"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Denominación de Orixe recoñecida pola orde do 24 de febreiro de 1977 do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). A orde do 18 de febreiro de 2000 da consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria modificou o seu regulamento que foi ratificado polo MAPA. A zona amparada para a produción de viño con esta denominación atópase ao NL da provincia de Ourense e abrangue os concellos do Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras. A variedade de vide branca preferente é godello, e autorízase a Dona Branca e Palomino; de vide negra a preferente é mencía e autorízanse a Garnacha ou Alacante, Gran Negro e María Ardoña ou Merenzao. Os viños son monovarietais de casta Godello en brancos e Mencía en tintos. Os primeiros son de intenso aroma e teñen unha acidez elevada, e os segundos son de cor vermella-cereixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gnosticismo propio dos discípulos de Valentín, principalmente Ptolomeo, Heracleón, Teodoto ou Marcos. É unha teodicea filosófico-relixiosa onde se articulan estreitamente cosmoloxía e antropoloxía, que se fundamenta en tres hipóstases intelixibles: o primeiro principio ou abismo, o intelecto ou unixénito e a alma ou sabedoría. Da alma emanan en sucesivas degradacións a substancia psíquica, o demiúrgo, a materia e o mundo. O home participa dos tres elementos: intelixible, psíquico e material.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia a destruír por gusto perverso, ignorancia ou ostentación de forza, as obras da civilización ou aquilo que pertence ao dominio artístico, científico ou sagrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que provén dun nome inventado polo escritor Jonathan Swift, para a protagonista do poema autobiográfico Cadenus and Vanessa (1712), a súa amante Ester Vanhormigh, do que Vanessa é o anagrama aproximativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola lóxica, con sede en Varsovia e Lwow, desenvolvida sobre todo entre a Primeira e a Segunda Guerra Mundial. Caracterizouse polo estudo da lóxica moderna marcado por unha tendencia dedutivista extrema e unha inclinación ao positivismo lóxico ou ao empirismo científico. O inciador foi Kazimierz Teardowski (1866-1938) e destacaron, entre outros, Jan èukasiewicz (1878-1956) e Alfred Tarsk (1901-1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro fotográfico, nos planos frontal, ho­rizontal e saxital, das proxeccións da asa do vector espacial da corrente do corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixión hindú, cuxo conxunto de ritos e crenzas están contidos nos Vedas. Este nome déuselle á tradición indoeuropea transformada polas tribos indoarias que invadiron o N da India a partir de 1500 a C. Sustentouse nun conxunto de mitos que poden clasificarse en tres categorías: soberanía, guerra e fecundidade. Considerou o sacrificio, non como un intermediario entre homes e deuses, senón como a divindade suprema, e unificou o panteón prevédico nunha múltiple triunidade, que se identificou na interpretación psicolóxica (adhyātma) do panteón co ātman.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de la unha vez tosquiada, sexa en forma de pel estendida, tal como se presenta inmediatamente despois da rapa, sexa en feixes, que é como se presenta unha vez desfeita.

    2. Pel lanar e curtida dun carneiro, un año ou unha ovella.

    3. élaro do carneiro alado que Zeus enviou para salvar a Frixos e Hele, que fuxían da súa madrasta Ino, quen quería sacrificalos. A cabalo do carneiro, Frixos conseguiu chegar a Cólquida, sacrificou o carneiro a Zeus e ofreceulle o seu vélaro de ouro ao rei, que o consagrou a Ares, pendurouno dunha aciñeira do bosque sagrado e púxolle un dragón para custodialo. Alí foron buscalo os argonautas con Xasón. Na Idade Media deu nome á Insigne Orde do Vélaro de Ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abertura feita nunha parede para dar paso á luz e ao aire.

    2. Armazón de madeira ou doutro material, con vidros, que pecha esta abertura. Os exemplos máis antigos corresponderon á arquitectura exipcia e asiria. En Grecia, a construción de casas abertas arredor dun patio central xustificou a súa desaparición. En Roma eran de pequenas dimensións e estaban adornadas cun frontón e pilastras laterais. Na Alta Idade Media eran máis ben fendas pechadas ata que, na arquitectura gótica relixiosa, coa difusión do vidro, aumentaron sensiblemente o seu tamaño e adquiriron unha grande importancia no conxunto do edificio. No Renacemento servían para harmonizar o xogo de volumes e simetrías da fachada, e eran xeralmente rectangulares, coas xambas decoradas con baixorrelevos e coa parte superior coroada con motivos arquitectónicos clásicos, e no Barroco centraron gran parte da riqueza ornamental. Na arquitectura moderna predominan as superficies de cristal, con fiestras carentes de muro perimetral que se estenden por toda a fachada e que constitúen un elemento fundamental...

