"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade funcional xenética ou segmento de ADN ou ARN que codifica un produto xénico específico, tanto unha molécula de ARN implicada no mecanismo de tradución, como unha cadea polipeptídica na síntese proteica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico fundado por Benito Vicetto na Coruña en 1854, co subtítulo “Diario liberal reformista de La Coruña”. En 1888 principiou unha nova andaina e modificou o seu subtítulo polo de “Diario Liberal Reformista”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bimensual dedicada á literatura que se editou en León. No seu consello de redacción figuraban Agustín Delgado, L. Mateo Díez ou J. Antonio Fierro. No ano 1967 publicouse un número dobre dedicado á poesía social-realista galega. Este monográfico, da autoría de Basilio Losada, dividía os traballos de dezaseis poetas galegos en dúas partes, acompañados dun estudo introdutorio. Na primeira parte aparecían mostras de autores, como Pimentel, Seoane, Cunqueiro, Celso E. Ferreiro e Cuña Novás, así como testemuños da Guerra Civil. A segunda parte acollía poetas da xeración dos 50, como Neira Vilas, Manuel María, Uxío Novoneyra, Bernardino Graña, X. Torres, Salvador García, Xosé L. Franco, X. A. Cribeiro, Méndez Ferrín, Carlos Casares e A. López.
-
-
Tornar claro ou facer menos denso e espeso. Ex: Clarificou a crema botándolle un pouco máis de leite.
-
Poñer claro algo confuso e dubidoso. Ex: Antes de presentarse á reelección clarificou a súa postura.
-
Facer algo máis intelixible.
-
Efectuar unha clarificación.
-
Usar técnicas de procesamento dixital da imaxe para corrixir unha imaxe borrosa. Para que sexa posible, debe coñecerse a natureza exacta do aspecto borroso da imaxe, algo que en ocasións se pode deducir da aparencia de calquera obxecto pequeno e brillante da imaxe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista semanal ilustrada que comezou a editarse na Coruña en agosto de 1900 e que cesou no cuarto número. Informaba sobre o que acontecía na comarca a través das seccións “Alcance Semanal” ou “Nota final”, esta última con datos bibliográficos. Tamén contou cos apartados “Notitas”, “Menudencias” ou “Estafeta de Claroscuro”. Publicou a historieta gráfica de humor “Cuento Andaluz”. Incluíu abundantes fotografías e retratos.
-
-
Grupo de individuos ou obxectos con características afíns que resultan da división dun conxunto segundo o seu grao de importancia ou a súa natureza. Ex: Só unha determinada clase de persoas é capaz de asumir certos retos. A película está dirixida a toda clase de público. Fixemos unha minestra con varias clases de verduras.
-
-
Calidade dalgunha cousa segundo as súas características ou o seu valor.
-
Calidade de quen demostra polo seu comportamento e aspecto físico unha boa educación, elegancia ou bo gusto. OBS: Normalmente, emprégase cos adxectivos boa ou mala ou con outro valorativo.
-
-
-
Grupo de persoas que se diferencia polo lugar que ocupa nun sistema de produción social historicamente determinado (na maioría dos casos fixado e formulado na lei) en relación cos medios de produción, polo seu papel na organización social do traballo e, en consecuencia, pola magnitude da parte de riqueza social de que dispón e do xeito en que a obtén. En calquera formación social existen outros grupos, ademais das clases, que non deben ser confundidos con estas xa que o seu plano de división se establece por causas biolóxicas (idade, sexo, etc), profesionais ou nacionais, mentres que as diferencias de clases non están ligadas a ese proceso: a división de clases existe dentro dun mesmo sexo, idade, profesión ou nación. Esta definición, proposta por Lenin no seu artigo “Unha grande iniciativa” (1919), establece unha relación de distribución entre os grupos de persoas e os medios de produción aos que se lles atribúe unha determinada relación (propiedade/non-propiedade). Sen em-bargo, o concepto...
