando xa contaba con cerca de 600 afiliados e unha delegación en Bilbao. Pouco antes da caída da fronte do Norte, o seu exemplo espallouse a Madrid, Valencia, Barcelona, Cartagena e Girona, onde entre 1937 e 1938 se artellaron as dúas Agrupacións...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de traballadores do mar fundada en Vigo o 13 de agosto de 1932, contaba cun local en Bouzas. Máis coñecida como Agrupación Autónoma, as súas orixes están na Sociedad de Patrones y Maquinistas de la Ría de Vigo. Definiuse como unha organización obreira de carácter autónomo, á marxe de toda tendencia política, pero o xeito en que participou nos momentos iniciais do conflito pesqueiro que sumiu no paro portuario á cidade en 1932, fixo que a CNT local a acusase de organización católica. Así mesmo, mantiña unhas estreitas relacións coa Patronal, produto da necesidade que esta tiña de contar cun sindicato afín ás novas bases resultantes do conflito, que implicaban a liberdade de contratación entre as distintas organizaciós sindicais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de compañías e grupos de teatro creada en Vigo en 1978 co obxectivo de desenvolver proxectos que garantiran condicións de estabilidade na produción, distribución e exhibición teatral, así como reforzar a continuidade na organización da Mostra de Teatro Galego e das Xornadas de Teatro, de ámbito ibérico. Nela participaron agrupacións como A Farándula, Escoitade, Teatro Popular Keyzan, Máscara 17, Saudade, Teatro Popular Galego (despois Artello), Alén e Xiada, se ben cedo xurdiron diferencias entre elas e o movemento rematou por se disolver en 1980. Entre as iniciativas que desenvolveron cómpre salientar un proxecto de Teatro Estable Galego e unha proposta de Escola de Teatro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo teatral que principiou a súa andaina en 1926, ano no que presentou o espectáculo O menciñeiro, a partir do texto homónimo de Euxenio Charlón Arias e Manuel Sánchez Hermida, coa dirección de Emilio Nogueira. Nos anos sucesivos presentaron novos espectáculos creados a partir de textos representativos da dramática da época escritos por autores como Manuel Lugrís Freire, Leandro Carré Alvarellos, Avelino Rodríguez Elías, Herminia Fariña Cobián ou Armando Cotarelo Valledor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización católica feminina fundada na cidade de Lugo o 19 de febreiro de 1932. A súa constitución respondeu á necesidade que o movemento tiña de estenderse por aqueles lugares nos que a súa influencia non era moi forte. Esta agrupación formou parte dunha etapa de fundación masiva de organizacións católico-femininas que, entre 1932 e 1933, se orixinou en toda Galicia. Aínda que dun carácter interclasista declarado fomentaron a afiliación do sector obreiro. A directiva estaba formada por mulleres pertencentes a familias dun nivel social e economicamente alto. A súa fundadora e presidenta foi Mercedes Sánchez Arrieta, unha personaxe fundamental para a comprensión do movemento católico galego da época. A Agrupación Femenina de Lugo abrangueu toda a provincia e artellouse nunha ampla rede de delegacións comarcais, municipais e parroquiais. Desenvolveu unha importante actividade, coa continua celebración de mitins e actos sociais e políticos. Esta grande actividade debeuse, en gran medida,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación fundada na Coruña o 9 de abril de 1933, previa disolución, ese mesmo día, do subcomité coruñés da denominada Liga Internacional de Mujeres Ibéricas e Hispano-Americanas y Cruzada de Mujeres Españolas, que se creara o 1 de xullo de 1932. Acollía a mulleres pertencentes á burguesía ilustrada coruñesa. Foi presidida por Elvira Bao de Varela, era secretaria Amparo López Jean, que sería socia das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista, e presidenta da organización en 1934. Nos seus estatutos, aparecen como obxectivos: “Contribuír por todo medio lícito ao triunfo da paz e fraternidade humana, da xustiza social e da democracia, defender o réxime republicano, defender os dereitos femininos dese momento e traballar polos non recoñecidos aínda, impulsar a cultura, especialmente a feminina, practicar a beneficencia e a asistencia social, procurar lecer ás asociadas, etc”. A Agrupación declarou que non estaba afiliada a ningún partido político pero actuaría con tendencia francamente...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en xaneiro de 1962 en Santiago de Compostela e promovida por Alexandre Álvarez Coira, Emilio Lavandeira Prieto e Xulio Cabo Rey. A idea xurdira en xullo de 1961 nunha homenaxe ao fotógrafo compostelán Luís Ksado. Trala súa fundación pasou a ser filial da Agrupación Fotográfica Gallega ata o ano 1963, no que se independizou. Formaron parte da súa xunta directiva, Luís Ksado, como presidente, Benxamín A. Lois Rial, Xulio Cabo, Roberto López Freire, Emilio Lavandeira, Cándido Masa, Santos López, Alexandre Álvarez Coira, Manrique Villafranca e Xosé Franco García. Organizou dúas exposicións locais de fotografía, unha monográfica sobre castelos de España, outra de temática relixiosa, tres a nivel nacional e o I Salón Ibérico de Fotografía, tamén coa participación de fotógrafos portugueses. No seu seo naceu en febreiro de 1965 o Cine-Club de Santiago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín mensual editado pola Agrupación Fotográfica Compostelana. Incluía información sobre as propias exposicións e mostras de fotografía de diversos autores.