    3. ven

      ­

    4. ventá basculante

      entá dunha folla que xira ao redor dun eixe horizontal situado na metade da súa altura.

    5. ventá corrediza

      entá que permite o escorregamento da súa folla ou follas de xeito horizontal seguindo unhas guías.

    6. ventá de guillotina

      entá que permite o escorregamento da súa folla ou follas de xeito vertical seguindo unhas guías.

    7. ventá de libro

      Ventá cuxas follas abren cara a fóra.

    8. ventá dobre

      Ventá que ten dúas follas fixadas con bisagras nun mesmo marco.

    9. ventá en acordeón

      entá que ten as follas articuladas e que abre e pecha pregándose e despregándose como un acordeón.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento natural, xeralmente horizontal, de masas de aire. Os desequilibrios térmicos entre uns lugares e outros provocan diferenzas de presión atmosférica e producen os ventos. Así, desencadéase un fluxo de aire desde as presións altas cara ás baixas, con tendencia a seguir a dirección do gradiente de presión. Os gradientes fortes de presión, que se representan nos mapas meteorolóxicos con isóbaras moi próximas, ocasionan ventos fortes, mentres que onde o gradiente é reducido os ventos son frouxos. As calmas prodúcense naquelas áreas onde non hai diferenzas de presión atmosférica, especialmente no centro dos anticiclóns. Os ventos non seguen exactamente a dirección do gradiente de presión porque, a causa da rotación da Terra, actúa sobre eles a forza de Coriolis, que tende a desviar a súa traxectoria cara á dereita no hemisferio norte e cara á esquerda no hemisferio sur. O vento ideal, equilibrio entre a forza de gradiente de presión e a de Coriolis, é o vento xeostrófico. En...

    2. Cada un dos seres mitolóxicos, fillos de Eolo, que personifican os diferentes ventos. Na Antigüidade clásica teñen figura de demos ou deuses. Segundo a Eneida de Virxilio, seu pai tenos pechados nunha gran cova. Nos poemas homéricos aparecen antropomorfizados como Bóreas, Céfiro, Euro ou Noto, e son obxecto de culto con sacrificios humanos. As súas compañeiras son as harpías, identificadas coas tempestades.

    3. Espazo libre entre as doelas da cámara do hórreo que facilitan o secado do froito.

    4. Corda que, suxeita por un extremo a un lugar fixo, se afirma polo outro extremo a unha peza lon­ga e dereita que evita que se mova.

    5. Gas xerado no estómago ou nos in­testinos.

    6. Fluxo de partículas cargadas que sae do Sol cara ao espazo interplanetario. Está constituído principalmente por núcleos de hidróxeno e electróns libres, e, en menor proporción, por núcleos doutros elementos máis pesados. O vento solar orixínase na cromosfera e ten manifestacións importantes, como as auroras polares e o cinto de Van Allen, e un papel esencial na orixe da cola de plasma dos cometas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro escrito por Carlos Casares e editado en 1967 con ilustracións de Xulio Maside. Composto por doce relatos, algúns deles xa editados en Grial, móvese no ámbito da Nova Narrativa Galega. Ademais do clima de violencia e de animalización da natureza humana que subxace, e do tempo e do espazo coetáneos ao autor -que provocan certo carácter autobiográfico-, cómpre salientar algunhas características de estilo, como a introdución do monólogo interior e a corrente de conciencia, a obxectivación do punto de vista e a subxectivación da vivencia do tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de carácter lingüístico editada en Santiago de Compostela a partir de 1974. Fundada por profesores vinculados á Universidade de Santiago de Compostela e ao ILG, e dirixida por Constantino García, subtitulouse “Anuario galego de filoloxía”. De periodicidade anual, nas súas páxinas alternan estudos de filoloxía galega (fonética, morfoloxía, sintaxe, onomástica, etc) con temas de lingüística española, portuguesa, francesa, italiana ou románica en xeral. Tamén dedicou números especiais e monográficos a elementos lingüísticos relacionados co galego, como a gheada, o seseo, a toponimia ou a onomástica. Contou coas colaboracións de destacados especialistas estranxeiros sobre temas de lingüística románica, ademais dos principais filólogos especializados nas linguas castelá, galega e portuguesa. Dispón dunha colección de Anexos dos que se publican dous ou tres cada ano e que dan cabida a a traballos que, pola súa extensión, sobrepasan os moldes dun artigo. A lingua oficial da revista...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conformidade de aquilo que se pensa, que se expresa, coa realidade.