-
clase alta
Estrato formado polos sectores que ocupan as posicións superiores na pirámide social debido ao seu maior poder económico, político ou social.
-
clase baixa
Grupo social que ocupa o lugar inferior da pirámide social, constituído polo sector máis desfavorecido e máis humilde da sociedade.
-
clase de servicio
Conxunto de empregados cun grao superior ou medio que traballan na administración, nos servicios públicos ou noutras empresas, e que nas sociedades industriais desempeñan por delegación as funcións propias das clases dirixentes. O concepto empregouno por vez primeira Karl Renner.
-
clase media
Conxunto formado polos sectores situados na posición intermedia da pirámide de estratificación social, en base a unha serie de factores diferenciadores, como a posesión de pequenas propiedades, a condición de profesional asalariado, o nivel de estudios ou a conciencia de pertenza a un status social diferenciado. A súa aparición e desenvolvemento produciuse a partir do s XX, por mor das melloras laborais e salariais e pola emerxencia de novos e puxantes sectores de empregados non manuais, nun contexto de paulatina diminución dos lazos de identidade social e de conciencia de clase.
-
...
-
-
-
-
Dividir en clases ou categorías un conxunto de cousas ou asignarlles unha determinada clase ou categoría. Ex: Fixeron a clasificación das follas das árbores que colleran no monte.
-
Ordenar algunha cousa.
-
Declarar un goberno que unha información ou un documento é materia reservada.
-
Acadar un posto determinado nunha competición. Ex: Clasificouse entre os vinte primeiros nunha carreira de cincocentos participantes.
-
Pasar a disputar outra competición de nivel superior.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Cada unha das partes, separacións ou disposicións das que pode constar un acto xurídico público ou particular na súa proxección documental (norma, contrato, testamento, etc). Ex: Unha cláusula do contrato de aluguer recolle a obriga de permanecer no piso durante un ano como mínimo.
-
Proposición que adoita situarse no final dun documento xurídico e que serve de condición para o cumprimento do mesmo.
-
cláusula á orde
Declaración que permite transmitir un documento de crédito expedido á orde mediante unha anotación feita no dorso do mesmo documento.
-
cláusula ad cautelam
Fórmula testamentaria empregada con frecuencia polo testador como medida de precaución para indicar a non validez de ningún outro testamento posterior que non inclúa determinados sinais, expresións ou palabras.
-
cláusula cominatoria
Fórmula introducida nos contratos que impón penas ou indemnizacións ás partes no caso de contravir o pactado.
-
claúsula compromisoria
Fórmula que acorda someter á decisión dun ou de varios árbitros as cuestións litixiosas que xorden respecto da interpretación do acordado nun contrato.
-
claúsula de consentimento
Expresión que subordina a transmisión de títulos ou accións á previa autorización da propia sociedade.
-
cláusula de estilo
Fórmula que figura en todos os actos de mesma natureza de modo que pode considerarse sobreentendida aínda que non estea expresamente inserida nun contrato específico.
-
claúsulas de seguridade sindical
Conxunto de disposicións que constitúen verdadeiros límites á liberdade sindical, impostas polos propios sindicatos. É característico do sindicalismo estadounidense. As principais son closed shop, union shop, preferential hiring, maintenance of membership e a claúsula de agency shop, e abarcan compromisos que van desde o desconto no salario da cota sindical á preferencia no acceso aos postos de traballo para os traballadores sindicados.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Efecto fotográfico polo que a impresión dun trazo ou punteado iluminado, con alta intensidade e curta duración, exerce unha acción desequilibradora sobre unha segunda exposición máis longa e que permite transformar directamente unha imaxe de tons continuos nunha imaxe tramada.
-
-
Condicións de temperatura e humidade dun recinto obtidas polo emprego de aparellos de climatización ou de aire acondicionado.
-
Conxunto de circunstancias que caracterizan unha situación ou unha persoa, en función das que se produce un feito. Ex: As conversas desenvolvéronse nun clima de amizade.
