"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Lexicón e enciclopedia bizantina, probablemente do s X. É o maior dos léxicos gregos conservados, que contén preto de 30.000 palabras de carácter gramatical, etimolóxico, biográfico, xeográfico, histórico, científico e literario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Departamento quente das termas romanas onde se provocaba a exsudación previa ao baño.

    2. sudorífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • sudorífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que provoca a suor.

    2. Aplícase ao medicamento ou produto que provoca a secreción da suor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Suecia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Suecia.

    3. Lingua xermánica setentrional do phylum indoeuropeo que se fala en Suecia, Finlandia, Estonia e EE UU. Conta con diversas variedades como o sverikes e o västergotlandes (base, ambas as dúas, da lingua literaria), o meridional, o oriental, o gútnico e o norlandés. Historicamente, o sueco adoita dividirse en sueco antigo (800-1526), que se coñece grazas aos textos rúnicos, e sueco moderno, que empezou a aparecer na versión do Novo Testamento (1526). Ao final do s XIX os escritores, Strindberg sobre todo, introduciron cambios importantes na lingua escrita, para achegala máis á lingua falada. Os trazos actuais do sueco adoitan coincidir cos das linguas escandinavas.

    4. Arte desenvolvida en Suecia. As primeiras manifestacións proceden da arte viquinga. O románico estendeuse no s XI coa evanxelización, e no s XII, os cistercienses construíron as abadías de Alvastra (1143) e Nydala. A catedral gótica de Uppsala é obra do francés Étienne de Bonneui e as catedrais de Lund e Linköping seguiron os modelos europeos. Dos escultores góticos destacou o alemán Bernt Notke. O Renacemento desenvolveuse a partir de 1520, e artistas estranxeiros construíron os castelos de Gripsholm (1537?) e de Kalmar (1570?). No s XVII destacou a obra dos arquitectos David Klöker van Ehrenstrahl, Jean de La Vallée e Nicodemus Tessin o Vello. No s XVIII desenvolveuse o estilo gustaviano, mestura dos estilos Luís XV e Luís XVI, imposto na corte do Rei Gustavo III. Destacaron o arquitecto Nicodemus Tessin o Novo; os pintores Alexander Roslin, Niklas Lafrensen, Carl Gustav Pilo e Elias Martin, e o escultor Tobias Sergel. Ao final do s XIX, desenvolveuse a pintura ao plein...

    5. Cine producido en Suecia. No decenio de 1913 a 1923 destacaron dúas grandes figuras, Vic22tor Sjöström e Mauritz Stiller. Obras como Ingeborg Holm (1913), Terje Vigen (1917) e Körkalen (1921) do primeiro, e Herr Arnes pengar (1919), Erotikon (1929) e Gösta Berling saga (1923) do segundo, reúnen a máis pura beleza formal, como tamén toda unha serie de innovacións temáticas e de linguaxe descoñecidas ata aqueles momentos. A obra de Gustaf Molander, discípulo dos anteriores, é posterior. Captados V. Sjöström, M. Stiller e Greta Garbo por Hollywood, destacaron as producións de Molander, Fridas visor (1930) ou Intermezzo (1936), filme que lanzou internacionalmente a Ingrid Bergman. Tras a Segunda Guerra Mundial destacou a obra de Alf Sjöberg, con Himlas Pelet (1942) e sobre todo Fröken Julie (1951). En Hets debutou como guionista Ingmar Bergman, que un ano máis tarde se iniciou na realización con...

    6. Literatura cultivada en sueco. Non se dispón de textos literarios ata o s XIII, co dominicano Petrus de Dacia (1235-1289). Do s XIV son, escritas en latín, as Revelationes da mística Bríxida e, xa en sueco, unha serie de traducións de textos eclesiásticos, crónicas rimadas, baladas populares, ás veces foráneas, cancións e compilacións de leis e outros textos. A Reforma achegou a tradución da Biblia (1541), que codificou o sueco moderno, tomado como modelo polos autores posteriores, e que foi obra de Laurentius Andreae (?-1552) e Olaus Petri (1493-1552); este último iniciou tamén a dramaturxia sueca. No s XVII houbo unha explosión literaria de exaltación nacional, patente en O. Rudbeck e en G. Stiernhielm. Na segunda metade do s XVIII tivo lugar o mecenado de Gustavo III, que fundou a Academia Sueca (1786) e impuxo a tradición dramática: a figura literaria máis importante é a de Carl Michael Bellman. O romanticismo de influencia xermánica manifestouse no s XIX na corrente...

