"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

      1. Colección de discos fonográficos, sobre todo musicais.

      2. Moble ou lugar onde e gardan os discos.

    1. Local onde vai a xente para bailar e escoitar música.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario de carácter científico e literario editado en Pontevedra a partir do 15 de maio de 1847. Subtitulado “Periódico de Ciencias y Literatura”, cesou en novembro dese mesmo ano. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos Hijos de Vila y Cía e, posteriormente, nos talleres de Francisco A. Ruiz. Os seus redactores foron Miguel Rúa, Xosé Ramón Franco e Antolín Esperón, e contou coa colaboración de Martínez Padín, Xosé Domínguez Izquierdo, Xosé Puente Brañas e Xosé Mª Posada, entre outros. Dividiuse nas seccións   “Ciencias Naturales”, “Literatura”, “Noticias”, “Precios de mercado” e “Anuncios”. Probablemente tivo unha segunda época de edición a partir de 1852.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á distrofia.

    2. Que ou quen padece distrofia.

    3. Aplícase á substancia ou ao medio nutritivo que presenta deficiencias ou anomalías, especialmente aos medios acuáticos pobres en substancias beneficiosas para as algas e de acidez elevada debido á presencia de ácidos húmicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer algo vario ou diverso.

    2. Facerse algo variado ou diverso.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de dividir ou dividirse.

      2. Operación aritmética, inversa á multiplicación, que consiste, dados os números a (o dividendo) e b (o divisor), en localizar un número c (o cociente), de maneira que o produto b´c sexa igual a a. A división é exacta se existe tal número c, e é inexacta se se poden encontrar dous números d e e de maneira que a=bd+e, onde d é o cociente e e o residuo ou o resto.

      3. división de leira enfitéutica

        Partición da totalidade dunha leira gravada cun censo enfitéutico en dúas porcións polo menos, que formarán cadansúa leira nova e independente; e posterior división do gravame enfitéutico entre as novas leiras resultantes.

      4. división do traballo

        Especialización das unidades económicas nunha tarefa determinada que constitúe unha parte do proceso produtivo completo. Segundo Adam Smith, a división do traballo apareceu como consecuencia do aumento no tamaño dos mercados e do crecemento derivado das unidades de produción. Este autor definiuna como unha das variables máis importantes para determinar a produtividade laboral, ao xerar unha maior habilidade en cada un dos traballadores, aforrar tempo e favorecer o traballo coas máquinas. Para K. Marx trataríase dun proceso no que, dentro dun sistema único de produción social, existen distintas especies de traballo que se condicionan mutuamente. Esta división caracteriza o grao do desenvolvemento das forzas produtivas e, asemade, provoca un incremento da produtividade no traballo que facilita a mellora e as modificacións das relacións de produción. A esencia da división comunista do traballo radica nunha combinación rigorosa da especialización coa posesión de coñecementos e habilidades polifacéticas,...

      5. división harmónica

        Conxunto de dúas parellas de puntos A,B e C,D dunha mesma recta, tales que os dous puntos dunha mesma parella dividen o segmento formado polos outros dous puntos nas razóns opostas AC/AD = BC/BD. Cada punto desta división denomínase conxugado harmónico do seu asociado respecto aos outros dous.

      1. Cada unha das partes ou grupos nos que se divide algo.

      2. Categoría sistemática, sinónima de filo, empregada nos vexetais, na que se dividen os reinos e que agrupa as clases.

      3. Clasificación dos seres vivos en categorías sistemáticas.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para manter separado ou dividido algo.