-
-
Modelo explicativo do conxunto de condicións atmosféricas e meteorolóxicas que se rexistran sobre un territorio nun período de tempo suficientemente longo como para poder considerar representativos os datos. O clima é unha das causas fundamentais que condicionan o variado e cambiante aspecto da superficie terrestre ao longo da súa historia xeolóxica, é dicir, é modelador da paisaxe que se constitúe, deste xeito, nun dos elementos máis expresivos do medio ambiente.
Factores do clima
Os factores que interveñen na caracterización do clima son de tres tipos: astronómicos, dinámicos e xeográficos. Entre os primeiros encóntrase a radiación solar e a nutación terrestre. A enerxía calorífica procedente do Sol non se distribúe de xeito homoxéneo no planeta a causa da nutación da Terra; cun movemento semellante ao dunha buxaina, consiste nun balanceo estacional que provoca que os raios solares incidan perpendicularmente sobre a rexión... -
clima alpino
Clima de montaña da zona temperada onde predomina o factor altitude que determina a existencia de invernos fríos, cunha forte presenza de neve, e estíos frescos e chuviosos.
-
clima ártico
Clima da zona polar do hemisferio norte.
-
clima atlántico
Clima oceánico do continente europeo.
-
clima boreal
Clima propio das altas latitudes do hemisferio norte. Caracterízase polos invernos prolongados e rigorosos (de 6 a 9 meses con menos de 6°C de media con nevadas importantes e veráns curtos e relativamente frescos. É típico de Escandinavia, Canadá e N de China.
-
clima continental
Clima dos sectores interiores das masas de terra, caracterizado polas oscilacións térmicas pronunciadas (diarias e anuais) e polo predominio das estacións equinocciais (primavera e outono). As precipitacións son escasas e teñen lugar, principalmente, no verán, en forma de treboadas. A miúdo fórmanse anticiclóns térmicos sobre o interior do continente que poden ter unha grande estabilidade e duración (por exemplo, o anticiclón que se forma no inverno sobre Siberia).
-
clima extremo
Clima que presenta unha grande amplitude térmica anual e uns contrastes estacionais moi acusados. É moi característico das chairas e dos altiplanos do interior dos países continentais, onde se manifesta máis intensamente o factor da continentalidade.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diagrama no que se representan os datos de temperaturas (ordenadas) e precipitacións (abscisas) mensuais dunha localidade. O gráfico resultante permite obter os índices climáticos. Elabórase a partir de datos mensuais, nun ciclo anual. O termo creouno T. Griffith Taylor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cloruro de prata, de fórmula AgCl. Cristaliza no sistema regular formando pequenos cubos ou masas córneas de plasticidade semellante á cera. De cor branca en estado fresco, é extremadamente sensible á luz, que a colorea cunha tonalidade gris, violeta e negra. Ten dureza 2,5 e peso específico 5,55. Tamén se chama cerarxirita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club de baloncesto xurdido na Coruña en 1942, no seo da Sección Femenina do Movimiento Nacional. En 1962 adoptou o nome de Club Medina. Proclamouse Campión da Liga na tempada 1965-1966. Na seguinte, 1966-1967, clasificouse na segunda posición empatado a puntos co campión. A súa condición de Campión da Liga permitiulle participar na Copa de Europa. Na tempada 1968-1969 acadou de novo o subcampionato da Liga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma contracta da conxunción comparativa ca + o artigo determinado masculino o(s). OBS: O acento gráfico responde a un uso diacrítico. Ex: O meu coche deu mellor resultado ca o teu. Os flans que fai teu pai son máis saborosos ca os que fai o meu.
-
-
-
Número que resulta da división dun número (dividendo) por outro (divisor); así, o cociente de 24 por 8 é 3. Polo xeral, o dividendo é igual ao produto polo divisor máis o residuo ou resta.
