"Sion" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 507.
-
-
Acción de disuadir.
-
Estratexia política internacional fundamentada na construción e acumulación de armamento co fin de desanimar os adversarios en potencia de tomar a iniciativa dunha agresión armada, que provocaría unha resposta máis destrutiva.
-
Termo que alude a unha das dúas opcións ou finalidades que persegue o xénero deliberativo, un dos tres xéneros oratorios recoñecidos desde Aristóteles xunto ao xudicial e ao epidíctico. Un discurso pertencente a este xénero ten como obxectivo argumentar a conveniencia ou non dunha determinada acción, atendendo, principalmente, á súa maior ou menor utilidade para a comunidade. Así se se aconsella levala a cabo, o discurso será suasorio e, no caso contrario, disuasorio. A base da disuasión está na acumulación de exemplos que ilustren a posición en contra adoptada polo orador.
-
-
-
Acción e efecto de divertir ou divertirse.
-
Cousa que divirte.
-
Calidade de divertido.
-
Operación destinada a divertir ou desviar a atención do inimigo.
-
-
-
-
Acción e efecto de dividir ou dividirse.
-
Operación aritmética, inversa á multiplicación, que consiste, dados os números a (o dividendo) e b (o divisor), en localizar un número c (o cociente), de maneira que o produto b´c sexa igual a a. A división é exacta se existe tal número c, e é inexacta se se poden encontrar dous números d e e de maneira que a=bd+e, onde d é o cociente e e o residuo ou o resto.
-
división de leira enfitéutica
Partición da totalidade dunha leira gravada cun censo enfitéutico en dúas porcións polo menos, que formarán cadansúa leira nova e independente; e posterior división do gravame enfitéutico entre as novas leiras resultantes.
-
división do traballo
Especialización das unidades económicas nunha tarefa determinada que constitúe unha parte do proceso produtivo completo. Segundo Adam Smith, a división do traballo apareceu como consecuencia do aumento no tamaño dos mercados e do crecemento derivado das unidades de produción. Este autor definiuna como unha das variables máis importantes para determinar a produtividade laboral, ao xerar unha maior habilidade en cada un dos traballadores, aforrar tempo e favorecer o traballo coas máquinas. Para K. Marx trataríase dun proceso no que, dentro dun sistema único de produción social, existen distintas especies de traballo que se condicionan mutuamente. Esta división caracteriza o grao do desenvolvemento das forzas produtivas e, asemade, provoca un incremento da produtividade no traballo que facilita a mellora e as modificacións das relacións de produción. A esencia da división comunista do traballo radica nunha combinación rigorosa da especialización coa posesión de coñecementos e habilidades polifacéticas,...
-
división harmónica
Conxunto de dúas parellas de puntos A,B e C,D dunha mesma recta, tales que os dous puntos dunha mesma parella dividen o segmento formado polos outros dous puntos nas razóns opostas AC/AD = BC/BD. Cada punto desta división denomínase conxugado harmónico do seu asociado respecto aos outros dous.
-
-
-
Cada unha das partes ou grupos nos que se divide algo.
-
Categoría sistemática, sinónima de filo, empregada nos vexetais, na que se dividen os reinos e que agrupa as clases.
-
Clasificación dos seres vivos en categorías sistemáticas.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
División española de voluntarios que loitaron na fronte soviética ao lado dos alemáns entre outubro de 1941 e outubro de 1943. Dirixiuna nun primeiro momento o xeneral Agustín Muñoz Grandes. O nome provén da camisa azul que levaban os combatentes falanxistas (unha cuarta parte do total). Englobouse dentro da Wehrmatch, como a 250 ID e estaba formada por 18.000 soldados de infantería e 12.000 de cabalería, divididos en catro rexementos e unha escuadrilla de caza. Foi asignada ao Grupo de Exércitos Norte de Von Leeb e orixinalmente correspondeulle un sector da fronte na beira occidental do río Volchov, ao SO de Leningrado, no que se despregaron o 12 de outubro de 1941. En agosto de 1942 incorporouse á fronte de Leningrado, co fin de participar na ofensiva que tomou definitivamente a cidade e, dende comezos de setembro de 1942, ocuparon un sector defensivo entre Pushkin e Kolpino. Os primeros substitutos chegaron en maio de 1942 e sucedéronse ata marzo de 1943. Na nova fronte, os francotiradores...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corpo militar formado en maio de 1809 para combater os franceses en Galicia, integrado por uns 16.000 homes dos que 2.000 eran soldados e uns 14.000 membros que procedían das milicias populares de Vigo, O Ribeiro, Cotobade, Crecente, Fragoso, Lobeira, Pontecaldelas, Soutelo de Montes, Santo Antoíño, Trasdeza, Valladares e Vigo, entre outras vilas. Dirixida polo xeneral Martín de la Carrera, enfrontouse con éxito aos franceses en Santiago de Compostela (23.5.1809) e Ponte Sampaio (8.6.1809).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á división.