    7. Arte musical cultivada en Suecia. Os inicios comúns coa música danesa fan que non se poida falar dunha música sueca ata a época da Reforma e a adopción do luteranismo. A escola autóctona foi iniciada por F. Berwald (1796-1868), autor de música sinfónica e dramática. Destacaron tamén A. Soderman (1832-1876) e Emil Sjögren (1835-1918). A escola contemporánea foi iniciada por H. Rosenberg (1892-1985). No pop, destacan os Blue Swede e ABBA, na década de 1970. Tamén sobresaen, a finais da década de 1980 e na de 1990, os grupos de rock Europe, Roxette, Ace of Base ou The Cardigans, ademais de artistas como Ulf Lundell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Bos Aires a partir do 1 de xaneiro de 1913. Cesou o 18 de marzo dese ano. Subtitulada inicialmente “Revista gallega regionalista” saíu, con moitas irregularidades, dúas veces ao mes. Dirixida por Xoaquín Pesqueira, incluíu poesía, narrativa e ensaio en varias linguas e completou os seus contidos co humor gráfico de Castelao e Lourido. Desaparecida o 28 de xuño de 1913, Pesqueira refundouna a comezos de xaneiro de 1916, co subtítulo “Revista gallega”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa de produción cinematográfica creada en 1940 por Cesáreo González que se converteu nunha das máis importantes de España ata 1970. Abría todas as súas películas cunha vista aérea da ría de Vigo. Das súas producións destacan Polizón a bordo (F. Rey, 1941), Campeones (R. Torrado, 1942), Pena, penita, pena (M. Morayta, 1953), La Faraona (R. Cardona, 1956), El ruiseñor de las cumbres (A. del Amo, 1958) ou Los inocentes (J. A. Bardem, 1962). Desapareceu na década de 1980 e, en 1999, unha distribuidora e produtora videográfica madrileña recuperou o seu nome como homenaxe ao seu labor cinematográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos suevos.

    2. Individuo do pobo suevo.

    3. Conxunto de pobos xermánicos, inimigos dos romanos, que loitaron tamén contra os pobos gálicos. Ocupaban terras máis alá do Elba, do Báltico a Bohemia, e estendéronse cara a Turinxia e Saxonia. Por causa da presión dos hunos, algúns permaneceron en Suevia e outros atravesaron o Rin e encamiñáronse cara a Occidente (406). Desde a Galia entraron na Península Ibérica xunto cos vándalos e alanos (409). Establecéronse nos territorios máis occidentais da Gallaecia e baixo ordes de Hermerico fundaron un reino independente e federado do Imperio Romano (410). Durante o reinado de Réquila (441-448) ocuparon Lusitania. En 449, Requiario (448-456) converteuse ao catolicismo e enfrontouse aos visigodos de Teodorico I. Foron derrotados polos visigodos preto de Puente de Órbigo (456) e Braga foi destruída pouco despois. O Reino Suevo dividiuse nos conventos Lucense e Bracarense ata que se unificou en 464 con Remismundo (464-469) ao aceptar o arianismo e recoñecer a autoridade superior visigoda. Baixo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afixo que se engade ao final dunha palabra para formar outra nova. Os sufixos forman palabras con ou sen cambio de categoría léxica; se cambia a categoría da base tamén cambian a morfoloxía e a sintaxe subsecuentes, ademais de adquirir un contido propio. A aplicación dos sufixos ás bases é complexa, pois por un lado os sufixos intercálanse entre a base e os morfemas flexivos e provocan acomodacións na parte final das bases (vend-e-r > vend-e-dor), e polo outro as bases poden ter variantes moi diferenciadas formal e acentualmente (dispoñer > disposi-ción, Cangas > cangu-és). Poden presentar variantes distribucionais (capt-a-ción, adhes-ión) e tenden a ser específicos de cada categoría léxica; os substantivos e os adxectivos comparten moitos, pero algúns son propios só dos substantivos (-idade, -ez/-eza) e outros só dos adxectivos (-ble/-bel, -oso), ademais doutros que só se aplican a verbos. As palabras con sufixos compórtanse...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Composto binario do xofre con elementos máis electropositivos ca el. Os sulfuros dos metais alcalinos e alcalinotérreos son fundamentalmente iónicos e presentan solubilidade na auga, con hidrólise fortemente alcalina. Os sulfuros dos outros metais son insolubles na auga, frecuentemente non estequiométricos, polimórficos e moitos presentan carácter semimetálico ou semellante ao das aliaxes. Moitos destes sulfuros teñen importancia económica, dado que constitúen os minerais dun certo número de metais: o cobre (calcopirita), o ferro (pirita) e o chumbo (galena), ademais os sulfuros dos metais alcalinos teñen aplicación na industria do papel e do coiro.