-
conxunto cociente
Establecida unha relación de equivalencia R nun conxunto C, conxunto C/R das clases obtidas pola relación antedita R; isto é, que cada clase está formada por todos os elementos de C relacionados entre eles.
-
-
Relación que se pode establecer entre a cantidade de substancias nutritivas consumidas por un organismo e a masa que incorpora como resultado da asimilación. Para representar a eficiencia no fluxo de enerxía total nos niveis heterotróficos, adóitase calcular o cociente asimilatorio en unidades de enerxía.
-
Cifra que representa a intelixencia e que se obtén mediante a división entre a idade mental dun individuo (conseguida por medio de determinados tests de intelixencia) e a súa idade cronolóxica, multiplicada por cen. W. L. Stern introduciu o concepto en 1912 e L. Terman adaptouno á revisión da escala de Binet-Simon. Aplicado aos adultos, Wechsler definiu o concepto como a proporción entre a intelixencia e o nivel medio correspondente á súa idade e ao seu grupo social. Esta relación ten unha extensa gama de valores: considérase 100 o punto medio, por debaixo de 70 como de deficiencia intelectual, e unha intelixencia superior por riba de 130. Ten un valor relativo xa que os patróns utilizados son moi variables.
-
Índice do nivel xeral da actividade metabólica dun organismo, determinado pola medida do consumo de osíxeno, indicativo dos procesos catabólicos de oxidación que se levan a cabo. Cando se mide en condicións de repouso físico e mental, e de 12 a 18 horas despois da última comida, chámase cociente de metabolismo basal.
-
Relación do volume de dióxido de carbono producido co de osíxeno gastado na respiración nun mesmo tempo. Esta relación depende directamente dos principios inmediatos que se oxidan, xa que estes, ao teren diferentes proporcións de carbono e de hidróxeno, precisan diferentes cantidades de osíxeno para oxidar un volume determinado.
-
Número de individuos que, por cada cen de sexo feminino, son concibidos (cociente sexual primario), nacen (cociente sexual secundario) ou acadan a idade adulta (cociente sexual terciario).
-
-
-
Estancia da casa onde se prepara e cociña a comida. A disposición tradicional na casa rural constaba de lareira, rodeada de bancos ou escanos, a miúdo cun apoio alto e movible, que servía de mesa. A carón do lume situábase o barreño e o forno do pan. O vertedeiro con pía de pedra, o alzadeiro e o burro amoblaban a cociña. A aparición dos fogóns elevados comportou a protección e a decoración da parede con azulexos. A miúdo figuraban na cociña a artesa e o armario do pan. A moderna progresión dos aparatos electrodomésticos desfigurou totalmente a antiga cociña.
-
Forma de elaboración culinaria propia dun país ou rexión. En Europa pódese distinguir o sector nórdico, caracterizado pola cociña da manteiga, o uso da cervexa como bebida e os produtos afumados; e a cociña mediterránea, que emprega aceite de oliva, viño e produtos conservados por salgadura. En Francia, o desenvolvemento da gastronomía levou a identificar a maior parte da cociña francesa como cociña internacional. As cociñas orientais (indonesia, xaponesa e chinesa) caracterízanse pola súa multiplicidade de combinacións e polo emprego de produtos do mar (peixes e algas) e prebes elaborados a partir de soia.
-
-
Aparello calorífico con distintos fogóns que se emprega para a elaboración da comida. Ex: A nosa cociña de ferro quenta moito no inverno.
-
cociña económica
Cociña de ferro para aproveitar mellor a calor; constaba dun forno, un depósito de auga e de dous ou máis fogóns.
-
-
Departamento das fábricas de estampar onde se preparan e cociñan as cores en pequenas caldeiras quentadas ao baño maría.
-
Cuarto elemental construído no fondo dun terreo, xeralmente cunha soa planta baixa ou un só andar; a parte anterior do terreo quedaba sen edificar, en forma de patio, desde a rúa. A palabra apareceu xa no s XVII e perdurou nos títulos de propiedade.