      2. Idea ou proposición que non pode ser negada racionalmente.

      3. Existencia real dunha cousa

      4. Aquilo que é verdadeiro nun sentido absoluto.

      5. Expresión sincera daquilo que se sabe ou se presenciou.

      6. Aquilo que se di a outro sobre os seus defectos ou as queixas que del se teñen, sen compadecelo. OBS: Adoita empregarse en plural.

    1. Concepto fundamental e, na súa problemática mesma, obxecto central da reflexión filosófica de todos os tempos. Atendendo á súa tripla raíz etimolóxica, hebraica, grega e latina-, poderíase definir a verdade como a realidade mesma, en tanto que é manifesta, digna de confianza e obxecto do coñecemento e da palabra en que esta se expresa. A comprensión orixinaria, na súa conceptualización grega, da verdade como unha identidade entre o real e a súa manifestación levou posteriormente ao problema da distinción entre episteme (coñecemento do verdadeiro) e doxa (opinión), chegando a ser a cuestión central da tradición filosófica de Occidente. Tamén se deron a distinción augustiniana entre verdades eternas (universais e inmutables) e nocións comúns (verdades continxentes e non verdadeiras) e a diferenciación escolástica entre verdade transcendental e predicamental. A filosofía de Kant (distinción noúmeno-fenómeno) non foi, senón a explicitación e culminación do feito de que o problema da...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Realizar as probas para comprobar que algo é verdadeiro.

    2. Someter algo a exame para asegurar que está ben feito e funciona ben.

    3. Resultar como verdadeiro algo anunciado e previsto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo de axuda mutua entre Francia e Austria, asinado o primeiro de maio de 1756 como resposta ao Tratado de Westminster. Significou unha inversión no sistema de alianzas en Europa e deu paso á Guerra dos Sete Anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Escribir ou compor en verso.

    2. Poñer algo en verso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema de telecomunicación en que a información se transmite xeralmente en forma de datos numéricos e se recibe en forma de texto gráfico sobre unha pantalla ou monitor.

    2. videotexto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema teleinformático en que a información, en imaxes fixas, sobre todo textos e gráficos, se transmite   a través da rede telefónica e se recibe nunha pantalla ou monitor que permite o diálogo entre o abonado e o banco de datos. Está formado basicamente por unha base de datos accesible ao usuario, unha rede de transporte da información e o aparello do abonado. OBS: ; Tamén se denomina videografía interactiva

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land independente da Baixa Austria e capital de Austria (415 km2; 1.562.676 h [2001]), situada ao L do país, entre os Alpes orientais e a chaira panónica, na beira esquerda do Danubio. Durante a segunda metade do s XIX viviu o máximo crecemento de poboación. Sufriu o seu declive cando perdeu a capitalidade do Imperio Austro-húngaro, o que produciu a emigración de numerosos habitantes. Centro industrial, sobre todo das industrias dedicadas á transformación como electromecánicas, de material de precisión, de industrias de instrumentos musicais ou alimentarias, ten refinaría de petróleo. É sede de numerosos organismos internacionais como a AIEA ou a OPEP. Foi a romana Vindobona, e a súa función era protexer o limes do Danubio. Ao redor de 1135 pasou a mans dos Babenberger que, despois de conquistar o ducado de Austria, a converteron na súa residencia en 1156. A súa conversión en ducado e o tráfico comercial do Danubio favoreceron o florecemento cultural e mercantil....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola filosófica que xurdiu en Viena en 1910 como reacción contra as especulacións idealistas e afíns (como as das chamadas ciencias do espírito) dos anos precedentes. Quería establecer unha filosofía científica, e a súa correspondente concepción científica do mundo, centrada na análise da linguaxe, derivou cara a un positivismo e un empirismo lóxicos. Herdeira da tradición empirista e nominalista e da filosofía de E. Mach, iniciárona Hans Hahn (1880-1934) e Otto Neurath (1822-1945), entre outros, e estableceuse definitivamente coa chegada a Viena de Moritz Schlick en 1922 e de Rudolf Carnap en 1926. Adheríronse tamén científicos das máis diversas especialidades.

    VER O DETALLE DO TERMO