-
-
-
Relativo ou pertencente a unha división, en especial a militar.
-
Membro dunha división.
-
-
Contador secundario que se coloca despois do contador principal de distribución e que se emprega para medir os consumos parciais.
-
Moeda que representa unha fracción da unidade monetaria e ten un valor convencional superior ao efectivo.
-
-
-
Técnica e método pictórico que obtén os efectos cromáticos mediante a aplicación de pequenos trazos ou puntos, e non con empastes e mesturas da cor. O efecto de mestura das cores prodúcese ao observar o cadro a unha certa distancia. Acádase entón unha maior luminosidade e brillo. O seu desenvolvemento foi obra de Seurat e dos neoimpresionistas que preferiron este termo ao de puntillismo, empregado pola crítica e pola historia da arte.
-
Movemento pictórico italiano que se estendeu entre a derradeira década do s XIX e a primeira do s XX. Versión do neoimpresionismo francés, foi unha das fontes do futurismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao divisionismo.
-
Adepto ao divisionismo.
-
-
-
Dilatación forzada dunha canle ou conduto.
-
Arranque violento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Depresión de Bodelé.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica. Este topónimo procede do nome de posuidor de orixe xermánica Silo, a través do acusativo Silone, e mais a forma de dignidade don.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Lalín. A primitiva igrexa substituíuse no s XVIII baixo o mecenado de Cayetano Gil Taboada, arcebispo de Sevilla. No seu interior destaca o panteón dos Gil Taboada: na capela maior están os sepulcros de Gómez Gil Taboada, señor de Bergazos, e Beatriz Fernández de Gudín, pais do fundador da igrexa e, pegados ás paredes do templo, localízanse outros sepulcros coas armas da familia. Os retablos realizounos o mestre local Silvestre Colmeiro. Na fachada destaca a porta barroca e o frontón triangular partido sobre o que se situou o campanario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gran depresión que se estende ao NL da Península Ibérica, de forma lixeiramente triangular, limitada polos Pireneos, o Sistema Ibérico e polas Cadeas Costeiras Catalanas. Comprende unha boa parte de Aragón, Euskadi e a Comunidad Autónoma de La Rioja; sen embargo, a delimitación exacta depende do criterio que se utilice (litolóxico, tectónico e climatolóxico). Durante o Primario e o Mesozoico, a rexión morfolóxica actual estaba ocupada por un gran macizo, que se fundiu coa oroxenia alpina e se converteu nunha cubeta de subsidencia onde se acumularon os sedimentos terciarios. A área de subsidencia ocupada nun principio polas augas mariñas, transformouse pouco a pouco nunha área lacustre absolutamente pechada. Os sedimentos depositados permaneceron horizontais e están constituídos, en xeral, por margas, arxilas, calcários e conglomerados. O relevo actual resulta da acción erosiva do Ebro, dos seus afluentes e da rede mediterránea no sector levantino. A depresión do Ebro ten, en xeral, pouca...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome con que se designan lugares de culto, como as catedrais, igrexas, mosteiros, capelas, sinagogas, mesquitas, santuarios, etc.
-
-
Fenómeno que comprende a rotura e a saída do ovo dun animal en estado larvario ou xa ben desenvolvido.
-
Rotura e saída do casulo dun adulto trala metamorfose.
-
Acción de abrirse o gromo ou a flor dunha planta.
-
Manifestación súbita de algo inesperado ou novidoso.
-
-
-
-
Derramamento ou saída dun gas ou dun líquido, especialmente de sangue.
-
Proceso polo que os gases sometidos a presión pasan a través de buratos pequenos. A lei que expresa as velocidades de efusión de dous gases en función das súas densidades é V-1/V-2=?—d2/?—d1.
-
-
Manifestación moi expresiva ou entusiasta dos sentimentos de afecto ou amor.
-
-
-
Saída dalgunha parte.
-
Acta ou título mediante o que se traspasaba a unha comunidade ou a un particular algún predio ou algún dereito pertencente á coroa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica que emprega a industria para poder mecanizar con gran precisión todo tipo de materiais que sexan condutores (metais, aliaxes, grafito, cerámicas, etc), independentemente da súa dureza. No proceso de electroerosión arríncase material por medio dunha serie sucesiva de descargas eléctricas, separadas unhas das outras un certo tempo, que saltan entre dous polos, un constituído polo electrodo ou a ferramenta de traballo, e outro pola peza que se mecaniza. As descargas créanse por xeradores de impulsos eléctricos. O mecanizado por electroerosión efectúase, xa que logo, mediante o salto de chispas eléctricas entre dous electrodos que se someten a unha determinada tensión eléctrica e son somerxidos nun líquido illante (líquido dieléctrico). Ao estaren os dous electrodos nun medio dieléctrico ou illante, a tensión que se lles aplique a ambos ten que ser suficiente como para chegar a crear un campo eléctrico maior ca a rixidez dieléctrica do líquido.