-
-
-
Organizar en forma de código unha serie de leis, costumes, regras ou normas. Ex: Os romanos codificaron as súas leis. Aínda non codificou as normas polas que nos debemos rexer.
-
Sistematizar con regras ou leis un dominio ou un ámbito que se expresa. Ex: A investigación codificou con éxito a lingua das abellas.
-
Dispoñer información segundo un código determinado.
-
Emitir un sinal nun código ao que só teñen acceso algunhas persoas, xeralmente clientes do centro emisor. Ex: Moitos canais privados de televisión codifican o seu sinal.
-
Aplicar as regras de codificación, asociadas a un código dado, ao xogo de orixe, para obter o xogo resultante.
-
-
-
-
Recompilación de normas legais sobre unha rama do dereito ordenadas metódica e sistematicamente. O código é unha expresión do proceso de codificación que se iniciou no s XIX, con antecedentes nas recompilacións normativas imperiais, como o Códice de Xustiniano. Os novos códigos xurdidos do proceso de codificación son máis que meras ordenacións cronolóxicas, xa que están estruturados sistematicamente e constitúen un corpo legal novo, aínda que se fundamenten en leis e costumes xa existentes.
-
código civil
Ordenamento xurídico positivo que regula as relacións entre particulares. O primeiro código civil foi o Código de Napoleón, promulgado en 1804, que tivo unha ampla repercusión en Europa e América a partir da segunda metade do s XIX, agás nos países anglosaxóns. Así, publicáronse códigos civís que tiveron unha grande influencia na maior parte das democracias populares en Alemaña en 1896, en Italia en 1856 e 1933, e na Unión Soviética en 1922. En España o proceso de codificación do ordenamento civil foi dilatado e discutido, por mor da difícil compilación das normas, da existencia de dereitos forais e das diferentes plasmacións constitucionais. Así, existiu un primeiro intento na Constitución de 1812, un proxecto en 1821 e unha lei de bases de 1888, ata rematar en 1889 coa promulgación do actual código civil español, que consta dun título preliminar e catro libros, divididos en capítulos e seccións. O libro primeiro trata sobre as persoas; o segundo, sobre os bens, a propiedade e...
-
código de comercio
Ordenamento positivo que regula as relacións xurídicas de carácter mercantil. O código de comercio francés de 1807 foi o primeiro e o inspirador da maioría dos existentes. O código de comercio español segue o modelo francés e recolle o tradicional dereito marítimo mediterráneo. O primeiro código de comercio promulgouse mediante un decreto real en 1829 e pasou a constituír a lexislación mercantil única de España, ao tempo que desprazou o resto de normas mercantís. En 1885 promulgouse un código de comercio novo, vixente na actualidade, e que consta de catro libros: dos comerciantes e do comercio en xeral, dos contratos especiais do comercio, do comercio marítimo e da suspensión de pagamentos e da quebra.
-
código penal
Ordenamento racional e sistemático dos enunciados xurídico-penais que establece os delitos e as penas. O código penal máis antigo é o francés, que data de 1810. En España, a historia da codificación penal é longa e comprende unha diversidade de códigos, herdeiros da situación política existente. O primeiro código español foi o de 1822, como reflexo da influencia francesa e do enciclopedismo. Volveron promulgarse códigos penais en 1849, 1870, 1928, 1931 e 1945, ata chegar ao de 1973, que consta de tres libros: o primeiro, sobre as disposicións xerais dos delitos e faltas, as persoas responsables e as penas; o segundo, sobre os delitos e as súas penas; e o terceiro, sobre as faltas e as súas penas. En 1995 aprobouse un novo código penal adaptado á Constitución española de 1978.
-
código penal militar
Corpo legal que establece e sistematiza a lexislación penal relativa ao exército. Constituíu unha especialidade do código penal ordinario fundamentado na necesidade de manter unha forte disciplina entre as forzas armadas.