    2. Táboa usada polos compositores tipográficos, sobre a que se colocaba o orixinal, asegurado co mordente, e que se fixaba á caixa para compoñer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de libros de fotografía presentada a finais de abril do ano 2000, editada polo Centro de Estudos Fotográficos. Nesta colección, dirixida e deseñada por Felipe Sendón e Xosé Luís Suárez Canal, teñen cabida os novos fotógrafos galegos e outros profesionais estranxeiros cunha obra consolidada. O primeiro libro, titulado Cartas á fisgona, contén o traballo fotográfico de Rut Massó. Posteriormente, saíron outros volumes dedicados á obra de Wojciech Prazmowski, Fran Herbello, Karen Knorr, Antoine D’Agata, Marcos Vilariño e Ruth Thorne-Thompsem.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe editada en Ourense polo colectivo Doblecero a partir de decembro de 1979. Subtitulouse “Palabra e imagen”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Región e tiña unha tiraxe de 1.000 exemplares. Trátase dunha publicación que tentaba ofrecer un espazo a novos creadores no campo da literatura, da fotografía e das artes gráficas. Os artigos ían acompañados de fotografías en branco e negro. No campo literario, cómpre salientar algúns textos en lingua galega, como o titulado “A vella gramola”, de Francisco J. Fernández, e diversos poemas de Miguel Durán e Xavier Cuíñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de RamónVillar Ponte (1890-1953) publicada en Ferrol na imprenta do xornal El Correo Gallego en 1921. Trátase dun dos primeiros estudios teóricos do nacionalismo galego. Asumiu o determismo xeográfico e a definición orgánica e historicista da nación galega que formulara Vicente Risco e conciliouna co republicanismo federal. O seu prólogo escribiuno Josep Puig i Cadafalch, presidente da Mancomunitat de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de documentar ou documentarse.

      1. Conxunto de documentos referidos a algo ou a alguén, reunidos ou presentados para un fin.

      2. Documento ou conxunto de documentos, procedente dunha autoridade competente que prové, entre outras cousas, a identidade dunha persoa, a súa filiación e o seu estado social e xurídico. Serven para a identificación persoal ou para acreditar algunha condición.

      1. Conxunto de técnicas e disciplinas informativas que se ocupan da recuperación e do estudo do documento, emitido nun proceso anterior, como fonte de información. Mediante a análise e o tratamento técnico das mensaxes, prepáranse para que a información sirva de fonte para acadar novos coñecementos ou para tomar decisións nas empresas, organizacións e institucións. O incremento da produción de información científica, técnica e divulgativa, entre outras, deu orixe a novos recursos e técnicas documentais. Entre outros, destacan as bases de datos ou as redes documentais e os novos soportes de datos que poden ser: fotográficos, como a fotografía, a fotocopia ou a telecopia; microformas, como o microfilme e a microficha; magnéticos, como as cintas magnetofónicas, as de vídeo e os discos magnéticos; ópticos, como o disco óptico; e magneto-ópticos.

      2. documentación automatizada

        Sistemas ou servicios de información nos que os datos se almacenan e se distribúen a través dun soporte magnético ou óptico, que permite a súa lectura polos ordenadores. Pódese consultar a través dunha rede documental. Presenta, segundo diferentes autores, catro grandes ámbitos de traballo: a teledocumentación, na que se integran as bases de datos en liña e o videotex; as tecnoloxías ópticas, nas que se integran os discos ópticos e os CD-ROM; os sistemas de xestión electrónica; e Internet.

      3. documentación bibliográfica

        Conxunto de informacións procedentes de libros, monografías ou revistas, que se lles ofrecen dun xeito organizado aos estudiosos ou ao persoal interesado nesas materias.

      4. documentación comercial

        Conxunto de documentos producidos por unha empresa, de orixe interna ou externa, como os catálogos de produtos ou os carteis, e susceptibles de ser conservados nos arquivos.

      5. documentación teatral

        Proceso de catalogación de todo tipo de materiais relacionados coas artes escénicas e, particularmente, co teatro. Adoitan ser libros, revistas, vídeos, fotografías, carteis, programas de man, cadernos de dirección, partituras de música para teatro, deseños escenográficos, máscaras, vestiario, elementos de escenografía, panos e todo tipo de materiais que poden dar conta dun determinado feito teatral. Amais das bibliotecas teatrais, entre as que destaca polo seu fondo a existente no Lincoln Center for the Performing Arts de Nova York, ou a do Institut del Teatre de Barcelona, tamén hai que salientar museos do teatro, como os que existen en Madrid, Barcelona ou Almagro, e o Centro Nacional de Documentación Teatral creado en Madrid polo ministerio de Cultura e o Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música. En Galicia existe o Centro de Documentación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais; o Centro de Documentación María Casares, situado na biblioteca pública de Cangas; e...