      2. Dianión de fórmula S 2- , que deriva formalmente do sulfuro de hidróxeno por perda dos dous átomos de hidróxeno da súa molécula. Presenta carácter redutor e é un axente precipitante de ións metálicos.

    1. tioéter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte occidental do Pacífico setentrional, limitado ao N pola illa de Palawan e Filipinas; o arquipélago de Sulu separa esta conca do mar de Célebes (260.000 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo país de Oriente Medio, situado ao S de Mesopotamia. Tivo un gran papel cultural, que influíu decisivamente na vida artística, científica, relixiosa e escritural de Babilonia e Asiria. A célula política básica foi a cidade estado, cun territorio máis ou menos amplo, que exercía nun determinado momento a hexemonía sobre algunhas cidades. As cidades sumerias máis importantes foron Ur, Eridu, Larsa, Uruk, Lagaš, Isin e Nippur. No período protohistórico (3100?-2700 a C) produciuse unha serie de avances moi importantes en Sumeria, obra de dúas culturas: Uruk IV, na que apareceron por primeira vez a arquitectura monumental e, sobre todo, a escritura; e Djemdet Nasr, que constitúe unha fase de consolidación e expansión dos achados de Uruk IV. No período sumerio antigo (2700-2347 a C) Sumer chegou á fase histórica. Case non hai noticias entre 2700 e 2575 a C, agás que Enmebaragisi de Kiš foi sucedido por Agga, quen foi derrotado por Gilgameš de Uruk. A partir de 2575 a C...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Sumer, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Sumer.

    3. Antiga lingua de Sumer, documentada desde 3000 a C aproximadamente ata 100 a C, que non foi posible clasificar dentro de ningún grupo lingüístico. Como lingua falada, deixou seguramente de estar en uso por 2000 a C. Lingua aglutinante, emprega sufixos no caso do nome, e prefixos, infixos e, en menor grao, sufixos no caso do verbo. Atopáronse cinco variantes dialectais literarias (entre elas o emme-sal, empregada unicamente cando son seres femininos os que falan nos textos literarios) e tres técnicas (como o emme-uaula ou fala dos pastores). Cronoloxicamente distínguense sete períodos -arcaico (3100-2700 a C?), sumerio antigo (2700-2350 a C?), sargónida e guti (2350-2140 a C?), neosumerio (2140-2006 a C?), babilónico antigo inicial (2006-1850 a C?), babilónico antigo recente (1850-1595 a C?) e posbabilónico antigo (1595-100 a C?)-.

    4. arte mesopotámica.

    5. Antiga escritura empregada en Sumer desde 3100 a C aproximadamente ata 100 a C. Consta de ideogramas que poden expresar unha idea ou máis, signos silábicos, que non son máis que ideogramas, pero utilizados en función do valor fonético e non do ideográfico, signos unilíteros, empregados unicamente como vogais, determinantes, que serven para aclarar a categoría á que pertence unha palabra e complementos fonéticos ou determinantes de son, que se empregan para precisar a lectura da palabra que complementan.

    6. relixión mesopotámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte exterior dun corpo que o limita e o separa do espazo ou doutro obxecto.