-
código procesal
Texto de dereito positivo que regula o sistema de administración de xustiza. En xeral, está constituído por dous textos independentes, un dedicado ao procedemento civil e outro dedicado ao procedemento penal. En España recibe o nome de Lei de Enxuizamento Civil (1881) e Lei de Enxuizamento Penal (1882).
-
-
-
Conxunto de regras que rexe un dominio ou un aspecto que se expresa, seguindo o modelo do código, forme parte ou non dunha rama xurídica.
-
código alimentario /
Conxunto das normas de cada estado sobre os produtos alimentarios, as materias primas e os materiais anexos (envases, material das instalacións, desinfectantes, etc). O código, creado como defensa do consumidor, comprende regulacións sobre etiquetado, composición, denominación de orixe, aditivos, colorantes, residuos de pesticidas, calidade microbiolóxica e procesos de todos os alimentos para animais e certos produtos domésticos de uso frecuente na cociña ou de posible inxestión polos nenos (mistos, colorantes dos xoguetes, etc). Tamén inclúe o método de mostraxe e de análise. O código alimentario de España, publicado o 21 de setembro do 1967, establece as directrices da lexislación positiva e inclúe cinco grandes apartados: os principios elementais; as condicións xerais do material, os tratamentos e o persoal relacionado cos alimentos, o establecemento e as industrias de alimentación; os alimentos e as bebidas; os aditivos e as impurezas dos alimentos; e os produtos relacionados directamente...
-
-
...
-
-
-
Molécula orgánica pequena, non proteica, relativamente complexa e termostable, necesaria para a actividade dun enzima pero facilmente separable deste sen destruílo. Isto último é o que o diferenza do grupo prostético. O coenzima, a diferencia do substrato, adoita rexenerarse en fases posteriores da acción enzimática. Actúa como aceptante ou como doador dun tipo específico de átomo ou de grupo de átomo, que lle saca ou lle pon a outra molécula, nunha reacción catalizada polo holoenzima. O hidróxeno ou outros radicais pequenos son os tipos de materiais transferidos máis correntes.
-
Dinucleótido de nicotinamida e adenina.
-
Fosfato de dinucleótido de nicotinamida e adenina.
-
Coenzima das reaccións enzimáticas de transferencia de grupos acilo a grupos carbonilo ou a alcohois e aminas para dar ésteres e amidas. Está formado por 3’,5’-adenosina-difosfato e o fosfato de panteína. O seu interese bioquímico está no seu derivado acetilato, o acetiloenzima A.
-
Catalizador bioquímico de oxidación-redución. É un derivado da 2-metil-5,6-dimetoxibenzoquinona cunha cadea isoprénica lateral. É un pigmento amarelo, insoluble en auga, que se extrae do intestino de animais. Está relacionado, estruturalmente, coas vitaminas E e K. Os coenzimas Q tamén se denominan ubiquinonas.
-
-
-
Pel que recobre a carne dos animais. Na tradición popular recóllense os seguintes ditos: “Do coiro alleo, boas peallas se fan. Do coiro, che han de saír as correas, inda que ti o non creas”.
-
-
Pel curtida e preparada para diversos usos industriais.
-
coiro antigo
Coiro cun acabado bicolor que recorda as peles envellecidas polo uso.
-
coiro artificial
Materia obtida ao aglomerar dentro dunha substancia plástica fibras moídas de pel.
-
coiro cru
Coiro sen curtir que soamente tivo o proceso de limpeza.
-
coiro de tripa
Coiro antes de curtir, despois ou nas últimas fases do proceso.
-
coiro en bruto
Coiro despois de espelicado o animal, antes do comezo da fabricación.
-
coiro engraxado
Coiro curtido, impregnado de substancias graxas, antigamente empregado para a cuberta dos zapatos e para usos industriais.
-
coiro en pel
Coiro en bruto.
-
...
-
-