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calidade de dogmático.

      2. Actitude e procedemento que se adopta nos máis diversos campos, desde os filosóficos e relixiosos ata os políticos, que consiste no establecemento dunhas premisas dogmáticas, entendidas como axiomas e non demostradas racionalmente.

    1. Posición epistemolóxica cunha ilimitada confianza na razón que presupón unha coincidencia absoluta entre subxectividade e obxectividade no acto do coñecemento. Este modo de pensamento traballa con fórmulas e conceptos invariables, sen ter en conta as condicións de lugar e tempo, e omite polo tanto o principio que afirma o carácter concreto da verdade. Kant denominou dogmática a filosofía racionalista dende Descartes ata Christian Wolff e contrapúxoa ao seu criticismo. Na filosofía moderna, o dogmatismo está vinculado ás concepcións antidialécticas que negan as ideas da variabilidade e do desenvolvemento do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade poética creada por Ramón de Campoamor e incluída entre as composicións que denomina humoradas. É un poema breve que admite distintos esquemas métricos, caracterizado por un enfoque sentimental e un ton pesimista que combina a melancolía e o humor. A miúdo adopta carácter filosófico e intencionalidade didáctica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de doar.

    2. Aquilo que se dá de forma gratuíta, especialmente para fins culturais ou benéficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa que posúe o máximo grao académico que outorga unha universidade ou determinadas escolas técnicas superiores, despois de superar os cursos de doutoramento e defender con éxito a súa tese doutoral.

      2. doutor honoris causa

        Título honorífico que conceden as universidades a unha persoa eminente.

    1. Nome que se lle dá ao médico, aínda que non posúa o máximo grao académino.

    2. Persoa de grandes coñecementos nunha materia.

      1. doutor da Igrexa

        Título dado pola Igrexa católica a teólogos notables, tanto pola súa ortodoxia como pola súa santidade e importancia da súa obra. Recoñécelles esa dignidade a un total de 30 homes e dúas mulleres, todos canonizados, dos que unha gran maioría deles foron bispos. O título outorgouse por vez primeira no s IV. O número de doutores ampliouse no s V, pero dende o s VII a relación mantívose sen variacións ata mediados do s XVI, para medrar considerablemente nos ss XIX e XX, nos que se duplicou.

      2. doutor da lei

        Sabio que entre os xudeus tiña a misión de ensinar e interpretar a Torá ou Lei de Moisés.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de ideas, teorías ou opinións, que defenden unha ou varias persoas, nas que se basea unha relixión, un sistema político ou filosófico.

      1. Conxunto de ideas dunha determinada rama do coñecemento.

      2. Conxunto de principios da relixión cristiá expostos no catecismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito que separa Inglaterra de Francia, cunha lonxitude de 35 km e que comunica o canal da Mancha co mar do Norte. É un paso cun elevado tráfico marítimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra que recolle fragmentos de doutrinas e opinións de carácter filosófico, normalmente ordenados a partir de criterios temáticos ou autoriais. A primeira compilación recollida é a obra perdida de Teofrasto Φυσικ ῶ ν δόζαι (Das opinións dos físicos). O seu interese reside en que contribúe a reconstruír períodos históricos pouco documentados. Pode clasificarse en: obras doutrinais, organizadas por temas; biográficas, por autores; e sucesións, que compilan series de autores de varias escolas. Tamén cultivaron este xénero Cicerón, Plutarco e Simplicio. OBS: A grafia <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos doxógrafos e á doxografía. OBS: A grafia <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica británica realizada en 1929. Foi dirixida por John Grierson e interpretada por actores non profesionais. É un documental cinematográfico sobre a pesca do arenque que destaca polo realismo co que se trata e porque foi o que sentou as bases do cine documental británico.

    VER O DETALLE DO TERMO