    2. Extensión de terreo.

    3. Parte superior dun líquido que está en contacto co aire que está por riba del.

    4. Aparencia exterior.

      1. elemento de superficie

        Cada unha das partes infinitesimais en que se divide unha superficie para calcular a súa área.

      2. superficie alxébrica

        Superficie que pode ser expresada mediante unha ecuación alxébrica, é dicir, un polinomio de tres variables igualado a cero. Así, non é alxébrica a superficie z = sin (x + y).

      3. Conxunto de puntos do espazo que poden ser determinados por dous parámetros. A maneira máis simple de determinar unha superficie é dar unha ou máis ecuacións do tipo z = f(x,y). Elixido un punto (x,y) no dominio de definición da función f, esta función ou estas funcións dan os valores de z, que, xunto a (x,y), son as coordenadas cartesianas dos puntos da superficie. As funcións que dan a superficie esférica son z = ± √r 2 - x 2 -y 2 , onde o signo + corresponde ao hemisferio superior, e o signo -, ao hemisferio inferior. A ecuación z = ax + by + c corresponden ao plano (ou superficie plana). Frecuentemente é difícil, ou imposible, expresar unha superficie por medio das súas ecuacións explícitas, e daquela empréganse as ecuacións implícitas, f(x,y,z) = 0. A superficie constitúe unha porción do espazo con dúas dimensións: longo e largo.

      4. superficie cilíndrica

        Superficie xerada por unha familia de rectas paralelas entre elas que descansan sobre unha curva dada, plana ou non, denominada directriz da superficie. O caso máis simple (superficie circular cilíndrica) preséntase cando a curva directriz é unha circunferencia e as rectas (xeratrices) son perpendiculares no plano da circunferencia.

      5. superficie cónica

        Superficie xerada por unha familia de rectas que pasan por un punto (vértice) e descansan sobre unha curva directriz.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepto demográfico-económico que fai referencia a un desaxuste entre poboación e recursos nun territorio determinado, atribuíble a un exceso da primeira variable. Este desaxuste maniféstase en fame, paro, falta de vivendas, etc, factores considerados obstáculos para o desenvolvemento do grupo social.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aquilo que se lle engade a unha cousa para facela máis completa.

      2. Cantidade adicional que se paga sobre a tarifa normal de certos servizos para conseguir unha mellora neles.

      3. Publicación anexa a outra, que pode ser periódica, como un diario con suplemento deportivo, ou non, como unha enciclopedia ou un estudo monográfico, con ampliación de certos temas ou datos de carácter complementario.

    1. Arco ou ángulo que se engade a outro para conseguir un ángulo plano ou dous rectos.

    2. Complemento verbal rexido por preposición.

    3. Créditos suplementarios esixidos por circunstancias especiais, que son provistos mediante un expediente de modificación dos orzamentos da administración pública, con concesión de máis crédito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Océano Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á subraza surpacífica ou aos seus representantes.

    2. Individuo da subraza surpacífica.

    3. Subraza do grupo dos amerindios que está integrada por individuos de estatura pequena (1,55-1,58 m), cranio branquicéfalo e trazos mongoloides atenuados. Distribúese desde México á Patagonia, no O de América Central e América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade sumeria, situada uns 240 km ao SO de Bagdad (actual Tall Fa’rah). Está documentada desde o final do IV milenio a C (cultura Jamdat Nasr), período ao que pertencen unha serie de táboas coas primeiras mostras de escritura sumeria. Segundo a lenda o seu derradeiro rei, Ziusudra, identificouse con Utnapištim ou Noé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa xaponesa de vehículos motorizados fundada en 1909 por Michio Suzuki, con sede en Hamamatsu (Shizuoka). Orixinalmente creada co nome de Suzuki Loom Works, en 1954 modificouno polo de Suzuki Motor Co., Ltd. e en 1990 polo de Suzuki Motor Corporation. Especializouse na fabricación de motocicletas e automóbiles, aínda que expandiu a súa actividade cara á fabricación de motores foraborda, xeradores eléctricos, cadeiras de rodas motorizadas e a construción de casas prefabricadas.

    VER O DETALLE DO TERMO